SuperManager x. 13: non marches, Toko

Adeus, Toko, pensarei moito en ti.

A ausencia de Toko déixanos unha xornada moi interesante, na que se poderá gañar ou perder moito terreo.

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

Esta foi unha xornada que na maior parte dos meus equipos supuxo pequenos cambios. Levaba de forma xeneralizada a Will Thomas e Renfroe, mais tamén a Lapro en todos e moitos Dawson. Pola contra, Beirán estaba en moi poucos. Non tiven, por norma xeral, grandes variacións. Así, o meu mellor equipo quedou exactamente onde estaba: 334º da xeral. Onde si volvín ter bo ollo foi no meu segundo, que pasou dos 200 por segunda semana consecutiva (algo nada usual nun ano no que tardei unha morea de xornadas en acadalos con algún dos meus equipos). Si tiña a Beirán e os 206.2 da xornada valéronlle para entrar no Top 500 e xa está moi preto do meu mellor equipo. 

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Laprovittola (0)

Ennis (16)

Renfroe (32.4)

Segundo banzo

Segundo escalón

McCalebb (9)

Cook (11)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Albicy (9)

Radicevic (-5)

Fitipaldo (-6)

Llull (11)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

J. Fernández (10.8)

Segundo banzo

Segundo escalón

Vasileiadis (12)

Singler (-4)

Eriksson (19.2)

Dawson (-2)

Terceiro banzo

Tercer escalón

M. Garcia (10)

Beirán (30)

Brizuela (4)

Gentile (15)

Berhanemeskel (11)

Frazier (11)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Shengelia (22)

Thompson (19)

W. Thomas (42)

Shermadini (4.8)

Segundo banzo

Segundo escalón

Huskic (9)

Singleton (6)

Tavares (15)

Lalanne

Terceiro banzo

Tercer escalón

Llovet (18)

Todorovic (16)

Burjanadze (3.6)

Thompkins (14)

Jordan (14.4)

Tobey (4.8)

O bo da listaxe foi que Thomas e Renfroe estaban como opcións preferentes, mais o malo é que Beirán quedou moi abaixo e Singler, Dawson e Shermadini moi arriba. Polo menos todas as bandeiras principais superaron a decena, así que o equipo ideal da listaxe sumaría 184.4 puntos que daban para subir algo. Aprobada.

Selección da xornada

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota e de vermello os extracomunitarios. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Renfroe

Ennis

Laprovittola

Segundo banzo

Segundo escalón

McCalebb

Cvetkovic

Bellas

Terceiro banzo

Tercer escalón

Heurtel

Llull

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Beirán

J. Fernández

Segundo banzo

Segundo escalón

Vasileiadis

Toolson

Gentile

M. Garcia

Hanga

Terceiro banzo

Tercer escalón

Nevels

Brizuela

Eyenga

Berhanemeskel

Abalde

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

W. Thomas

Labeyrie

Segundo banzo

Segundo escalón

Huskic

Thompson

Lalanne

Llovet

Todorovic

Tavares

Terceiro banzo

Tercer escalón

Thompkins

Brodziansky

Jordan

La leyenda es la siguiente: en negrita van los jugadores que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Bases

Cambia a orde, mais non os integrantes do primeiro chanzo. Renfroe está a ser o base máis valorado do curso, foi o máis valorado da xornada e ten unha saída favorábel a Compostela (semella que non nos quedan moitas xornadas para gozar del, aproveitémolas). Ennis é un perfil de xogador que lle pode facer moito dano á defensa do Breo polo seu poderoso primeiro paso. En canto a Lapro, vén de pinchar en Gran Canaria nun partido no que a Penya volveu sacar a súa peor versión. Agora, de locais, haberá que ver se recuperan sensacións ou non. Se a Penya e Lapro dan a súa versión do último partido de locais contra o Unicaja, teremos pico. Se volvemos ver a da xornada pasada… É dos tres o que ofrece menos garantías. Eu penso que o fará ben.

O que xa esperta algunhas dúbidas é McCalebb. Leva dúas xornadas sen acadar a decena e con derrota. Por iso segue no segundo nivel. Porén, esta xornada é moi favorábel: enfróntase a un Granca que é a peor defensa dos uns —e non terá a Radicevic por lesión— a domicilio e ademais conta todos os seus desprazamentos por derrotas. Cvetkovic está a gran nivel: leva 5 xornadas sen baixar dos 14. O Breo está a mellorar moito en Lugo, vén de darlle unha malleira ao Madrid (o marcador non reflectiu a verdadeira diferenza entre os equipos) e o Andorra non acaba de atopar o seu ritmo (chega con 3 derrotas nos últimos 4 partidos). Se procuramos unha bandeira, Bellas leva un par de boas valoracións seguidas, está a xogar moitos minutos e ten dous partidos consecutivos como local (onde case dobra os seus números) contra rivais favorábeis: Burgos e Breogán.

