Mirotic decidiu… quen baixaba. A súa ausencia de última hora fixo moito dano nos equipos que non tiñan posibilidade de facer trocos durante a xornada e para os que non estivemos atentos ás novidades de última hora. Se xuntamos esa baixa coa de San Emeterio (presente!) a desfeita estaba asegurada. Así foi para o meu mellor, con só nove en xogo quedei en 141.2 puntos que supuxeron un descenso de 180 posicións até o 371º da xeral. A maioría dos meus equipos estiveron nesa liña, en poucos non tiña a Mirotic, incluso lle dera entrada en varios nesa xornada (neses si que podería solucionalo se me decatase a tempo, algo que non pasou). Son cousas que ten o SM, xa levaba demasiadas xornadas favorábeis seguidas.
B
1º
Cook (13.2/+15)
Ferrari (6/+15)
2º
Hannah (19.2/+7)
Huertas (17/+2)
Delaney (4.8/-10)
Bellas (8.4/+13)
3º
Laprovittola (-3/-15)
Dimitrijevic (4.8/+15)
Fitipaldo (13.2/+13)
A
1º
Prepelic (21.6/+1)
Higgins (14.4/+15)
Slaughter (23/+15)
2º
Beirán (25.2/+14)
Kuric (10.8/+3)
Toolson (26/+15)
San Emeterio (-)
Garino (13/+2)
Magee (2.4/-9)
3º
López-Arostegui (8.4/+15)
Garcia (9.6/+15)
Barreiro (14/+15)
P
1º
Shengelia (21/-1)
Shermadini (18/-4)
Mirotic (-)
2º
Balvin (19.2/+1)
Kravic (25.2/+5)
Omic (15.6/-1)
Gerun (12/0)
3º
Dubljevic (15.6/-1)
Garuba (17/+15)
Morgan (4.8/+15)
Á listaxe non lle foi tan mal coma aos meus equipos; non é a mellor semana mais si que daba para salvar a xornada se sabiamos a tempo das baixas (e tiñamos posibilidade de facer trocos).
Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15%.
B
1º
Bellas (32)
2º
Hannah (33)
Huertas (36)
Henry (30)
Bassas (36)
Ferrari (3)
Dimitrijevic (5)
3º
Colom (26)
Alocén (8)
A
1º
Prepelic (48)
Slaughter (21)
Seeley (43)
Higgins (31)
2º
Brizuela (36)
Bouteille (46)
Toolson (-2)
Garcia (-31)
Urtasun (-23)
Díez (36)
Barreiro (20)
3º
Beirán (33)
Abalde (-9)
López-Arostegui (-17)
Massenant (-8)
P
1º
Shengelia (51)
Mirotic (71)
Shermadini (64)
2º
Kravic (46)
Omic (42)
Balvin (46)
Tavares (42)
3º
Dubljevic (41)
Clark (36)
Garuba (23)
Mitrovic (-10)
Desta última xornada podemos aprender a tentar cubrirnos a costas perante os imprevistos. Cómpre planificar ben os equipos para ter marxe de sobrepoñernos a baixas relevantes.
