Outra vez tivemos unha xornada con moitos puntos, que ofrecía a posibilidade de mudar a dinámica. Mandaron os pivotes, onde había que acertar para aguantar o tipo, e nas ás e nos bases podiamos escalar posicións cos Dani Pérez, Marc Garcia, Hanga, Barreiro, Loyd ou Shields. Para os meus equipos foi unha xornada moi boa (8 dos 10 que teño superaron os 220 puntos), aínda que sigo en zona de ninguén. O meu mellor equipo esta xornada (244.2), como cabía esperar, foi o que suicidei a semana pasada (que perdeu máis de 100 puntos por quedarme incompleto), con entrar a última xornada 20 segundos antes para meter a Abalde (que entrou esta) volvería estar no Top 500 nesta. Porén, ese Top 500 quédame a anos luz. O que quedou como o meu mellor tamén subiu algo até o 1381º da xeral. Tiven moito acerto nos trocos (Pérez, Calloway e Bouteille por Henry, Hannah e López- Arostegui) con 52 puntos gañados (tope da tempada para este equipo). Preciso varias xornadas destas para recuperarme do desastre das últimas semanas.
B
1º
Campazzo (10.8)
Huertas (28.8)
2º
Calloway (9.6)
Delaney (10.8)
Bellas (7)
Pérez (28.8)
Sipahi (1)
3º
Díaz (15)
Schreiner (6)
A
1º
Bouteille (27.6)
Prepelic (-2)
Díez (20.4)
Shields (20)
2º
Toolson (8.4)
Beirán (3)
Scrubb (7.2)
Loyd (20)
J. Fernández (8)
Abalde (13)
3º
McFadden (25.2)
Brizuela (4)
Magee (2.4)
M. Garcia (26)
P
1º
Mirotic (37.2)
Shengelia (14)
Shermadini (50.4)
Tavares (30)
2º
Tomic (25.2)
Balvin (34.8)
Dubljevic (8)
Kravic (15.6)
3º
Kravish (14.4)
Thompkins (22.8)
Cate (18)
A listaxe estivo de sobresaínte esta semana. Acertei moito cos pivotes, tamén coas ás (a pesar do tropezo dun dos fixos, Prepelic): poñer a Shields por diante de Toolson supuxo uns puntos moi valiosos. Tamén resultou esencial deixar fóra da selección a Henry, que custou moitos cartos e puntos esta semana.
Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15% os xogadores con suba doada.
B
1º
Hannah
Bellas
2º
Campazzo
Pérez
Bassas
3º
Huertas
Calloway
Díaz (5)
A
1º
Bouteille
Prepelic
Beirán
2º
Abalde (2)
Toolson (24)
Booker
Ennis (18)
Harper
3º
Conger
López-Arostegui (9)
P
1º
Mirotic
Musli
2º
Shermadini
Shengelia
Balvin
Brodziansky
Kravic
Kravish
3º
Tomic
Dubljevic
Lima
Arteaga
Murcia – Bilbao Basket
(28, 18:00)
@JOV, UNI | EST, @FCB
Após dúas vitorias consecutivas, os homes de negro regresaron á loita pola Copa. Pola súa banda, o Murcia chega en caída libre: 6 derrotas consecutivas que o sitúan na parte baixa da táboa. Sen opcións nos bases (podemos pensar na bandeira de Luz para algún cazaxornadas polas facilidades que dá o Bilbao na posición), nas ás temos a dous dos principais xogadores desta edición. Bouteille mantén a súa condición de fixo. Está a un nivel enorme (cun grande acerto no lanzamento) e tanto o Murcia como o Estu na vindeira son rivais favorábeis. Esta última xornada regresou á fin Booker, ao que tan de menos botou o equipo. Non fixo unha gran valoración (era o normal despois da inactividade), pero xa asumiu moito protagonismo (19 puntos). Cunha semana para coller ritmo e ante a súa afección (23 de media na casa) pode ser unha aposta interesante na procura da diferenciación. A saída a Badalona da próxima é bastante complexa, por unha banda a defensa da Penya na posición é boa, pero Toolson logrou un pico en Badalona hai un par de semanas e o propio Booker foise á corentena o curso pasado alí (aínda que fixo un negativo como local). Balvin á fin deu o pico, a pesar de que mantivo os seus minutos arredor da vintena como no último mes. O Murcia e o Betis son rivais moi favorábeis, igual non volve dar un pico (ou si) porque é complicado acadalo nese tempo en cancha, pero trátase dun dos pivotes máis fiábeis do xogo (só baixou da quincena unha vez na última ducia de encontros) e segue a ser unha das mellores opcións. No Murcia non vexo alternativas claras, Cate baixa de local e a defensa do Bilbao é complicada, mellores perspectivas ten Eddie (que é dúbida) no seu duelo de tiradores con Kulboka, mais deixaríao para cazaxornadas.
