Artigo actualizado o sábado. Voigtmann foi baixa na Euroliga por unha gripe e a súa participación no partido do domingo non é segura, así que cae ao fondo da listaxe. A baixa de Delía no Murcia (xogará xa coa Penya) mellora as perspectivas para Iverson, porque o seu recambio (Mitrovic) é un 4 e, ademais, o seu estado físico resulta unha incógnita. A alta de Popovic engade certa incerteza ás prestacións de Cruz. Aparece como dúbida Todorovic, mais xa tivera en conta ao escribir o artigo que levara un golpe na última xornada. Para min iso non cambia nada, é un partido crucial para o Joventut e creo que o montenegrino xogará. Eu heino levar nos meus equipos.
Após a xornada máis estraña do ano, temos unha nova baixa, a terceira consecutiva, entre os xogadores máis habituais nos equipos este curso. Primeiro marchou Renfroe, despois lesionouse Shengelia e agora tamén deixa a liga Thompson rumbo ao Zalgiris.
Foi a xornada máis estraña da tempada porque fallaron un lote de xogadores que se atopaban entre os máis fiábeis (e por tanto caros): Lapro, Ennis, Campazzo, Heurtel, Jaime, Vasileiadis e Tavares. En consecuencia, resultou a xornada de puntuacións máis baixas na cabeza. Para min isto foi positivo, porque, tralo desaxuste do cambio de última hora da xornada anterior, esperaba unha semana de baixadas importantes nos meus equipos. Ao ser puntuacións tan, tan baixas, incluso nos que me foi mal, a diferenza de puntos quedou minimizada. O meu mellor, con só 119.4 puntos tivo unha boa subida de postos: 34 posicións gañadas até o 395º da xeral. O meu segundo seguiu o seu descenso, inda que só fixo 8 puntos menos. O peor dos meus na xeral (50 mil) sumou máis cós que teño mellor colocados, claro. O saldo é positivo, porque xa volvo ter os equipos do meu gusto e non houbo ningunha catástrofe. Ademais, librei a Thompson en todos os equipos, así que non teño cambios obrigados. A ver se lle tiro proveito.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Ennis (1)
Heurtel (2.4)
Segundo banzo
Segundo escalón
Laprovittola (-1)
Cvetkovic (18)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Huertas (12)
Roberts (3)
Vives (8)
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Beirán (14.4)
J. Fernández (-2)
Vasileiadis (3.6)
Segundo banzo
Segundo escalón
Vidal (14.4)
Eriksson (14.4)
Dawson (12)
Hanga (8.4)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Okoye (26.4)
Toolson (17)
Brizuela (19.2)
Abalde (10)
M. Thomas (8)
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
W. Thomas (17)
Brown (16.8)
Segundo banzo
Segundo escalón
Llovet (20.4)
Todorovic (30)
Voigtmann (28.8)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Shermadini (13)
Dubljevic (25)
Thompson (16)
Seraphin (-1)
Balvin (25.2)
Tavares (5)
Thompkins (10)
O desta xornada foi inaudito, os tres bases principais fallaron e tamén dúas ás do primeiro chanzo. As eleccións eran as lóxicas, non creo que aí houbese ningún erro de análise, por máis que as cousas non saíran ben. Acertei baixando ao fondo os pivotes do Madrid, avogando porque se mantivese a Balvin nos equipos que apostaron por el a pasada, tamén coas bandeiras de Todorovic e Llovet… Pero esta era a xornada dos equipos abandonados ou coa caixa furada.
A lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota e de vermello os extracomunitarios. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
La leyenda es la siguiente: en negrita van los jugadores que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Heurtel
Laprovittola
Ennis
Segundo banzo
Segundo escalón
Van Rossom
Cook
Huertas
McCalebb
Terceiro banzo
Tercer escalón
Fitipaldo
Booker
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Toolson
J. Fernández
Beirán
Segundo banzo
Segundo escalón
Vasileiadis
Dawson
Cruz
Terceiro banzo
Tercer escalón
Singler
Brizuela
Gentile
Vidal
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Dubljevic
Todorovic
Segundo banzo
Segundo escalón
W. Thomas
Iverson
Poirier
Lessort
Llovet
Terceiro banzo
Tercer escalón
Huskic
Jordan
Soko
Lima
Burjanadze
Voigtmann
Unha das sorpresas negativas da xornada foi Heurtel. Podemos consideralo un accidente. Está nun bo momento, xoga máis de 20 minutos por partido e conta coa visita dun Breo bastante amábel na posición. Após dous tropezos consecutivos e cun partido complicado contra o Baskonia por diante, Laprovittola regresa ao primeiro nivel. Ao parecer, a semana pasada xogou con problemas de saúde, que xa non lle afectarán nesta. Repite de local contra un Baskonia que se lle dá ben (19 o ano pasado) e que non é unha defensa esixente cos uns. O soño copeiro da Penya pasa pola mellor versión do arxentino. Debería seguir nos equipos. Tras tres tropezos consecutivos nos desprazamentos, queda claro que xa non nos podemos fiar de Ennis lonxe do Principado. Por fortuna, esta semana si que xoga de local (máis de 20 de media) contra o Burgos. Cómpre aguantalo esta xornada. Despois véñenlle dous partidos de visitante, momento ideal para desprendernos del.
