SuperManager x. 14: non marches, Alex

Adeus, Alex, pensarei moito en ti.

Renfroe marcha para non volver. Quédanos unha semana complicada, con só 2 cambios.

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

Foi unha mala xornada nos meus equipos, con baixadas xeneralizadas, algunhas delas moi acusadas. O meu mellor caeu máis de 100 postos e foi superado polo que era o meu segundo. Ambos aguantan o Top 500, pero están peor que a semana pasada: 436º da xeral o agora mellor. Tiven bastantes Gentile; Lalanne e Labeyrie non valoraron como esperaba e a pesar de telo entre as opcións prioritarias da xornada, non acumulei moitos Toolson nos meus mellores por falta de cambios. As présas das últimas semanas para poder publicar os artigos deixáronme pouco tempo para os cambios e acabou pasando o que tiña que pasar.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Renfroe (26.4)

Ennis (-2)

Laprovittola (9.6)

Segundo banzo

Segundo escalón

McCalebb (6)

Cvetkovic (3.6)

Bellas (7)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Heurtel (19.2)

Llull (13.2)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Beirán (16)

J. Fernández (10)

Segundo banzo

Segundo escalón

Vasileiadis (27)

Toolson (32.4)

Gentile (1)

M. Garcia (7)

Hanga (25.2)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Nevels (20)

Brizuela (30)

Eyenga (22)

Berhanemeskel (-3)

Abalde (3.6)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

W. Thomas (20.4)

Labeyrie (12)

Segundo banzo

Segundo escalón

Huskic (19.2)

Thompson (3.6)

Lalanne (9.6)

Llovet (22)

Todorovic (26.4)

Tavares (12)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Thompkins (28.8)

Brodziansky (10)

Jordan (15.6)

Selección da xornada

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota e de vermello os extracomunitarios. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

La leyenda es la siguiente: en negrita van los jugadores que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Laprovittola

Van Rossom

Segundo banzo

Segundo escalón

Cvetkovic

Heurtel

Campazzo

Ennis

Terceiro banzo

Tercer escalón

Bellas

Bassas

Booker

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Beirán

Hanga

Segundo banzo

Segundo escalón

J. Fernández

Eyenga

Toolson

Vasileiadis

Brizuela

Terceiro banzo

Tercer escalón

Nevels

Eriksson

Lundberg

Doyle

M. Garcia

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

W. Thomas

Balvin

Segundo banzo

Segundo escalón

Shengelia

Todorovic

Huskic

Terceiro banzo

Tercer escalón

Brown

Dubljevic

Thompkins

Whittington

Bases

Perdemos o base máis fiábel da tempada unha xornada antes do previsto. A marcha de Renfroe déixanos sen a única certeza na posición. A pesar das dúas semanas seguidas sen acadar a decena e visitar a defensa que menos valoración recibe dos bases, Murcia, Laprovittola paréceme a opción máis fiábel. Os baixos rexistros na valoración dos bases contra o Murcia teñen moito que ver co ritmo que imprimen aos seus partidos, pero Laprovittola é un base que se adapta ben a diferentes velocidades. Con todo, Renfroe marcou en Murcia o máximo da tempada e o propio Lapro acadou os 40 alí o ano pasado. Se a Penya quere estar na Copa, precisa o Lapro do partido do ano pasado. A volta de Vam Rossom a Valencia volve convertelo nunha opción atractiva. Case 15 de media de local e as dúas últimas xornadas na Fonteta superando a vintena. Os taronja están en moi boa dinámica, así que o bono é bastante probábel.

Cvetkovic fallou a semana pasada. Porén, estaba en moi boa dinámica e visita Fuenlabrada, unha das defensas máis amábeis cos bases. Heurtel acumula dúas boas xornadas, xoga de local e o Obra non se lle deu mal o curso pasado. Non está a dar a seguridade da tempada anterior, mais agora mesmo os bases ofrecen pouca certeza. Ante un partido esixente contra o Baskonia, a opción Facu parece mellor que noutros partidos. É o base en mellor momento no Madrid por moito. Non serei eu quen aposte polos xogadores de Laso, pero debería facelo ben como nos seus últimos catro partidos na ACB. Como xa temos a venda obrigada de Renfroe, esta semana eu quedaría con Ennis. É certo que non anda en boa dinámica, mais xoga de local, onde só baixou da decena contra o Unicaja e está por riba da vintena de media, e o rival —Estu— é dos que máis valoración conceden aos douses.