Obradoiro – Estudiantes
(28, 18:00)
@UNI, BUR | @BLB, RMA
Confiaba en que vísemos a mellor versión SM de Calloway co regreso a Compostela (está en 14 de local), mais non tivo o protagonismo ofensivo do pico contra o Betis. Esta semana volve ter un partido propicio para facelo ben. Non é o xogador que ofreza a maior solidez para darlle entrada (e a saída a Málaga de vindeira tampouco axuda), mais non vería con malos ollos darlle unha nova oportunidade se xa o tiñamos no equipo. Pressey fixo un encontro marabilloso na vitoria contra o Murcia, controlouno ao seu antollo. Porén, viña dun mal mes e ten dous seguidos fóra da casa, prefíroo para cazaxornadas. A Scrubb esgotóuselle o crédito, nestes primeiros encontros sen Brizuela non deu o paso adiante esperado e agora chegou Avramovic. O serbio, que foi unha das sensacións da pretempada no Unicaja, pode converterse nunha opción interesante, está moi barato e en Madrid debería ter os balóns que precisa e que non lle podían garantir en Málaga. Aínda é cedo para que entre na listaxe (en cazaxornadas véxoo ben). Magee tiña dous encontros favorábeis para rascar algún pico: no primeiro non lle entraron as triplas, a ver neste. Pode ser outro dos xogadores importantes para cazaxornadas. O máis interesante do encontro está nos pivotes (son os dous equipos máis permisivos na posición, un na casa e o outro fóra). Arteaga por características debería aproveitar as facilidades para volver valorar ben (acadou a vintena contra o Murcia). Xa sabemos que non é xogador máis sólido, pero pode ser unha bandeira interesante se procuramos a sorpresa. No Obra temos dúas opcións. Brodziansky comezou a tempada por debaixo do esperado (dera moi boas sensacións o curso pasado), mais nos últimos encontros está a xogar moi ben. Leva dúas semanas seguidas na vintena e o Estu é un rival ideal (fixo 44.4 e 29 o curso pasado contra eles). Coa gran melloría do eslovaco, por lóxica, Kravic non podía manter os números que viña a facer. Aínda que sumara menos do esperado, salvou a última xornada na quincena, ten bo partido para facelo ben e o Unicaja debería serlle bastante máis favorábel a el que ao seu compañeiro (o serbio non baixa prestacións contra as mellores defensas, ao contrario). Para esta gústame un chisco máis Brodziansky (aínda que Kravic está a ser máis regular) e a dúas xornadas o serbio paréceme unha opción bastante mellor.
