SuperManager x. 13: acertar coas ás

Balance

Borracheira de puntuacións nunha xornada na que houbo ata dez xogadores que superaron a trintena. Os erros pagáronse moi caros e para gañar posicións facía falla irse a puntuacións que noutras semanas son para pelexar por estar arriba na xornada. Sobre todo vimos puntuacións moi altas nos pivotes (os Balvin, Dubljevic e sobre todo Kravic penalizaron moito). Outra vez o máis complicado foi acertar coas ás. Nos meus equipos, como nos de moita xente, o normal foi pasar dos 200, e aínda así perdín posicións na maioría. O meu mellor foi unha das excepcións, porque os 225.8 puntos da semana si serviron para subir… 2 postos. Quedo no 601º da xeral.

B

Huertas (15.6/0)

Hannah (31.2/+10)

Henry (16.8/-1)

Bellas (18/+1)

Delaney (14.4/+1)

Laprovittola (9.6/+0)

Campazzo (26.4/+10)

Díaz (12/+15)

Calloway (33.6/+15)

Vives (9.6/+1)

San Miguel (6/-5)

A

Prepelic (22/0)

Bouteille (10/-4)

Shields (15.6/+4)

Scrubb (7/-4)

Díez (19.2/+3)

Beirán (11/-3)

López-Arostegui (3/+15)

Ennis (8.4/+15)

Loyd (20.4/+6)

Toolson (18/+15)

Barreiro (3.6/-6)

M. Garcia (9/+15)

Abalde (13.2/+15)

Brizuela (1.2/-9)

P

Mirotic (33.6/+1)

Shermadini (45/+6)

Kravic (-2/-9)

Shengelia (36/+15)

Tomic (32.4/+9)

Balvin (9/-4)

Tavares (31.2/+8)

Whittington (16/+2)

Dubljevic (8.4/-4)

Shurna (11/-1)

C. Suárez (-2/-12)

Cate (3/+11)

Llovet (10.8/+15)

Eddie (10/-2)

Á listaxe non lle foi mal. As bandeiras preferentes funcionaron, os bases foron bastante ben e nos pivotes houbo cinco opcións por riba dos 30 entre as 7 principais. Está ese tropezo moi difícil de prognosticar de Kravic e xa se pode considerar máis erro o primeiro banzo para Scrubb (nunha xornada complexa para o Estu) ou que Lapro estivese por encima de Campazzo (o certo é que non esperaba tantos minutos para o Facu). Deuse a curiosidade de que os únicos tres xogadores que acadaron a trintena a xornada anterior (Kravic, López-Arostegui e Cate) representan a metade do vermello que hai na listaxe desta. O que si que era imposíbel de acertar era o pico de Jaime (45.6, máis do dobre que no seu mellor encontro do curso) xusto cando debutaba Brizuela nos malagueños.

Selección

Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15%, en diante só marcarei os que teñen unha suba doada.

B

Henry

Campazzo

Hannah

Delaney

Calloway (25)

Fitipaldo

Pérez

Alocén

Q. Colom

A

Prepelic

Beirán

Díez

Shields

Seeley

Bouteille

Abalde (-12)

Ennis (2)

López-Arostegui (-19)

Harper

P

Mirotic

Shengelia

Shermadini

Dubljevic

Balvin

Musli (16)

Tavares

Kravic

Tomic

Eddie

Kravish

Shurna

Lima

Whittington

Tobey

Radovic

Ademais de ter bo ollo coas ás, vai ser importante a distribución de bandeiras e non quedarnos cun equipo que requira moitos cambios para a vindeira. O cuarto pivote pode decidir.

Burgos – Bilbao

(14, 18:00)

@BAS, @GCA | BET, @MUR

O Burgos quererá afianzarse nos postos de Copa e o Bilbao ten que gañar xa se quere reengancharse na loita por estar en Málaga após tres derrotas seguidas. Ambos equipos son moi amábeis cos bases. Con Bassas nun momento máis baixo, o xogador a seguir no Burgos é Fitipaldo. O uruguaio leva cinco encontros sen baixar da decena e a visita dos de Mumbrú parece unha ocasión inmellorábel para acadar a vintena. O malo é que despois ten un calendario complicado, con dous encontros seguidos a domicilio (baixa moito as súas prestacións lonxe de Burgos). McFadden foi o mellor contra o Madrid, pero non está a amosar solidez como para pensar nel alén de cazaxornadas. Que o Burgos sexa unha das mellores defensas de local non debería ter moito efecto en Bouteille (está en números moi similares contra as fáciles e as difíciles). É un xogador moi sólido, igual non é das máis atractivas á hora de fichar, pero se non temos problemas de orzamento é das poucas que non pinchan case nunca. O Bilbao concede pouca valoración por dentro e Clark baixou nas últimas xornadas; a opción que podemos contemplar no Burgos é Lima. O brasileiro leva tres grandes encontros seguidos (27.6, 20.4 e 17) e pode ser unha bandeira de interese na procura da sorpresa. O gran pero con el é que esta semana igual regresa Huskic, co balcánico en rotación o brasileiro baixa os seus números á metade. Balvin baixou da decena (9) por primeira vez no curso nun encontro que parecía moi favorábel (de feito, arrancou de maneira fulgurante). Mumbrú non logrou aproveitar a súa superioridade en ataque e acabouse convertendo nun problema defensivo ante un Andorra sen Diagne que se veu obrigado a xogar moitos minutos con pequenos. Está a ser un xogador moi fiábel e o Burgos por dentro dá facilidades. Despois venlle un calendario moi favorábel. A rotación interior do Bilbao acúrtase pola baixa de Sulejmanovic, incluso Lammers anda tamén con problemas físicos; iso debería favorecer unha boa valoración do checo.

