Artigo actualizado o sábado noite: Balvin non xogou por gripe na Euroliga, mais non figura no parte médico sequera como dúbida. Se era gripe, para o domingo non vai estar recuperado; se só era un arrefriado ou algo así e non xogou por precaución, porque o Granca lle dá máis importancia á ACB (agora mesmo está metido na loita por evitar o descenso), entón si que podería xogar con normalidade. Como iso non creo que o saibamos, pasa de ser unha opción de primeiro banzo a fechar a listaxe como opción de risco que pode saír moi ben (o pico que esperaba se xogase con normalidade) ou moi mal (que non xogue). De Okoye digo o mesmo que a semana pasada con Todorovic, por un golpe e sendo un xogador tan importante e en tan bo momento, creo que xogará e farao ben. Así que segue no primeiro nivel e eu apostarei por el nos meus equipos (iso non garante que xogue, queda cal opere como lle pareza oportuno). Segundo a rolda de prensa de Ibon Navarro, espera que xoguen todos, agás a consabida baixa de Jelínek. Ennis xa non me parecía unha opción prioritaria esta semana, cos seus problemas gástricos cae ao terceiro banzo. Con Albicy tiña mellores perspectivas coas primeiras informacións, mais estas palabras de Navarro non me acaban de dar seguridade, así que regresa ao terceiro banzo no que se atopaba ao principio. Eriksson escordou un nocello na Euroliga; inda non está descartado, mais a incerteza con el é grande de máis. Sae da listaxe. A alta de Blazic fai que a opción Hanga estea menos clara. Mantense no segundo chanzo, inda que cae algunhas posición. O posible regreso de Suton restaríalle un pouco de atractivo a Whittington, inda que polo de agora mantén a súa posición na listaxe. Cate tamén mantén a posición a pesar de ser dúbida, porque xa estaba no derradeiro nivel.
Remata xa a primeira volta e inda quedan, na práctica, dous billetes sen nome para a Copa de Madrid. Fuenlabrada e Estudiantes xóganse a praza de anfitrión e Manresa (vitoria na prórroga) e Joventut (non entrou a tripla da vitoria de Todorovic) o derradeiro billete por méritos deportivos. O Zaragoza (derrota cun palmeo de Randolph sobre a bucina) tamén ten opcións remotas de rematar nesa 7ª praza a primeira volta. Unicaja, Canarias e Valencia pelexarán polo último posto de cabeza de serie.
Todo saíu de cara. A análise da semana pasada foi certeira e iso repercutiu nunha moi boa xornada para os meus equipos (agás no meu segundo, no que non me puiden desfacer de Tavares e segue a súa caída libre: 652º). Pasei nuns cantos dos 200, incluído o meu mellor: 207.2 puntos, que me permiten acadar a mellor posición na xeral do que vai de ano (258º). Case 140 postos gañados.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Heurtel (18)
Laprovittola (13)
Ennis (13.2)
Segundo banzo
Segundo escalón
Van Rossom (12)
Cook (16)
Huertas (6)
McCalebb (4)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Fitipaldo (15)
Booker (-4)
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Toolson (22.8)
J. Fernández (20.4)
Beirán (14.4)
Segundo banzo
Segundo escalón
Vasileiadis (7)
Dawson (-1)
Cruz (-1)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Singler (4)
Brizuela (13)
Gentile (10)
Vidal (5)
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Dubljevic (28.8)
Todorovic (23)
Segundo banzo
Segundo escalón
W. Thomas (16.8)
Iverson (39.6)
Poirier (12)
Lessort (-1)
Llovet (21)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Huskic (26)
Jordan (-)
Soko (4)
Lima (11)
Burjanadze (13)
Voigtmann (-)
Esta semana saíu todo ben. Acertei coas presenzas, mais tamén coas ausencias (Campazzo e Tavares). O equipo ideal (100% en verde) fixo 223 puntos que daban para subir moitísimo (dicía que prefería ir con 3 bandeiras nas ás). Se elixiamos levar dúas cotas nas ás e dúas nos pivotes, os 204.4 tamén abondaban para unha suba xenerosa. Sobresaínte.
