Artigo actualizado o sábado: O Madrid acaba de dar de baixa a Prepelic, que é o xogador que adoita desenvolver as funcións de un cando descansan Facu ou Llull. Ademais, Rudy anda con bastantes problemas físicos. Neste escenario o normal é que ambos xoguen, incluso é posíbel que compartan varios minutos en cancha. Así que a opción Llull gaña moito interese nunha xornada con escaseza de bandeiras. Métoo na listaxe no segundo chanzo e agora é unha das cotas máis atractivas para esta xornada.
A xornada pasada foi un horror. Mais un horror marabilloso, porque a Penya volve á Copa. Hai anos que non acontecía, así que quero gozar dela con tranquilidade: este ano non escribirei artigos para o SM da Copa (e non creo nin que faga equipos).
Despois da gran xornada anterior, chegou unha moi mala. Os meus equipos que subiran entón baixaron nesta e aos que lles fora mal naquela gañaron posicións (como o caso do meu segundo, inda que Kostas non abondou para que recuperase o Top 500). No meu mellor perdín parte dos 140 postos gañados; descenso de case 100 e quedo no 356º.
Bases
Primeiro banzo
Heurtel (18)
Laprovittola (19.2)
Cook (-2)
Segundo banzo
Fitipaldo (10)
Roberts (22)
Terceiro banzo
Cvetkovic (1)
Pérez (7)
Vives (-)
Ennis (18)
Albicy (8.4)
Ás
Primeiro banzo
Brizuela (14.4)
Okoye (4)
J. Fernández (0)
Beirán (30)
Segundo banzo
Toolson (8)
Vasileiadis (30)
Hanga (6)
Terceiro banzo
Benite (5)
Janning (1)
Vidal (4)
Urtasun (-)
Pivotes
Primeiro banzo
Iverson (19.2)
Dubljevic (12)
Todorovic (15.6)
Segundo banzo
W. Thomas (12)
Shermadini (11)
Abromaitis (27.6)
Llovet (6)
Whittington (14.4)
Tavares (20.4)
Terceiro banzo
Poirier (6)
Brown (27)
Kravtsov (7)
Burjanadze (6)
Cate (1)
Balvin (19.2)
Nunha xornada con moitos xogadores coincidentes nos equipos (Heurtel, Lapro; Beirán, Brizuela, Jaime; Iverson, Dubi, Tororovic), foron o cuarto pivote e, sobre todo, a cuarta á e o terceiro base os que marcaron diferenzas. As eleccións de Cook e Okoye (no canto doutras populares como Ennis e Vasileiadis, que aínda así estaban listaxe, mais non nos postos preferentes) marcaron a mala xornada. Nos pivotes houbo menos diferenzas. Após un 8 de 10 nos últimos partidos, o 0 de 5 de Okoye na tripla non creo que sexa produto dunha mala análise da xornada. O papel secundario de Cook coa volta de Clavell igual podería telo valorado, mais non até ese punto.
A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Heurtel
Laprovittola
Segundo banzo
Segundo escalón
Fisher
Van Rossom
Llull
Huertas
Vildoza
Terceiro banzo
Tercer escalón
Ennis
Fitipaldo
Cvetkovic
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Beirán
Brizuela
Segundo banzo
Segundo escalón
Okoye
Vasileiadis
Seibutis
Hanga
M. Thomas
Ribas
Terceiro banzo
Tercer escalón
Lundberg
J. Fernández
Shields
Díez
McFadden
Vidal
Gentile
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Dubljevic
Todorovic
Iverson
W. Thomas
Brown
Voigtmann
Segundo banzo
Segundo escalón
Tomic
Jordan
Abromaitis
Harangody
Burjanadze
Terceiro banzo
Tercer escalón
Huskic
Brodziansky
Caner-Medley
Whittington
Lalanne
Balvin
Shurna
O Madrid xoga na casa, así que Laso pódenos dar sorpresas en forma de descansos cos cambios xa fechados. Por esa razón non entra de primeiras ningún xogador dos brancos; en función das altas e baixas da xornada, se procede, actualizarei o artigo (a bandeira de Llull sería un gran activo para esta xornada). Esta semana será chave acertar coa cuarta bandeira. A elección dos pivotes será unha bendita dor de cabeza, porque hai moitas grandes opcións.
primeiro banzo
primer escalón
Heurtel está moi ben e que nesta xornada teña un partido complicado (Unicaja, 20 na ida) garántenos que vai estar moitos minutos en pista. Gañouse o posto de fixo.
