O dos bases está a ser tremendo e nas ás tamén houbo bos desgustos.
B
1º
Huertas (6)
2º
Hannah (13)
Mekel (2)
Vildoza (8.4)
Llull (7)
3º
Dimitrijevic (4.8)
Van Rossom (4.8)
A
1º
Abalde (16.8)
Higgins (0)
Díez (2)
Hanga (15.6)
2º
Brussino (2)
Shields (13.2)
Bouteille (1)
3º
Claver (15.6)
McFadden (22.8)
P
1º
Mirotic (20.4)
Costello (16.8)
Shermadini (23)
2º
Shengelia (40.8)
Tavares (28)
Tobey (28.8)
Omic (13.2)
Morgan (3.6)
3º
Balvin (9)
Lima (8.4)
Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios.
B
1º
Huertas
Bassas
Hannah
2º
Senglin
Cook
Mekel
3º
Rousselle
A
1º
Prepelic
Abalde
Hanga
2º
McFadden
Waczynski
Fernández
Díez
Shields
3º
Martínez
Claver
López-Arostegui
Zeisloft
P
1º
Mirotic
Tavares
Shermadini
Tobey
2º
Shengelia
Borousis
Costello
3º
Davies
Benzing
Aguilar
Reitero que polas aperturas de tempo non responderei dúbidas durante esta Fase Final.
Canarias – Bilbao
(21, 15:30)
JOV, FCB | FCB, UNI
Pouco máis ca honra en xogo após dúas derrotas. Marcelinho non comezou como esperabamos; porén, segue a xogar por riba da trintena de minutos e reparte moitas asistencias. O seu ex dáselle moi ben (24 na regular). Tal e como está o panorama na posición, deber seguir nos equipos agás que teñamos problemas de cartos. Rousselle segue a valernos para os equipos de Fase Final, está económico e pasa moito xogo polas súas mans. Tamén para estes equipos, Zeisloft pode ser unha boa opción: debutou con bo pé e xa sabiamos da súa etapa no GBC a boa man que ten. Dani Díez foi unha das decepcións da xornada, xogou moi lonxe do aro e en consecuencia non reboteou como adoita e ademais estivo mal no tiro. Non debería volver tropezar (na regular fixo 15). O mellor do Bilbao no global destas dúas xornadas está a ser un histórico do que se rumorea que podería estar a xogar os seus derradeiros encontros como profesional: Rafa Martínez. Aínda non baixou da decena e na ida contra os canarios acadou a vintena. O xogo interior do Bilbao non está inspirado, así que por dentro só consideraría a Shermadini: só baixou unha vez (en oito partidos) dos 15 de valoración contra o Bilbao. Non entra, pero en equipos con poucos cartos igual nos vale Sulejmanovic, que estivo moi activo nestas xornadas inaugurais.
Joventut – Unicaja
(21, 18:30)
CAN, BAS | BAS, BLB
Nada que perder por unha banda e necesidade imperiosa de gañar pola outra. Nos dous enfrontamentos deste curso gañaron os malagueños con claridade. O Unicaja non está a ofrecer gran cousa para o SM agás Waczynski. O anotador polaco chegou en forma: roldou a vintena nas dúas xornadas e xusto antes da corentena acadou os vinte precisamente en Badalona. Polas facilidades que ofrece a Penya no un, Mekel tamén semella unha boa opción, sobre todo para equipos de Fase Final. Produciuse o ansiado debut de Prepelic, con exhibición incluída. O Unicaja non é o mellor rival posíbel, pero Prepelic ofrece máis fiabilidade nun encontro complicado que case calquera outro nun favorábel. López-Arostegui está a xogar a un nivel moi alto. Como sempre digo, só lle falta crerse o bo que é. Está a axudar moito no rebote, iso debería darlle estabilidade, e ofrece unha bandeira a moi bo prezo. Por dentro non me chama ninguén.
Barça – Baskonia
(21, 21:30)
BLB, CAN | UNI, JOV
O que gañe terá xa a clasificación na man. Contra o Barça está visto que os bases rivais van sufrir moito, así que desta volta nin sequera Vildoza (negativo na regular). Hanga está moi ben de forma e adoita xogar a gran nivel contra o seu ex (16.8 este curso). Do máis sólido nas ás. O que está a facer números para que o consideremos é Claver, leva dous encontros moi completos e atópase a bo prezo. Shields, sen entusiasmar, está a cumprir e ten un bo historial contra o Barça (aínda non baixou dos 14). Mirotic é ineludíbel e Toko despois do seu MVP da xornada disipou as dúbidas do primeiro día (porén, non é obrigatorio: «só» superou tres veces na súa carreira os 20 contra o Barça). Os pivotes culés resucitaron na segunda xornada. Non me entusiasma ningún dos dous, pero Davis fixo o mellor encontro do curso contra os vitorianos (acadou os 42), aínda que máis tarde na Euroliga quedou nos 12. Tomic fixo un negativo e un dous.
