Chegamos á derradeira xornada após unha morea de vitorias sorprendentes. Todos os equipos acadaron cando menos un triunfo, un grupo xa está fechado e o outro, o a priori máis desigual, ben aberto. Rematará aquí a edición máis peculiar da historia do SuperManager. Lémonos o curso vindeiro con máis prognósticos desacertados.
En xeral foi unha xornada moi boa para os meus equipos. No meu mellor fixen 222.4 puntos (59º da xornada) e subo unha morea de posicións para entrar no Top 1000 despois de levar fóra del des que deixei unha xornada o equipo incompleto (e en consecuencia eses 10 xogadores sumaron a metade) cando ía no Top 500. Este ano pasoume de todo e xa non contaba con optar sequera a entrar neste Top 1000. A ver se o manteño na derradeira xornada.
B
1º
Campazzo (26)
Cook (5)
2º
Bassas (16)
Heurtel (4.8)
3º
Dimitrijevic (11)
A
1º
Prepelic (13)
Abalde (14.4)
Ennis (13.2)
2º
Higgins (15.6)
Shields (8.4)
López-Arostegui (13)
Bouteille (18)
Deck (9)
Brussino (40.8)
3º
Zeisloft (6)
Martínez (3)
P
1º
Costello (23)
Bourousis (10)
Tavares (16)
Tobey (33.6)
2º
Oriola (34.8)
Shengelia (6)
Benzing (3.6)
3º
Hlinason (7.2)
Morgan (16)
Rivero (2)
Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios.
B
1º
Hannah
Cook
Bassas
Campazzo
2º
Díaz
Rousselle
Fitipaldo
3º
Mekel
Granger
Zagars
A
1º
Prepelic
2º
Bouteille
McFadden
Brussino
López-Arostegui
Ennis
3º
Dragic
Salin
P
1º
Costello
Tobey
Tavares
2º
Bourousis
Davies
Mirotic
3º
Aguilar
Oriola
Reitero que polas aperturas de tempo non responderei dúbidas durante esta Fase Final.
Joventut – Baskonia
(25, 15:30)
Xa non hai nada en xogo. Para a Penya non debería afectar, é o final do camiño, mais o Baskonia é moi probábel que reserve pezas para a semifinal. Prepelic tivo un día desastroso no lanzamento, non parece probábel que se repita e xa o fixo ben contra o Baskonia na liga; debe seguir. López-Arostegui reduciu a súa valoración con dúas técnicas que o mandaron ao banco, pero volveu facer un encontro moi completo. É unha das bandeiras máis fiábeis: aínda non baixou dos 13 no torneo. En equipos de Fase Final séguenos a servir Neno como bandeira barata. As posíbeis rotacións fan moi complicado pensar en xogadores do Baskonia, o mellor é agardar aos descartes (foron Toko e Henry). Como opción sorpresa, pode ser interesante Granger, é un bo escenario para coller ritmo de competición, e o mesmo aplica para Dragic, que xa estivo a gran nivel contra o Unicaja e co seu prezo vén de marabilla para equipos da Fase Final. Edito: coa baixa de Neno, en equipos de Fase Final podemos pensar en meter a Zagars, porque custa case nada e con todos os minutos que terá podería roldar a decena; así teriamos cartos para reforzar outras posicións.
Unicaja – Bilbao Basket
(25, 18:30)
Os de Casimiro tiñan o encontro e media clasificación na man, pero deixárono ir sobre todo na liña dos tiros libres e coa posterior derrota da Penya certificouse a súa eliminación. Os tres bases semellan interesantes. Díaz foi a máis coa competición, vén de dous bos partidos e o Bilbao está a dar facilidades no un. Incluso Mekel debería cumprir se o temos en equipos da Fase Final. Rousselle está a facer un gran torneo, a pesar de que non lle están a entrar as triplas (2 de 13 nos dous últimos), leva cansazo acumulado pero debería roldar a quincena que xa acadou a última vez que se enfrontou aos verdes. E xa para fechar, Bouteille tivo grandes momentos nos dous últimos partidos, aínda que non tomou as mellores decisións no desenlace contra o Baskonia. Estará motivado por despedir un curso moi positivo no persoal contra o seu ex.
