SuperManager x. 11: saír do Día da marmota

Unha vez máis, metín a zoca na xornada 10

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

Non dou saído do bucle de infortunios de cada 10ª xornada. Até o último momento estiven a dubidar se dar entrada a Sherma por Todorovic no meu mellor. Ao final, para non levar un equipo moi típico (como se iso importase algo a estas alturas), deixei o montenegrino e non usei o último cambio. Así pasei dunha posíbel suba xenerosa a unha baixada. Non foron moitos postos, aínda conservo o Top 500. Oportunidade estragada.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Renfroe (27.6)

Ennis (19.2)

Laprovittola (22)

McCalebb (33.6)

Segundo banzo

Segundo escalón

Albicy (13.2)

Van Rossom (21.6)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Heurtel (9.6)

Pérez (19)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

J. Fernández (15.6)

Beirán (21)

Dawson (7)

Segundo banzo

Segundo escalón

M. Garcia (8)

Cancar (0)

Toolson (4.8)

Brizuela (20)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Gentile (-1)

Evans (13.2)

Vitali (8.4)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Shengelia (28.8)

Dubljevic (18)

Thompson (18)

Segundo banzo

Segundo escalón

Shermadini (22.8)

Todorovic (-6)

Suárez (7.2)

Iverson (10)

Abromaitis (8)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Tomic (9.6)

Gerun (-5)

Jankovic (4)

Lalanne (20.4)

Á listaxe foille moi ben nas opcións preferentes (daban para superar os 200). Outra cousa é que algún parvo (presente) non fixese caso.

Selección da xornada

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota e de vermello os extracomunitarios. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

La leyenda es la siguiente: en negrita van los jugadores que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Renfroe

Ennis

McCalebb

Segundo banzo

Segundo escalón

Laprovittola

Van Rossom

Terceiro banzo

Tercer escalón

Pérez

Llull

Heurtel

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

J. Fernández

Segundo banzo

Segundo escalón

Beirán

Brizuela

Hanga

Vasileiadis

Cancar

Terceiro banzo

Tercer escalón

Eriksson

M. Garcia

Dawson

A. Urtasun

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Shengelia

Dubljevic

Poirier

Segundo banzo

Segundo escalón

Shermadini

W. Thomas

Lalanne

Huskic

Terceiro banzo

Tercer escalón

Tomic

Thompson

Burjanadze

Bases

Renfroe e Ennis seguen a ser fixos e, ademais, teñen partidos contra rivais moi amábeis na posición. A McCalebb bastáronlle menos de 20 minutos para irse á trintena contra unha desastrosa Penya. Repite de local (contra un Obra sen Pozas) e ten unha saída moi favorábel a Manresa a semana que vén.

Nico Laprovittola cae ao segundo banzo. Segue a xogar moitos minutos, é o dono da bóla e non tería por que fallar; mais a mala imaxe da Penya, o partido na casa (a súa media baixa 10 de local) e sobre todo a volta de Alberto Díaz no Unicaja (un dos mellores defensores da liga) fan que haxa opcións máis claras esta xornada. Última semana para levar a Van Rossom nos nosos equipos durante un tempo. Xoga outra vez de local (onde é un seguro), mais despois ten dous partidos fóra (onde non dá unha).

Dani Pérez está na súa mellor tempada como profesional, xoga como local, aporta unha bandeira, terá moitos minutos e o rival é dos máis propicios (despois vai ao Principado, que tampouco é das saídas máis complicadas). Se temos ganas de asumir riscos, eu non estou moi polo labor, cando menos un dos bases Madrid seguro que terá unha gran xornada. Nese caso, Llull resulta máis interesante pola bandeira. No Barça, a pesar do tropezo da última xornada, Heurtel parece a mellor opción. O Baskonia tamén ten un partido moi favorábel, porén, calquera acerta quen dos tres vai ter o día. Kloof, coa baixa de Booker, fíxoo moi ben e pode ser unha opción económica interesante, mais a volta do americano réstalle atractivo.

Ás

Aleros

É a posición máis aberta, onde máis puntos se poderán gañar ou perder. Esta xornada o único fixo é Jaime. Boa saída a Badalona e dous partidos como local (iso si, contra Barcelona e Baskonia).

