Este xogo cambia bastante en pouco tempo. Se semanas atrás as bandeiras eran chave, agora semella que xa non son un problema coas boas opcións de Jaime, San Emeterio e Tavares que se unen aos fixos Doncic e Shengelia. Quédanos esta xornada e a próxima antes dun descanso de tres semanas para a disputa da Copa —co seu previsíbel SuperManager correspondente, separado do da liga— e máis partidos de clasificación para o Eurobasket.
Vimos dunha gran xornada para os bases: 5 por riba da vintena e 11 máis que superaron a decena. Todos os da última selección cumpriron con 15.6 ou máis. Esta semana apunto un número maior de nomes que a pasada e con perspectivas máis complexas.
Luka Doncic segue cunha media de valoración superior aos minutos de xogo por partido. A última semana fixo 25.2 en só 18 minutos. Ten que estar, coma toda a tempada.
Thomas Heurtel non se atopa no seu mellor momento: 1, 11 e 16.8 nos últimos tres partidos, mais esta semana regresa a Vitoria. Na ida, na primeira xornada, fixo o seu tope da tempada —34.8— contra os seus ex-compañeiros. O Baskonia non está a destacar pola súa defensa dos bases e o Barça segue a precisar gañar partidos e mellorar a súa imaxe. O vindeiro encontro pinta incluso mellor: o Bilbao Basket, peor defensa dos bases a domicilio, visita o Palau.
Un dos bases que está a marcar as diferenzas no xogo no último par de semanas é Jaime Fernández. O xogador do Andorra —equipo en liña ascendente— leva dous partidos por riba dos 20 de valoración e nas últimas trece xornadas só baixou nunha da decena. Na casa ten unha das mellores medias da competición —18.8— e agora véñenlle dous partidos seguidos no Principado. A única pega é o seu próximo rival, o Real Madrid é das mellores defensas dos bases. Emporiso, Jaime non fallou na casa contra defensas tan duras como as do Canarias —27.6— ou o Unicaja —15.6—, e no último partido na casa fíxolle un 22.8 ao Barça. A semana que vén ten un partido moi favorábel na visita da Penya.
Málaga é unha das peores canchas para os bases. Alí superaron os 10 só Maalik Wayns —14—, Corey Fisher —12— e Thomas Schreiner —11—. Por iso esta semana Clevin Hannah descende ao segundo nivel. Na ida cos malagueños fixo un 11. Iso non quere dicir que sexa venda obrigatoria: está nun gran momento —MVP de xaneiro na ACB—, precisamente a el non lle senta mal ter que viaxar —sube case 6 de valoración a súa media fóra— e a semana que vén ten un partido favorábel en Compostela. Se non o tiñamos no equipo, o risco de seguir sen el outra semana é baixo.
O Estudiantes fixo tres cuartos magníficos contra o Baskonia e a dirección de Omar Cook tivo moito que ver. Inda que apenas anotou —5 puntos—, repartiu 11 asistencias e só perdeu unha pelota para rematar con 19 de valoración. O veterano xogador —acaba de cumprir 36 anos— recobrou o seu mellor nivel tras unhas xornadas discretas. Agora visita Badalona para medirse a un rival moi favorábel: no partido aprazado da primeira xornada, que se xogou a principios deste xaneiro, fixo un 20 de valoración contra os verdinegros —serían 24 co bono se tivese computado para o xogo—. A semana que vén recibe o Betis, contra o que fixo o seu tope da tempada —26.4 na ida—, inda que fóra da casa mellora moito a súa defensa exterior —5ª defensa que menos recibe dos bases a domicilio—.
O «macedonio» Bo McCalebb foi dos xogadores máis centrados nun Zaragoza que segue a dar moi mala imaxe (este martes Cuspinera foi despedido tras conseguir só unha vitoria nos últimos 10 encontros). Asumiu menos lanzamentos que Neal, pero fíxoo en mellores posicións e véuselle moito máis involucrado co equipo. Ese 17 permítelle levar as últimas catro xornadas por riba dos 10 de valoración. Ten partido na casa —a súa media medra case 4 puntos— e contra un rival que non debería poñelo en grandes atrancos: o Obra. O gran problema para a súa inclusión é que a semana que vén visita Donostia, o GBC é a mellor defensa dos uns na casa —ningún base superou alí a vintena en toda a tempada, e só un os 15: Jaime Fernández, e co bono—.
