SuperManager x. 11: que remate a maldición

Balance

Volveu ser xornada de moitas diferenzas (e moita valoración). Esta vez decidiron as ás, houbo moita diferenza de puntos entre eleccións a priori con moi boa xornada. No meu mellor pasei do 0 conxunto de Mirotic e San Emeterio da semana pasada ao -8 conxunto de Slaughter e Higgins desta. A sorte mudou. Por suposto, volvín baixar unha chea de postos (case 300) até o 663º da xeral. Fixen 177.8 puntos. Espero rachar xa con infortunio.

B

Bellas (21/+5)

Hannah (8/-4)

Huertas (26.4/+8)

Henry (18/+7)

Bassas (-1/-11)

Ferrari (8/+15)

Dimitrijevic (9.6/+15)

Colom (5/-6)

Alocén (0/+3)

A

Prepelic (31/+5)

Slaughter (-1/-11)

Seeley (6/-7)

Higgins (-7/-15)

Brizuela (16/+1)

Bouteille (3/-8)

Toolson (4/+15)

Garcia (11/+15)

Urtasun (22/+15)

Díez (16.8/+2)

Barreiro (28.8/+15)

Beirán (14/0)

Abalde (11/+15)

López-Arostegui (12/+15)

Massenant (5/+15)

P

Shengelia (14.4/-3)

Mirotic (33.6/+1)

Shermadini (42/+7)

Kravic (10.8/-4)

Omic (15.6/-1)

Balvin (15/-2)

Tavares (15.6/-1)

Dubljevic (20/+2)

Clark (24/+7)

Garuba (8.4/+2)

Mitrovic (3/+15)

A listaxe está lastrada polas ás do primeiro banzo, se tiñamos a «sorte» de non poder inverter moitos cartos nas ás ou de ter que meter moitas bandeiras, esas opcións si que cumpriron.

Selección

Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15%.

B

Henry (46)

Campazzo (31)

Bellas (36)

Pérez (22)

Zisis (29)

Dimitrijevic (14)

Laprovittola (21)

A

Prepelic (57)

Shields (14)

Slaughter (36)

Brizuela (38)

Beirán (35)

Urtasun (-25)

Toolson (9)

Abalde (-9)

Garcia (-29)

Díez (38)

López-Arostegui (-17)

P

Mirotic (76)

Dubljevic (44)

Shengelia (56)

Diagne (53)

Davies (58)

Shermadini (72)

Balvin (48)

Tavares (44)

Clark (43)

Whittington (33)

Omic (44)

Harangody (30)

Shurna (28)

Eddie (34)

Esta semana só houbo Euroliga (unha única xornada), así que os equipos que están en competicións europeas deberían verse menos condicionados.

Valencia – Obradoiro

(30, 18:00)

@FUE, EST | BET, @GCA

Quino non acaba de ter a regularidade esperada como para pensar nel nun encontro favorábel coma este. Pola parte obradoirista Calloway parece que empeza a tomarlle o pulso á competición após dúas boas xornadas consecutivas, aínda que pola dureza do rival non pensaría nel para esta (hai que seguirlle a pista porque a vindeira igual si que nos vale). A opción máis sólida nas ás dos taronja é ben económica: Abalde atópase nun gran momento de xogo, con bos encontros nas últimas semanas tanto na ACB como na Euroliga. Garante cando menos un par de subas e o Obradoiro lonxe de Compostela é unha defensa moi amábel na posición. Ten un bo calendario por diante. Por dentro non é a mellor semana para Kravic, cómpre darlle un descanso, mais si para Dubljevic. O montenegrino está nun momento de forma impoñente (acadou a vintena a xornada pasada e rozou a trintena nesta na Euroliga) e enfróntase a unha defensa que dá facildiades no interior.

Burgos – Unicaja

(30, 18:00)

