Artigo actualizado o sábado para incluír a Dawson e baixar aos xogadores do Madrid ao derradeiro banzo polas altas no xogo interior.
Ás veces vívese mellor na ignorancia. A baixa de ultimísima hora de Vasileiadis polo nacemento de seu fillo tivo efectos devastadores… para moita da xente que se decatou a tempo para poder substituílo. A iso hai que engadir que quedamos orfos de Shengelia por unha lesión de longa duración.
Dicía que nas últimas xornadas o feito de andar a facer os cambios sobre o feche repercutira de forma negativa. Esta semana fíxenos con calma, mais a baixa de última hora de Kostas, que xa estaba en moitos dos meus equipos, estragou unha semana de cambios ben planificados. O cambio típico nos meus foi dar entrada a Hanga, que valorou o mesmo que o grego —pero xogando e coa baixada de broker correspondente—. O maior problema non foi ese, senón que para poder cambiar a Kostas tiven que desfacer os cambios da xornada, co que se perdeu a planificación previa —que deixa un panorama para esta semana moito peor que se tivese quedado con Kostas e o seu cero—. Ademais, coas présas, apenas dez minutos de marxe e o medo a unha saturación do servidor, fixo que tomase malas decisións, como por exemplo meter a Shengelia no canto de Todorovic nalgúns equipos. O criterio cos meus, antes de anular os cambios polo de Kostas, fora meter a Todorovic como primeira bandeira. Amais dos 12 puntos perdidos, agora teño comprometido o cambio. Ademais, as apostas de Van Rossom e sobre todo Balvin e Cvetkovic non saíron como pensaba. Todo isto significou baixadas xeneralizadas nos equipos nos que tiña a Kostas e algunhas subas nos equipos nos que puiden manter a planificación. O fastidiado do asunto é que se xa cheiraba a traxedia mentres bulía a cambiar os Kostas que tiña, porque xa me ten acontecido con outras baixas de última hora noutras edicións do xogo: rachas coa a planificación e o substituto natural decide pinchar esa xornada para que a perda sexa total. A próxima vez que aconteza, espero non decatarme a tempo, mais se o fago, desistirei de substituír á baixa de última hora, agás nos equipos nos que fose incorporación desa xornada (porque aí si que é un cambio de cromos que non afecta á planificación, neste caso todos os Kostas que tiña xa estaban da semana pasada). En definitiva, o meu mellor queda máis ou menos onde estaba (xa é motivo de celebración nunha semana coma esta): 429 da xeral e o meu segundo cae case 100 postos e sae do Top 500. Estou en mala dinámica nos meus equipos e a configuración coa que quedaron tralo de Kostas non augura unha boa xornada.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Laprovittola (25.2)
Van Rossom (10.8)
Segundo banzo
Segundo escalón
Cvetkovic (4.8)
Heurtel (19.2)
Campazzo (31.2)
Ennis (20.4)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Bellas (3)
Bassas (0)
Booker (-3)
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Beirán (20.4)
Hanga (0)
Segundo banzo
Segundo escalón
J. Fernández (16.8)
Eyenga (5)
Toolson (13)
Vasileiadis (-)
Brizuela (20)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Nevels (9)
Eriksson (23)
Lundberg (9)
Doyle (4)
M. Garcia (3)
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
W. Thomas (14.4)
Balvin (5)
Segundo banzo
Segundo escalón
Shengelia (18)
Todorovic (30)
Huskic (10.8)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Brown (22.8)
Dubljevic (4.8)
Thompkins (18)
Whittington (1)
A listaxe quedou lastrada polas malas xornadas inesperadas de Cvetkovic, Hanga e Balvin.
A lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota e de vermello os extracomunitarios. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
La leyenda es la siguiente: en negrita van los jugadores que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Ennis
Heurtel
Segundo banzo
Segundo escalón
Laprovittola
Cvetkovic
Terceiro banzo
Tercer escalón
Huertas
Roberts
Vives
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Beirán
J. Fernández
Vasileiadis
Segundo banzo
Segundo escalón
Vidal
Eriksson
Dawson
Hanga
Terceiro banzo
Tercer escalón
Okoye
Toolson
Brizuela
Abalde
M. Thomas
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
W. Thomas
Brown
Segundo banzo
Segundo escalón
Llovet
Todorovic
Voigtmann
Terceiro banzo
Tercer escalón
Shermadini
Dubljevic
Thompson
Seraphin
Balvin
Tavares
Thompkins
Cando xa empezabamos a dubidar de Ennis, regalounos un 20 contra o Estu. Agora ten unha saída moi favorábel a Compostela e a baixa de Jelínek tamén debería axudar a que valore mellor (non debería baixar de 25 minutos de xogo e incluso terá algún lanzamento máis). A semana que vén recibe o Burgos, que tamén é un rival propicio, e Ennis valora moito mellor no Principado. Heurtel vén de roldar os 20 en tres xornadas consecutivas. En teoría, ten unha saída complicada, porque o Burgos na casa defende bastante ben a posición; porén, McCalebb este ano conseguiu sumar un 25 alí e o propio Heurtel tivo unha das súas mellores actuacións da tempada pasada na cancha burgalesa superando os 40.