Laprovittola recuperou a súa mellor versión no partido máis relevante da tempada para a Penya, o que serviu para metelos na Copa. Agora ten un partido moi favorábel contra unha das defensas que máis conceden na posición (Granca), aínda que fallara na ida. Os canarios baixan moito a domicilio (onde non gañaron nin un só partido en toda a primeira volta).
segundo banzo
segundo escalón
Alén do primeiro partido de adaptación, Corey Fisher está a cumprir a gran nivel o cometido de substituír a Renfroe. O ex de Penya e Burgos leva dous partidos arredor da vintena, está a xogar máis de 25 minutos por encontro e está a exercer como un dos líderes do equipo (foi chave no intento de reacción a última xornada cando o Madrid parecía ter xa fechado o partido). E iso que polo de agora as triplas non lle están a entrar.
Xusto no derradeiro partido da primeira volta, Van Rossom superou a decena a domicilio por primeira vez esta tempada. Agora volve xogar de local, onde os seus números medran moito, e enfróntase a unha das defensas máis amábeis cos bases: Burgos. Despois viaxa, aínda que se esta nos sae ben podemos pensar en mantelo, porque se enfronta ao Manresa, que concede moita valoración na posición.
Ante os problemas de lesións do Baskonia, tanto Huertas como Vildoza veñen xogando moitos minutos e compartindo tempo en cancha decote. Marcelinho xa deu un pico na ida e Vildoza chega en boa dinámica. Despois volven ter un partido favorábel na visita a Gran Canaria (ambos acadaron a quincena contra eles na ida).
terceiro banzo
tercer escalón
Na xornada na que saíu de moitos equipos, Ennis fixo un 18 e a súa principal alternativa (Cook) afundiunos. Iso fará que os que o mantiveron sigan a pensar en continuar con el e os que o venderon tomen en consideración recuperalo. A semana que vén contra a Penya en Andorra será unha opción preferente, mais nesta sigo a pensar que o mellor é ir sen el. O Murcia é, con moito, a mellor defensa das ás de local. O único na posición que chegou á quincena esta tempada en Murcia foi Álvaro Muñoz (co bono) e Ennis baixa moito a súa media (máis de 8) lonxe de Andorra. Segue na listaxe porque hai poucos bases fiábeis e sobre todo os que xa o teñen poden dar por bo un 10 esta semana e así aforran o cambio para darlle entrada a vindeira.
Fitipaldo encadea seis xornadas sen baixar da decena. Aínda que ten un mal precedente na ida (-6), o Valencia é das defensas máis permisivas cos bases e o uruguaio fóra da casa mellora as súas prestacións. Despois ten un partido moi favorábel de local contra o GBC,
Nas últimas xornadas Cvetkovic perdeu a regularidade que adquirira e, polo de agora, só o debemos considerar como opción de risco. Os dous partidos que lle veñen deberían serlle favorábeis: Manresa na casa e fóra contra o Zaragoza (23 e 14 na primeira volta).
fóra da listaxe
fuera de la lista
Despois da desfeita da semana pasada, Cook non entra na listaxe. Con tres focos ofensivos tan importanes como Brizuela, Gentile e Clavell apenas quedou pelota para el e agora enfróntase a un equipo moi duro, o Canarias, que é dos que menos valoración reciben. Porén, ten un bo precedente da ida: 19.2.
Dúas bandeiras claras. Moitas dúbidas.
primeiro banzo
primer escalón
Beirán segue a ser fixo e ten partido para pico na visita ao Estu.
O seu rival, Canarias, non llo porá fácil, mais Brizuela atópase nun gran momento, xoga ante a súa afección (dúas vitorias consecutivas na casa) e non podemos prescindir da súa bandeira. Despois ten unha saída moi favorábel a Fuenlabrada, que é unha das peores defensas na posición.
segundo banzo
segundo escalón
Semella que algo si que lle afectou a Okoye o golpe polo que era dúbida, cando menos non xogou tantos minutos como adoitaba. Inda así, tivo tempo a lanzar 13 veces. Se non valorou como en partidos anteriores foi polo 0 de 5 en triplas. Agora ten unha saída moi favorábel a Donostia, o lugar máis amábel cos treses. Semella unha boa idea manter a aposta por el. Despois reciben a visita do Breo, que fóra da casa é unha defensa moi permisiva cos treses (e Stan aumenta moito a súa media de local). Podemos esperar que cando menos supere a trintena no conxunto das dúas xornadas.