@RMA, BLB | GCA, @FCB

Á fin vimos a gran versión de Alberto Díaz que agardaba este ano (entrara na listaxe ao principio do curso pero non deu o nivel esperado). Fóra da casa non o considero (mellora moito no Carpena), mais será interesante seguirlle a pista a ver se pode ser unha opción contra o Granca. O malagueño si que pode ter maior impacto nas opcións no burgos, se Díaz está ben condiciona moito en defensa, así que non é a mellor xornada para pensar en Fitipaldo e Bassas (unha das decepcións da última xornada). Os dous son competentes na defensa das ás e tamén flutúa bastante o protagonismo duns encontros a outros (sobre todo cun Jaime que está a ter que aturar cos problemas físicos). O interese vén por dentro. Por unha banda podemos contemplar a Thompson para cazaxornadas, estará moi motivado no seu regreso a Burgos, onde deu un gran rendemento e conectou coa bancada (aínda que non está a valorar de forma consistente no Unicaja). Pola outra, temos a dous pivotes que veñen de acadar a vintena. Clark ten moitísima categoría, está cheo de recursos ofensivos e ademais rebotea moi ben. Xa está adaptado á liga e vén de ser un dos mellores pivotes das últimas xornadas (só Shermadini valorou máis no conxunto das tres últimas). O Unicaja non é das defensas máis doadas e despois ten o Madrid, iso fai que teñamos que darlle algunhas voltas á hora de darlle entrada, mais debería seguir nos que estaba. Lima, que empezara moi ben a campaña, aproveitou a suba nos seus minutos (pola baixa de Huskic) para igualar o tope do curso. Non o consideraría para equipos da xeral porque non estaba nun bo momento (levaba un mes sen acadar a decena) e chega Stevic para cubrir a lesión de Huskic, mais pode ser un xogador moi interesante para cazaxornadas contra o seu ex.

Andorra – Baskonia

(30, 20:30)

@BLB, CAN | JOV, @MUR

Se Henry xa pintaba a unha das opcións prioritarias esta semana, a lesión de Vildoza (xa se confirmou a súa baixa) fai que sexa case ineludíbel. Nin sequera nos debería desanimar que o Andorra sexa a mellor defensa dos bases de local (Henry está en case 20 de media contra as mellores defensas). A visita da Penya da semana que vén é un encontro moi favorábel para el. Do outro lado, non pensaría esta semana en Hannah pola dificultade do rival, aínda que non é das vendas prioritarias se temos varias saídas urxentes (o Andorra de local é un equipo moi forte, Hannah está en case 15 de media no Principado e ten unha saída moi favorábel a Bilbao na vindeira). A baixa de Garino está a repercutir en moitos minutos para Shields. Xa nos deixou unha grande valoración a semana pasada e nesta enfróntase a un Andorra que dá moitas facilidades na posición. Esta semana é un dos xogadores máis gorentosos e non pinta mal para a vindeira, aínda que se enfrontará á segunda mellor defensa das ás, lonxe de Badalona o Joventut é moito máis amábel. Como opción barata para cazaxornadas podemos pensar en Stauskas, que comeza a amosar a cabeza. Por dentro temos a Toko que é fixo e un Diagne que se saíu na última xornada (a pesar de que era dúbida). De local o senegalés é un seguro, aínda non baixou da quincena e ten 24 de media. Esta semana de recuperación sen competición europea seguro que axuda.

Manresa – Murcia

(30, 20:30)

FCB, @JOV | @CAN, BAS

A priori este era un encontro moi favorábel para as estrelas de ambos conxuntos, Ferrari e Booker. O primeiro está descartado por lesión (chegou Cvetkovic para substituílo) e o segundo tamén anda con problemas físicos (perdeuse o última xornada e até última hora non sabemos se chegará). Polo de agora (se hai novidades sobre Booker antes da xornada, actualizarei) o protagonismo deberá recaer noutros xogadores. Pérez fixo os seus mellores encontros sen Ferrari e o Murcia dá moitas facilidades na posición, así que é unha boa opción a só unha xornada (despois recibe o Barça). A chegada do base serbio réstalle un chisco de atractivo, mais no primeiro partido non debería ter tanto impacto. Toolson debería absorber parte do peso ofensivo de Ferrari e aínda ten unha suba do máximo doada. Mais neste caso hai bastante incerteza. Por unha banda, Toolson este ano aínda non acadou regularidade e o ano pasado non logrou valorar ben contra os murcianos. Por outra, nos de Sito vimos un cambio moi grande en ausencia de Booker, sen a súa estrela xogaron moito máis agresivos en defensa e con ataques máis longos; de se repetir a situación, podería quedarnos un encontro menos interesante para o SM en canto a valoración e sobre todo para as opcións de Toolson. Por dentro Sakho vén dun gran encontro, mais non se trata do xogador que valore dunha forma máis consistente, así que non o vexo para equipos da xeral (si pode ser interesante para cazaxornadas). O Manresa é un equipo moi amábel cos pivotes, iso abre opcións no Murcia. Hunt e Cate están a se alternar nas valoracións, así que é moi difícil apostar por un deles. Máis clara parece a opción de Eddie. Benzing, Gillet ou Deck xa lle fixeron dano ao Manresa como catros abertos. As súas perspectivas mellorarán se Booker non chega, tería que asumir parte da súa anotación (como na última xornada). O gran pero con el é que lonxe de Murcia está a baixar moito a súa achega (11 menos de valoración media e só un encontro na decena a domicilio).