Do pouco salvábel da Penya na derrota contra o Barça, nun dos partidos que fan afección —ao baloncesto non, mais supoño que si a outras cousas—, foi Nico Laprovittola —15—. Chegou disposto a asumir responsabilidades e véuselle con moita actividade, para o bo —20 puntos, 4 asistencias e outros tantos rebotes— e para o malo —6 pelotas perdidas e 0 de 6 en triplas—. Agora enfróntase a un ex, Estudiantes, que ademais é unha das defensas que máis valoración permite, xoga na casa e o Joventut ten unha urxencia imperiosa de vitorias. Trátase dunha opción de risco porque é un xogador que acaba de chegar, mais o partido semella moi favorábel para el. O calendario que vén tampouco é malo: saídas a Andorra —que non é das defensas máis duras— e a Sevilla, o Betis é o equipo que máis recibe na casa dos bases contrarios.
Moito máis arriscada é a opción Jayson Granger. Dicía a semana pasada que tiña un partido propicio no regreso a Madrid e, nun partido irregular, foi o heroe da remontada baskonista, canastra da vitoria incluída. Con el segue a ser todo ou nada, nos últimos nove partidos ou quedou por debaixo da decena —6 veces— ou superou a vintena, como este 22.8 contra o Estudiantes. Recibe o Barça —13 na ida— e despois outro ex, o Unicaja —3.6 na ida—. Calendario complicado e irregularidade, só para corazóns fortes con moitas ganas de diferenciárense ou cazaxornadas.
Se queremos procurar algo diferente e temos unha praza de extra dispoñíbel, non parece mala opción Kenny Chery. O base do GBC está a ter moito protagonismo ofensivo nos últimos partidos —18 e 24 puntos anotados— e vén de ser o MVP da xornada cun 33.6. Esta semana xoga na casa contra o Granca, unha das peores defensas dos bases (vén de incorporar a Radicevic, xa debutou, para cubrir a baixa de Oliver). Se está tan abaixo é porque non hai un xogador que baixe tanto cando xoga na casa coma el: a súa media cae máis de 10 puntos en Donostia. Unha loucura. A semana que vén repite en San Sebastián contra o Zaragoza, outra defensa favorábel.
Entre os non seleccionados, pódese contemplar a Tabu como opción de risco. Vén dun -1 contra o Madrid, mais esta semana ten un partido favorábel na casa contra o Fuenla. Os seus dous últimos partidos de local foron un 16 e un 24.
Vimos dunha xornada na que destacaron varias ás sen apenas presencia nos equipos do SuperManager, como Corbacho —tope entre os treses—, Hanga, Dani Díez, Sanders, Nelson, Rabaseda… Esta parece que nos ofrece unhas opcións bastante fiábeis, cando menos no primeiro chanzo.
Non perdamos tempo con Ponitka. Xa está en todos os nosos equipos e aí vai seguir ata final de tempada, agás lesión ou traspaso.
Ovie Soko cumpriu coas expectativas e vai camiño de converterse en fixo. Leva 6 xornadas por riba de 10 e 5 delas roldando ou superando a vintena. Agora enfróntase a un Unicaja que concede bastante valoración na casa aos interiores —lembro que vén xogando de 4, inda que no xogo apareza como á— e despois visita o Obradoiro, que tamén é unha defensa favorábel. Se non está, ten que entrar e quedarse. (Ollo, non xogou na Champions por un proceso febril e ademais o xogo interior murciano recupera un efectivo: José Ángel Antelo).
Christian Eyenga atópase no mellor momento da tempada: 5 xornadas consecutivas sen baixar de 10 e o mesmo en 7 dos últimos 8 partidos, ademais, en 5 deles superou a vintena. Está a anotar, rebotear e incluso a asistir máis ca nunca. O rival non debe ser un atranco, o Bilbao non é unha gran defensa das ás, e o próximo partido na casa contra o Granca tamén lle vén ben: aumenta 5 puntos a súa media en Fuenlabrada e a defensa exterior dos canarios é bastante permisiva.
