SuperManager x. 12: I want to believe

Crer na Penya tivo premio

Dicía a semana pasada que, a pesar da mala imaxe que deixara no último partido e medio, quería crer no Joventut. Fíxeno. O que me quitaron os seus xogadores a xornada anterior déronmo nesta.

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

A mala xornada pasada non marcou tendencia e deixou paso á miña mellor semana da tempada. Pasei dos 200 en bastantes dos meu equipos, incluso no meu peor (que estaba o 76 mil), e en tres deles superei os 220. O meu segundo mellor da xeral fixo 231.8 e rematou o 47º da xornada (e entrou no Top 1000 da xeral). Ao meu mellor non lle foi tan ben, mais os seus 182 abondaron para escalar ao 334º. No meu mellor fixen unha desas cousas que non se deben facer, mudei de idea a última hora (a 1 minuto do feche de cambios), para tentar rascar algún punto coa venda de Beirán e coa non venda de Dawson. O do israelí saíu ben. Por Beirán, entre as dúas opcións que barallaba, quedei con Cancar (que ao final valorou o mesmo ca Beirán). A alternativa era Vasileiadis, ao que xa lle dera entrada no segundo mellor. O problema deste movemento era que me vía obrigado a meter unha bandeira nos pivotes. Na selección da semana pasada, a única cota (Shengelia á parte) era Burjanadze. Non me atrevín a saír cun xogador tan barato e fichei, por vez primeira no curso, un que non estaba na listaxe: Tavares. Si, dixen e digo que non me gusta meter xogadores do Madrid, téñente en tensión até que comeza o partido polas rotacións e nin sequera así garanten nada (todo quedou nun triste 6 polo 25 de Beqa). Mais a presión do reloxo púidome. Por fortuna, non lembro que xogadores tiña antes de resetear os cambios. Non hai moito polo que laiarse. Estas cousas adoitan saír moi mal, así que quedo máis ca contento con subir eses 100 postos. A chave da boa xornada foi confiar nos xogadores da Penya, mantiven os Lapro que tiña (co que librei os McCalebb) e os Dawson, non dei entrada a Sherma, acertei cos pivotes e tamén tiña moito Van Rossom por aí. Como curiosidade, o equipo dos 231.8 estaba metido na privada do Zaragoza e gañei algo no Supermanager por primeira vez en todos estes anos: un par de entradas para o seguinte partido dos maños como locais. Non vou ir  —nin reclamarei as entradas— porque está un chisco lonxe, mais o premio moral aí queda. Estarei moralmente na bancada contra o Granca.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Renfroe (9)

Ennis (6)

McCalebb (-4)

Segundo banzo

Segundo escalón

Laprovittola (32.4)

Van Rossom (21.6)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Pérez (4)

Llull (-1)

Heurtel (4.8)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

J. Fernández (22)

Segundo banzo

Segundo escalón

Beirán (7)

Brizuela (10.8)

Hanga (10.8)

Vasileiadis (37.2)

Cancar (7)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Eriksson (-1)

M. Garcia (14.4)

Dawson (22.8)

A. Urtasun (2.4)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Shengelia (27.6)

Dubljevic (22.8)

Poirier (12)

Segundo banzo

Segundo escalón

Shermadini (6)

W. Thomas (28.8)

Lalanne (12)

Huskic (26)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Tomic (10.8)

Thompson (20)

Burjanadze (25)

Curiosamente, á listaxe non lle foi tan ben coma min. Metín a McCalebb como opción preferente, Beirán tamén moi arriba, Poirier apenas xogou, Sherma pinchou… Algún acerto tamén houbo máis abaixo, como Van Rossom (que vos recomendei para os vosos equipos aos que preguntastes), Vasileiadis, Dawson, W. Thomas e o máis inspirado foi Burjanadze (que levei nalgúns dos meus equipos máis pobres).