Fuenlabrada – Joventut
(23, 18:00)
@GCA, VBC | BLB, @BAS
A Penya chega a unha das canchas máis complicadas da categoría coa mellor xeira aberta de vitorias consecutivas (5). Bellas é un dos bases máis atractivos da xornada. Achega unha bandeira, o seu compañeiro no un está lesionado, a Penya no un non é unha defensa tan esixente e na casa dobra os seus números até case os 21 de valoración media. Menos favorábel para el é a saída a Gran Canaria da semana vindeira. Nos verdinegros, a pesar de dúas malas valoración consecutivas, Dimitrijevic segue a me parecer unha opción de interese. Véñenlle dous encontros moi favorábeis contra defensas amábeis cos bases, na Eurocup fixo un moi bo partido e acadou a vintena na visita a Fuenlabrada do curso pasado. Debería quedarlle unha suba máis do máximo e trátase dunha bandeira económica que tanto precisamos os que imos atrasados no broker. Se podemos permitirnos a Prepelic, é fixo. Vén de saírse na Eurocup. Ademais, este partido ofrece varias ás económicas que son cota. Tamén na Penya temos a López-Arostegui, que segue a acumular grandes encontros, aínda que non é o mellor perfil para o SM (porque a súa gran defensa non se reflicte na valoración). Está moi barato e ten moitas semanas de subas por diante. Só pensaría nel en equipos coa caixa baleira. Precisamente a súa gran defensa (e a dos seus compañeiros) bota algo de incerteza sobre as opcións do Fuenla. Urtasun, que comezou a tempada sen equipo, está nun dos seus mellores momentos da súa longa carreira profesional. As baixas no xogo exterior (Rowland e Eyenga) repercuten de forma favorábel nos seus minutos, vén dunha exhibición en Vitoria e tamén garante unhas cantas semanas de subas. Co seu calendario, Penya e Granca, non é das miñas opcións predilectas, mais é comprensíbel que sexa o xogador máis comprado polo seu momento, broker e bandeira. Gústame máis Garcia. Temos unha bandeira moi barata, conta con moitas subas por diante e é un xogador con moitísimo talento ofensivo que xa acadou a vintena o curso pasado contra a Penya. Por dentro, semella un encontro favorábel para Omic, aínda que o Fuenla mellora moito a súa defensa interior de local. En principio, o esloveno ten moita vantaxe fronte os pivotes do equipo de Cuspinera, que xa no último encontro na casa concedeu un pico a Mitrovic.
Unicaja – Bilbao
(23, 20:30)
@BUR, GCA | @JOV, AND
Os equipos chegan en momentos de ánimo moi diferentes, o Unicaja está fóra de postos de Copa (aínda que ten garantida a súa presenza como anfitrión) e o Bilbao non só está 7º, senón que vén de acabar coa imbatibilidade do líder. O Bilbao dá moitas facilidades no un (e tamén o Burgos na vindeira), mais Adams non está a amosar a consistencia necesaria para que pensemos nel alén de equipos que procuren a sorpresa. Nas ás o foco está sobre Bouteille. A semana pasada deixárao fóra porque tiña un calendario moi duro por diante (segue a telo), mais lonxe de baixar as súas prestacións, roldou a trintena contra a gran defensa na posición (Madrid). Si que tería en conta o calendario á hora de darlle entrada (ademais, non será doado reunir os cartos para recuperalo), pero gañouse toda a confianza para seguir nos equipos nos que xa estaba. Balvin está a ser un dos xogadores máis sólidos desta edición (e igual esta semana ten que aumentar os seus minutos, porque Lammers anda con problemas físicos), pensaríamo antes de darlle entrada esta xornada (o Unicaja é o que menos encaixa na posición de local), pero como no caso de Bouteille gañouse a confianza para continuar nos que xa estaba.
Obradoiro – Andorra
(23, 20:30)
@VBC, BET | BAS, @BLB
Hannah pode seguir tranquilamente unha xornada máis nos nosos equipos (na seguinte contra o Baskonia xa o teremos que pensar máis). Leva 5 semanas sen baixar do 13. O Obra non é unha das defensas máis esixentes nas ás (aínda que mellora na casa) e un Massenant en crecemento (dous seguidas superando a decena e vén dun encontro na veintena na Eurocup) pode resultarnos moi útil nos equipos con orzamentos axustados (garante cando menos un par de subas e está moi barato). Por dentro, Kravic ten un encontro propicio para seguir coa súa xeira (leva tres seguidos en 25 ou máis), en especial se Diagne non chega (perdeuse o partido da Eurocup).