Após ser un dos xuíces da 17ª, nesta 18ª Vasileiadis ten unha saída complicada a Vitoria. Porén, ao Baskonia están a lle facer dano os treses que son capaces de facer varias cousas. Se ben o grego destaca como tirador, tamén lle estamos a ver partidos con boas cifras en rebotes e asistencias, como ocorreu nesta última xornada ou na ida contra os vitorianos (19, con 4 asistencias e 5 rebotes). Ademais, non se está a achantar ante as mellores defensas (máis de 15 de media). Terá moitos minutos e lanzamentos. Cando menos debería cumprir; se lle entran as triplas, o pico con el nunca é descartábel.
Seibutis é un dos xogadores de confianza de Fisac. Vén xogando máis de 25 minutos por partido e nos tres últimos roldou a vintena de valoración. Agora ten dous bos partidos por diante: visita Donostia (peor defensa de local na posición) e despois recibe ao Breo (segunda peor a domicilio).
Non está a ser doado acertar con Hanga. O húngaro está a alternar partidos por debaixo da decena con picos. O Unicaja lonxe de Málaga non é das defensas máis esixentes na posición e xa na ida roldou a quincena. Tocará o pico esta vez?
Após un comezo de tempada bastante decepcionante, Matt Thomas parece que comeza a funcionar. Superou a decena en 4 dos últimos 5 partidos e vén de dous 18 seguidos. Na casa os seus números medran de forma apreciábel.
Ribas está a un nivel moi alto e a súa bandeira fai del un xogador atractivo. Ten unha media superior aos 15 nos últimos catro partidos da ACB. Contra o Unicaja (un dos dous equipos que lograron gañarlle ao Barça nesta ACB) non creo que lle dean descanso (ese era o maior temor que podiamos ter con el). Os malagueños veñen de recibir o pico de Kostas e fóra da casa conceden bastante na posición.
terceiro banzo
tercer escalón
Lundberg está a dar un paso á fronte coa marcha de Renfroe. Dobrou os seus números coa súa partida (16.2 de media). Ademais, coa lesión de Gintvainis, Peñarroya comprobou que tamén rende moi ben no un, onde o Breo é bastante máis vulnerábel. É posíbel que o lituano xa volva xogar esta semana, aínda que ao nivel que está o danés non creo que cambie moito o panorama.
Jaime xa non ten a chispa do arranque, está a tirar mal dende o perímetro (xusto onde máis dano se lle pode facer ao Barça) e contra os equipos de Euroliga aínda non o vimos ao seu mellor nivel este ano (o 10.8 da ida contra os culés é o seu máximo contra os que andan a disputar a máxima competición europea). Xa non é imprescindíbel. Inda así aguanta na listaxe, porque non deixa de ser unha das bandeiras máis fiábeis (só tres partidos por debaixo da decena en toda a tempada; iso si, dous nos últimos tres). Non espero que nos sorprenda cun pico, mais si que creo que debería acadar a decena. Abonda iso co prezo ao que se atopa? Se temos cambios abondo para sacalo, coido que non. A semana que vén si que debería ser venda obrigada, porque recibe a visita do Madrid (6 na ida).
Trala baixa de Toko, Shields está a axudar no 4 e as súas prestacións están a mellorar: superou a quincena nas dúas últimas xornadas. A chegada de Jalen Jones pode afectar de forma negativa á súa valoración.
Dende a lesión de Suárez, Díez aumentou moito os seus números (7.5 máis de media até superar a decena). Neste tempo, só baixou dos dez contra o Canarias (segunda defensa que menos valoración recibe na posición). O Barça non é o mellor rival posíbel, pero recibe máis por fóra (Díez leva 7 de 12 en triplas nos dous últimos choques) e o madrileño xa superou a decena na ida contra os culés en só 8 minutos de xogo (esta fin de semana debería ter máis). Nel gozamos dunha bandeira moi económica e incluso debería darnos algo de cartos. A semana que vén recibe o Madrid, equipo no que rematou a súa formación (antes estivo na canteira do Estu), e a súa presenza nos equipos será máis complicada.
Se procuramos a sorpresa, debemos considerar a McFadden. Regresou da lesión acadando a quincena en menos de 14 minutos de xogo. Esta xornada ten unha viaxe moi favorábel a Madrid, mídese a un Estudiantes que é dos que máis valoración conceden na posición.