A lesión do belga Van Rossom deixa a
San Emeterio nunha posición privilexiada no xogo exterior taronja. A ausencia de bases no equipo fai que outros compañeiros de posición teñan que asumir a dirección e Fernando conte con máis espazo como á. No último partido, xa sen bases, xogou 23 minutos, anotou 17 puntos e valorou 21 na clara derrota en Compostela. Xoga co Betis na casa e despois vai a Burgos, dous partidos moi favorábeis para el. A única dúbida preséntase polo seu estado físico:
seica arrastra problemas de xeonllo dende o partido contra o Zalgiris de hai dúas semanas. Iso non impediu o seu 21 da última xornada. Se deciden darlle descanso, supoño que será no partido da Euroliga —teñen escasas opcións de loitar por pasar á seguinte fase—. Haberá que prestar atención ao parte médico do venres.
Non tan fiábel como os do primeiro chanzo, mais cun 19 no peto da última xornada e un 39.6 contra o seu vindeiro rival hai escasas semanas no partido aprazado —que non computou para o SM—, preséntase Sylven Landesberg. O máximo anotador da ACB ten un partido propicio para dar un pico en Badalona. Despois ten outro partido moi favorábel co Betis na casa —28.8 na ida— e logo recibe o Unicaja —motívase contra os grandes en Madrid, así que incluso podería seguir entón, mais inda resta un mes para iso—. O calendario é moi bo e eu seguirei a apostar por el nos meus equipos. Porén, hai que ter en conta que é quen de baixar da decena no partido que menos o esperas. Por iso, porque nun día sen inspiración é máis probábel que teña unha mala valoración que o cuarteto do primeiro nivel, está aquí, pero pinta moi, moi ben.
Após 7 derrotas consecutivas, o Obra está a cambiar a súa sorte con 2 vitorias seguidas. Nestes triunfos, Matt Thomas, que viña de perderse un partido por un proceso vírico, foi quen de superar os 15 en ambos —15.6 e 18—. Xa había tempo que non aparecía na miña listaxe, porque dende aquela xeira de 4 xornadas sobre a vintena —da 4ª á 8ª— non a volveu superar. Agora, preséntase unha boa oportunidade para superar de novo a barreira dos 20. Enfróntase ao Zaragoza, peor defensa das ás. Contra as peores defensas exteriores, Thomas leva unha media superior aos 21 de valoración e na ida contra os aragoneses logrou o seu tope da tempada: 30 —co bono—. Cheira a pico.
Non cambiamos de partido, o seu rival e compatriota Gary Neal mantense na listaxe a pesar da mala última xornada —8 de valoración—. Volveu xogar moitos minutos, case todos —35—, e continuou a amasar bóla e a tirar canto quixo —5 de 12 en tiros de campo e 4 de 5 en libres—. Os minutos que vin de partido, Neal forzou moito en ataque —rematou con 7 perdas— e desentendeuse en defensa. Ía tan falto de rumbo como o propio Basket Zaragoza. A chegada do novo adestrador non debería cambiar o seu protagonismo, mais si darlle un pouco de criterio ao equipo e conseguir un maior compromiso colectivo do estadounidense. Iso debería ser positivo tamén para o seu desempeño no SM —máis asistencias, rebotes e menos situacións forzadas, inda que é evidente que del espérase que cree os seus propios tiros—. Polo pronto, semella que esta fin de semana será Pep Cargol —segundo de Cuspinera— o que tome os mandos, co que non debería haber cambios importantes, mais si certa reacción anímica que se adoita dar tralas destitucións. Ten un partido na casa, onde a súa media de valoración medra máis de 7 puntos ata os 19, e contra un Obradoiro que non é das defensas máis fortes —tampouco das febles—. A xornada é propicia para el. A semana que vén, na visita ao GBC, xa non semella tan boa opción.
Pechamos as ás interesantes cunha opción un pouco máis arriscada, polo rival —Baskonia, unha das mellores defensas exteriores—. Adam Hanga, dos últimos seis partidos, en cinco superou os 15 de valoración. Enfróntase fóra ao seu ex, contra o que fixo un 22.8 na ida, que era o seu tope da tempada ata o 24 desta fin de semana contra a Penya. Na Euroliga, en decembro, fixo un 12 en Vitoria na derrota do seu equipo. A semana que vén, coa visita do Bilbao, ten un partido moi favorábel, porque valora bastante mellor na casa —case 4 puntos máis ca fóra— e os homes de negro son permisivos coas ás rivais.