Gran Canaria – Burgos
(22, 15:30)
ZAR, VBC | VBC, AND
Xa temos revelación do torneo: o Burgos. Liderado por un Bassas maxestoso chega con pleno; unha nova vitoria deixaríao ás portas de semifinais. Ferran dominou o ritmo, defendeu con eficacia e volveu aparecer cando se decidía todo; a valoración non reflicte o ben que o fixo. Agora ten un encontro moi favorábel contra unha defensa permisiva. A vitoria do Granca tamén estivo marcada polo base, Cook fixo o seu primeiro dobre-dobre do curso e apareceu cando ao seu equipo semellaba que se lle complicaban as cousas. Non é tan fiábel como Bassas, pero a cambio ten maior probabilidade de pico (19.2 na regular). Outro que está impoñente é McFadden, leva dous encontros moi inspirado e os seus puntos resultan fundamentais para o Burgos (17 na ida). Costello estaba a cumprir as altas expectativas até que sufriu unha escordadura de nocello. Regresou máis tarde, aínda que non ao mesmo nivel. Debería seguir xogando e pode facelo ben, estaba en gran forma, mais a incerteza sobre o seu estado faino baixar algunhas posicións na listaxe. Será complicado que Borousis repita dous días despois a boa actuación que tivo contra un Andorra orfo de pivotes. Porén, na ida xa estivo na vintena e os problemas físicos de Costello poden darlle algún minuto extra. O Burgos fixo un gran traballo interior contra o Madrid, aínda que atopar nomes é máis complicado, Rivero e Aguilar están a un prezo económico; partidos no rango da quincena non deberían abondar nesta posición agás para os equipos da Fase Final. Entra o granadino, que vén dun dos seus mellores encontros no rebote e precisa aínda gañarse un contrato para a vindeira campaña.
Madrid – Valencia
(22, 18:30)
AND, ZAR | BUR, GCA
No Valencia hai dous equipos: cando está Abalde, a cousa funciona; cando non, teñen problemas. O galego está a resultar chave en defensa e ataque. Espero que desta vez xogue os minutos que lle corresponden. Dubi mellorou a imaxe do primeiro día, mais o que segue a dar grandes sensacións é Tobey: leva dous dobres-dobres e o xogo interior do Madrid non está a amosar a contundencia doutras ocasións. O único fiábel nos brancos está a ser Tavares, produce moito e achéganos bandeira. Esperaba ver un gran Campazzo, mais polo de agora aínda está moi lonxe da súa mellor versión. Para o Madrid, despois da derrota contra o Burgos, este é un encontro case definitivo, e se hai un xogador que aumenta as súas prestacións cando máis o require o equipo, ese é Rudy. O xogador da canteira da Penya non baixou da decena nos dous encontros da Fase Final e foi o mellor na liga regular con 25.2.
Zaragoza – Andorra
(22, 21:30)
GCA, RMA | RMA, BUR
Os maños non lograron trasladar o seu gran nivel da regular á Fase Final (non era doado con esas baixas) e xa teñen un pé fóra, ao igual que os andorranos. As facilidades dos de Porfi no un permiten que poidamos seguir pensando en Hannah ou incluso en Senglin se precisamos unha opción máis económica, os dous deron pico no partido da regular. Volveu aparecer a inconsistencia de Brussino, iso fai complicado volver pensar nel, e algo similar acontece con Ennis; ademais, os dous estiveron a baixo nivel na regular. Por dentro o único que está a amosar solidez é Benzing ao catro. Non vale para equipos da xeral (deberiamos velo no rango 10-15), aínda que ofrece un prezo competitivo para os da Fase Final.
Saíu peor que a primeira xornada, os malos encontros de Higgins e Díez sumados ao negativo de Hlinason tiveron moito peso. Estou o 309º da privada da Fase Final (baixei como uns cen postos). Entran Senglin, Rudy e Aguilar por Vildoza, Higgins e Hlinason.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence á publicidade do SuperManager.