Vidal baixou un pouco nas dúas últimas semanas, mais non andamos sobrados de bandeiras e de local mellora os seus números até superar a decena de media (9 na ida en Manresa contra o seu rival desta semana).
Nos últimos partidos estamos a ver un Gentile máis integrado no equipo, xa non está a facer a guerra pola súa conta e acumula tres encontros superando a decena. O rival desta xornada non é o mellor posíbel, aínda que si que creo que pode roldar ese 13 que ten de media na casa. A semana que vén disporá dun partido moito máis favorábel a domicilio contra o Fuenla.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Toolson esta xornada queda fóra. Contra o Madrid non acadou a decena e esta semana volve telo complicado en Lugo. O Breo é das mellores defensas na posición de local e xa lograron paralo na primeira volta (4.8). A semana que vén si que ten un partido propicio na visita do Valencia, que recibe moito na posición. Popovic regresou moi ben da lesión, mais entre que sería arriscado darlle entrada xa nos equipos e que se enfronta ao Madrid, o mellor é agardar un pouco. Aínda ten que amosar máis regularidade para entrar na listaxe, mais Paulí leva dous moi bos pratidos seguidos, ten unhas grandes condicións e nalgún momento terá que dar o salto. Queda como opción de bandeira para cazaxornadas.
A posición ofrece moito e moi bo.
primeiro banzo
primer escalón
Esperabamos unha mellor valoración de Dubi a xornada pasada, mais iso non xera ningunha dúbida. Se non media lesión, debería seguir nos nosos equipos por moito tempo. Máis de 20 de media como local.
Todorovic é un seguro, apórtanos unha bandeira que nos fai boa falla e esta semana. Contra un Granca que sofre moito por dentro, ten partido para deixarnos un pico. A que vén vai a Andorra, que é un lugar moi hospitalario cos pivotes. Fixo.
Iverson chega en estado de graza a unha das canchas máis amábeis cos pivotes. Contra o Estu debería seguir a boa xeira. A semana que vén recibe a visita do Barcelona e entón deixará de ser fixo.
Will Thomas fixo 42 contra o Burgos na primeira volta. É certo que entón non xogara Dubljevic, mais de verdade queremos asumir o risco de ir sen el? Despois vai a Manresa, que non é das defensas máis esixentes na posición.
Brown atópase nun momento fabuloso. Incluso en Valencia logrou superar a vintena e acumula xa 7 xornadas superando a decena. Na casa aumenta moito os seus números, até roldar a vintena de media e o Manresa é un rival moi favorábel, que sofre cos cincos que teñen capacidade para abrirse. Despois ten un partido moi complicado en Zaragoza, mais nesta apunta a pico.
Cun Poirier pouco consistente (inda que o seu perfil é o que lle adoita facer máis dano ao Obra), Voigtmann parece ser a opción esta semana no xogo interior do Baskonia. Xa na ida acadou a vintena contra os composteláns e agora ten máis importancia no equipo pola baixa de Toko. A semana que vén o alemán volve ter un partido moi favorábel na visita a Gran Canaria.
segundo banzo
segundo escalón
Cando xa non contabamos con el e cando parecía que ía emerxer a figura de Seraphin, por sorpresa estamos a ver a mellor versión de Tomic neste curso na ACB: tres partidos consecutivos superando a quincena (incluídos dous picos). O seu historial contra o Unicaja non é malo (tamén adoita gañarlle a partida a Shermadini) e a semana que vén ten unha saída favorábel a La Laguna.
Jordan vén de acadar a vintena en Zaragoza e repite a domicilio contra o equipo que nestes momentos é o máis vulnerábel no xogo interior. Se durante a semana non hai reforzo no pivote do Murcia (algo que precisan de forma urxente, ao igual que un base), o xamaicano ten un partido propicio para repetir a gran xornada pasada. Na ida, co Breo, foise aos 16, tamén en Murcia (agora sen Delía son inda máis accesíbeis). A semana que vén xoga por vez primeira contra o seu ex: Joventut. Tampouco é mal partido para el.
Abromaitis chega a Madrid tras dous picos. O Estu é un rival moi favorábel (inda que pinchou na ida) na posición. A semana que vén deberiamos vendelo pola visita do Barça.