Zaragoza – Manresa
(23, 20:30)
RMA, @EST | MUR, FCB
Os maños semella que están a acusar o cansazo após o grande arranque (2 derrotas consecutivas e tamén perderon con claridade na Champions) e o Manresa anda con urxencias. Con dous seguidos de local (a vindeira terá ganas de amosar a súa mellor versión contra o equipo ao que pertence), Alocén pode ser unha bandeira interesante na procura da diferenciación (case 14 de media en Zaragoza). O Manresa é un rival amábel na posición. Co aumento de protagonismo de Toolson, caeu a incidencia de Ferrari no xogo. Que teña aínda unha suba do máximo, abonda para que o manteñamos os que precisamos dos cartos. O certo é que as dúas vitorias do Manresa chegaron nos dous mellores encontros de Frankie, os do Bages precisan dun Ferrari protagonista, que repercute moito no xogo do equipo. Iso e o encontro tan favorábel da vindeira contra o Murcia, favorecen que lle deamos outra oportunidade aínda que o Zaragoza sexa un equipo esixente. A pesar da chegada de Ennis, Seeley preséntase como unha opción moi interesante contra un Manresa que dá moitas facilidades na posición. De local está en máis de 24 de media. A vindeira, contra o Madrid, xa non pinta tan ben. Barreiro debería aguantar outra semana máis nos equipos. Aínda debería subir algo, o rival é propicio e a súa bandeira ten especial valor esta semana. Os bos encontros de Toolson non cristalizaron en vitorias do seu equipo. Está moi barato, garante suba e a vindeira ten un encontro moi favorábel de local contra o Murcia. Iso debería abondar para mantelo nos nosos equipos; á hora de fichalo, agardaría mellor á semana que vén. Mitrovic ten cando menos outro par de subas do máximo e volveu facer un bo encontro na Champions. Non me entusiasman as opcións de broker nos pivotes, onde se move moita valoración, mais podemos contemplalo en equipos moi rezagados no broker. A vindeira enfróntase ao seu ex.
Estudiantes – Burgos
(24, 12:30)
@BET, ZAR | UNI, @RMA
Se os cartos xa non son problema para nós, Bassas ten un encontro moi favorábel contra unha defensa amábel. Lonxe de Burgos Fitipaldo non é unha opción (2 de media). Após a lesión, Brizuela non está a dar o que se esperaba, mais o Burgos é un rival amábel na posición e o vasco adoita mellorar as súas prestacións de local (ao contrario que Scrubb). Tokoto acumula xa seis xornadas sen baixar da decena e o Estu dá facilidades na posición; o malo é que despois ten un calendario moi complicado. O que tamén atravesa un bo momento é Clark, que acumula dous picos seguidos. Hai que ver se comeza a acadar regularidade e o calendario non xoga ao seu favor, mais pode ser unha opción para os máis afoutos.
Canarias – Betis
(24, 13:00)
@FCB, MUR | EST, @OBR
Huertas ten unha xornada para facelo moi ben. O Betis é unha das defensas máis permisivas cos bases e os dous mellores encontros do paulista chegaron precisamente contra os equipos máis amábeis na posición. O malo é que despois vai a Barcelona. No Betis xa destacaba un home antes, Slaughter, líder da ofensiva sevillana, mais cobra inda máis protagonismo coa marcha de Rivers rumbo a Kaunas. Está nunha gran forma (3 dos últimos 4 en 21 ou máis) e o Canarias na casa está a permitir máis alegrías aos exteriores rivais. Despois ten un encontro incluso máis atractivo na visita do Estu. Díez quedou fóra da listaxe a semana pasada, neste caso si de forma acertada. Agora ten un encontro moito máis amábel que nos permite pensar nel, aínda que a inminente visita ao Blaugrana fai que sexa unha boa opción se xa o tiñamos no equipo, pero á hora de fichar o mellor é procurar outras opcións que sirvan a máis xornadas ou que cando menos nos dean uns bos cartos. Shermadini xa é fixo dende hai moitas xornadas e ademais nesta ten un encontro para saírse (o Betis é dos equipos que máis valoración interior conceden). Como xa vimos noutros encontros difíciles, incluso debería facelo ben na vindeira en Barcelona.
Murcia – Barça
(24, 17:00)
@GCA, VBC | BLB, @BAS
Booker é o Murcia, así que nin sequera é venda obrigada contra o Barça. Só baixou unha vez da ducia en todo o curso (en Madrid). É de supoñer que o Barça tamén lle poña unha defensa específica para tentar detelo, iso fai que non sexa o momento de fichalo, mais na casa é unha besta: 32 puntos e outros tantos de valoración media. Despois ten unha saída favorábel a Manresa. Por parte dos culés, debemos ter coidado despois doutra triunfal dobre xornada da Euroliga. A posición na que o Murcia está a conceder máis é nas ás. Aí no Barça destacada Higgins nun momento moi doce, tanto na ACB como na Euroliga. Está a xogar bastantes minutos, así que sería bo que se nos decidimos por el teñamos marxe para cambiar o plan se Pesic decide darlle descanso. Para cazaxornadas, podemos buscar a sorpresa con Abrines, que vén dun gran encontro na Euroliga. Mirotic marcou a última xornada, por unha vez de forma negativa; esa baixa da semana pasada fai menos probábel un descanso nesta. Os que o papamos debemos seguir con el, se xoga será candidato a MVP como cada xornada e a súa bandeira ten moito valor. Se o puidemos sacar e agora temos problemas para cadrar o equipo coa súa volta, non pasa nada por procurar un plan alternativo.
