SuperManager x. 19: persisten as pantasmas

Balance

Resultou unha xornada moito máis complicada do previsto. Fallaron xogadores con moi boas perspectivas, como Huertas, Bouteille e Thompkins, incluso alternativas accesíbeis que pintaban moi ben como Van Rossom ou Alocén non responderon. No outro extremo atopamos a Henry, que fixo o mellor encontro da tempada no escenario máis hostil posíbel: ningún xogador acadara este ano a trintena contra o Madrid, pero é que no seu campo ningún base chegara sequera a quincena. A miña xornada tivo un pouco de todo. No meu mellor están a pasar factura os problemas de broker. Tiven que facer equilibrios para dar entrada a Huertas e non perder o seu probábel partido na trintena (ha, ha!). Quedei en 175.4 puntos e sigo a baixar (170 postos perdidos até o 1592º da xeral). Que ano!

B

Huertas (-6)

Hannah (24)

Delaney (18)

Bassas (25.2)

Campazzo (23)

Bellas (4)

Van Rossom (4.8)

Alocén (-2)

Cvetkovic (9)

Fitipaldo (-1)

Senglin (10.8)

Dimitrijevic (25)

Sipahi (10)

A

Bouteille (4.8)

Prepelic (33)

Ennis (20.4)

Abalde (15.6)

Díez (20.4)

Martínez (20.4)

Booker (3)

McFadden (9.6)

Barreiro (13.2)

P

Shermadini (37.2)

Mirotic (25.2)

Balvin (19.2)

Thompkins (-1)

Tomic (24)

Kravic (13)

Tavares (8)

Eddie (3)

Shengelia (13.2)

Brodziansky (13)

Selección

Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15% os xogadores con suba doada.

B

Huertas

Bassas

Hannah

Cook

Alocén

Díaz

A

Prepelic

Booker

Shields

Bouteille

Abalde*

Díez

Brizuela

Ennis

Rabaseda (2)

P

Shermadini

Shengelia

Balvin

Costello

White (1)

Fall

Polonara (8)

Kravic

Brodziansky

Eddie

Dubljevic

Clark

Rivero (-22)

O equipo ideal para esta xornada sería algo así: Huertas, Bassas, Hannah; Prepelic, Booker, Shields, Abalde*; Mirotic, Shermadini, Shengelia e Balvin.

Burgos – Canarias

(25, 18:00)

@BET, AND | FCB, @MUR

O de Huertas podemos consideralo un accidente (como o 2.4 da ida), volveu estar a gran nivel esta semana en Europa. Volve ser o base principal esta semana contra unha defensa permisiva. A que vén, na visita do Barça xa haberá que lle dar algunha volta. Bassas vén dun encontro fantástico contra a Penya e na casa aínda non baixou da decena este curso (terá tamén a motivación do ex). Despois non ten mala saída a Sevilla. Díez acadou a vintena, pero os seus minutos reducíronse de forma considerábel (coa chegada de White xa non é preciso no catro). Está a moi bo nivel, non é unha venda obrigada, mais xa non é unha opción tan atractiva. Shermadini segue a ser fixo. White irrompeu de forma inmellorábel. No debut amosou todo o seu repertorio. En equipos que xa non teñan que mirar polo broker non o tería en conta polo de agora (o prudente é darlle un pouco máis de marxe); porén, semella unha opción atractiva para os que temos a caixa baleira. Subirá o máximo, xa demostrou que está para ser diferencial dende o principio e o rival non é dos máis esixentes. Incluso podemos considerar, se o fai ben nesta, quedar con el contra un Barça que se lle deu moi ben cando xogaba no Zalgiris. Outra opción (aínda máis) barata é Rivero no Burgos. Deu unha exhibición contra a Penya, subirá todo varias semanas e o Canarias é unha das defensas interiores máis permisivas a domicilio. Esas facilidades do rival tamén as pode aproveitar Clark (que non é das opcións máis sólidas), está en 18.5 de media contra as defensas máis permisivas e acadou a vintena na ida (e tamén na última xornada).

Murcia – Fuenlabrada

(25, 18:00)

@ZAR, CAN | GCA, @JOV

Enfrontamento de gran importancia na parte baixa. Fóra da casa non consideraría a Bellas (baixa 6 a súa media). Booker está chamado a ser un dos protagonistas da xornada. É o xefe do Murcia e na casa está en case 21 de media. Despois ten unha saída moi dura. Marc Garcia volveu dar un pico contra o Barça, pero cústame velo como unha boa opción. Os seus minutos e valoración flutúan demasiado (só unha vez este curso encadeou dúas grandes xornadas); véxoo ben para cazaxornadas ou equipos que queiran arriscar (pinchou na ida). Brown pode ser unha opción para equipos con moi pouco en caixa (ten unha suba doada) porque o Murcia dá facilidades na posición e vén de xogar unha minutada, mais non entra na listaxe. Por dentro, Eddie na casa é unha opción bastante sólida (17 de media) e o Fuenla tivo problemas con varios catros abertos este curso.