Esta semana non entra Jaka Blazic. Deunos grandes alegrías nas dúas últimas xornadas, mais agora enfróntase ao Real Madrid en Andorra. Os brancos son a mellor defensa a domicilio das ás —con moita diferenza sobre a seguinte— e contra as grandes defensas en Andorra Blazic non está a valorar ben: -1 na visita do Canarias, 2.4 na do Unicaja e 13 contra o Fuenla —no debut na casa—. Xa dicía que a semana pasada non era mal momento para darlle descanso a Schilb —4—, se non o fixemos entón, deberíamos facelo agora: enfróntase ao Valencia Basket, mellor defensa das ás, e vén de dous partidos por baixo da decena. Rafa Martínez estaba a ser moi boa opción cun só base na rotación do Valencia, facendo de complemento a Van Rossom. Porén, agora coa baixa tamén do belga, debe asumir inda máis minutos —26 xogou—. Debutou con esta nova responsabilidade cun 11, que se antolla escaso, mais el baixa moito os seus números fóra. Agora xoga na casa, inda que contra unha boa defensa a domicilio dos uns —Betis—. Haberá que ver se funciona igual de ben sen bases que con só un. Pode ser unha opción de bandeira para cazaxornadas. Para o resto, hai boas opcións abondo como para pensar nel. Outra bandeira para cazaxornadas a ter en conta é Vidal. Na casa rende moito mellor e mídese ao Estu, ao que xa lle fixera un 19 en Madrid a comezos de xaneiro. Eses cazaxornadas tamén poden pescar no Buesa Arena. O Barça é un dos equipos que máis picos conceden aos treses rivais. O mellor candidato no Baskonia para aproveitar esa oportunidade semella ser Rodrigue Beaubois. O anotador francés, que estaba de baixa cando xogaron na ida e que na Euroliga contra eles só xogou 15 minutos e fixo un 6, superou a decena en 5 dos 7 últimos partidos. O xogador que máis alegrías nos deu o ano pasado no SM, Edwin Jackson, regresa á ACB e faino de novo a Barcelona, onde tivera un paso moi discreto. Debute ou non, inda non é momento para ir con el. Hai que ver como se adapta a un rol moi diferente ao que tiña no Estu e se por fin logra funcionar nun grande tras os decepcionantes pasos anteriores por Barcelona e Málaga.
A mala actuación de varios dos pivotes importantes esperta dúbidas que non existían en xornadas anteriores.
Nin contra o Barcelona hai nada que obxectar a Shengelia. Ten que seguir. Punto.
Tampouco deberíamos dubidar de Norel tralo 4.8 en 20 minutos da última semana. Henk leva 13 das 18 xornadas superando a vintena e enfróntase na casa ao Granca —contra o que valorou 30 na ida—. A súa media no Donostia Arena é de case 24 puntos.
Edy Tavares continúa inmenso: 2 partidos dos últimos 3 por riba dos 30 de valoración, dominando as zonas dende os seus 220 centímetros. No seu estado de graza actual o rival é o de menos, mais o Andorra está a ser unha das defensas que máis valoración recibe dos interiores.
Tibor Pleiss, se Dubi continúa de baixa —cando menos non estará aínda na Euroliga—, postúlase como un dos pivotes máis interesantes da semana. A torre alemá enfróntase en Valencia a un Betis que fóra da casa é a peor defensa dos interiores. Sen o montenegrino ten unha media de case 22 de valoración. A vindeira semana vai a Burgos, que tamén é un rival moi favorábel, mais haberá que ver que pasa con Dubi.