Selección da xornada

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota e de vermello os extracomunitarios. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

La leyenda es la siguiente: en negrita van los jugadores que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Laprovittola

Ennis

Renfroe

Segundo banzo

Segundo escalón

McCalebb

Cook

Terceiro banzo

Tercer escalón

Albicy

Radicevic

Fitipaldo

Llull

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

J. Fernández

Segundo banzo

Segundo escalón

Vasileiadis

Singler

Eriksson

Dawson

Terceiro banzo

Tercer escalón

M. Garcia

Beirán

Brizuela

Gentile

Berhanemeskel

Frazier

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Shengelia

Thompson

W. Thomas

Shermadini

Segundo banzo

Segundo escalón

Huskic

Singleton

Tavares

Lalanne

Terceiro banzo

Tercer escalón

Llovet

Todorovic

Burjanadze

Thompkins

Jordan

Tobey

Bases

Sen sorpresas no primeiro banzo. Os tres máis caros son as opcións preferentes. Lapro dominou a vontade o partido contra o Unicaja e vai a Gran Canaria, que non está a destacar pola súa defensa dos uns. Ademais, fóra da casa está por riba da vintena de media e non baixou dos 14 en todo o ano. Ennis fallounos a xornada pasada, por segunda vez en tres encontros, mais o partido contra o GBC de local (máis de 21 de media) desaconsella que nos desfagamos del. Non sería estraño que nos dea un pico. A semana que vén en Lugo xa haberá que darlle máis voltas. O 9 de Renfroe para min non abonda para retirarlle a confianza nun partido de local, iso si, contra unha defensa bastante efectiva cos bases (o Zaragoza). A semana que vén ten un desprazamento favorábel a Compostela. Se temos cartos abondo, eu seguiría con el. Se andamos máis apertados e só podemos elixir dous, entón quedaríame cos anteriores.

O mal partido inesperado de McCalebb marcou a xornada. Iso bota algo de desconfianza sobre o xogador con pasaporte macedonio. Por iso cae ao segundo banzo. Porén, a xornada parece propicia. Como Lapro, Renfroe emprega as súas forzas en dirixir a ofensiva do seu equipo, así que deixan marxe para que os seus pares poidan valorar. Ademais, o norteamericano valora bastante mellor a domicilio. O único medo que teño é que os minutos de Bo reducíronse nas últimas xornadas, non sei se é porque anda con algúns problemas físicos —non transcendeu nada ao respecto— ou por outro motivo. Cook mellorou moito nas últimas semanas, ten unha morea de minutos e conta cun calendario moi favorábel.

Como dixen a semana pasada, toca agradecerlle os servizos prestados a Van Rossom e darlle un descanso. Fóra da casa inda non tivo un partido bo e véñenlle dous seguidos lonxe da Fontenta. Porén, entendo que haxa quen opte por mantelo (algún día terá que saírlle un bo partido fóra). As alternativas a un prezo similar son, por esta orde, Albicy, Radicevic e Fitipaldo. O francés xoga de local e contra un rival moi favorábel: GBC. Radicevic enfróntase a Lapro, xa dicía arriba que é bo par para o SM, vén dun gran partido na Euroliga e xoga ante a súa afección. En canto ao uruguaio, de local rolda a quincena de media e a defensa do Valencia é bastante permisiva no un. Non hai ningunha bandeira que me entusiasme nos bases esta xornada. San Miguel podía ser unha opción, porque o ano pasado estivo moi ben contra o Baskonia, mais é dubida para esta xornada. Así que a única opción, de risco, é Llull. Non anda na súa mellor versión, emporiso, algún día ten que ser o seu, Laso quererá que colla confianza e a defensa do Breo non é das máis esixentes. O Facu está moito mellor, pero coas boas opcións que hai no primeiro banzo (garanten minutos e importancia), non lle vexo sentido a sumir ese risco.