Beirán ten unha visita complicada a Barcelona e despois recibe o Baskonia. Coido que o seu gran momento é argumento suficiente para mantelo, mais haberá quen queira arriscar coa súa venda. A chegada de Gentile, polo de agora, está a lle facer máis mal que ben ao Estu (é un buraco en defensa e en ataque está a ir por libre). Brizuela reivindicouse a última xornada e este ano está a demostrar que merece que o club aposte por el. Hanga chega nun momento doce: tres xornadas por riba da decena e bos partidos na Euroliga. Seguramente non nos dea un pico, mais podemos esperar que remate arredor da quincena, o que suporía unha suba do 15% ben interesante para os equipos que inda anden con problemas de cartos. O risco de que o Barça lle dea descanso por sorpresa sempre está aí. Kostas leva catro xornadas sen baixar da decena e o Zaragoza non é mal rival. Debería volver estar neses números e se ten o día na tripla, o pico é posíbel. Gústame especialmente a opción Cancar. Vén de fallar na última xornada e tampouco estivo ben na súa visita ao Estu a tempada pasada, así que é unha opción de risco, mais creo que lle pode facer moito dano a Gentile.

Eriksson ten unha saída moi complicada a Madrid. Pero o sueco está nun gran momento, debería darnos algúns cartos e a semana que vén de local contra o Joventut apunta a opción preferente. Marc Garcia non aproveitou a baixa de Popovic como esperaba. De local non está a amosar a súa mellor versión e o Manresa é na posición que mellor defende. A semana que vén en Murcia pinta bastante mellor, pero o broker pódelle abondar a algúns equipos para aguantalo nesta. Agora mesmo os xogadores da Penya non me dan ningunha seguridade, mais non imos ter cambios abondo para desfacernos de todos. Se a Penya volve á súa versión anterior, Dawson debería cumprir. Os equipos que teñan os petos furados poden pensar en Álex Urtasun. Está a xogar máis nas últimas xornadas, ten unha saída favorábel a Donostia e garante algunhas subas.

Pivotes

Pívots

Shengelia Dubljevic manteñen a súa condición de fixos nunha xornada favorábel para eles. Acompáñaos neste primeiro nivel Poirier. O francés vén de dar unha exhibición contra o CSKA na Euroliga, xoga de local e ten rival sinxelo. Xa lle toca volver acadar a vintena na ACB.

Aínda que o ano pasado non estivo ben en Badalona, Shermadini está a dar un gran nivel. Cando xa parecía que perdera atractivo, W. Thomas destapouse a última xornada como o interior do Valencia máis enchufado. Repite de local e ten un bo calendario por diante. Lalanne vén de dúas boas valoracións e ten unha saída moi interesante a Fuenlabrada, peor defensa interior. Thompson fóra da casa sempre perde atractivo. Inda así debería cumprir, mais prefiro ao seu compañeiro Huskic esta semana. O serbio só baixou nun partido da decena este ano e o Estu é das defensas máis amábeis. 

Co xogo interior do Madrid eu non ma xogaría, teñen partido de local e pode quedar calquera na bancada. Será este o encontro de Tomic? Igual si. Coa recuperación de Suton, non vexo claro que xogador do Estudiantes será o que o faga ben (mais seguro que algún deles ten unha gran semana). Para cazaxornadas non me disgusta Burjanadze contra o Murcia. Está a rebotear moi ben e, se atina un pouco co tiro, pode facer unha boa valoración.

O equipo do blog

El equipo del blog

Andrómenas subiu case 2000 postos (17018º da xeral) a pesar do desastre de Todorovic grazas aos 170.4 da xornada. Recorto como uns 15 puntos ao Top 1000, que ha de quedar a uns 182 puntos.

Esta semana non teño nada claro o equipo, así que igual mudo de idea antes de que se fechen os cambios. Polo de agora, como o orzamento non me dá para meter os pivotes que quero, vou arriscar mantendo os xogadores da Penya esperando que remonten o voo (I want to believe!). Saen Albicy, Garcia e Thompson e entran Van Rossom, Cancar (debería apostar polo broker de Hanga, mais postos a arriscar…) e Lalanne.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Groundhog Day (Harold Ramis, 1993).