Bellas estivo por debaixo do esperado a semana pasada. Nesta repite de local contra unha das defensas máis favorábeis, Breo, así que se xa o tiñamos podemos manter a aposta. En caso contrario eu non lle daría entrada, a chegada de Akognon debería restarlle minutos e a semana que vén regresa a Gran Canaria. Bassas vén de dous bos partidos e xoga contra un Manresa sen bases. Porén, espértame algunhas dúbidas. Na casa baixa os seus números e se a falta de uns supón que se teña que emparellar con Lundberg, igual non sae gañando. Nas apostas da xornada podemos pensar en Booker. Comezou moi lonxe do esperado, mais leva dúas xornadas superando a decena e a tempada pasada valorou ben contra Lapro. McCalebb non estaba a valorar ben e chega con problemas físicos. Non entra na listaxe (agora farase un 30). Nin sequera entra pola bandeira esta semana Llull. Non está nada ben e ten unha saída complicada a Vitoria.

Ás

Aleros

A bandeira de Beirán segue a ser fixa, xoga de local (máis de 20 de media) e é o xefe dun Canarias que precisa gañar contra un rival directo se quere estar na Copa. Hanga non só cumpriu a semana pasada, senón que incluso estivo por riba do esperado. Está a se amosar moi sólido: seis xornadas consecutivas sen baixar da decena. Volveu ser dos máis destacados na Euroliga, Blazic segue de baixa e o Obra é unha defensa accesíbel.

Inda que só superou a vintena nun dos últimos cinco encontros, Jaime só baixou da decena unha vez en toda a tempada. Viaxa a Donostia, que é un rival amábel coas ás, e esta semana vén máis descansado porque non houbo EuroCup. Debería seguir nos equipos. Após un comezo nefasto, Eyenga leva catro partidos a gran nivel. Xoga de local e contra un rival moi favorábel: Breogán. Ademais, garante varias semanas de subas. A única dúbida con el vén pola chegada dos novos, haberá que ver se iso muda a forma de xogar do equipo. As opcións de Copa do Manresa repousan no pulso de Toolson. Coas baixas desta semana queda como máximo referente do seu equipo, está no mellor momento da tempada, xoga unha trintena de minutos por xornada e vai ter máis pelota ca nunca. Ten unha saída complicada a La Laguna, mais coido que o fará ben. A semana que vén tócalle o Baskonia na casa. Kostas está que se sae. Non ten un partido doado esta semana en Barcelona, que mellora de forma considerábel a súa defensa dos treses de local. Porén, o grego xa superou a quincena nos dous partidos da tempada pasada contra os blaugrana. Inda que Brizuela entrou na listaxe a semana pasada, o seu 30 resultou sorprendente (ninguén podía esperar eses 33 minutos de xogo). En principio ten unha saída moi favorábel a Andorra e debería facelo moi ben. Porén, se xoga Gentile —que apenas o fixo a semana pasada por lesión—, haberá máis dúbidas con el e terá menos minutos.

Nevels está nun gran momento de confianza. Volve ser o líder do GBC e non se asusta contra os grandes equipos, como demostrou a semana pasada contra o Barça. O Unicaja é un rival duro, mais xoga fronte o seu público e coido que o fará ben. Eriksson volve a Gran Canaria e por tanto gaña atractivo: estivo a gran nivel nos dous últimos partidos como local da ACB (non así esta semana na Euroliga, onde non lle entraron as triplas). Se anota con boas porcentaxes de tres, o partido é propicio para que volva achegarse á vintena. Porén, non é a opción máis sólida da semana. Para cazaxornadas apunto o nome de Lundberg. O danés leva dous grandes partidos consecutivos, está a medrar como xogador e ten moito carácter, non parece que sexa dos que se vaian botar atrás nunha situación como a actual do Manresa. O normal é que estea nos 30 minutos de xogo esta semana. Un dos xogadores que ten maior contraste entre os seus partidos de local e visitante é Milton Doyle. De local a súa media medra en máis de 10 puntos e a Penya é un rival favorábel para os treses. Iso si, a semana que vén debería ser venda porque lle toca viaxar. M. Garcia xa non semella tan boa opción como semanas atrás e as altas do Fuenla botan máis incerteza sobre o seu rendemento. Non pensaría en darlle entrada esta semana, mais se xa o tiñamos e contamos con cambios máis urxentes (cousa probábel), podémolo aguantar contra un Breo que non parece mal rival para el.