Van Rossom volve á Fonteta e tamén á listaxe. O base belga é moi fiábel na casa (14 de media) e enfróntase a unha das defensas máis amábeis cos uns: Granca. Tras un partido completísimo contra o Madrid, Cook emerxe como unha opción interesante no seu regreso a Málaga (coa camiseta do Estu sempre acadou a decena contra os verdes). O Unicaja trala nova lesión de Díaz é moito máis vulnerábel no un. Se Granger segue a ser baixa, Marcelinho apunta a bo partido no seu regreso a Badalona. Estes tres encontros sen Jayson supuxeron un aumento nos minutos do brasileiro e tres boas valoracións. A Penya é unha defensa media na posición. Despois recibe en Vitoria a outro ex: Barça. A defensa do Madrid é moito máis benévola cos uns, Cook vén de acadar a vintena contra ela, así que McCalebb non é mala opción. Bo vén de facer un partido na quincena contra o Murcia e o Zaragoza precisa do mellor McCalebb para seguir crendo na milagre da Copa.
Nun momento baixo dos bases, o mellor destas últimas semanas está a ser Fitipaldo. O uruguaio, que acumula cinco dos últimos seis partidos superando a decena, viaxa a Andorra, que de local é bastante máis permisivo cos uns. Non é probábel que faga un pico (ademais, os seus números de visitante baixan), mais si debería seguir por riba da decena. É un dos que deben asumir máis lanzamentos trala marcha de Deon. Booker é dos poucos xogadores con capacidade para desequilibrar nun Mucia con máis músculo ca talento (el ten das súas cousas), mais a súa tempada estaba a ser decepcionante. Segue a ser unha opción de risco como indica o -3 contra a Penya de hai dúas semanas, mais o 20 desta xunto co 18 contra o Real Madrid fan albergar esperanzas dun rexurdimento e convérteno nunha opción para cazaxornadas. Toca agradecerlle a Cvetko a valoración da última xornada e darlle descanso contra o Barça. Outra vez creo que hai demasiada incerteza cos bases brancos como para recorrer a eles alén de equipos para a xornada. Non vexo bandeiras fiábeis na posición. Se tivese que dicir unha, sería Dani Pérez contra o Manresa, mais non entra na listaxe.
Toolson deu o paso á fronte que se esperaba trala marcha de Renfroe. Está a xogar moito (35 por partido trala marcha de Alex) e estamos a velo sumar en máis facetas: máximo da tempada en asistencias e rebotes na última xornada contra o Baskonia. Enfróntase fóra da casa contra unha das defensas máis permisivas: GBC. O Manresa debe gañar en Donostia se quere manter as súas opcións de entrar na Copa. A semana que vén a súa continuidade é incerta, porque recibe a visita do Madrid. O negativo de Jaime fixo dano. O Unicaja debe borrar a mala imaxe do último encontro e xa non ten marxe de erro se quere un posto de cabeza de serie na Copa. O Jaime dominante do arranque ten que volver xa. Un partido na casa contra o equipo no que se formou (que está a deixar valorar moito na posición) é unha oportunidade óptima para traelo de volta (esperemos que a nova fichaxe malagueña non afecte ao seu xogo). Beirán enfróntase á mellor defensa das ás de local, Murcia, que non permitiu a ningún rival acadar a vintena en toda a tempada. Javi está a sumar en moitas facetas, así que inda que o pico será complicado esta vez, debería volver superar a decena. A escaseza de bandeiras recoméndanos seguir con el. Se esta semana se enfronta á mellor defensa local dos treses, a semana que vén farao á mellor a domicilio. Se alguén se quere saír do guión (non serei eu) e deixar fóra a un fixo, os números din que é un gran candidato.