Betis – Estudiantes

(1, 12:30)

@OBR, RMA | ZAR, @VBC

Este semellaba un encontro moi interesante para Pressey, que fóra da casa aínda non baixara da ducia, mais a chegada de Toney Douglas (que tivo unha tempada moi interesante na Euroliga o curso pasado co Darussafaka —14.5 puntos de media—) engádelle demasiada incerteza. Tamén haberá que ver o impacto que ten sobre Brizuela. Aínda así o donostiarra semella unha das bandeiras máis interesantes da xornada contra un Betis que concede máis ca ninguén na posición como local (contra as peores defensas Darío está en máis de 20 de media). Unha das grandes sorpresas negativas da última xornada foi Slaughter. Postulábase como un dos homes da xornada e rematou en negativo. O seu encontro foi desastroso, non as meteu nin tomou boas decisións, porén, non temos razón para pensar que foi máis ca un mal dia. Estaba nun gran momento, é a referencia do Betis e o Estu non é unha defensa esixente na posición. Eu non o vendería esta semana. O que estivo excelso a semana pasada foi Whittington. O pivote estadounidense, que comezara lanzado a tempada, baixara moito as súas prestacións e semella que agora comeza a remontar (14 e 25 nas últimas xornadas). O Estu é a peor defensa interior a domicilio e ademais é o seu ex. Pode ser un dos xogadores chave se procuramos saírnos dos máis habituais. Despois xoga contra outro dos seus ex, o Obra, que é a defensa que máis recibe dos cincos.

Gran Canaria – Fuenlabrada

(1, 13:00)

@UNI, OBR | VBC, @ZAR

Cook ía ser un dos xogadores do primeiro banzo, está nun gran momento, debería dar bastantes cartos e o Fuenla é amábel cos bases. Porén, anda con problemas e físicos, así que queda fóra a falta de novidades sobre o seu estado (podemos reservarlle un troco, ou non cambialo se xa o tiñamos, e se sae de titular apostar por el). O posíbel regreso de Rowland réstalle algo de atractivo a Bellas, mais aínda podemos aguantalo unha semana máis, está a xogar a moi bo nivel e o Gran Canaria non é unha defensa esixente dos uns. Beirán salvou o encontro contra o Madrid e agora postúlase como unha das bandeiras de referencia nas ás (aínda que hai que ter en conta o regreso de Rabaseda, a ver como lle fecta). Quen ía dicir que a estas alturas do filme Urtasun sería unha das referencias do SM. Leva tres encontros dos cinco des que chegou a Fuenlabrada en 20 ou máis. A súa bandeira e as varias subas que aínda garante (iso son unha manchea de cartos) fan del case unha obriga para os equipos que aínda precisan engordar as súas arcas. Tampouco parece que vaian baixar os seus minutos, á de Eyenga súmase a baixa de Karvel Anderson. Iso si, se aínda non o metiches, vai pinchar cando o fagas (sexa esta ou a vindeira). A lei do SM é así. A baixa de Anderson debería virlle moi ben a Garcia (19 de media nas tres xornadas sen el). Está a medrar, garante moitas subas e ofrece unha bandeira a moi baixo prezo. Outro convidado inesperado á festa do SuperManager é Shurna. O AP norteamericano leva tres encontros sen baixar dos 14, está a xogar moitos minutos e o Fuenla é un rival favorábel. Polo seu historial non é dos xogadores que inspiren máis confianza, pero igual segue a dar alegrías aos equipos máis alternativos.

Joventut – Bilbao

(1, 17:00)

@BAS, MAN | AND, @BUR

A Penya segue como o equipo máis en forma da ACB (son xa 6 vitorias consecutivas). Na última xornada vimos un dos mellores encontros de Zisis este curso, que estivo a gran nivel durante tres cuartos (no último, a Penya case deixa escapar unha vitoria feita). As súas valoracións flutúan moito, así que en xeral non me adoita gustar alén de cazaxornadas. Porén, sabe aproveitarse dos defectos das defensas máis permisivas (19 de media contra elas) e o Bilbao está a ser o equipo que máis concede no un este curso. Só podemos pensar nel a unha xornada. Gústame máis a figura emerxente de Dimitrijevic. Na última xornada tivo boa valoración por minuto, mais xogou moi pouco (polo bo partido de Zisis e porque Duran castigouno tras dúas malas accións), iso deixouno nunha valoración discreta. Coa viaxe a Vitoria da vindeira non o ficharía agora, mais ten un encontro moi favorábel, achega bandeira e debería subir algo (todo, se vai ben). Non é mala decisión quedar con el. De Prepelic non deberiamos dubidar nin na vindeira contra o Baskonia (que recibe moito das ás). Segue a ser fixo. Bouteille pinchou na última e agora enfróntase á mellor defensa das ás de local. O momento de recuperalo é na vindeira de local contra o Andorra. Xabi López-Arostegui segue a gran nivel e vólvenos valer como bandeira barata para completar equipos (aínda ten varias subas do máximo). Se aumentasen os seus minutos, como hai un par de xornadas atrás, non descartaría un encontro nos 15-20 (debería ser un elemento chave para deter a Bouteille). Trátase dun moi bo encontro para Balvin, a Penya é unha das defensas que máis conceden aos cincos (cando non estea en cancha Omic, non atopará oposición), debería regresar á vintena. Non é tan bo encontro para Omic, mais o esloveno debería manterse arredor da quincena. Se procuramos a sorpresa, podemos pensar en Harangody, que mellorou moito nos últimos encontros (18 e 24).

