Balance da primeira xornada
O comezo do xogo foi segundo o previsto, nin moi ben nin moi mal. Mediocre. Ao meu nivel. Fixen un total de 16 equipos para valoración, que oscilaron entre os 224 puntos (ese equipo foi o 85º da xornada, o que supón o meu segundo mellor arranque) e os 138 do peor (58 mil na xornada). Xusto na metade dos meus equipos quedou Andrómenas (169.8 e 18099 da xornada), despois vou con el.

A seguir poño como lle foi á selección de xogadores que puxen no artigo da primeira xornada. O primeiro número que aparece é puntuación dese xogador e o segundo, a porcentaxe na que variou o seu broker. Están en verde os resultados dos que soben broker; se baixaron, van en vermello.

Bases
Campazzo (19.2/+15%)

Sergi García (0/-15%)
Huertas (22/+15%)
Heurtel (34.8/+15%)
Rupnik (20.4/+15%)
Doncic (13.2/-6.9%)

McCallum (1.2/-15%)

Fischer (7/+15%)

Mekel (6/-15%)

ÁS
Redivo (4/-15%)
Oleson (13/+15%)
Eriksson (13.2/+15%)
Green (34.8/+15%)
Tomàs (3/-15%)
D. Navarro (6/-15%)
Eyenga (18/15%)

Paulí (7.2/+15%)
Nedovic (16.8/+15%)
Sastre (20.4/+15%)
Todorovic (7/+15%)
Mumbrú (9/-15%)

Timma (9/-15%)
Thomas (30/-15%)

Neal (7/-15%)

Pivotes
Norel (30/+15%)
Dubljevic (8.4/-15%)
Ayón (20.4/+15%)
Brooks (24/+15%)
Llovet (4.8/-15%)
Vezenkov (24/+15%)

O’Leary (15.6/+15%)

Tobey (25.2/+15%)

Olaseni (15.6/+15%)

Poirier (0/-15%)

Huskic (0/-15%)

O erro máis doloroso foi Dubljevic. Porque era un xogador moi caro e esta baixada inesperada do 15% supón un golpe duro para a maioría dos meus equipos. O de Redivo non me sorprendeu —xa anticipara esa posibilidade no texto anterior— e Sergi, cando menos por agora, non vai ter a importancia que esperaba. Llovet tamén supuña dúbidas, como dicía, mais o tema dos xogadores que son cota está moi mal, peor ca outros anos; polo que esa baixada doe menos. Acertos con Norel, que o fixo incluso mellor do esperado, Brooks, Huertas, Heurtel, Rupnik, Vezenkov, Green
A selección da segunda xornada
Como dicía xa no artigo anterior, o que prima agora é o broker e hai que minimizar os riscos, así que todos os das listaxes teñen subas doadas —a maioría soben incluso con valoración negativa—. Mais non están todos os xogadores que teñen subas doadas esta xornada, entre eses, elixín os que ademais creo que o poden facer ben —porque darán máis puntos e porque teñen máis opcións de seguir subindo en semanas vindeiras—. Tan complicado está o tema das cotas que só metín a Sastre no primeiro banzo das ás, nas demáis posicións hai que descender cando menos un chanzo para dar cun xogador que sexa cota —e hai que levar catro, claro, coma sempre—.
Bases
Heurtel
Huertas
Campazzo

Oliver
Rupnik

Granger

ÁS
Green
Sastre
Causeur
Thomas

Oleson
Eriksson
Swing

Ribas

Pivotes
Norel
Tobey
Anosike
Ayón
Brooks

Diop

Vezenkov
M. Diagne

Vázquez
Salvó

O meu equipo
Con Andrómenas en puntos as cousas non foron mal. Estar entre os 20 mil primeiros de saída, para as miñas capacidades e o obxectivo de rematar entre os mil primeiros con este equipo, non é mala cousa. Mais no tocante ao broker, esencial ao comezo, a cousa non foi ben: só gañei 270 mil e estou alén do 50 mil nesta clasificación —sempre referíndome a este equipo—. O principal motivo foi Dubljevic. Só con el perdín 150 mil euros que esperaba gañar. Aínda que rematará entre os pivotes máis caros con total seguridade e non sería estraño que esta xornada suba todo, non hai nada que pensar: vai fóra, polo de agora. Hai que asegurar os cartos e compensar o equipo. Os outros tres cambios tamén son obrigados polo broker: saen Sergi García, só lle deron 12 minutos, eu esperaba maior confianza nel —xogando tan pouco non ten sitio no SM—; Redivo —xa falei del— e Llovet —o mesmo—. Por fortuna, o resto de xogadores teñen subida doada, así que debería reconducir un chisco o broker esta semana.