Barça – Canarias
(25, 21:30)
Este encontro resulta unha incógnita, os dous xa deron descansos na xornada anterior e o normal é que repitan. Oriola sen Mirotic pintaba moi ben, pero incluso superou as perspectivas. Se Nikola segue de baixa, e non parece haber motivo para que non sexa así, Pierre volve ser unha grande opción. Resúltame complicado atopar máis nomes neste partido. Seguro que un pivote do Barça o fai ben, mais non me estrañaría que Tomic tamén descanse; así que poñamos que a opción é Davies (17 e 10 nos da regular). Incluso pode que Pustovyi sexa axeitado para cazaxornadas. No Canarias fáiseme complicado pensar en alguén, vexo difícil que Díez repita a boa actuación da última xornada, así que diría Salin se ten o día na tripla. Ás veces o perfil de tirador dálle problemas aos de Pesic e dos dous da regular estivo moi ben nun (29), aínda que no outro fixo un 0. Só para afoutos. Edito: por sorpresa, deron de alta a Mirotic. Iso quítalle gran parte do atractivo a Oriola, que pasa do primeiro ao terceiro banzo. Por pouco que vaia xogar Mirotic, debería facelo ben (aínda que non tanto como es que se xogan a vida), así que entra no segundo. Tamén é baixa Tomic, a opción Davies mellora un pouco, aínda que hay que ter coidado cos xogadores que non se xogan nada.
Burgos – Andorra
(26, 15:30)
Non estaban nas quinielas, pero ambos chegan á derradeira xornada con opcións de meterse nas semis. As mellores eleccións están nos bases. Bassas é un seguro de vida (non baixou aínda da decena) e Hannah é o xogador chave nos do Principado. Fitipaldo non resulta tan fiábel como o seu compañeiro, mais contra o Valencia tivo o seu momento de inspiración e pode ser unha forma de nos diferenciar. Nas ás McFadden e Benite aquendáronse, o estadounidense estivo ben nas vitorias das dúas primeiras xornadas e o brasileiro nas derrotas. Por dicir un quedo con McFadden, aínda que ningún dos dous ten grandes partidos contra o Andorra (aínda non acadaron a quincena contra eles). Se queremos unha bandeira interior barata, sobre todo para equipos de Fase Final, Aguilar está a completar un torneo notábel (tres seguidos sen baixar da decena).
Gran Canaria – Valencia
(26, 18:30)
Os precedentes favorecen aos canarios, que gañaron os dous encontros na regular, aínda que agora o favoritismo é para o Valencia. Pouca novidade en canto ao SM. Nos anfitrións os máis interesantes seguen a ser Abalde, que é medio equipo (non creo que Ponsarnau volva experimentar como no anterior, case lle custa o partido), e Tobey, que está a facer unha Fase Final espectacular. A pesar de pinchar na última xornada, boa parte das opcións do Granca pasan polas mans de Cook (40.8 e 18 nos enfrontamentos deste curso), os valencianos non teñen unha defensa esixente no un. Costello está a un nivel altísimo e debería seguir así (superou a vintena as dúas veces contra os de Ponsarnau). Máis dúbidas teño con Bourousis, para as súas características debería ser un encontro máis complicado (15.6 e 4.8); non é unha venda obrigada porque tamén pasa por un bo momento, mais non resulta tan interesante como o seu compañeiro.
Madrid – Zaragoza
(26, 21:30)
O gran favorito está a deixar moitas dúbidas e agora depende de terceiros para poder estar nas semis (podería chegar xa eliminado a este encontro que fecha a xornada). Aínda no suposto de que o Madrid comece o encontro sen nada en xogo, non creo que Laso dea descanso os xogadores, porque cando menos quererían despedirse cunha imaxe digna. Nos brancos as opcións seguen a ser Campazzo e Tavares. Nos maños, en cazaxornadas podemos apostar por Alocén, que quererá deixar boa impresión ante o equipo que o fichou. Pero as opcións para equipos da xeral son Brussino, que se saíu esta xornada, e Ennis. Non terán un partido doado, os dous pincharon a última vez que se enfrontaron ao Madrid, mais os dous estiveron ben na vitoria da primeira volta e o Madrid semella lonxe do seu mellor momento.
Este equipo da Fase Final segue a remontar pouco a pouco, está agora o 134º da privada. Curiosamente, o equipo que se chama igual ca o blog, que estaba a poñer aquí desde a primeira xornada e que deixei de poñer ao comezo desta Fase Final, atopábase cando rematou a regular de forma prematura arredor do 4000 da xeral. Pois ben, nestas catro xornadas, nas que non fixen os trocos a correr para poder publicalo co artigo como nas 23 anteriores, subiu unha chea de posicións até o 1578º da xeral (xa é o meu segundo mellor equipo). Non estivera tan arriba en todo o ano. Mañá actualizarei con este equipo da Fase Final e se queredes ver con cal saio no meu mellor, poreino no Twitter.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence á publicidade do SuperManager.