Gran Canaria – Burgos
(28, 20:30)
@BET, BAS | FCB, @OBR
O Granca precisa gañar contra un rival directo para non perder terreo na loita pola Copa. Aínda que regresase Cook nesta, non o podemos contemplar após unhas semanas parado. Nos bases o máis atractivo é Bassas. Está a ser unha das chaves do bo momento do Burgos e aguanta bastante mellor o tipo ca Fitipaldo lonxe da casa. O Granca non é unha defensa esixente na posición, podemos esperalo arredor dos 10-15. O máis interesante está nas ás. O Burgos concede moito na posición e o Gran Canaria mellora de forma considerábel de local. Beirán esta semana é unha das mellores opcións entre as cotas. Na casa é moi seguro (case 16 de media) e despois ten unha saída amábel a Sevilla. Se procuramos a sorpresa, un dos xogadores chave pode ser Harper. Mellorou moito nas últimas semanas e na casa é un xogador diferente ao que viaxa (máis de 17.5 de media fronte a menos de 4). Se segue a liña dos últimos compromisos na illa, debería roldar a vintena (aínda que non é un xogador tan sólido como Beirán). No Burgos podemos pensar en McFadden para cazaxornadas (dobra os seus números de visitante). A semana pasada entrou na listaxe (e deu un pico) pero o Granca é unha defensa bastante competente, así que é mellor mirar outras opcións para os equipos da xeral. Por dentro o que máis me gusta é Lima. O Granca está a dar facilidades na posición, vén dunha gran actuación na vitoria contra o Baskonia e atópase nun gran momento: fixo 17 ou máis en catro dos últimos cinco partidos e acadou a vintena na visita do curso pasado.
Zaragoza – Baskonia
(28, 20:30)
@AND, CAN | MAN, @GCA
Por clasificación, sensacións e xogo, o Zaragoza é o favorito fronte un Baskonia que volveu deixar moi mala imaxe na Euroliga no enésimo regreso de Ivanovic ao banco dos vitorianos. Nos de Dusko só pensaría en Shengelia. Vén de negativo na Euroliga, pero a súa bandeira é valiosa e poucos xogadores son tan fiábeis coma el na ACB. Non creo que dea un pico esta semana, mais o Zaragoza está a recibir moita valoración interior de local e debería salvar a xornada (deberiamos velo entre os 15-20). Se alguén quere arriscar e darlle saída esta semana, non o vexo mal; mais en xeral non creo que pague a pena gastar un troco nel. A Shields podemos mantelo se temos cambios máis urxentes (seguirá a ter moitos minutos con Dusko), mais non é a semana de darlle entrada contra un Zaragoza que é a mellor defensa na posición de local. Un dos segredos dos maños é que se trata dun dos equipos máis corais da categoría, iso é marabilloso no seu desempeño, mais non para o SuperManager. A defensa exterior do Baskonia está a conceder pouca valoración, así que tanto Barreiro (está a resultar bastante impredicíbel) como Seeley (con Ennis no equipo o Zaragoza pode ser competitivo sen necesidade de que anote moito) non os contemplo. A opción é Ennis. Acoplouse moi rápido ao equipo e está a asumir moita responsabilidade ofensiva. Na casa adoita ser moi sólido e pode sacar proveito desa marcha máis que posúe fronte un Baskonia en depresión (o curso pasado acadou os 30 contra eles). Para cazaxornadas podemos pensar en Radovic, o Baskonia está a conceder moita valoración interior e o montenegrino fíxoo moi ben de local no último playoff contra os vitorianos.
