SuperManager x. 10: mudar a historia

Hai que facer o posíbel para non irmos ao descanso con mal sabor de boca

Despois desta xornada teremos un descanso polos partidos de seleccións.

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

Seguen a ser xornadas con resultados bastante dispares nos meus equipos (creados coa listaxe que dou cada semana no blog). Esta vez houbo máis subas ca baixadas. O meu mellor segue unha tendencia ascendente (comezou a tempada no 38 mil). Se a semana pasada entrara no Top 1000, esta fíxoo no Top 500 (414º). Desta volta non tiven tanto tino nos cambios: só gañei 9 puntos. Recuperar posicións vai estar cada vez máis caro. No persoal, estamos a chegar ao punto crítico do xogo, porque nos últimos anos o meu mellor momento está a chegar precisamente nas últimas xornadas da fase de acumulación e nas inmediatamente posteriores (o ano pasado ascendín á segunda posición, tiña algún equipo máis entre os mil primeiros e incluso o equipo do blog rozaba o Top 1000). Esta décima adoita marcar un cambio negativo de tendencia; o reto agora é mudar a historia.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Renfroe (12)

Ennis (2)

Laprovittola (10)

Segundo banzo

Segundo escalón

Albicy (2)

Llull (-)

Fitipaldo (5)

Huertas (16.8)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Van Rossom (6)

Hannah (3)

McCalebb (26.4)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

J. Fernández (10.8)

Dawson (12)

Segundo banzo

Segundo escalón

Brizuela (7)

M. Garcia (24)

Beirán (38.4)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Seibutis (-1)

Blazic (9.6)

Cancar (14)

Eyenga (-7)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Shengelia (26.4)

Thompson (19)

Jordan (9)

Segundo banzo

Segundo escalón

Tavares (9.6)

Dubljevic (18)

Llovet (7)

Todorovic (17)

Iverson (12)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Radovic (6)

Suárez (25.2)

Tomic (25.2)

W. Thomas (3)

Desta volta un dos xuíces da xornada foi Javi Beirán, un xogador moi vendido. Eu dixen que non era dos cambios prioritarios, pero se a alguén lle sobraba un podía contemplalo. Por fortuna, tiña cambios máis urxentes e conserveino nos meus equipos. Respecto a Tavares ou Llull, que aparecen na listaxe, dixen que non contemplaba a ninguén do Madrid para os meus equipos pola incerteza que os rodea. Mantendo a Beirán e sen os do Madrid, a listaxe aproba. Se quedamos con Tavares e vendemos a Beirán, entón tocaba baixar un pouco.

Selección da xornada

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota e de vermello os extracomunitarios. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

La leyenda es la siguiente: en negrita van los jugadores que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Renfroe