Lapro ten un compromiso moi complicado, enfróntase ao Valencia Basket. Fóra da casa están a conceder baixas valoracións dos bases (inda que entre Huertas e Vildoza superaron os 40 contra eles), sobre todo melloraron nas últimas semanas, nas que deixaron en baixas valoracións a Fitipaldo e Cook. Ademais, é un dos equipos da ACB que peor se lle dan a Nico, só superou a decena —e polo bono— a tempada pasada contra eles. A favor ten a boa dinámica do Joventut (3 vitorias nos últimos 4 encontros, incluídas dúas de mérito como locais: Unicaja e Canarias) e que se trata dun partido transcendental para a Penya, con opcións de entrar na Copa após uns anos de escuridade. A semana pasada o arxentino sumou boa parte da súa valoración no tramo final, mais non foi maquillaxe de última hora, senón que asumiu a responsabilidade nos momentos finais para fechar o partido. Levaba un mal encontro no tiro libre e nese final foi moitas veces á liña e amosouse infalíbel cando a pelota queimaba. Este, a priori, tamén pode ser un partido que se decida nos minutos finais, así que aí o arxentino terá outra vez a posibilidade de sumar. Ademais, o de sempre, é o xogador que máis minutos xoga da ACB, e iso é un valor moi importante no SM. Despois ten un partido moi favorábel, de novo de local, contra un Baskonia que é dos que máis recibe na posición a domicilio. Inda que leva dúas semanas pinchando, o compromiso desta xornada é moi favorábel para Cvetkovic. O base breoganista está en cancha un mínimo de 25 minutos por partido, xoga de local e enfróntase á peor defensa dos bases (25 de media contra as defensas que máis conceden na posición). Iso si, a semana que vén debería saír dos equipos, porque vai a Barcelona (unha das mellores defensas dos uns).
A baixa de Granger sentoulle moi ben a Marcelinho, que leva os dous partidos sen o uruguaio na vintena. Se non está máis arriba é polo rival. O Manresa no primeiro partido sen Renfroe afogou os bases do Canarias (nin chegaron aos 5 entre os dous), na casa son un equipo moi duro e quererán apurar as súas opcións de Copa. Veremos se chega para este partido o substituto da súa estrela: Corey Fisher. Roberts é unha opción para equipos afoutos. O base non está a ser dos xogadores máis regulares, pero vén de dúas boas valoracións, xoga de local e a nova lesión de Alberto Díaz obrígao a asumir máis protagonismo (os seus números medran en 5 de valoración sen o base malagueño). ¿Algunha bandeira? Por dicir unha, apunto o nome de Vives. O base catalán regresa a Badalona, onde se formou, e vén de dous partidos consecutivos arredor da quincena (mellores valoracións deste curso), rexistros nos que se moveu hai dúas tempadas contra o Joventut (a pasada perdeuse ambos duelos contra os verdinegros). Esta semana non entra ningún base do Madrid. Llull xa non estaba na listaxe a semana pasada, porque non o vía ben (foi un acerto), e si que estaba ben colocado na selección Campazzo (tamén acerto). Porén, contra o Estu en teoría é un partido de menor esixencia (a pesar da rivalidade) e como é en Madrid non saberemos dos descartes a tempo, así que igual Campazzo descansa máis da conta. Non paga a pena o risco.
Esta xornada máis ca nunca non podemos prescindir das bandeiras de Jaime e Beirán, que se enfrontan en Málaga. A baixa de Díaz fará que Jaime teña que axudar no base, onde a defensa do Canarias é algo menos hostil. Fecha o primeiro nivel o nome propio da xornada pasada: Kostas. Volve xogar de local, onde só o Madrid logrou deixalo por debaixo da decena. Enfróntase ao Andorra, que é unha defensa media. Ademais, a semana que vén vai a Fuenlabrada, que como local é dos equipos que máis están a recibir das ás. O único temor con Vasileiadis é que os andorranos son o equipo que peor se lle dá de toda a ACB: nunca pasou da decena contra eles nos catro enfrontamentos.