Barça – Betis

(25, 20:30)

@CAN, @GCA | MUR, @RMA

De local e contra un equipo da parte baixa… perigo! Tocaranos estar atentos antes do inicio do encontro para non levar sorpresas por algún descanso (aínda que polo de agora Pesic non está a ser amigo de reservar xogadores). Esa incerteza unida a un cadro moi amplo fan que o Barça non quede con moitas opcións fiábeis (no Betis non hai ningunha). Heurtel xa ten alta médica e o rival é inmellorábel para regresar… mais igual aínda é demasiado pronto para debutar. Se o francés aínda non regresa desta (e xa non digamos se a ficha de Hanga segue desactivada), Delaney será baixa (desactivaron a súa ficha) , como até o de agora, unha opción sólida (está a se mover entre os 14-18 case todas as semanas). Para cazaxornadas e equipos de segunda volta parece interesante Abrines. Se Mirotic está de corto, fixo, coma sempre. Mais desta vez é baixa confirmada. Non é mala idea reservar un troco por se hai sorpresas, aínda que o normal é que cos descartes de Delaney e Higgins non haxa máis descansos no Barça.

Joventut – Zaragoza

(25, 20:30)

@RMA, FUE | MUR, @MAN

No primeiro encontro sen Zisis vimos o mellor Neno na ACB (e estaba na listaxe da semana pasada). É dúbida para esta xornada por problemas estomacais (perdeuse o encontro da Eurocup do martes); o normal é que eses problemas remitan en 2-3 días, así que debería estar ben para hoxe (pero é especulación, haberá que estar atentos). Non é a opción máis sólida, porén, vai ter moitos minutos, conta cun gran talento anotador e achega unha bandeira valiosa. Finalmente será baixa. Alocén foi unha das decepcións da xornada, non estivo ben de cara ao aro e iso case sempre significa unha mala valoración. Curiosamente, porque antes era todo o contrario, acadou a decena nas últimas tres saídas. Na ida estivo a gran nivel contra unha Penya que dá facilidades na posición. Podemos manter a aposta se lle demos entrada na pasada, aínda que tampouco é das opcións máis sólidas. Prepelic ten que estar. Vén de chegar á trintena en Burgos e volveu saírse na Eurocup (45 de valoración). Na ida foise á vintena. Podemos considerar quedarnos con Ennis, está a xogar a un nivel moi alto (anotando moito dende a distancia), mais fóra da casa reduce os seus números á metade e a tempada pasada pinchou na súa visita a Badalona. Non pensaría en Omic para esta, ultimamente (aínda que está a xogar ben) valora peor (pinchou nas dúas últimas e tampouco acadou a decena na Eurocup).

Baskonia – Andorra

(26, 12:30)

@UNI, OBR | EST, @BUR

O Baskonia chega con outras trazas após dúas grandes vitorias contra o Madrid na ACB e o Khimki na Euroliga. Henry estaba chamado a ser un dos bases destacados da xornada despois da exhibición contra o Madrid, mais deberá pasar polo quirófano. Hannah fóra da casa baixa bastante. Está a xogar moi ben e foise á vintena na ida, non é unha venda obrigada, mais esta vez non semella tan atractivo como outras semanas (si que pinta moi ben para a vindeira). Shields apunta a ser un dos homes da xornada. Foi o mellor na Euroliga e ante a baixa de Henry é un dos que pode botar unha man a Sergi Garcia no un. Xogará moitos minutos, na casa está en 16 de media e o Andorra non é unha defensa esixente. O Baskonia está a dar moitas facilidades nas ás, pero no Andorra cada semana faino ben un xogador diferente (se tivese que elixir un para cazaxornadas, quedaría con Jelínek, que xogou unha tempada en Vitoria). Shengelia xoga moitos minutos e o Andorra dá facilidades por dentro. A súa bandeira convérteo en fixo. Se procuramos opcións menos habituais, no Baskonia hai outros dous xogadores que comezan a carburar. Fall leva tres grandes partidos seguidos: dous na Euroliga e a semana pasada contra o Madrid, no que superou con claridade a Tavares. O outro é Polonara. Semella que Dusko está a lle atopar o sitio. Estivo fantástico na vitoria contra o Madrid e roldou a vintena esta semana na Euroliga. Está moi barato e ten unha suba doada. Para a xeral non, mais para cazaxornadas non me parece mal pensar en Musli contra un dos seus ex.