Fuenlabrada – Unicaja
(29, 12:30)
@CAN, BET | OBR, @MUR
Bellas volveu baixar de 10 após un mes sen facelo. Na casa está a ser un xogador moi sólido: ten 20 de media e aínda non baixou da quincena. Ademais, o Unicaja a domicilio fai bastantes concesións na posición. Volve ser unha das bandeiras máis interesantes nos uns. A vindeira, lonxe de Fuenlabrada e contra unha defensa competente, será o momento de darlle un descanso. Díaz entrou na listaxe a semana pasada e cumpriu na quincena. Fóra da casa baixa moito, mais se temos cambios máis urxentes podemos aguantalo esta (e despois ten un encontro favorábel de local contra o Obra), o Fuenla (no que xogou) concede moito na posición, ten unha suba doada e acadou alí a decena na última visita. Outra bandeira barata que estaba na listaxe a semana pasada e que deu alegrías foi Marc Garcia. Para esta non pensaría nel, está a sufrir contra as mellores defensas (o Unicaja é a segunda mellor a domicilio); porén, se o temos, non é dos cambios máis urxentes: vai xogar moitos minutos polas baixas (a chegada de Brown non debería afectarlle moito esta semana, se é que debuta), está nun bo momento e aínda garante varias subas do máximo. É moi bo encontro para os exteriores do Unicaja, o complicado é atinar co que vai ter o día. Por iso non meto a ningún. Jaime fóra baixa moito e a valoración que nos poida achegar Brizuela co Unicaja aínda é bastante incerta. Igual lle dá incluso a Adams por ter un día inspirado. Como opción para cazaxornadas podemos pensar en Eyenga, que tivo un paso fugaz polo Unicaja e funcionou bastante ben nas últimas veces que se enfrontou aos malagueños. Ningún dos pivotes me entusiasma.
Betis – Manresa
(29, 12:30)
GCA, @FUE | @BAS, AND
O Manresa tomou aire con dúas vitorias de mérito e o Betis, pechacancelas da categoría, precisa gañar xa. Oliver vén dun bo partido, pero é difícil atinar que base do Betis vai ter o día (a anterior fixo un negativo). Sen Ferrari, Pérez está a ter moitos minutos, vén de pico e o Betis é un equipo hospitalario na posición. A saída a Vitoria da vindeira xa é máis incerta. Ambos equipos conceden moito nas ás. Toolson pinchou na pasada, aínda que meteu a máis importante, a tripla da vitoria. Vai pasar moito xogo polas súas mans e algo vai subir. Incluso non pinta mal a vindeira contra un Baskonia que está dar moitas facilidades na posición. No Betis o que máis me gusta por momento de xogo é Conger. Mellorou moito trala marcha de Rivers (subiu máis de 9 de media até alén dos 13), está a se parecer ao xogador que tan boa imaxe deixou na salvación milagreira de hai dúas tempadas coa Penya e no último mes fixo 14 ou máis en tres dos catro partidos xogados. Por características tamén debería ser un bo encontro para Slaughter, pero non se pode confiar nel tras cinco partidos sen acadar a decena. Por dentro a opción máis sólida é Kravish. O norteamericano está moi sólido e o Betis non é unha defensa esixente. En Vitoria cómpre darlle descanso.
Andorra – Joventut
(29, 17:00)
ZAR, @MAN | MUR, @VBC
Dous dos sete equipos empatados a sete vitorias xóganse boa parte das súas opcións copeiras neste encontro. Como se esperaba, Hannah pinchou contra o Madrid. Agora é o seu momento. Ten dous seguidos na casa (case 16 de media). Empeza contra un dos seus ex, un Joventut que concedeu bastantes picos este curso na posición. Nas ás ambos dan facilidades (o Joventut só a domicilio). Prepelic pinchou por primeira vez na tempada contra o Barça, non soubo ter a cabeza fría e foi eliminado por faltas. Non deberiamos temer por el. É o xogador máis fiábel na posición e o encontro é moi favorábel (igual que a visita do Murcia na vindeira). Segue a ser fixo. No Andorra non entra ninguén, mais debería facelo ben un da parella Todorovic-Jelínek. Se precisamos unha bandeira barata que dea algúns cartos, podemos pensar en López-Arostegui, estaba en boa dinámica e ten un par de encontros favorábeis. Por dentro só pensaría en Musli. O pivote serbio está a responder moi ben ante a baixa de Diagne (salvou incluso a visita a Madrid) e debería aproveitar que a Penya só ten un cinco (o normal sería velo na vintena). Despois repite de local, pero contra un Zaragoza que é a mellor defensa interior a domicilio.