Zaragoza – Madrid

(1, 18:30)

@EST, FUE | BUR, @BET

Unha das canchas máis complicadas da ACB recibe ao líder. Alocén non entra na listaxe, mais non me estrañaría que o canteirán do Zaragoza faga un gran epartido contra o equipo que o fichou xa o curso pasado. Pode ser unha bandeira interesante para cazaxornadas. Para os equipos da xeral os bases interesantes están no Madrid trala lesión de Llull. Hai un xogador menos na rotación, así que semella unha xornada ideal para eles. O problema é o de sempre, non sabemos como se van distribuír os minutos. Campazzo, a elección axeitada a priori (32.4 e 20.4 nas dúas últimas visitas a Zaragoza), vén de xogar 31 minutos na Euroliga, así que en función de como vaia o encontro igual o vemos arredor dos 15 minutos xogados como a pasada (que lle deu tempo para roldar tamén a quincena de valoración), aínda que o lóxico é que teña bastantes minutos porque se prevé un encontro duro. O que tivo máis minutos (aproveitounos acadando a vintena de valoración) foi Laprovittola. Así que ambas son boas opcións con doses de incerteza. O Zaragoza é das mellores defensas nos bases, mais iso ten pouca aplicación cando falamos do Madrid como rival. A semana pasada ningunha á do Madrid acadou sequera a decena. O que está en mellor forma é Deck, que xogou moi pouco na pasada e volveu ser dos mellores esta semana na Euroliga. Como non sabemos que acontecerá desta volta, é mellor deixalo para cazaxornadas. O Madrid, mellor defensa das ás con moita diferenza, non é mellor rival para pensar en dar entrada a ningún xogador vermello. Se temos cambios máis urxentes, podemos manter a Barreiro (ex do Madrid), vén dunha gran xornada e mantén broker con pouco máis de 5. Tavares está a vivir un momento doce (tres seguidas sen baixar da quincena e 22 esta semana na Euroliga) e as baixas interiores aseguran o seu concurso. Fóra da casa este ano está a baixar bastante o seu rendemento na ACB (máis de 8 de media), pero o ano pasado en Zaragoza foise á trintena.

Barça – Canarias

(1, 20:00)

@MAN, UNI | MUR, @AND

O Barça chega após dar unha das peores imaxes do curso na derrota contra o CSKA no Blaugrana. Pesic non vai estar polo labor de dar descansos. Non é o mellor encontro para pensar nos bases, así que cómpre darlle un descanso a Huertas (aínda que a tempada pasada acadou a vintena contra os seus ex); a semana que vén de local contra o Murcia volverá ser das mellores opcións. Higgins repetiu negatigo na Euroliga; é moi bo e a ninguén lle estrañaría que faga un gran encontro, mais non parece razoábel seguir con el. Tampouco apostaría polos seus compañeiros pola incerteza que ofrece un equipo como o Barça (con tantas opcións) contra unha defensa moi competente. Nos canarios podemos manter a Díez. O Barça está a dar facilidades na posición e o madrileño acadou a decena nas dúas últimas visitas ao Palau Blaugrana. Por dentro podemos manter as opcións fixas de Mirotic Shermadini e incluso se presenta un encontro favorábel para Davies (25 de media de local, números nos que tamén estivo no encontro desta xornada da Euroliga).

O equipo do blog

Andrómenas tamén foi vítima da parella Slaughter-Higgins. 159.6 puntos e descenso enorme na clasificación: máis de 1500 postos perdidos até o 3752º da xeral. Que veñan tempos mellores.

No equipo polo de agora sae Higgins e entra Prepelic. Tamén vendín o lesionado Ferrari, mais aínda non decidín o substituto. O terceiro troco non creo que o empregue antes de que comece a xornada, queda aí para imprevistos.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Häxan (Christensen, 1922).