Ante un rival moi complicado —Valencia Basket— mais cunha vitoria cómoda do seu equipo, Artem Pustovyi pasou bastante desapercibido: dúas canastras en xogo e só un rebote para rematar en 13.2 —grazas ás 5 faltas recibidas e o 5 de 7 en libres—. A viaxe a Zaragoza supón un escenario propicio para unha boa xornada: os maños son unha das defensas máis permisivas e xa na ida o xigante ucraíno fixera un 22.8 contra eles. Tempo atrás, non era aconsellábel pensar no pivote do Obra cando xogaba lonxe de Compostela, porén, as dúas últimas saídas —xa neste cambio de dinámica no que está inmerso o seu equipo— saldounas cun 18 en Málaga e un 36 en Bilbao. A semana que vén recibe o Murcia en Santiago, trátase dunha boa defensa, pero pode ter problemas para deter un xogador das súas características —fixo 15.6 en Murcia, cando andaba a valorar moi mal fóra—.
Jerome Jordan só superou a vintena nun dos últimos 5 partidos, mais ten boa pinta para as vindeiras xornadas. O calendario élle moi favorábel e a Penya xógase a vida nos partidos que veñen. Esta fin de semana recibe o Estu, que é unha defensa moi favorábel. No aprazado, só fixo 11 contra eles, mais debeuse a problemas de persoais: apenas puido xogar 15 minutos antes de que lle sinalasen a quinta. En Badalona desenvólvese mellor —a súa media de valoración medra en 5— e é máis complicado que na casa lle piten segundo que cousas. Despois viaxa a Andorra, 25.2 na ida, e a Sevilla —27.6—.
Hai dous adestradores da ACB aos que temo: Sito e Plaza. Adoitan ter rotacións longas e mudan decote os roles dos seus xogadores sen que sexa posíbel prevelo, un día xogan moito e son moi importantes e ao seguinte contan con escasos tempo de xogo e protagonismo. Por iso a presenza dos xogadores do Unicaja e do Barça na miña listaxe é pouco frecuente, só Heurtel foi recorrente ao longo do ano. Custoume moito meter a Gio Shermadini nas seleccións, a pesar de que é o terceiro pivote máis valorado desta tempada, e custoume inda máis levalo no meu mellor equipo —si, xusto a semana pasada ficheino por vez primeira e fixo a súa peor valoración do ano—. Levaba 14 xornadas por riba da decena, o rival era moi favorábel, mais só xogou 15 minutos e apenas lanzou 4 veces a canastra —viña de 26 minutos, 9 lanzamentos e outros tantos tiros libres—. Non hai quen o entenda, porque non foi o caso dun partido doado no que decides dar descanso a un xogador, o Burgos pelexou ata o final. Na casa a súa media está por riba dos 20 de valoración e recibe o Murcia no Carpena, que, a pesar das baixas interiores, é unha defensa complicada, con moito músculo e intensidade. Os seus 5 últimos partidos computábeis na casa foron grandes valoracións: 24, 24, 19.2, 25.2 e 31.2. Non pinta mal, mais a ver quen se fía agora —a min vaime custar—. A semana seguinte vai a Vitoria.
Enhorabuena por el artículo y por la subida en la general.
Ultimo sprint antes de la copa.
Después del fiasco de los jugadores del Betis y de Popovic, toca resarcirse.
Un par de dudas, como ves a los pivots, a quien escogerias entre
Tavares, contando con la entrada de Randolph que le restara minutos y que enfrente tendra a Iverson y Diagne.
Jordan, partido a priori factible ante la debil defensa de Estudiantes.
Pleiss, quiza el mas seguro, pero esos problemas físicos que hicieron que Txus ni lo sacara al final en Turquía, no le restan chance?.
De momento mi idea es Tavares………pero Jerome me tienta,juajua.
Y en aleros,
Neal, el es el Zaragoza y querran demostrar que la culpa era de Jota y no de ellos y ademas en casa.
Eyenga, gran pico de forma el suyo, pero creo que Mumbru lo puede desquiciar un poco y fuera de casa baja.
Landersberg, todo o nada lo suyo, pero pinta a todo la verdad y mas si Vidal anda renqueante y no lo puede defender.
Como lo ves?, ademas de largo…….jaja
A Tavares lo veo muy claro. No creo que la vuelta de Randolph le vaya a suponer gran cosa —sí a Felipe—, son perfiles muy distintos, ni los rivales importan demasiado. Ahora mismo tiene un impacto muy grande en el juego del Madrid —en este artículo Luis Hidalgo habla de ese impacto a través de las estadísticas avanzadas—. Cuando regrese Ayón, ya habrá más razones para dudar. Por ahora, por su momento, importancia y bandera, para mí es fijo.