Ás

Aleros

Jaime, a pesar de enfrontarse ao Barça, mantén a condición de fixo. Creo que polas súas características pódelle facer bastante dano aos culés e de local vai de exhibición en exhibición. A partir de aquí, polas molestias dos xogadores do Obra, hai menos certezas.

Kostas impulsou na clasificación aos que apostaron por el. Leva cinco xornadas sen baixar da decena e, inda que arrastrou certas molestias, parece que estará contra o Estu. Está a valorar de forma moi similar fóra e na casa, pero de local gústame máis pola conexión que ten coa bancada (véñenlle dous en Santiago). Depende moito do acerto exterior, co que iso implica. O rival é dos máis favorábeis: Estu. Por fin vimos o Singler que esperabamos. Tamén tivo molestias esta semana e polo de agora non conseguiu solidez no seu xogo, así que non é unha aposta segura, mais vai dar bos cartiños e pode sacar moito partido do emparellamento con Gentile. A pesar do seu negativo da última semana, a bandeira que máis me gusta esta é Eriksson. O sueco na casa rende moito mellor, a Penya concede bastantes triplas e o ano pasado superou a trintena contra os verdinegros. Fóra da casa gústame menos, inda que se o fai ben nesta poderíamos mantelo: vai a Zaragoza, que é a defensa máis amábel coas ás. Completa este segundo nivel Dawson. Non ten a saída máis doada a Gran Canaria e xa rolda ese millón que predicía no primeiro artigo da tempada, mais a baixa de Ventura debe aumentar os seus minutos, ten moito nivel e se a Penya mantén a versión da semana pasada debería valorar ben. Se xa está nos nosos equipos, eu non pensaría na venda agás que tivese unha necesidade imperiosa de introducir unha bandeira.

Marc Garcia ten unha produción por minuto abraiante. O problema é que non xoga moitos, claro. Enfróntase á mellor defensa da posición, mais creo que pode darnos outro partido por riba da decena (fóra da casa inda non baixou da vintena). Ten moito talento ofensivo e a súa forma de xogar vén de marabilla para o SM: forza moitas faltas, non erra dende os 4.60 e anota de 2 con moi boas porcentaxes. Con Beirán teño moitas dúbidas. Volve ter un partido complicado, desta volta co Baskonia, mais xoga de local (case 20 de media) e a baixa de McFadden fai que deba tomar máis protagonismo ofensivo. Para fichalo non é a mellor semana; se xa o temos, podemos seguir con el, que non sobran as bandeiras. O mesmo se pode dicir de Brizuela, que conseguiu salvar a decena nun partido desastroso dende o perímetro. A saída a Compostela é complicada. A semana que vén ten un partido favorábel de local. O seu compañeiro Gentile, inda que segue lonxe do seu mellor nivel, asumiu con acerto o protagonismo cando a bóla máis queimaba. O Obra está a poñerlle as cousas moi difíciles aos treses, mais o italiano ten capacidade para postear e o tempo que xogue de catro pode producir moito. Venlle mellor a defensa de Vasileiadis que a de Singler. Como opción de baixo custe, Berhanemeskel está a dar moitas alegrías e volve ter un rival accesíbel. Para cazaxornadas, apunto a Frazier. Con el é todo ou nada. Xoga contra o rival que máis concede na posición e de local mellora as súas prestacións (como case todos os xogadores do Burgos). O seu compañeiro Cancar, unha das miñas apostas da semana pasada, tamén o debería facer ben, mais non me gustou a versión súa que vin e non entra na listaxe.