As ás ofrecen bandeiras interesantes. Vidal inda non é ídolo local en Lugo, mais nas últimas semanas está a mellorar as súas prestacións: tres partidos superando a quincena e actuación estelar na última vitoria na prórroga contra o Fuenla. Xoga moito (máis de 25 minutos de media), no Pazo os seus números medran (como os dos seus compañeiros) e o rival é favorábel: GBC. Supón unha gran oportunidade para o Breo de pór terra de por medio co descenso. Se alguén muda de forma especial na casa, ese é Eriksson (9 máis de media en Gran Canaria). Volveu superar a vintena de local a última semana e nesta repite. O problema é que se enfronta ao equipo que menos valoración recibe na posición a domicilio: Fuenlabrada. Porén, iso non foi impedimento para que Brizuela, Oleson e M. Thomas puideran superar a vintena contra eles xogando de locais. Eriksson ofrece unha maior probabilidade de pico e Vidal máis certeza, porque non depende tanto do tiro exterior. Tamén semella unha opción especialmente boa Dawson. A á do Joventut está a render moi ben de local (a súa media medra en Badalona oito unidades até os 16.5) e o Valencia recibe moita valoración na posición. Despois repite de local, así que podería seguir nos equipos, inda que a defensa do Baskonia non lle porá as cousas doadas. A pesar da desfeita da última semana, non creo que Hanga sexa, nin moito menos, unha venda obrigada. Estaba en moi boa dinámica, fóra da casa supera os 15 de media e o Burgos é unha defensa bastante amábel. Se non temos novidades no parte, semella unha grande opción.
Okoye está empezando a ser o xogador que apuntaba na pretempada: 5 dos 7 últimos partidos superando a decena. O rival non é das defensas máis accesíbeis, inda que fóra da casa permite máis valoración das ás. O xogador con pasaporte nixeriano amosa a súa mellor versión de local: aumenta a súa media en máis de 9 ata case os 18. Non é a semana para fichar a Toolson coa visita do Baskonia, mais, se o temos no equipo, non é venda obrigada porque agora é a referencia dun Resa que quere seguir loitando pola Copa. O mesmo podemos dicir de Brizuela e a súa bandeira no derbi madrileño. Á hora de dar entrada a alguén hai mellores opcións, mais só baixou da decena dun dos últimos seis partidos (contando o aprazado contra o Murcia deste semana), será dos xogadores máis motivados e xa o ano pasado logrou acadar a decena contra os brancos. A semana que vén volve ter un partido complicado na saída a Málaga. Se buscamos a diferenciación, sobre todo para cazaxornadas, o Valencia debería ter algún pico nas ás. Coa lesión de San Emeterio e con Sastre collendo ritmo, as opcións son Abalde (que regresa a Badalona) e M. Thomas. Toca esquecerse de M. Garcia durante un tempo. A rotación e reparto de roles non o beneficia agora mesmo. Seguro que ao longo da tempada volverá ser unha bandeira de interese. Por razóns similares tampouco entra Eyenga esta semana, inda que no seu caso non me parecería un disparate quedar con el se temos cambios máis urxentes.
O pivote que segue a dar máis seguridade é Will Thomas, que volveu superar a vintena na vitoria contra o Unicaja na EuroCup. Un dos nomes da xornada pode ser Alec Brown. O estadounidense está nun momento pletórico: 4 xornadas consecutivas en 15 ou máis e tres vitorias consecutivas do seu equipo. Ademais, a marcha de Jordan a Andorra, unha vez rematado o seu contrato temporal, debería supor inda máis protagonismo ofensivo para el (leva 6 xornadas superando os 10 puntos anotados). Se iso non abondase, xoga de local (18 de media no Pazo e un mínimo de 14.4, porque o partido contra Penya non computou para o xogo) contra unha das peores defensas interiores (GBC).