A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Bases
Primer escalón
Heurtel
Laprovittola
Cook
Segundo escalón
Fitipaldo
Roberts
Tercer escalón
Cvetkovic
Pérez
Vives
Ennis
Albicy
Aleros
Primer escalón
Brizuela
Okoye
J. Fernández
Beirán
Segundo escalón
Toolson
Vasileiadis
Hanga
Tercer escalón
Benite
Janning
Vidal
Urtasun
Pívots
Primer escalón
Iverson
Dubljevic
Todorovic
Segundo escalón
W. Thomas
Shermadini
Abromaitis
Llovet
Whittington
Tavares
Tercer escalón
Poirier
Brown
Kravtsov
Burjanadze
Cate
Balvin
Se nas últimas semanas, trala lesión de Toko, estabamos a ter problemas coas bandeiras, nesta hai boas opcións de sobra. Para min a mellor distribución esta xornada é tres bandeiras nas ás e unha nos pivotes.
primeiro banzo
primer escalón
Heurtel foi sobrado a última semana: bastáronlle 15 minutos para sumarnos un 18. Nesta seguro que xogará máis no seu regreso a Vitoria. Aínda que o Baskona é unha das mellores defensas dos bases, sen Granger son bastante máis accesíbeis. Xa o Facu marcou hai escasas semanas o seu tope da tempada na capital arabesa e o propio Thomas chegou aos 17 (aos que habería que sumar o bono polo triunfo) non hai moito na Euroliga.
Nas dúas últimas xornadas Lapro deunos menos do que esperabamos. Abonda para dubidar del? Eu diría que non. De visitante aumenta en 7 a súa media até os 19, segue a xogar 30 minutos por partido e á Penya só lle vale a vitoria nun Burgos de grato recordo (Kulvietis, sempre nos nosos corazóns!). O ano pasado só fixo un 10.8 alí. A semana próxima en teoría ten un partido moi favorábel na visita do Granca a Badalona; emporiso, hai escasas semanas quedouse nun 0 contra eles na visita á illa (no único partido a domicilio no que baixou de 14 este ano).
No peor momento do Estu apareceu o mellor Cook da tempada. Chave na vitoria contra o Madrid e un dos líderes da remontada —non culminada— contra o Unicaja. Agora ten un partido moi favorábel de local, contra a defensa máis permisiva na posición: GBC. Cando se enfronta ás peores defensas da liga, o veterano base estudiantil logra case 18 de media.
segundo banzo
segundo escalón
Fitipaldo está a ser unha das revelacións da tempada. O uruguaio superou a decena en 6 dos últimos 7 partidos. Na casa ten unha media superior aos 12 e o seu rival, a Penya, concede bastante valoración na posición. Despois ten unha saída doada, a priori, a Valencia (porque é dos equipos que máis reciben na posición como locais). Porén, contra os taronja marcou o seu mínimo da tempada hai pouco máis dun mes: -6.
Roberts está a lograr as súas mellores valoracións lonxe de Málaga (13 de media) e o Obra é unha defensa amábel na posición. A semana próxima debería saír porque visita Barcelona.
terceiro banzo
tercer escalón
Cvetkovic foi de menos a máis contra o Barça e rematou salvando a xornada. Agora ten dous partidos consecutivos no Pazo, onde o Breo está moi forte (tres vitorias consecutivas), contra Valencia e Manresa, que non son das defensas máis duras no un. É un dos principais anotadores do equipo e de local está en case 14 de valoración.
Se queremos dar entrada a unha bandeira nos bases, Pérez é unha boa opción. O director do GBC enfróntase a unha das defensas máis permisivas na posición: Estu. Fóra da casa eleva a súa media até os 13 e rende moito mellor contra as defensas máis frouxas.
Se o noso equipo é moi pobre, Vives pode aportarnos unha bandeira moi barata e un chisco de cartos. Atópase no mellor momento da tempada, con 3 dos últimos 4 partidos arredor da quincena, e fóra da casa, polo baixo rendemento de Van Rossom a domicilio, pode tomar algo máis de protagonismo.