Ennis

Laprovittola

McCalebb

Segundo banzo

Segundo escalón

Albicy

Van Rossom

Terceiro banzo

Tercer escalón

Heurtel

Roberts

Pérez

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

J. Fernández

Beirán

Dawson

Segundo banzo

Segundo escalón

M. Garcia

Cancar

Toolson

Brizuela

Terceiro banzo

Tercer escalón

Gentile

Evans

Vitali

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Shengelia

Dubljevic

Thompson

Segundo banzo

Segundo escalón

Shermadini

Todorovic

Suárez

Iverson

Abromaitis

Terceiro banzo

Tercer escalón

Tomic

Gerun

Jankovic

Lalanne

Xa en xornadas anteriores dicía que a miña preferencia era deixar os xogadores do Madrid e, en menor medida, os do Barça á marxe pola incerteza que implican. Esta, enfrontándose ambos, o conto non é diferente. Non vexo opcións fiábeis. Tavares non fixo ningún gran partido contra o Barça des que está no Madrid; Facu tampouco acadou a decena contra eles nos partidos da pasada ACB. Coido que é risco de máis, incluso se Llull non chega, pensar nel coas opcións que hai nos bases. Pola parte do Barça, Tomic adoitaba ser unha grande opción contra os brancos, mais o ano pasado non logrou superar a vintena contra eles en ningunha competición. Agora ben, se nos conformamos cun partido seu arredor da quincena, seguramente si que o dea, porque o curso pasado tampouco baixou da decena en ningún dos cinco encontros contra o Madrid. A Heurtel o Madrid era un rival que tradicionalmente se lle daba mal. O curso pasado, como única referencia do Barça no base, entre Euroliga, Copa e ACB tivo un pouco de todo. Vén no mellor momento do ano, así que, sobre todo se apañastes as súas últimas tres grandes valoracións, podedes manter a aposta. Á hora de fichar, decantaríame por xogadores con menor incerteza.

En canto á distribución de bandeiras, como non vexo opcións fiábeis nos bases, contemplo dúas combinacións: 3 ás e 1 pivote ou 2 e 2 (incluso o 0-3-2 semella boa idea esta semana).

Bases

Nas opcións prioritarias non hai ningunha sorpresa. Os catro bases máis caros (sen contar a Llull) son os máis interesantes esta xornada, por máis que os tres que estaban sans valoraran por debaixo do esperado a semana pasada (curiosamente, o tocado McCalebb fixo o seu tope da tempada). Parece que as dúbidas veñen sobre todo con Ennis, polo seu 2 e porque xa deixou de dar cartos. Porén, inda nun mal partido a xornada pasada anotou 15 puntos e xogou moitos minutos. Ademais, ten un calendario inmellorábel: saídas a Fuenlabrada, Valencia e partido como local contra o GBC. Todos eles son dos peores equipos na defensa do escolta (lembro que Ennis non está a xogar de base). Así que nada de vendelo. Con Renfroe non hai dúbida ningunha. O terceiro posto está entre Lapro e McCalebb. O ano pasado non coincidiron, na ida Lapro inda non chegara á Penya (2 de Bo) e na volta o que non estaba era o estadounidense (33.6 de Nico). Co bo precedente de Lapro en Zaragoza e que curiosamente ambos os dous están a valorar moito mellor fóra da casa, coido que o arxentino ten vantaxe (tamén penso que a vitoria da Penya é algo máis probábel).

Se non temos cartos para tres dos catro anteriores, Albicy vólvese presentar como mellor opción económica. O do semana pasada hai que tomalo como un accidente, volveu facer un gran partido nesta na EuroCup e vén nun moi bo momento de forma. O calendario para el tamén é moi favorábel. Outra opción, inda que máis incerta, pode ser Van Rossom. O belga segue a saírse en Europa (outro 25 esta semana), pero non acaba de dar ese mesmo nivel na ACB (sobre todo fóra da casa, onde non acadou aínda a decena). Por fortuna, véñenlle dous partidos seguidos de local (22.8 e 14.4 nas dúas últimas xornadas), así que parece o mellor momento para pensar nel.

Se buscamos unha diferenciación, o home é Brian Roberts. Despois dun comezo por debaixo do esperado, destapouse a xornada pasada cun partido na trintena e nesta superou a vintena en Europa. As estatísticas din que o Murcia é a peor defensa a domicilio dos bases, pero non son fiábeis: só leva tres partidos a domicilio (o que menos na ACB, polo aprazado contra o Estu) e dous deles foron contra equipos de Euroliga. De local os vermellos están a ser a mellor defensa dos bases. Trátase dunha opción de risco. Ningunha bandeira me parece boa opción, mais se quedastes sen cambios e inda tedes a Pérez no equipo, o Valencia está a ser amábel cos uns contrarios. Esta semana Huertas queda fóra, porque lonxe de Vitoria está a baixar bastante os seus números. Fóra da listaxe e para cazaxornadas, apunto o nome do acabado de chegar Radicevic, que coa lesión de Hannah disporá de bastantes minutos.