Kostas uniuse aos xogadores fiábeis que elixiron a xornada pasada para tropezar. Ten creto abondo para manter a aposta na súa saída a Fuenlabrada, que é unha das defensas que máis valoración concede aos treses. Dawson é un caso similar, de local mellora moito os seus números e garántenos entre 10 e 15 de valoración, que deberían ser abondo para mantelo se xa o tiñamos. Paco Cruz é un dos líderes do Fuenla, na casa dobra os seus números e no último encontro como local foise á trintena. A alta de Popovic engade un chisco de incerteza sobre o mexicano, que co croata na rotación baixa os seus números de forma considerábel (en calquera caso, non parece probábel que Marko vaia ter unha gran importancia xa no seu primeiro partido após un par de meses de lesión).
Singler semella que xa lle volveu tomar o pulso á ACB. Leva catro dos últimos cinco partidos a bo nivel e o Fuenlabrada é unha defensa moi permisiva na posición. Os partidos contra o Unicaja están a ser un pesadelo para Brizuela. Inda non chegou sequera aos 5 contra os verdes. Porén, a importancia que ten no Estu non é comparábel a de tempadas anteriores e, tras un pequeno baixón após a chegada de Gentile, recuperou a súa mellor versión: máis de 20 de media nos tres últimos partidos. A súa bandeira fai que, a pesar do rival, sexa unha das ás interesantes para esta xornada. Ademais, vén de superar con sobresaliente o partido contra o Madrid. Despois ten un partido moi favorábel de local contra o GBC. O seu compañeiro Gentile tamén foi chave na vitoria contra os brancos. Queda para mangers intrépidos, porque ata que consiga encadear varias boas valoracións non vai ser unha opción fiábel no xogo. Vidal perde atractivo esta semana. Vai a Barcelona para visitar o rival que peor se lle dá da categoría, fóra da casa baixa os seus números e será moi complicado que contra o líder o Breo poida manter a súa xeira de vitorias. A súa bandeira e o calendario, dous partidos seguidos de local tras este, poden abondar para que aguante nalgúns equipos. Non é a xornada para fichalo. Nas mesmas se atopa o mellor valorado das últimas semanas: Okoye. Quen apañara as súas últimas valoracións pode pensar en mantelo contra un Madrid que acaba de recibir unha boa valoración de Brizuela, así xa o ten no equipo para a próxima xornada de local (19 de media) contra o Andorra, defensa amábel na posición. Porén, non é semana para darlle entrada, fóra da casa os seus números caen en máis de 10 unidades e enfróntase a unha das mellores defensas da posición. Así que non entra na listaxe. Despois das dúas últimas xornadas de Hanga, eu xa non me fío nada dos xogadores do Barça que non sexan Heurtel. Así que a pesar do momento de Ribas, prefiro vivir tranquilo. Tampouco entra Eriksson, que lonxe da illa inda non me ofrece confianza.
Após a derrota en Badalona, as opcións do Valencia de ser cabeza de serie diminuíron de forma considerábel. Dubi volveu ser o líder dos seus. De non aparecer de forma milagreira Dawson para meterlle un tapón por detrás, o montenegrino tería metido o seu equipo no partido con oito puntos seguidos. De local, contra unha defensa permisiva como a do Granca (9 pivotes rivais en 20 ou máis de valoración xa este ano), preséntase como a mellor opción da xornada. A saída a Lugo da próxima semana tamén lle resulta favorábel. O xogador chave neste sprint final por entrar na Copa da Penya está a ser Todorovic. Contra o Valencia volveuse mostrar dominante. Xa acumula dous partidos consecutivos na trintena. De local mellora as súas prestacións (alén das primeiras xornadas, ás que chegou fóra de forma, está a garantir un mínimo de 15 no Olímpic). O Baskonia está a ser a mellor defensa interior a domicilio, pero o montenegrino atópase en estado de graza. Se sabe protexerse das faltas, volverá valorar ben.