Ennis fixo un 1 na súa última saída, na anterior restou (-2) e na anterior a esa quedouse nun 6. Así que aínda que se enfronte a unha das peores defensas das ás (lembro que xoga de 2 inda que apareza nos bases no xogo), eu pensaría en vendelo. Ademais, a seguinte xornada repite de visitante e contra a mellor defensa das ás: Murcia (10.8 na ida de local, onde ten de media case 20). Se segue na listaxe é porque se ten o día, é capaz de acadar a vintena contra calquera (como fixo na vitoria contra o Madrid no Palacio de Deportes cando estaba no seu mellor momento).
Albicy, após catro partidos sen acadar a decena, sorprendeu coa mellor valoración da xornada na posición e o seu tope do ano: 37.2. Porén, fóra da casa apenas supera os 7 de media. Queda como opción para cazaxornadas.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Agás que un dos bases do Madrid quede na casa, sigo sen ver necesidade de tentar a sorte. «E que Llull volve a Manresa e seguro que estará motivado», pois nas dúas últimas visitas a Manresa fixo 13.2 e 3.6 e leva dende a 6ª xornada sen superar a vintena. É un dos mellores xogadores de Europa e, por poder, pode dar un pico contra calquera; mais esta xornada sobran opcións de bandeira e non hai ningunha razón de peso para asumir o risco.
primeiro banzo
primer escalón
No último partido Brizuela comezou ben: sumou 5 de valoración en pouco tempo, mais despois fixo dúas faltas que o levaron ao banco durante case toda a primeira metade cun 1 na valoración. Entrou na última xogada antes do descanso, non había perigo, atacaban eles. Pois cometeu falta en ataque e foise en -1 ao descanso e cargado de faltas. De novo no banco ata mediado o terceiro cuarto, cando Berrocal se viu obrigado a darlle entrada porque o Unicaja estaba a romper o partido. Ao pouco de entrar, nova falta en ataque. Cheiraba a traxedia. Pois lonxe de virse abaixo polas catro faltas e a pouca continuidade, seguiu na cancha a atacar a canastra malagueña con moita agresividade. Os puntos empezaron a chegar e entre el e Cook devolveron o Estu ao partido. Non puideron culminar, pero chegou a 13 de valoración en pouco máis dun cuarto (baixo a espada de Damocles da quinta persoal). Nova mostra de carácter dunha das revelacións do ano (algo ao que xa apuntaba o curso pasado). Está impoñente (máximo anotador da competición), o Estu ten que gañar se quere estar na Copa, xoga ante o seu público e o rival, GBC, é dos equipos máis permisivos na posición. Ten que estar si ou si esta semana (e apunta a fixo).
Okoye está que se sae. Incluso en Madrid e con problemas de faltas, foi capaz de anotar 18 puntos (para outros tantos de valoración) en só 21 minutos contra unha das mellores defensas. Agora xoga na casa (19 de media) contra unha defensa permisiva coa posición (Andorra). Despois ten unha saída moi favorábel a Donostia para enfrontarse á peor defensa das ás de local.
Jaime culminou un partido moi completo contra o seu ex e acadou a vintena un mes despois da última vez. Agora ten unha saída moi favorábel a Compostela e despois recibe o Barça (10.8 na ida), que está a permitir moito na posición.
Aínda que o Fuenla estea a ser o equipo que menos concede na posición a domicilio, non cuestionaría a continuidade de Beirán e a seguridade que ofrece a súa bandeira. Ademais, a semana que vén ten un partido moi favorábel contra o Estu.
segundo banzo
segundo escalón
O Manresa xa ve a Copa de preto: se morre na beira, non será sen loitar. Toolson deberá liderar o equipo na visita do Madrid. A semana pasada salvou a xornada na prórroga, esta deberá enfrontarse a varios dos mellores defensores de Europa. Só houbo tres ás que superaron a vintena neste curso contra os brancos, dúas delas eran tres altos (Cancar e Gentile) e a outra o irregular Vitali (ao que lle saíu o partido do ano). A posibilidade dun pico é moi baixa, mais debería cumprir cun 10-15 (ten unha media de máis de 17 dende a marcha de Renfroe).