Dous xogadores da canteira da Penya ofrécennos bandeiras interesantes. Nacho Llovet na casa é un seguro: 18 de media e só por baixo da decena contra o Madrid. Enfróntase a unha das defensas interiores máis permisivas: Andorra. Para a seguinte semana, aínda que baixa os seus números de forma moi apreciábel fóra (máis de 8 de descenso), visita á peor defensa interior: Fuenlabrada. Todorovic está a un nivel espectacular (e xogando moitos minutos a causa da lesión de Birgander), só o arreda do primeiro chanzo a dificultade do calendario: Valencia e Baskonia, ambos en Badalona. No momento no que está, creo que o seguirá a facer ben a pesar dos rivais. A única preocupación son as faltas persoais (leva 4 de media nos últimos 5 partidos). Coa baixa de Shengelia, Voigtmann ten ante si unha gran oportunidade. Cando faltou o xeorxiano contra o Unicaja, o alemán deu unha exhibición no pase, 7 asistencias, e superou os 25. Agora ten dous partidos a domicilio (onde aumentan moitísimo os seus números: máis de 12 de mellora até os 18) contra equipos que se están a xogar a Copa: Manresa e Penya.
Sherma, que non nos está a dar moitas alegrías nas últimas semanas, ten un partido moi favorábel. O Canarias recibe moita valoración interior e o xeorxiano está a aproveitalo (case 27 de media contra as peores defensas). Se ten minutos, creo que o fará ben seguro, agora haberá que ver como de duro resulta o partido (o Canarias ten urxencia de vitorias para meterse na Copa e o Unicaja quererá manter o posto de cabeza de serie). A ver se Casimiro decide que é deses encontros nos que hai que apertar máis atrás (como contra os grandes) e aposta máis por Lessort. Tamén beneficia ao xeorxiano que haxa un xogador menos na rotación interior do Unicaja pola lesión de Suárez. Non será doado que dous pivotes do Valencia valoren ben na cancha da Penya. Inda así, xa vimos a Dubi a bo nivel na EuroCup e nas dúas últimas visitas a Badalona acadou a vintena (claro que a defensa interior do Joventut é mellor que en anos anteriores). Thompson non adoita fallar de local, despois ten unha saída favorábel a Andorra e, tras ese, outro propicio de local contra a Penya. O problema é que se enfronta nesta xornada ao Barça, que ten unha das mellores defensas interiores e é o equipo contra o que é máis difícil quedar co bono (só dúas derrotas no que vai de liga). Á hora de fichar hai opcións máis atractivas, mais se temos que quedar con el, un partido na decena si que debería dar (14 o ano pasado). Seraphin deu un recital a semana pasada e está a ir a máis. Ademais, o xogo interior do Burgos non ten moitos argumentos para paralo. Se está no terceiro nivel é porque o Barça ten rotación interior abondo e non se pode descartar que Pesic lle dea nesta ocasión máis protagonismo a outros dos interiores. A aposta por Balvin era a dúas semanas, así que igual mantelo ten recompensa. Volve xogar de local e contra un rival moi favorábel, se mantén o tipo en defensa, non vai ter tan poucos minutos como a xornada pasada e debería valorar ben. O Madrid terá o xogo interior ao completo, así que será inda máis complicado do habitual acertar cos seus xogadores, por iso caen do segundo banzo no que estaban, antes de saber altas e baixas, ao derradeiro. A terceira bandeira en interese é Tavares, pola incerteza da súa participación. Na Euroliga só xogou 11 minutos por problemas de faltas, así que iso sumaba a favor da súa participación o domingo, mais as altas devolven toda a incerteza. Polo pronto leva 7 partidos seguidos xogando e o Estu é un rival moi propicio: trátase dunha das peores defensas interiores e o caboverdiano xa superou a trintena o ano pasado na cancha colexial. Se o seu compañeiro Thompkins xoga, daranos un lote de cartos e o Estu tamén é un gran rival para el: case 30 o ano pasado. Vén en moi dinámica. Porén, non cómpre fiarse demasiado de Laso, antes ou despois acabaremos comendo un rosco con algún dos seus xogadores.
En Andrómenas non tiña a Kostas, así que puiden manter a planificación e iso traduciuse nuns decentes 182 puntos que me serven para seguir escalando posicións (a pesar de perder case 6 puntos cos cambios pola gran xornada de Lalanne e o desastre de Balvin, o seu substituto). Gañei máis de 1800 postos e sitúome o 8081º da xeral. O Top 1000 segue moi lonxe, mais comparado con como comecei a tempada…
Tócame manter a aposta por Balvin. Cancar segue a resistir no equipo despois da boa valoración que deu a semana pasada. Saen Van Rossom, M. Garcia e Toko. Decidín dar entrada á cuarta bandeira nos pivotes: Llovet (a outra opción era ir con Eriksson, mais sería un cambio de ida e volta). Completan Vasileiadis e Heurtel.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Das Cabinet des Dr. Caligari (Robert Wiene, 1920).