Ás

Aleros

Nesta xornada, como sucedera hai un par con McFadden, chegoulle o tempo de saír a Brizuela. Os seus minutos e importancia seguen a minguar trala chegada de Gentile e non teñen un partido doado en Gran Canaria. Grazas pola achega de broker e até a próxima (seguro que volverá contar ao longo da tempada). Iso reduce o grupo de ás comúns a tres: J. Fernández, o MVP Beirán e Dawson. Os tres con boa xornada por diante.

Onde se gañaran ou perderán puntos será na cuarta á. Este ano si que semella o do despegue de Marc Garcia. É todo talento en ataque e a lesión de Popovic obrigarao a asumir máis protagonismo. Acadou a vintena na metade dos seus partidos, está a bo prezo e asegura cando menos un par de subas substanciosas. Ademais, xunta dous partidos na casa. Outra opción, menos económica, é o esloveno Cancar. Acumula cinco xornadas por riba da decena e xoga de local (como varios dos seus compañeiros, aumenta a súa valoración de forma apreciábel á calor dos seus seareiros). A opción para nos diferenciarmos é Toolson. Xoga na casa contra un Breo que lonxe de Lugo é menos competitivo e dá moitas facilidades na posición. Ademais, ao sobriño de Andy quédalle un moi bo calendario por diante: Fuenlabrada (4 ás por riba dos 20 contra eles no que vai de curso) e Zaragoza (9 por riba da quincena esta tempada), este como local.

Como opcións de risco apunto tres. Gentile está a xogar minutadas e veu ao Estu para gañarse un gran contrato noutro lado (como antes Jackson ou Landesberg). A medio prazo debería converterse nunha das opcións prioritarias. As súas grandes valoracións non tardarán en chegar e igual os managers máis audaces teñen sorte e pescan a primeira esta semana. Tamén me parece interesante o seu par Chris Evans. O italiano está a permitir xornada tras xornada grandes valoracións dos seus rivais (Dawson, Seibutis/Okoye e Hanga). Se estivésemos a ver o Evans de principio de tempada, non tería dúbidas e sería opción de primeiro banzo. O problema é que o norteamericano non está ben e anda a perder peso na ofensiva amarela. Porén, por características, paréceme o xogador que máis dano lle pode facer a Gentile. Como última opción de risco, outro italiano: Vitali. Semella que volve atopar sensacións e o rival é favorábel. Porén, xa sabemos que cando menos o esperemos regalaranos un negativo. No Zaragoza seguro que algunha á o fará ben, mais non son capaz de decidirme entre Berhanemeskel (que vén dun partido inmenso), Seibutis ou Okoye; así que non entra ningún. E o mesmo me pasa coas ás do Valencia.

Pivotes

Pívots

Como nas ás, hai tres xogadores que destacan sobre os demais: Shengelia, Dubljevic e Thompson. Toko é fixo, así que non hai nada que comentar. De Dubi dixen que a semana pasada era a derradeira na que nos podiamos permitir non levalo; inda así, a pesar da contundente derrota taronja, fixo un meritorio 18. Agora, cun Valencia en urxencias e dous partidos seguidos de local (case 24 de media na Fonteta e nas dúas últimas arredor dos 40), temos que facerlle sitio como sexa. Thompson na casa aumenta moito as súas prestacións e ademais atópase nun gran momento.