Barça – Madrid
(29, 18:30)
@BUR, BLB | VBC, @EST
Esta xornada as miradas estarán postas no clásico das seccións, no que o liderado da liga seguirá en mans do Madrid pase o que pase, pero o Barça pode igualalo a vitorias. Son encontros moi complexos, ofrecen demasiada incerteza, algo que non nos interesa no SM. No Madrid só pensaría en Campazzo. Vai xogar moitos minutos e adoita dar un bo nivel contra o Barça (deberiámolo ver arredor da quincena, como no encontro da Euroliga). Hanga está a xogar moi ben, pero o Madrid é unha defensa exterior durísima, cómpre procurar opcións que o teñan máis doado. O Barça fai máis concesións, seguro que algunha á no Madrid o fai ben, pero non me vexo capaz de adiviñar cal vai ter o día. Por dentro non pensaría en Tavares, lonxe de Madrid baixa de forma considerábel e Davies adoita complicarlle as cousas. Mirotic debe seguir como fixo, incluso nos malos días non baixa da quincena e vai estar moi motivado. Tampouco vería mal quedar con Tomic, dábaselle moi ben o seu ex (case 21 de media de local contra el). A tempada pasada non estivo tan ben, pero dubido que esta vez baixe da quincena, atópese nun momento moi doce (leva 7 xornadas seguidas sen baixar dos 18) e incluso acadou os 16 en Madrid na Euroliga, cando non estaba tan ben como agora.
Valencia – Canarias
(29, 20:00)
@RMA, JOV | FUE, @ZAR
O Valencia está moi centrado na Euroliga (vén de lograr unha vitoria heroica en Istambul), pero precisa vitorias para entrar na Copa e non ten un calendario doado por diante. Non é o encontro máis doado para Marcelinho, á hora de fichalo podemos agardar á semana que vén (na casa contra o Fuenla ten partido para pico), pero podemos quedar con el (debería cumprir na decena, está a facer unha gran campaña). Nas ás o máis interesante é Abalde. Leva seis partidos sen baixar da decena, mellora moito na casa (non baixou dos 18 nos tres últimos na Fonteta), está moi, moi barato e garante suba. Dálle moito equilibrio ao Valencia e vén dun encontro fabuloso contra o Fenerbahce. Non entra Loyd, porque na casa baixa a súa valoración á metade. Se xa o temos, non é un dos cambios prioritarios (deberiámolo ver na decena). O Valencia está a defender moi ben na posición; non é o mellor partido para Díez, que o está a pasar mal (3.5 de media) contra as defensas máis complicadas (pinchou contra a Penya e o Madrid). Daríalle un descanso esta semana. Podemos seguir con Shermadini sen medo, o Valencia está a permitir bastante valoración interior. Igual non podemos esperar un pico, pero debería acadar cando menos a quincena. Se alguén quere diferenciarse vendéndoo e procurando un pico noutro xogador, esta semana asumiría un risco menor que noutras ocasións. En xeral non creo que pague a pena gastar un troco para vender un xogador tan fiábel (o seu chan é un 12 contra o Barça) que a semana que vén será obrigatorio. Dubi vén de facer, posibelmente, o mellor encontro da súa carreira en Istambul (42 de valoración, algo que nunca logrou na ACB). O problema é que na liga está a ser un xogador diferente, reserva a súa mellor versión para a competición europea. Na casa non adoita fallar, o normal é que o vexamos no rango 15-20, non alén. O Canarias concede moita valoración interior, así que podemos pensar en Tobey para cazaxornadas (acadou a vintena na visita do Canarias da tempada pasada).
Para Andrómenas foi unha das mellores xornadas do curso. O troco Pérez por Henry permitiume dar entrada a Bouteille e gañar até 35.6 a pesar dos 11 que perdín no Toolson por Ennis. Rematei con 232.6 puntos que me valen para recuperar máis de mil cen postos. Sigo moi lonxe 3575º da xeral.
Esta semana quedoume un equipo bastante xeitoso. Entra Hannah por Calloway (agora dará o pico, claro) e Musli por Balvin. En principio, vou deixar o terceiro troco sen facer.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Körkarlen (Victor Sjöström, 1921).