Baskonia – Valencia
(24, 18:30)
@AND, JOV | OBR, @FUE
O prato forte da xornada enfronta a dous equipos que no pouco que levamos de tempada tiveron tempo para vivir de todo, tanto bo como malo. Os dous fixeron pleno na dobre xornada da Euroliga. Coa lesión de Garino, o interese no Baskonia concéntrase en dous dos xogadores principais desta edición. Shengelia está nun momento impoñente, sería fixo contra calquera, e o Valencia nin sequera está entre as mellores defensas interiores. Henry xa está recuperado e incluso lle debería quedar outra suba (aínda que non do máximo). Estivo moi ben a semana pasada e non tanto nesta na Euroliga (non superou a decena en ningún dos dous). Despois ten unha saída complicada a Andorra (segunda mellor na defensa dos bases). Nos taronja podemos contemplar a Colom, que se saíu no último encontro da Euroliga. Porén, é unha bandeira de risco, porque non está a ser regular e Vitoria non é unha cancha doada. Se procuramos a diferenciación, nas ás podemos pensar en Abalde. Á fin estámolo a ver ao nivel que pode dar, fixo un encontro magnífico a semana pasada e volveu destacar na Euroliga. Está moi barato, ten varias subas e o Baskonia está a se amosar amábel na posición. Con todo, hai que ter en conta que non logrou acadar aínda a decena en ningunha das súas visitas a Vitoria (ten moita carreira por diante para logralo). Dubi vén dun encontro magnífico na Euroliga e a esixencia do encontro, que debe facer que o vexamos máis tempo en cancha, non lle vén nada mal. O único pero é o seu historial no Buesa: das súas nove visitas, entre a regular e o playoff, quedou en sete por debaixo da decena.
Madrid – Gran Canaria
(24, 20:00)
@ZAR, BUR | FUE, @UNI
O Madrid ofrécenos toda a incerteza do mundo, ademais, ao ser o derradeiro encontro da xornada (iso fai que os trocos fechen 15 minutos antes do comezo) quedamos sen máis marxe que estes dous equipos para rectificar algún cambio no último momento. Se aínda así pensamos nalgún deles, os nomes a ter en conta son Deck (que non entra, porque a súa ficha está dada de baixa, veremos se a volven activar para xornada), que se atopa nun gran momento (foise á trintena na Euroliga) e o Granca está a dar facilidades na posición; e Tavares e Garuba por dentro. O caboverdiano semellaba unha opción clara para descansar esta xornada, mais os poucos minutos que xogou na Euroliga, sobre todo no segundo por problemas de faltas, fan que chegue con menos carga. Aínda así eu non iría moi tranquilo con el. Conta co factor do ex e na casa está na vintena de media. Usman apenas xogou durante a semana, así que o normal é que teña bastantes minutos contra un Granca amábel na posición (aínda que a complicada saída a Zaragoza da vindeira non xoga ao seu favor). Xa está preto do seu prezo (agás que dea outro salto máis á fronte, algo que cun xogador do seu talento non se pode descartar). Non é o encontro para Cook. Podemos mantelo se precisamos moito os seus cartos e a vindeira ten un partido favorábel de local, pero o normal é que non acade a decena. O outro xogador relevante no Granca é Beirán. Leva dúas xornadas na vintena, aínda que o Madrid é un rival moi duro. Paradoxalmente, na súa carreira fixo mellores encontros contra o Madrid de visitante (10 de media), así que non é a venda máis urxente que imos ter esta semana. Non o ficharía agora, debemos decantarnos por xogadores que non o teñan tan complicado.
Remataron as subas para Andrómenas (perdo case 500 postos por papar a Mirotic). Fixen 152 puntos e quedo no 2242º da xeral.
Aínda non decidín o equipo. Hoxe vou tarde para a publicación do artigo, así que xa editarei.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence a un capítulo da serie The Twilight Zone.