Após dous tropezos, a confianza en Kostas xa non é a mesma. Ademais, ten por diante un calendario terrorífico: Unicaja, Baskonia e Murcia, todos entre as mellores defensas na posición. Inda así, terá moitos minutos e lanzamentos, co que pode superar a decena (promedia case 14 contra as mellores defensas).
Hanga vén de se marcar un bo trolleo. Fallou dúas semanas seguidas para que o venderamos e a pasada xogou por partida tripla, estaba en todos lados. Agora ten dous partidos moi duros seguidos: Baskonia (ex que se lle dá ben) e Unicaja (que non se dá tan ben). Iso deberíanos garantir que o vexamos moitos minutos en cancha. Atópase pletórico. Cae un pouco na listaxe pola alta de Blazic.
terceiro banzo
tercer escalón
Benite chegou a Burgos disposto a ser unha das referencias ofensivas do equipo: roldou os 20 puntos nos dous últimos partidos. A Penya é unha defensa bastante permisiva na posición e debería darnos uns bos cartos esta semana.
Se procuramos a sorpresa, sempre que estea ben de saúde (mancouse nun nocello contra a Penya, inda que puido rematar o partido), Janning é o perfil de xogador (tirador) que máis dano lle pode facer ao Barça (19 na Euroliga).
Vidal está a funcionar moi ben no Pazo (máis de 13 de media) e agora véñenlle dous partidos seguidos de local. Comeza contra un Valencia que é dos que máis reciben na posición. Máis difícil terao a vindeira contra o Resa.
Se procuramos unha bandeira barata con opción de darnos algúns cartiños, Urtasun vén de facer un gran partido xogando de base na última xornada. Aí pódelle facer dano ao Granca se esta semana os canarios non recuperan efectivos na posición.
primeiro banzo
primer escalón
Iverson vén lanzado despois de tres picos consecutivos e nos dous próximos partidos enfróntase a dúas das defensas que máis conceden na posición: Fuenlabrada e Estu. Hai que aproveitar estes dous partidos, porque despois vai ao Palau. Ten que estar até que volva fallar de forma inesperada.
Quen pode parar a Dubi? Ninguén. É fixo.
Todorovic minguado no físico e contra a mellor defensa interior da liga foise até os 23. E iso que a tripla para gañar non lle entrou, senón tería acadado a trintena. Viaxa a Burgos para enfrontarse a unha das peores defensas interiores, a Penya precisa gañar para loitar pola Copa e el quererá resarcirse dese lanzamento errado. Segue a ser a bandeira predilecta.
segundo banzo
segundo escalón
Con Dubi no equipo a probabilidade de pico é menor, mais W. Thomas segue a ser un seguro: leva 7 xornadas superando os 14. Nós decidimos se quedamos con esta certeza ou buscamos rabuñar algún punto máis con opcións de maior risco.
Shermadini está a valorar moito mellor contra defensas febles, e a do Obra éo. O Sar converteuse nunha das súas canchas fetiche: supera os 25 de media nas súas visitas a Compostela e o seu chan alí é un 18. A semana que vén debería saír, porque visita o Palau: o Barça é unha das mellores defensas interiores e nese tipo de partidos Casimiro aposta moito máis por Lessort.
Abromaitis tamén chega en boa dinámica a este par de partidos moi favorábeis para o xogo interior do Canarias. Creo que un perfil máis interior como Iverson pode facerlles máis dano, pero non pinta nada mal para Tim.
Llovet segue a sumar fitos á súa mellor tempada de profesional: a pasada semana, lonxe do Sar, estableceu o récord de valoración (21) sen lanzamentos de campo intentados. Agora xoga en Compostela, onde supera os 18 de media e só baixou da decena contra o Madrid (8). Enfróntase a un Unicaja que é unha defensa media na posición. Despois visita Vitoria e deberiamos desfacernos del.