Betis – Madrid

(14, 20:30)

@BLB, MAN | AND, @FCB

O Madrid por fóra non dá opcións, así que no Betis só tería en conta a Whittington, aínda que non é das opcións prioritarias esta semana. Leva un mes sen baixar dos 14 e tamén debería cumprir en Bilbao a semana que vén. Nos brancos vai depender moito da convocatoria. Como esta semana xogan o sábado e a domicilio, deberiamos saber os descartes xa antes de que comece a xornada. Con Llull aínda de baixa, Campazzo seguirá a ser interesante contra unha defensa que fai moitas concesións. Con el sempre teño o medo de que rompan pronto o encontro e descanse moitos minutos (é xunto con Tavares agora mesmo o xogador máis importante do Madrid); mais polo de agora non aconteceu. Deck fóra da casa está a valorar bastante peor (a súa media baixa en máis de 8) foi dado de baixa para a xornada. O mesmo pasa con Tavares, reduce a súa media á metade, aínda que se viaxa será para xogar e se está centrado non debería ter problemas para facer unha boa valoración (Mickey foi dado de alta, iso non o favorece). Thompkins empeza a carburar de local, mais a domicilio aínda non acadou a decena nin na ACB nin na Euroliga; non pensaría nel alén de cazaxornadas.

Andorra – Canarias

(14, 20:30)

@RMA, JOV | GCA, @VBC

Ambos equipos están inmersos na loita pola Copa. Enfróntanse dous dos principais bases da edición. Os dous equipos conceden pouco na posición, así que non parece a mellor xornada para Huertas (que non xogou en Europa por molestias e é dúbida). Aínda así, non é unha venda obrigada (se está recuperado), este ano é moi sólido. Mellores perspectivas ten Hannah, porque xoga de local e chega nun momento pletórico após superar os 25 nas dúas últimas xornadas. A mágoa é que a semana vindeira sería aconsellábel darlle saída na visita a Madrid (mellor defensa dos bases). Jelínek leva dúas boas xornadas consecutivas e Todorovic saíuse na última. Abonda iso para pensar neles? Para min, contra unha defensa esixente como a do Canarias, non; podemos consideralos para cazaxornadas, pero non son xogadores que estean a ofrecer solidez (a ver como evolucionan). Esa solidez si que a dá, contra unha defensa amábel como é o Andorra, Dani Díez. Estivo moi ben a última semana e despois ten no derbi un encontro moi favorábel. Por dentro o Andorra era unha defensa esixente (coa baixa de Diagne debería selo algo menos). No caso de Shermadini iso igual fai que non o vexamos nos 45 como na pasada pero non abonda para quitarlle a súa condición de fixo. O Canarias concede moitísima valoración interior, semella un encontro ideal para Musli agora que non está Diagne (cinco semanas de baixa). Nos seus últimos tres encontros superou a quincena e neste último incluso o vimos na vintena, números nos que debería seguir. Coa saída a Madrid da vindeira, é unha fichaxe para só unha xornada.

Joventut – Manresa

(14, 20:30)