W. Thomas xa con Dubi de volta igual é máis complicado que nos dea un pico, mais segue a xogar moitos minutos e está moi sólido: seis xornadas consecutivas sen baixar dos 14. Partido de local e rival propicio. Agás que lle teñamos que facer sitio a unha bandeira ou que debamos priorizar por falta de cartos, eu quedaría con el. Cando parecía que xa pasara o momento de Iverson, o norteamericano marcouse dous grandes partidos consecutivos e agora ten por diante un calendario moi favorábel: Murcia (que xa leva concedidos uns cantos picos dos pivotes) e Fuelabrada, peor defensa interior. A baixa de Delía no Murcia tamén o debería beneficiar, porque agora só Tumba parece un xogador capacitado para defendelo, o tempo que coincida con Cate debería ter moita vantaxe. A defensa da Penya tamén debería ter problemas para parar a Poirier, que deu un paso á fronte (24) no primeiro encontro sen Toko e repetiu unha granda actuación na Euroliga tamén sen o concurso de Voigtmann. Lessort foi do pouco salvábel na derrota do Unicaja a semana pasada. Casimiro confía moito máis nel ca en Sherma e o francés está a responder: 6 dos 7 últimos partidos superando os 14. A súa intensidade será esencial para que o Unicaja mellore a imaxe ante o seu público contra un Estu permisivo cos interiores. Se na casa Llovet é un dos pivotes máis fiábeis, fóra cústalle moito máis (a súa media decrece en máis de 8). Porén, as bandeiras escasean, enfróntase á peor defensa dos interiores (Fuenla) e a semana que vén, de volta a Compostela contra o Unicaja, volverá ser unha das opcións de bandeira máis interesantes.
Trala marcha de Thompson, Huskic deberá asumir máis protagonismo ofensivo. Fóra da casa os seus números melloran e o Andorra é unha defensa amábel na posición. Jordan xa lle fixo este ano un 18 ao Burgos no Breo e de local mellora os seus números. Quererá deixar unha boa carta de presentación ante a súa nova afección. Soko é un dos xogadores máis importantes do Murcia e nun bo día pode darnos un pico. O problema é que non está a atopar regularidade, tanto nos pode saír ben e levar un 20 como deixarnos un negativo. Así que é unha opción de alto risco. Hai razóns para pensar que esta semana pode saír cara: a mala defensa interior do Canarias e o gran partido que fixo o británico na visita dos aurinegros a Murcia da tempada pasada. Lima deberá acelerar a súa adaptación pola baixa de Deon. Tamén ten bo partido, ofrécenos unha bandeira a bo prezo e debería subir o 15%. Só para esta xornada, porque fóra baixa bastante, Burjanadze aporta unha bandeira de interese. Ten unha media de case 14 como local e está a ir a máis. O Manresa é un rival favorábel. Na primeira xornada sen Toko, Voigtmann volveu facer un partido completísimo e postúlase como unha das opcións prioritarias ata que o xeorxiano se recupere. A Penya é unha defensa media. A semana que vén terá un test importante na visita do Barcelona. O problema, polo que agora descende ao fondo da listaxe, é que onte —venres— perdeuse o partido da Euroliga por unha gripe e, inda que Perasovic espera contar con el o domingo en Badalona, o seu estado é moi incerto, así que cómpre pensar noutras opcións. Se soubésemos a tempo que o alemán non viaxa a Badalona, a opción Diop como bandeira gañaría moito interese, porque cando disputa moitos minutos, logra valorar de forma apreciábel. Agás que as altas e baixas da xornada reduzan moito os interiores dispoñíbeis no Madrid, o mellor é mirar por outras opcións e vivir con tranquilidade. A pesar do gran partido contra o Madrid, hai que darlle un pouco máis de marxe a Whittington, que ademais ten unha saída complicada a Málaga; mais creo que a medio prazo vai a se converter nunha opción interesante para o xogo. A anterior foi Seraphin, a última foi Tomic… Tócalle agora a Pusto? Quen queira xogar aos dados que o faga, mais o Barça non dá ningunha opción fiábel para meter na listaxe.
En Andrómenas o que Cancar me deu a pasada, Cancar quitoumo nesta semana. O seu negativo fixo que o equipo só sumara 108 puntos (o peor de todos os que teño) e, por primeira vez en moitas xornadas, baixou postos. Cae máis de 800 posicións até o 8697º da xeral. A perda de puntos respecto ao Top 1000 non ha de ser moi grande.
Despois duns partidos desafogados no económico, polo sitio que deixaron as baixas de Renfroe e Shengelia, nesta o equipo volve estar condicionado polas aperturas monetarias (a miña idea era ir con tres bandeiras nas ás —coa entrada de Brizuela—, porque me fío menos delas, cambiar a Llovet por Voigtmann e meter a Dubi por Balvin para apostar forte polos pivotes —os que poden sumar máis puntos—, pero non me chegaban os cartos). Sae Cancar, ten que saír W. Thomas para poder dar entrada a Dubi e tamén sae Balvin. Dentro Toolson e Voigtmann. Coa dúbida de Voigtmann cambio o plan inicial nos pivotes. Quédase Thomas, Dubi entra agora por Balvin e o sitio de Llovet vai para Burjanadze. Os cartos non me dan para outra cousa e a ver se o xeorxiano aporta un pouco de broker, que falta fai.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Der letzte Mann (F. W. Murnau, 1924).