Pivotes

Pívots

A baixa de Dubi obrigaranos a gastar un cambio que non contemplábamos, mais a posición parece ofrecer moito e bo. De Toko non hai nada novo que dicir. Poirier fallounos e xa fóra perde o seu interese. Pode facelo ben polo nivel que ten, mais esta semana non entra na listaxe. Thompson mantivo o seu bo momento fóra da casa, así que no seu regreso a Burgos preséntase como un dos pivotes destacados. Os interiores abertos están a ser os que mellor logran valorar contra o Valencia (Singleton, Abromaitis, Randolph…). Will Thomas xa estaba ben colocado a semana pasada e coa baixa de Dubi ascende ao primeiro nivel. Está a xogar outra vez de marabilla, o Valencia non se pode despistar que a Copa vén moi cara e o Burgos dá facilidades na posición. Fecha este primeiro nivel Shermadini. Pinchou en Badalona, mais vén dun gran partido en Europa, xoga de local e o Barça non se lle está a dar mal nos últimos tempos.

Huskic mantén o seu estado de graza.  Só baixou da decena unha vez en toda a tempada. Esta semana ten un partido máis complicado, porque o Valencia está a defender bastante ben o cinco (inda que haberá que ver como afecta niso a baixa de Dubi) e é dos poucos do seu equipo que valora mellor fóra. A pesar de que pola súa forma de xogar Singleton non sexa o xogador que me dea máis seguridade, non podo obviar as súas tres semanas consecutivas por riba da vintena. Eu dubido que aposte por el, mais non teño razóns para deixalo fóra, por más que xogue contra o Unicaja. Iso si, cando falla, adoita facelo ao grande: só baixou tres veces da decena, mais dúas foron negativos. A baixa de Ayón e a escaseza de bandeiras lévame a meter a Tavares. As reservas con el son as de sempre. Nin sequera a baixa do mexicano nos garante que vaia ter moitos minutos ou que vaian a contar con el en ataque, porque Laso pode xogar tranquilamente con Deck ao catro e con Thompkins de pivote aberto ou calquera outra cousa. Se queremos tranquilidade, os xogadores do Madrid nunca son boa opción. Se xa o tiñamos, pois tocará repetir aposta. A baixa de Sakho e o moito que están a conceder os pivotes do Zaragoza fóra deixan a Lalanne como unha grande opción (superou a vintena nos seus dous últimos partidos como local).

Llovet na casa está a valorar moi ben e o ano pasado superou con nota os seus partidos contra o Estu. Outra boa opción de bandeira, aínda que haberá quen xa lle teña a cruz posta, é Todorovic. Os problemas físicos de Birgander, que igual é baixa, deberían supor un aumento dos seus minutos, o Granca non é das defensas máis esixentes e leva catro dos últimos cinco partidos superando a decena. Os que xa teñan a Burjanadze, poden mantelo porque o Andorra é dos que máis reciben no interior. Porén, esta semana terao máis complicado, porque está a lle custar valorar fóra da casa. Se buscamos a sorpresa, Thompkins está a un nivel espectacular. Iso non garante nada no Madrid, mais… Outra opción para cazaxornadas sae do mesmo partido: Jordan. O Breo ten moitos xogadores con problemas no interior, así que debería aumentar o seu tempo de xogo e importancia, de local mellora as súas prestacións e non o fixo mal o ano pasado contra Tavares. Outro que tamén pode dar a sorpresa é Tobey.

O equipo do blog

El equipo del blog

Andrómenas foi dos meus equipos frouxos. Rematou con 172.2 puntos. Acertei coa entrada de Van Rossom e para de contar. Non tiña a Lapro, saquei a Garcia… Perdín case 11 puntos cos cambios. Inda así, segue a remontada de postos. Paso ao 13624º da xeral, 3400 postos gañados. En realidade apenas recortei ao Top 1000, que agora só está 3 puntos máis preto, a uns 179.

A venda de Beirán (entra Eriksson no seu sitio) déixame cartos en caixa para poder dar entrada a Lapro por Van Rossom. Tamén sae o lesionado Dubi e colle o seu sitio o seu compañeiro W. Thomas. Faltoume un cambio para poder vender a Cancar, pero queda un equipo bastante do meu gusto. 


Material gráfico utilizado: da imaxe de cabeceira, á que lle puxen o escudo da Penya, non fun quen de atopar a orixe.