Gran Canaria – Bilbao

(26, 13:00)

@FUE, FCB | @VBC, UNI

Unha aposta de risco que me gusta moito esta semana é Cook. Regresou cunha boa valoración no primeiro partido trala lesión, pero despois viñeron tres tropezos seguidos. Porén, o Bilbao concedeu innumerábeis picos aos bases este ano, incluído o 36 da ida do propio Cook. Bouteille pinchou de forma inesperada na última xornada, mais está a dar razóns abondas para confiar nel. Fóra da casa está a subir a súa media en case seis até superar os 21. O Granca é unha boa defensa de local, aínda que o francés non está a baixar o nivel contra as defensas máis duras. Despois volve ter unha saída complicada a Valencia. En equipos con moi poucos cartos podemos considerar a bandeira de Rabaseda. Parece que á fin colleu ritmo de competición, leva dúas boas xornadas consecutivas. Está moi barato e garante suba. Balvin regresa á que fora a súa casa nas últimas tempadas. O Granca dá moitas facilidades e o checo é dos pivotes máis sólidos do curso. Nos da illa a opción é Costello. En defensa sufrirá, pero en ataque e no rebote está a sumar moito: na casa anda en case 21 de media. Será interesante sobre todo se Bou non chega.

Manresa – Madrid

(26, 17:00)

@OBR, ZAR | JOV, BET

O Madrid está no peor momento da tempada: acumula catro derrotas consecutivas (3 na Euroliga e unha na ACB). A dureza defensiva do Madrid descarta as opcións no Manresa. Nos brancos todo é incerteza. Con case todo o cadro dispoñíbel, a súa rotación é impredicíbel. Intentaría evitar os seus xogadores na medida do posíbel esta xornada. Antes de saber quen viaxa, pouco hai que analizar. Laprovittola debería ter un bo partido por diante despois de participar moi pouco nos últimos encontros, mais nunca sei que pasa pola cabeza de Laso.

Estudiantes – Unicaja

(26, 18:30)

@AND, VBC | BAS, @BLB

O Estu non está a ofrecer nada sólido. Os que queiran arriscar, poden pensar en Avramovic, dá a sensación de que o seu gran partido está por chegar e contra o Unicaja, equipo ao que pertence, quererá deixar unha grande impresión. Se nos conformamos cun encontro na decena, podemos quedar con Díaz, que debería acadala contra unha das defensas máis amábeis cos uns. Se no Estu estará moi motivado Avramovic, este é un partido especial para Jaime e Brizuela, que regresan á que foi a súa casa (tamén a de Suárez). Jaime non entra, porque fóra da casa reduce os seus números case á metade. Darío vén do seu mellor encontro no Unicaja. Non é a opción máis segura, porque non está a valorar de forma regular (na vitoria en Andorra desta semana na Eurocup quedou en 5), pero igual é a bandeira que marca as diferenzas esta semana para os equipos afoutos.

Obradoiro – Valencia

(26, 20:00)

MAN, @BAS | BLB, @EST

No Obra as opcións máis sólidas están por dentro. Brodziansky leva sete semanas sen baixar da decena. Deberiámolo ver outra semana máis arredor da quincena. Kravic saíuse na ida, aínda que dende entón (xornada 11) non volveu acadar os 25 en ningunha. O normal é que tamén estea na quincena. No Valencia estaremos pendentes de Abalde, que non viaxou a Rusia por un proceso febril. Se viaxa a Compostela, debería xogar. Se o fai, as perspectivas son moi boas: está nun gran nivel e as baixas de Loyd e Sastre deberían darlle máis minutos. Se Abalde non chega, a opción sería San Emeterio. Por dentro tamén está confirmada a baixa de Tobey, pode ser boa xornada para Dubi, aínda que na ACB non me está a emocionar a súa opción.

O equipo do blog

En Andrómenas a decisión de dar entrada a Bassas serviu para salvar a xornada (aínda que no Hannah por Huertas fóronse unha morea de puntos). Rematei con 191.6 puntos que serven para escalar un chisco (gaño 214 puntos até o 3049º da xeral).

Polo de agora só teño clara a saída de Thompkins. O seu sería meter a Toko por el, pero non me chegan os cartos. Así que entra White no sitio do xogador do Madrid para facer uns cartos e deixo polo de agora dous trocos sen facer. Tamén terá que saír Delaney.