Heurtel está a render moi ben fóra da casa tanto na ACB coma na Euroliga: acadou a vintena en Málaga e foi o mellor no triunfo do Barça en Vitoria da última xornada da Euroliga. Repetirá esta fin de semana en Euskadi, desta volta contra o GBC (16.8 alí o ano pasado). Tamén entra na listaxe, pola súa bandeira, Sergio Llull. O menorquino andaba moi lonxe do seu nivel, apenas superou o 25% en triplas na ACB durante o último mes. Onte estivo acertado na Euroliga, anotou 5 de 8 en triplas e superou a vintena. Sigo a pensar que é unha opción de moito risco, primeiro haberá que ver que Laso non lle dea descanso (xogan na casa e cando se saiban os descartados os cambios xa estarán fechados) e o normal, tal e como viña a xogar, é que non o faga ben. Por outro lado, é un dos mellores xogadores de Europa, se ten o día pode darnos un pico. Cook fixo o seu terceiro partido consecutivo superando a decena. Esta xornada ten un partido complicado contra un Valencia en dinámica ascendente (4 vitorias nos últimos 5 partidos). O bono vai estar moi complicado, así que se o temos e non contamos con cambios abondo, igual pode chegar a un 10, mais esta semana non entra na listaxe.

Ás

Aleros

O Baskonia non puido deter a Beirán, que ademais quedou co bono por vitoria. Agora, contra unha Penya que é dos equipos que máis valoración conceden aos treses, recupera a súa posición de fixo. A baixa de McFadden tamén o favorece, porque agora ten que asumir máis xogo de ataque (White, que regresa á illa, debería ter menos protagonismo que o anotador de Flint). Segue no primeiro banzo Jaime, a pesar de que teña un rival complicado (o mesmo Baskonia que non puido deter a Beirán a semana pasada) e que xa non pareza estar tan, tan ben como no comezo (só superou a vintena nun dos últimos 4 partidos —sen baixar da decena—, inda que vén de facer 20 na EuroCup). A súa bandeira segue a ser ouro. Aquí rematan as certezas.

O Manresa defende ben a posición, mais recibiu algúns picos de xogadores inspirados. Kostas é desas ás que cando lle entran non hai quen o pare e chega en boa dinámica (6 partidos consecutivos sen baixar dos 12 de valoración). Esta semana xoga de local e despois vai ao Blaugrana para enfrontarse a un Barça que é dos que máis valoración conceden aos treses. Outra opción interesante é o seu rival, Toolson, que vén de dúas valoracións roldando a vintena e terá que asumir inda máis protagonismo ofensivo pola baixa de Doellman (e veremos se chega Tomàs). Gentile semella que xa está a valorar con regularidade a espera de que comecen a chegar os picos. Esta semana xoga na casa contra un Valencia que concede moita valoración na posición. Como terceira bandeira máis interesante vexo a Marc Garcia. Parece que seguirá a ter entre 15-20 minutos de xogo nos que pode producir bastante valoración pola súa capacidade de xerar en ataque (é dos mellores forzando persoais). Se a semana pasada non valorou mellor foi porque tivo un desacerto sorprendente nos libres (1 de 4), cando precisamente é un dos lanzadores máis fiábeis da liga dende o 4.60 (levaba 30 de 31). Hanga debería ofrecernos un partido na decena na visita a Donostia, aínda que non contaría cun pico.

Após unha xeira nefasta (3 de valoración total en 4 partidos), volvemos ver o Nevels ao que apuntaba no comezo: líder con 30 créditos SM sumados na meritoria vitoria do GBC contra o Andorra. Agora véñenlle dous partidos de local contra rivais duros, Barça e Unicaja, inda que os culés son dos que máis conceden na posición. Os minutos de Brizuela descenderon bastante coa chegada de Gentile, inda que xogan en posicións diferentes, e xa non está a valorar tan ben. Inda así, o Valencia é un rival favorábel e a «Mamba vasca» só baixou da decena nun partido como local. Como opcións de baixo custe destacaría dúas: Berhanemeskel, que superou a decena en catro dos últimos cinco partidos, e Eyenga, que comenzou moi lonxe do seu nivel e agora está en liña ascendente (tres xornadas consecutivas roldando a quincena). A visita a Madrid para xogar contra o Estu debería ser favorábel para os treses do Valencia, o que pasa é que non hai ningún que estea a valorar de forma fiábel. Por perfil e pola súa bandeira (ademais foi a á mellor valorada no Valencia a última xornada) quedaríame con Abalde. Eu non iría con Eriksson fóra da casa, os seus números baixan moito e non acaba de conseguir regularidade no seu xogo (está a alternar boas valoracións con negativos).