O cuarto pivote será o que marque as diferenzas. Aí destacan dúas opcións que deberían dar puntos e cartos. Shermadini, após dúas xornadas nas que non chegou á valoración esperada, destapouse cun partido preto dos 40. Esta semana, de local e contra unha das peores defensas interiores (Murcia), ten unha oportunidade de sumar a súa terceira gran valoración seguida (fixo 24 esta semana na EuroCup). A pega con el? O Unicaja ten unha boa rotación interior —o xeorxiano rara vez supera os 20 minutos de xogo—, co que se o que está inspirado é outro compañeiro… Con menor opción de pico pero tamén con menos risco de tropezo, temos a Marko Todorovic. O montenegrino deu unha exhibición no primeiro tempo da última xornada, tanto en defensa como en ataque. Fixo de todo e todo ben. Ía camiño da trintena nunha vitoria cómoda da Penya. A segunda parte foi un filme de terror para a afección do Joventut: nin os xogadores nin o corpo técnico deron unha a dereitas e a gran xornada de Todorovic quedou só nunha boa valoración sen bono. Se a Penya aprendeu a lección, en Zaragoza, nun partido fundamental para as aspiracións copeiras de ambos equipos, Marko debería volver destacar. Está moito mellor de forma, non vai baixar da vintena de minutos e ofrece cousas que non teñen outros pivotes dos equipos do nivel do Joventut. Se alguén está a ser consistente no xogo interior do Unicaja, ese é Carlos Suárez. Garante, cando menos, unha vintena de minutos, leva catro xornadas sen baixar da quincena de valoración, ten un rival favorábel, de local os seus números medran bastante e debería apañar o bono. A continuación non teño máis remedio que nomear a Abromaitis. É o pivote máis valorado das últimas tres xornadas e encadea dúas por riba dos 25. Ademais, a visita a Burgos é favorábel. O problema con el é que non se trata do xogador máis consistente e, á volta do descanso, vai a Barcelona. Eu non lle vou a dar entrada porque non acerto nunca con el, mais non teño razóns obxectivas para non incluílo no segundo banzo esta semana. Gústame máis o seu compañeiro Iverson. Está a se mostrar máis consistente e nas dúas últimas saídas superou a vintena.

Gerun está a facer os seus mellores partidos fóra da casa e en Manresa ten un rival favorábel. Á volta repite fóra, mais o rival é o Baskonia. Nas últimas xornadas estamos a ver o Jankovic da pretempada. Leva tres partidos en 15 ou máis de valoración, os seus minutos están a medrar (35 na última) e non ten mal calendario por diante. Moussa Diagne estaba en moi bo momento e nesta tiña unha xornada para destacar, mais anda con problemas físicos e tanto a semana pasada coma esta na EuroCup apenas xogou. O irregular Lalanne ten un bo partido por diante esta semana contra o xogo interior do Breo. Xa fóra da listaxe e como opción para cazaxornadas, podemos contemplar ao seu compañeiro Doellman. Perdeu as seis primeiras xornadas por lesión e nalgún momento terá que despegar. Esta, diante do seu público e cun rival accesíbel, é unha boa oportunidade para que suceda. O que tamén me dá a sensación de que dun momento a outro a vaina partir é Whittington. Will Thomas inda está en moitos equipos, xoga de local e contra un rival favorábel, así que os que anden faltos de cambios poden aguantalo unha semana máis. Esta xornada na EuroCup superou a quincena e xogou case 30 minutos (mais foi porque Tobey fixo 3 faltas nun minuto e despois apenas xogou). Jordan ten que saír dos equipos: fóra valora peor e ademais a xornada pasada non vin que o Breo o busque en ataque.

O equipo do blog

El equipo del blog

Andrómenas segue a subir: 141.6 puntos e por vez primeira entra no Top 20000 (18953º). Porén, non teño moi claro que os case 3 mil postos gañados se traduzan en realidade nunha aproximación en canto a puntos ao Top 1000. Así que vou ir rexistrando a diferenza estimada en puntos co obxectivo para ter en diante unha referencia máis fiel. Coido que o equipo que marcha no milleiro agora debe de andar polos 1337 puntos, así que estou a uns 174 puntos do Top 1000. Aínda é unha distancia enorme.

Esta semana teño os cambios claros. Saen Brizuela, Will Thomas e Jordan e entran Marc Garcia, Dubi e Todorovic.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Back to the Future (Robert Zemeckis, 1985).