Pivotes

Pívots

Se as ás ofrecían moito, nos pivotes a oferta é reducida. No momento no que se atopa W. Thomas, a pesar do regreso de Dubi, debe seguir nos equipos. Ten un bo partido como local e o Valencia non se pode relaxar; a Copa está moi cara. Parece que chegou o momento de Balvin. É un xogador con grandes condicións que non acababa de acadar de forma consistente o nivel que se lle intuía. Agora mesmo está a xogar moi ben tanto en liga como en Euroliga e de local aumenta as súas prestacións. O Burgos, que está a defender bastante ben a posición, é un rival favorábel para as súas características (xa lle fixo un 30 o ano pasado), e máis trala marcha de Kravstov, que parecía o perfil que máis o podía incomodar.

Toko regresa contra o seu rival máis complicado: Real Madrid. Nunca acadou a vintena contra os brancos. Iso fai que a súa incursión esta semana non sexa obrigada. Porén, a súa bandeira segue a ter moito valor: os pivotes ofrecen poucas cotas fiábeis esta semana. Un partido na quincena parece probábel e iso debería abondarlle a moitos managers aos que xa lle quedaría o cambio feito para a semana, na que volverá ser fixo. A outra opción de bandeira é Todorovic. Acertei a semana anterior predicindo o seu partido na vintena e a visita a Murcia resulta un partido favorábel para el no seu gran momento de forma. Huskic fóra da casa volveu dar un gran nivel e inda non fallou lonxe de Burgos este ano. O Granca non lle vén mal.

Brown está en moi boa dinámica e ten un desprazamento moi favorábel a Fuenlabrada. Cae ao terceiro banzo porque todas as novidades que ten o Fuenla esta semana no interior deixan un panorama bastante incerto. Dubi tamén está no terceiro banzo porque regresa de lesión e non sabemos en que condicións se atopa. Se está ben, o partido parece ideal para el. Haberá quen queira asumir o risco. Ou non ficharía a Thompkins esta semana. Mais está nun gran momento e dá cartos, así que haberá quen queira mantelo a pesar da saída complicada a Vitoria. Os máis afoutos poden apostar por Whittington no seu debut no Estu contra o seu ex. Quererá reivindicarse contra un Andorra no que non rendeu como se esperaba e que permite bastante valoración dos pivotes. A semana pasada xa expresaba as miñas dúbidas con Thompson, aínda que estaba ben colocado na listaxe, esta queda directamente fóra porque repite de visitante e despois recibe o Barcelona. Cómpre que o deixemos descansar un chisco. Coa volta de Dubi tamén cae da listaxe LabeyrieTavares seguirá en moitos equipos pola escaseza de cambios e a súa bandeira. Porén, tampouco entra esta semana: ten un partido moi duro en Vitoria e, como dicía a semana pasada, o seu equipo non o busca nada en ataque.

O equipo do blog

El equipo del blog

A Andrómenas os seus escasos 154.6 puntos inda lle serviron para gañar algo máis de 650 postos e entrar por vez primeira no Top 10000: 9879º da xeral. Porén, o Top 1000 está uns 4 puntos máis lonxe que a semana pasada.

A marcha de Renfroe déixame pouca marxe. Así que teño que quedar unha semana máis con Cancar. Saen tamén Lalanne e Labeyrie e entran Van Rossom, Balvin e Toko.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao anime Haha o Tazunete Sanzenri (Isao Takahata, 1976)