FCB, @AND | VBC, @BET

A Penya cortou a súa xeira de 7 triunfos en Vitoria, nun dos encontros máis peculiares do curso: o Baskonia marchouse xa de inicio e todo parecía indicar que ía ser unha tunda cando a diferenza xa estaba por riba dos 20, entón a Penya reaccionou e chegou viva ao descanso. No terceiro os vitorianos estableceron a máxima, todo semellaba decidido, pero esta Penya ten moitas vidas. Adiantáronse por vez primeira a falta de pouco máis dun minuto. Chegaron a ter incluso posesión para gañar. O Manresa dá facilidades nos bases, pode haber algunha boa valoración nos da Penya, mais a estas alturas da tempada temos que apostar por opcións máis sólidas. No Manresa temos unha opción interesante en Pérez. Sen Ferrari está a xogar moitos minutos (Cvetkovic foi dado de baixa para esta xornada) e a Penya dá facilidades na posición. Se o fai ben incluso podemos pensar en mantelo na casa contra o Valencia (que é unha defensa media). Prepelic é fixo. Nese encontro tan raro en Vitoria pinchou López-Arostegui, que foi de máis a menos. Porén, estaba a xogar moi ben, garante varias subas e na casa aumenta as súas prestacións (fixo 30 no último de local). Toolson agora é a gran referencia dos de Pedro Martínez, así que podemos pensar en mantelo nos que estaba, pero contra unha Penya que é a mellor defensa na posición de local non é o momento de darlle entrada. Por dentro si podemos pensar nalgunha opción dos do Bages, o Joventut ten moitos problemas na posición. O que pinta mellor é Kravish, despois dun par de encontros collendo ritmo trala lesión, no último xa tivo máis protagonismo (25 minutos e 16 de valoración). Debería andar no rango 15-20. Para cazaxornadas podemos pensar en Mitrovic.

Zaragoza – Fuenlabrada

(15, 12:30)

@UNI, BAS | @OBR, UNI

Os maños seguen coa súa magnífica tempada. Están cada vez máis preto da Copa. Enfróntase a un Fuenlabrada que fóra da casa baixa moito. Non é o encontro para pensar en darlle entrada a ningún xogador dos de Cuspinera, se temos trocos máis urxentes podemos pensar en manter a Bellas (que está a facer unha tempada impecábel) e a un inspirado Marc Garcia. No Zaragoza pode ser un bo encontro para Alocén. Na casa está na decena de media e o Fuenla dá facilidades. Sería opción para unha soa xornada, a vindeira vai a Málaga. Seeley semella que non vai acusar a chegada de Ennis, volveu estar excelso na vitoria en Madrid. De local está en case 20 de media e o Fuenla é un rival propicio. Despois venlle un calendario complicado. Ennis refíxose a un mal comezo, quédalle outra suba do máximo doada. Con el xa sabemos que mellora moito de local, esta semana é unha grande opción. Tampouco podemos pensar nel a máis dunha xornada. Radovic vén de ser o mellor contra o Estu. No xogo coral dos maños, alén de Seeley é complicado atopar solidez, trátase dunha opción de certo risco que ten máis sentido para cazaxornadas.

Gran Canaria – Obradoiro

(15, 13:00)

@CAN, MUR | FUE, EST

Con Cook de baixa, hai que fixarse en Calloway. Após un inicio complicado, está a ser un dos xogadores chave na boa xeira do Obra (3-1). Leva un mes sen baixar da ducia, con dous picos (33.6 na última). O Granca non é das defensas máis duras dos bases e despois ten por diante un calendario ideal (será mellor opción a vindeira). Fóra da casa rende peor, o razoábel esta xornada sería velo no rango 10-15. Nas ás Beirán esta semana é case ineludíbel (perdeu un adestramento a causa duns problemas de lumbalxia, mais semella recuperado). O Obradoiro concede moito na posición e o madrileño de local leva tres encontros seguidos na vintena. Para os que procuren a diferenciación, Harper semella que á fin atopou o seu sitio: fixo 15 ou máis en tres dos últimos catro e de local mellora moitísimo (12 máis de media até case os 17). É unha opción só para esta xornada. Os tres xogadores que máis valoraron contra o Obra foron catros e Shurna chega nun gran momento (5 seguidos sen baixar da decena). A gran decepción da xornada foi Dejan Kravic. Semellaba un encontro para pico e quedou en negativo. Xogou pouco e participou aínda menos, pero o equipo non botou a faltar a súa achega. Semella un pivote menos sólido ca outros, pero con picos meirandes. Hai que telo en conta cando o levemos. A favor de mantelo hai que dicir que este curso aínda non fixo dous malos encontros seguidos (por exemplo, ao outro negativo, en Murcia, seguiulle un encontro na trintena na derrota contra a Penya). Para el non afecta xogar na casa ou fóra ou canto de boas sexan as defensas. Debería facelo ben.

Murcia – Baskonia

(15, 17:00)

@EST, BLB | BUR, @ZAR

Henry non deixa de darnos alegrías este curso, aínda que estea con problemas físicos acaba cumprindo. O regreso de Vildoza non debería mudar moito os plans con el. O Murcia é unha defensa amábel e debería seguir nos seus números. Regrese ou non Booker, este non é encontro para recuperalo, mais hai que estar atentos, porque se está ben para a semana a visita ao Estu pode ser un encontro para pico. Shields está a xogar moitos minutos (arredor dos 30 de media nas últimas xornadas), iso ofrece moita estabilidade nunha posición que está a resultar moi complicada. Tanto o Murcia como o Burgos son moi amábeis na posición. Opción moi sólida a dúas xornadas. Por dentro Toko é fixo e podemos pensar en Eric para cazaxornadas agora que Fall semella a baixo nivel, o Murcia dá facilidades na posición. O Baskonia tamén está a ser moi amábel por dentro, o caso é que Cate de local non está a funcionar este ano (podemos pensar en Hunt para cazaxornadas), a mellor opción parece Eddie. Na casa está en máis de 18 de media e se ten o día na tripla pode irse tranquilamente á vintena. Fóra da casa na vindeira xa me gusta menos.