No Estu si que estamos a ver o Whittington que esperabamos. Leva dous partidos por enriba da quincena e esta semana ten unha oportunidade inmellorábel de achegarse á vintena contra o GBC (unha das peores defensas interiores). A semana que vén repite de local contra outro rival moi favorábel, o Canarias, ao que xa lle fixo un 15 esta tempada co Andorra.
O normal é que Tavares, tralo descanso da pasada, si estea contra o Manresa. E debería facelo ben. Porén, sempre existe un risco con el: inda que xogue, non sería a primeira vez que en ataque só teña as pelotas que logre capturar en rebotes ofensivos. Só pensaría nel se precisamos dúas bandeiras nos pivotes e queremos arriscar un pouco na procura dun pico.
terceiro banzo
tercer escalón
Contra o Barça non pensaría en fichar ningún interior baskonista (contra os culés só houbo dous pivotes este ano que acadaran, polos pelos e hai bastantes xornadas, a vintena), mais se temos a Poirier, podemos manter a aposta se nos conformamos cun 10-15 (13 este ano na Euroliga). Despois ten un partido moito máis favorábel: repite de local contra o Obra.
Brown de local está en case 18 de media e agora véñenlle dous partidos en Lugo. Comenza contra un Valencia ao que lle fixo un 20 o ano pasado no Estu. Despois volve ter un partido favorábel contra o Manresa.
O Canarias concedeu bastantes picos este ano no 5 e Slava Kravtsov está a ser un xogador moi importante no Fuenla dende a súa chegada. Ten moitos minutos e vén dun gran partido. Sería unha fichaxe só para un xornada. Despois enfróntase ao Madrid.
Burjanadze leva dous dobres-dobres consecutivos e enfróntase ao Estu, unha das defensas máis accesíbeis na posición. Fóra estaba a baixar moito, mais no último partido en Lugo xa fixo un 18. Despois ten un partido inda máis favorábel coa visita do Zaragoza (peor defensa fóra) a Donostia.
Se precisamos unha bandeira de baixo custe, Cate preséntase como unha opción atractiva. É o xogador máis beneficiado da marcha de Delía (19 no primeiro sen o arxentino). O Granca non é das defensas máis esixentes na posición. A visita do Andorra da semana que vén élle incluso máis favorábel.
(Lembrade que durante a semana houbo novidades e agora é dúbida para a xornada). Balvin apunta a pico esta semana. Se o Murcia xa era un equipo feble na posición, coa baixa de Delía Iverson fixo o que quixo na pintura dos de Juárez, e non valorou máis porque tivo que perderse algúns minutos do partido para ser atendido dun golpe na faciana. Ademais, o checo de local mellora os seus números en case 9. Na visita da semana que vén a Badalona a cousa xa é máis complicada, fóra baixa moito os seus números e a Penya nos últimos tempos (precisamente tralo partido na trintena do propio Balvin) está a defender moi ben os cincos en posicións interiores (só Dubi o fixo ben, mais logrouno ameazando dende a tripla, recurso que non ten Ondrej).
fóra da listaxe
fuera de la lista
Queda fóra un Huskic que vén dunha gran valoración no primeiro partido sen Deon e enfróntase a unha Penya que só é unha defensa media dos pivotes. Porén, nas últimas xornadas conseguiu defender moi ben os cincos que só xogan por dentro: Poirier logrou un 12 co bono sen poder converter ningunha canastra en xogo e o imparábel Iverson quedou en só 5. Ademais, o Joventut é o rival que peor se lle dá de toda a liga: 0 contra eles nos dous partidos da tempada pasada.
En Andrómenas as cousas tampouco foron mal, tendo en conta as aperturas económicas. Rematei con 190.4 puntos (32 gañados cos cambios) que me permiten escalar algo máis de 1650 postos até o 7041º da xeral. Achégome a uns 163 puntos do Top 1000. Preciso aínda unhas cantas xornadas destas para chegar aló.
Esta semana sae o xogador que levaba máis tempo no equipo, Ennis, tamén Kostas para deixarlle sitio a Brizuela e Burjanadze. Entra Cook e, como non teño cartos abondo para meter a Iverson, confío en Balvin.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Der letzte Mann (F. W. Murnau, 1924).