Harangody está a se amosar como un xogador moi fiábel na pintura da Penya. Superou a decena en sete dos últimos oito partidos (incluído o 12 en Gran Canaria). O rival élle moi favorábel e tamén a saída a Andorra da semana vindeira. Se temos un orzamento un pouco máis modesto é unha opción moi interesante. Podemos esperar un 30 conxunto nestas dúas xornadas.
Burjanadze está a ter protagonismo ofensivo no GBC, mais fóra da casa anda con malas porcentaxes. De local mellora a súa efectividade e a súa media xa se sitúa case nos 14. O Zaragoza é o equipo que máis valoración concede a domicilio. A semana que vén ten unha saída favorábel a Burgos, mais lonxe de Donostia non é un xogador fiábel.
terceiro banzo
tercer escalón
Huskic arranxou a súa valoración no tramo final, co partido xa decidido, e segue sen baixar da vintena des que marchou Thompson. Nesta ten un rival moi complicado, o Valencia, que é dos que menos reciben na posición. Non parece o momento axeitado para fichalo, mais gañou moito protagonismo no Burgos, fóra da casa mellora as súas prestacións e a xornada próxima ten un partido para saírse na visita do GBC.
Brodziansky superou a decena en 6 dos últimos 7 partidos e ademais en 3 deles (incluídos os 2 últimos) deu picos. Xoga fóra da casa (a súa media decrece en case 6 puntos) contra unha das mellores defensas interiores; porén, o Baskonia nas dúas últimas xornadas concedeu partidos na vintena a Tomic e Todorovic. Así que no gran momento que se atopa o eslovaco pode cumprir perfectamente e a semana que vén, de volta a Compostela, a súa presenza parece ineludíbel na visita do Murcia.
O mellor reboteador da tempada, Caner-Medley, volveu superar a decena de rexeites a semana pasada. Na casa está en case 15 de media e o Canarias concede bastante valoración na posición (inda que na ida quedou en 7.2 sen anotar ningún punto). Despois ten unha saída favorábel a Fuenlabrada, rozou a vintena na ida.
Whittington segue a deixar boas sensacións co seu cambio ao Estu. Acumula tres bos partidos, está a ter moitos minutos e xa é a primeira opción ofensiva interior dos colexiais. O Canarias concede bastante valoración por dentro (fíxolles 15 na primeira volta en menos de 17 minutos cando estaba no Andorra). Tanto no seu caso coma no de Nik, haberá que ver de que maneira afecta na rotación a volta de Suton.
Lalanne non tivo nada que facer contra o xogo interior do Real Madrid, pero viña en boa dinámica e xogou a gran nivel nos dous últimos desprazamentos. Agora enfróntase fóra ao Breo, contra o que na ida se foi á vintena. Despois ten un partido complicado na casa contra o Valencia.
Balvin asinou o tope da tempada na ida contra o Joventut (37.6). O problema é que, como o seu propio equipo, baixa moitísimo o seu nivel fóra da casa (a súa media decrece alén da metade e só superou a decena en dous partidos). Se o tiñamos a pasada, o máis recomendábel é darlle saída, pero queda na listaxe como opción de risco por se lle dá por repetir a exhibición da primeira volta.
Se procuramos a diferenciación, Shurna vén de dous bos partidos e o rival, Murcia, é o ideal para volver superar a vintena. Trátase dunha opción de risco porque é un xogador irregular.
En Andrómenas pasou unha cousa inaudita que inda agora non me explico. Pódese ver na captura da semana pasada que ía con Balvin nos pivotes e incluso dicía no Twitter que non ía tocar nada aínda que fose dúbida por unha gripe. Pois a miña sorpresa chega ao ver as puntuacións da xornada e comprobar que tiña a Pasecniks no seu sitio. Non teño nin idea de en que momento saquei a Balvin para meter a Pasecniks. Non sei o se o fixen de maneira provisional após non xogar na Euroliga ou que, pero o certo é que non o lembraba e como cría que ese equipo non o tocara des que escribira o artigo, non o volvín revisar e alí saín co letón sen querer. Se xa co equipo que cría levar a xornada ía ir mal, con eses case 16 puntos perdidos a cousa foi moito peor. 130.8 puntos e caio máis de 1200 posicións até o 8620º. Golpe moi duro para este equipo, que xa non tiña marxe de erro.
Saen Cook, Toolson e Pasecniks (xD) e entran Fisher, Okoye e Brown. Quedo con Jaime esta semana.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira está sacada da conta de Twitter do Joventut.