Pivotes

Pívots

Como todas as semanas Toko é… ah, esta non. Botarémoste de menos. Will Thomas é por méritos propios o que abre a posición. Acompáñao neste primeiro nivel o seu compañeiro Labeyrie. O francés leva tres grandes partidos consecutivos (máis de 20 de media) e o Estu é un rival moi favorábel. A semana que vén teñen partido de locais contra un Zaragoza que fóra da casa estaba a recibir moito dos pivotes, mais a súa defensa interior está a mellorar tamén a domicilio. Mentres Dubi siga de baixa, darannos alegrías.

Xa sabedes que a min Thompson fóra da casa non me esperta tanta confianza, mais o rival é moi favorábel. A nivel persoal teño dúbidas con el esta semana, igual non o levo. Mais non teño moitas razóns obxectivas para non situalo na análise neste segundo nivel. Haberá que ver como afecta a chegada de Lima á rotación interior do Burgos —que esta semana conta coa baixa de Kravstov—. En principio Huskic, que fallou a semana pasada, é mellor opción tanto por características como por rendemento fóra da casa. Lalanne terá que multiplicarse polas baixas do xogo interior manresà e o Obra ten unha defensa amábel cos pivotes. A bandeira interior máis fiábel esta semana semella ser Llovet. O canteirán da Penya só baixou da decena como local contra a Madrid este ano e o Manresa chega cun xogo interior moi xustiño a Santiago. Máis opción de pico —e algo máis de risco— ten Marko Todorovic. Birgander ten problemas nun xeonllo, xa non xogou a semana pasada e agora andan a decidir se o teñen que operar ou que. Non está oficialmente descartado mais o seu concurso será moi complicado (incluso hai rumores de que a Penya anda a procurar un substituto). Así que o montenegrino debería ter outra vez unha trintena de minutos. Se a semana pasada rematou cun meritorio 16 a pesar do mal partido da Penya, cunha mellor versión do equipo debería ser un partido ideal para superar a vintena por primeira vez no curso. O problema teriámolo se vemos a versión apática do Joventut. A terceira bandeira de interese é Tavares. O risco co caboverdiano é o de todas as semanas, nunca sabemos con que vai saír o Madrid e con que reparto de minutos. A última xornada fixo un 15 que se gañou el só a pesar de xogar moitos minutos. Non o buscaron en ningún momento en ataque. Así é complicado que valore ben e máis se esta semana igual non xoga tanto.

Thompkins está moi ben, é o interior con menor carga de partidos do equpo e o Murcia é un rival favorábel. Con todas as reservas que ofrece o Madrid, semella unha opción atractiva. Brodziansky saíuse a semana pasada e o Manresa chega cun xogo interior moi xusto a Compostela (sen Sakho nin Doellman e coa dúbida de Lukovic), aínda así paréceme unha opción de risco, porque non é dos xogadores máis regulares e despois vai a Barcelona. Jordan hai moito tempo que non acada a vintena, mais ten un partido doado contra o xogo interior do Andorra e deberiámolo ver sen problemas na decena. Ante a baixa de Shengelia, non teño nada claro que interior vitoriano vai aumentar o seu protagonismo. O lóxico é que Voigtmann aumente os seus minutos e poida valorar máis, inda que a min gústame máis Poirier. En calquera caso, non entra ningún deles na listaxe. Sherma leva dous malos partidos e enfróntase á mellor defensa dos cincos (ademais Casimiro para estes partidos adoita preferir a defensa de Lessort), así que non parece a súa semana. A semana pasada tocou cruz con Singleton e o GBC por dentro defende ben de local, así que non entra. Tampouco o fai Balvin, que foi dos mellores da xornada, o Zaragoza está a defender moi ben os cincos na casa e o checo fóra da casa baixa as súas prestacións de forma dramática.

O equipo do blog

El equipo del blog

Andrómenas rematou con 179.4 puntos. Acertei con dúas das entrradas: Will Thomas e Eriksson, non así con Lapro nin coa saída de Beirán. Inda así, o saldo é de 21 puntos a favor nas substitucións. Isto achéame xa ao Top 10000: 10451º da xeral. Respeto ao Top 1000 esta semana non podo dar unha distancia fiábel, mais se a semana pasada estaba a 179 puntos, agora a bo seguro que ha de estar algo por debaixo dos 170. Pouco a pouco.

Outra semana máis teño que quedar con Cancar (a ver se dá premio) por falta de cambios. Entran Beirán e Marc García por Eriksson e Dawson e Labeyrie por Toko.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao anime Haha o Tazunete Sanzenri (Isao Takahata, 1976)