Cando menos dous dos cambios teñen que ser cota e non teño postos de extra libres. A falta de cartos en caixa limita os movementos. Polos problemas coas bandeiras e que a xornada vindeira xa haberá só tres cambios, vou tomar esta xornada de reconstrución e optar por un equipo que, inda que non me convenza de todo, ofreza maior marxe a semana que vén. Para iso, levarei cinco bandeiras. Entre esas cotas, a máis interesante é Sastre, mais non me dá para metelo e deixar o resto do meu gusto. Así que vou optar por Ribas. Foi a chave no Barça no último cuarto para remontarlle —e gañar— ao Baskonia, despois de regresar de case un ano de inactividade a causa de dúas lesións, unha delas moi grave. Enfróntase coa nosa —miña e del— Penya —xogou en Badalona dos 4 aos 22 anos—. Ao meu pesar, será un rival doado —espero que non por iso lle dean moito descanso—. O calendario posterior tamén lle é favorábel. A única opción de cota nos bases, para o meu orzamento, é Oliver. Raiano á corentena fixo un partido incríbel. Non espero que o repita, máis é un xogador consistente que vai subir todo e ten bo partido por diante: vai a Zaragoza, rival contra o que os bases do Obradoiro valoraron fácil. Estarei máis que contento se pasa da decena. O pivote con bandeira vai ser Diop, interesante mentres non estea Toko no Baskonia. Gran partido contra o Barça, este verán desenvolveu un efectivo lanzamento de 3 librado que non tiña, coma sempre é cauto en ataque —así que por aí non resta— e é un gran reboteador e taponador. Se non se mete en problemas de faltas, cumprirá. Entre Brooks e Anosike, dúas moi boas opcións, optei por este último, xogou máis de 30 minutos na primeira xornada, está un pouco máis caro —permíteme axustar para deixar só en caixa 3 mil euros— e ten partidos propicios. Só temo que, como con Diop, poida sumar faltas axiña de máis.

Construíndo o equipo de broker
A confección inicial dos equipos de broker, fixen tres, non require análise a maiores. Utilicei a mesma selección que para facer os cambios. Interesa que suban esta xornada e que acumulen máis subidas. Si que é importante tentar, con esa base, deixar o menos posíbel en caixa para poder gañar o máximo. Fixen dous máis conservadores, con seis bandeiras cada un, e outro con só catro bandeiras pero con xogadores que creo que se manterán máis semanas subindo o 15%.

Xa a partir da seguinte xornada o fundamental nos equipos de broker vai ser a planificación. Eu o que fago é anotar os meus xogadores e ao lado engadir unha estimación conservadora do número de xornadas que vai subir o 15% cada un e fago o mesmo cos candidatos a entrar no equipo —para que non cheguen máis de tres xogadores ao seu tope na mesma xornada—. Para iso son bos aliados o simulador de broker e o calendario en combinación coa valoración recibida (estas estatísticas son agora pouco relevantes, mais segundo medre a mostra, converteranse en moi significativas). Se dubido entre diferentes configuracións, voume ao peor caso e vexo cal tería mellor solución nesas circunstancias.

Os xogadores agora varían moito de prezo. Non hai máis que ver os da miña selección da semana pasada: só Doncic non cambiou o seu un 15%. Axiña, poderase gañar máis dun millón por xornada. Mais, co paso do tempo, os prezos iranse estabilizando e xa non se poderá subir o 15% con todos os xogadores. Incluso chegará o momento no que apenas haxa subas claras. Que pasará cando xa non poidamos completar un equipo con xogadores que teñan boas perspectivas de suba? Pois que haberá que fichar zombis. Como os zombis inda tardarán bastantes xornadas en entrar nas nosas aliñacións, xa haberá tempo de falar deles.