Barça – Unicaja

(15, 18:30)

@JOV, RMA | ZAR, @FUE

O prato forte da xornada. O Barça segue a ritmo de cruceiro e o Unicaja atopou boas sensacións na última semana. Delaney ten por diante dúas semanas favorábeis, tanto o Unicaja como a Penya son amábeis na posición e o norteamericano está a valorar cunha enorme solidez arredor da quincena. Díaz lonxe do Carpena non é opción. Nun encontro tan duro dubido que Pesic vaia facer moita rotación, e despois dos últimos acontecementos non andamos con moitas ganas de levar a Higgins. No Unicaja, por sorpresa, cando parecía que podería descansar máis, vimos o mellor Jaime da tempada (MVP da xornada xunto con Shermadini). Está a ser o xogador máis mercado (non ten complicada unha suba do máximo e está barato), o Barça nas ás é onde fai algunha concesión máis e na Eurocup estivo a bo nivel nos poucos minutos que disputou (foi unha vitoria moi cómoda). Aínda así, non entra na listaxe, fóra da casa baixa moito (case 13 menos de media) e o Blaugrana non é a mellor cancha para dar entrada a ninguén. Por dentro Mirotic ten que estar, polo moito que valora e pola súa bandeira e Tomic, que empezou baixo de forma a tempada, atópase nun gran momento (7 xornadas sen baixar da ducia). É dos poucos xogadores que funcionan peor de local (case reduce a súa media á metade).

Valencia – Estudiantes

(15, 20:00)

@MAN, CAN | MUR, @OBR

O Valencia ten unha gran oportunidade de seguir escalando na procura da Copa contra un Estudiantes que está a vivir momentos moi complicados. Os colexiais dan moitas facilidades no un e Vives mellora de local (supera a decena de media). Pode ser unha opción de bandeira se procuramos unha diferenciación foi baixa no encontro da Euroliga por problemas físicos e regresou Van Rossom trala lesión. Colom saíuse na Euroliga, se non está Vives podemos pensar nel como bandeira sorpresa. Ir con el xa sabemos o que implica, está a valorar de forma moi errática, así que igual repite actuación ou, aínda máis probábel, pincha. Scrubb non respondeu cando parecía o seu momento e agora desperta moitas dúbidas en Valencia, que é unha boa defensa na posición. Igual non é a venda máis urxente, pero non pensaría en fichalo nesta. Abalde fixo unha valoración aceptábel na última (acumula un mes sen baixar da decena) e de local aumenta moito as súas prestacións (dobra os seus números e acadou a vintena nos dous últimos choques na Fonteta). O contrario lle acontece a Loyd, que reduce os seus números en case 10 como local. Era moi boa opción e cumpriu na pasada, mais nesta miraría por outros nomes. San Emeterio descansou nas últimas dúas xornadas de local, non paga a pena correr riscos con el (e máis sendo este o encontro que fecha a xornada). Dubljevic está en máis de 18 de local e o Estu dá todas as facilidades na posición (é a peor defensa interior a domicilio). Agás descanso, debería ser unha gran xornada para el. Cazaxornadas e managers afoutos poden pensar nun Tobey que está a ir a máis, mellora na casa e o curso pasado foise á trintena contra os colexiais na Fonteta.

O equipo do blog

Andrómenas tamén superou os 200 esta semana (202) pero iso non abondou para manter a mala clasificación que levaba. Descendeu máis de 500 postos e queda xa no 3912º da xeral. Deixei un cambio sen gastar para ver se podía manter a Henry, iso fixo que quedase con Brizuela. O equipo pinta mal, teño moi poucos cartos e preciso máis cambios dos que dispoño. Debo planificar un pouco.

A ausencia e necesidade de cartos lévanme a tentar aproveitar as ás que tantos desgustos están a dar para aumentar o broker. Meto a Ennis por Brizuela para unha soa xornada. Nos bases entra Campazzo e, como non me chega para Hannah (e tería que vendelo a vindeira na visita a Madrid), elixo a Calloway, que debería dar algo de cartos nesta e despois ten dúas boas xornadas por diante de local. Saen Huertas e Neno.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Faust (Frederich Wilhelm Murnau, 1926).