Pleiss lleva arrastrando esos problemas físicos desde hace mucho y no le han impedido ni jugar ni rendir. Como con San Emeterio, si Vidorreta tiene que darles descanso, lo hace en Euroliga, donde ya se juegan poca cosa. La única manera que veo de que juegue poco es que el Valencia rompa el partido muy al principio, y eso no me parece factible en su momento actual, e incluso entonces tampoco es que tengan muchas opciones para jugar con otros de cinco.
El problema de Jordan lo veo más en el banquillo y en el momento de la Penya que en él mismo. En el Olímpic descarto que se vaya a meter en problemas de faltas tan pronto como en Madrid, con lo que ya solo por eso apunta a que va a cumplir. El problema es que Ocampo aprovecha muy poco la superioridad que tiene Jordan contra la mayor parte de juegos interiores de la ACB. Pero veo más factible un escenario en el que los balones de la Penya no pasen por el juego interior o que Ocampo lo deje demasiados minutos en el banco y acabe teniendo una anotación discreta, que le pase eso a Pleiss. Con otro entrenador y otro momento de la Penya, pues no tendría ninguna duda en que esta sería una jornada de pico y estaría en el primer escalón. De cualquier manera, ya digo que me parece buena opción y por eso está entre los jugadores interesantes de la jornada.
Para mí el orden es ese Tavares>Pleiss>Jordan, pero si se quiere asumir cierto riesgo, se puede elegir antes a Jordan que a Pleiss, porque si las cosas se dan, puede hacerse un 30, cuando creo que Pleiss se moverá más bien en torno a la veintena.
Con Neal me pasa lo que digo en el artículo, lo vi muy ofuscado, tomando malas decisiones y con poca implicación. Igual la destitución de Cuspinera acaba con ese de golpe ya para esta jornada, pero yo prefiero tener un poco de cautela. Es evidente que Neal apunta a uno de los aleros más importantes de lo que resta de temporada y más pronto que tarde ocupará ese puesto. No veo parra nada mal ir con él ya, yo daré prioridad a otros jugadores, pero sí que lo mantendré en algunos de mis equipos.
Eyenga fuera de casa baja, sí, pero sus dos últimas salidas, a Valencia y a Madrid —Real—, cumplió con un 20 y un 13, y el Bilbao es un equipo mucho más asequible. En un mal escenario lo veo cumpliendo, porque rebotea bien e incluso está pasando bien, y no me extrañaría un partido en la veintena. Me gusta a una, y me gusta más a dos jornadas.
Ya digo que Landesberg creo que esta vez será pico y no petardazo, que ya lo llevaba en todos y que lo voy a mantener. Pero con él sabes que siempre asumes cierto riesgo.
Jugando con la certeza, los ordenaría así: Eyenga>Landesberg>Neal. Con la intuición: Landesberg>Eyenga>Neal. Si hay ganas de arriesgar un poco: Landesberg>Neal>Eyenga.
Estamos de acuerdo en la importancia de Tavares ahira mismo un fijo en el juego.
Lastima de la poca incidencia de Jordan en algunas fases de los partidos, y mas que se va a acentuar con la llegada de Lapro.
Tavares es el elegido.
En cuanto a los aleros, creo como tu en el pico de Landersberg.
Pero si veo a Neal en 15-20, creo que otra semanas más de entreno le habrá favorecido.
Eyenga me da miedo , si Popovic o Cruz asumen mucha bola quiza EyenEy lo sufra.
Landersberg y Neal .
Gracias y suerte
Hola Miguel,
Sales finalmente con el equipo que has indicado o harás algún cambio?
Gracias.
Hola. En principio sí que se quedará así, me pondré ahora a hacer los cambios en los demás equipos y buscaré si hay novedades sobre los jugadores tocados. En caso de que haga algún cambio, avisaré en Twitter y actualizaré el artículo.
En cualquier caso, con el único de esos jugadores con el que puedo tener alguna duda, y porque entra esta jornada con lo que optar por otro no supondría un cambio extra, es con Soko. Ha viajado y por tanto jugará, pero del jueves al viernes pasó la noche en el hospital, así que igual no está en las mejores condiciones.