O importante na primeira xornada é saír con vida… así que non foi tan mal. Fixen 10 equipos de valoración para esta primeira xornada, 8 ao comezo e outros 2 o xoves (xa con tres partidos disputados). O meu mellor fixo 181.4 e rematou o 733º (que está moi ben comparado co desastroso comezo do curso pasado). Os trocos interxornada tiveron un efecto positivo neste equipo. A baixa de Rudy fíxome introducir a Carroll e para non ir só con catro bandeiras, metín a Vives por Sipahi. Aí foron uns cantos puntos a favor.
B
1º
Campazzo (15.6/+4)
2º
Laprovittola (14.4/+15)
Sipahi (12/+15)
Granger (2.4/-15)
Delaney (10.8/+6)
Bassas (22.8/+15)
Díaz (2/-15)
Senglin (5/-7)
Vives (16.8/+15)
3º
Lecomte (12/+15)
Vildoza (24/+15)
Ferrari (36/+15)
A
1º
Beirán (-2/-15)
Higgins (15.6/+15)
Rivers (7/-12.5)
Prepelic (13/+15)
2º
Booker (27.6/+15)
Davis (1.2/-15)
Shields (9.6/+13)
Claver (10.8/+15)
Salin (6/-8)
Avramovic (7/-15)
Tokoto (7.2/-15)
Magee (11/+15)
3º
Todorovic (3/-15)
Loyd (10.8/+13)
Conger (9/+15)
P
1º
Shengelia (25.2/+15)
Davies (30/+15)
Costello (18/+15)
Mickey (9.6/+15)
2º
Tavares (13.2/-7)
Shermadini (29/+15)
Mirotic (46.8/+15)
Tobey (13.2/+15)
Balvin (10.8/-3)
Fall (24/+15)
3º
Burjanadze (5/-15)
Kulboka (0/-15)
Mockevicius (21/+15)
Cruz (0/-15)
Para unha primeira xornada, á listaxe foille razoabelmente ben. Se non optamos por Beirán como xogador caro, había bastantes opcións de salvar a xornada.
Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15%.
B
1º
Bassas (-6)
Huertas (2)
2º
Vives (0)
Vildoza (5)
Cook (8)
Campazzo (20)
3º
Laprovittola (16)
Adams (9)
Sipahi (8)
Pozas (6)
A
1º
Harper (-11)
Eyenga (-1)
Brizuela (12)
Carroll (-1)
Bouteille (-16)
2º
Prepelic (15)
Higgins (13)
Booker (5)
Tomàs (-2)
Brown (-1)
Barreiro (-11)
Deck (0)
Díez (1)
Claver (7)
Rivers (9)
Martínez (-2)
Janning (0)
Abalde (0)
3º
Brussino (7)
Anderson (7)
P
1º
Mirotic (-2)
Davies (3)
Shermadini (6)
2º
Shengelia (18)
Mockevicius (-7)
Costello (7)
Kravic (-1)
Tavares (17)
Benzig (0)
Whittington (8)
Fall (2)
Omic (12)
Tomic (2)
Lima (7)
Labeyrie (-4)
3º
Diagne (15)
Hlinason (-11)
Sakho (3)
Como dicía no artigo anterior, agora hai que priorizar o broker (mais entre os que soben fácil, hai que elixir os que poden valorar máis). En canto aos trocos, este ano hai que pensalos un chisco máis: debemos ter en conta quen entra, mais tamén quen saíu por se temos que desfacer algún cambio iniciada a xornada.
Andorra – Fuenlabrada
(28, 18:00)
FCB, @GCA, BUR | EST, @RMA, MUR
O Andorra tivo un debut espantoso. Apenas se salvaron Sy e Diagne. O Fuenlabrada (equipo no que debutou na elite) é un moi bo rival para o pivote, que medrou moito o curso pasado —e parece seguir nesa liña—. O senegalés mellora os seus números de local, apórtanos unha bandeira e precisa para subir todo os mesmos 15 que fixo no debut. A semana que vén mediarase a outro ex nun encontro complicado (19 fixo o curso pasado). Nos de Cuspinera, Anderson anotou con boas porcentaxes e cun 7 súbeo todo. Porén, aínda que é un gran tirador, non sempre vai estar tan acertado (os tiradores adoitan ter mellores porcentaxes de local). Temos extras máis fiábeis. Eyenga botou o equipo ás costas, ten que ser o líder do Fuenla este ano e conta cun bo rival na vindeira xornada. Subirá todo. Mockevicius confirmou que é unha besta dos rebotes (liderou a Lega o curso pasado), iso xa de por si outórgalle moita fiabilidade á súa valoración, e ademais en ataque non se complica, só busca a canastra con vantaxe (iso tradúcese en altas porcentaxes e faltas recibidas). Os minutos xogados tamén van ao seu favor.
Unicaja – Canarias
(28, 20:30)
@BAS, JOV, @VBC | RMA, OBR, @MAN
Adams foi do pouco que se salvou nun Unicaja espeso e falto de ritmo. Amosou carácter cando o partido xa parecía decidido e cos seus puntos logrou darlle interese ao desenlace. A súa condición de extra dificulta darlle entrada, tampouco axuda que só sumase dende a anotación e que despois vaia a Vitoria. Nun debut decepcionante dos de Vidorreta, unha das mellores novas para o xogo foi Huertas. O paulista, que chegou con ritmo tralo Mundobasket, foi o xogador máis importante da ofensiva aurinegra. Atacou moito o aro (6 faltas recibidas), asistiu e incluso estivo atento aos rexeites. Xa o ano pasado estivo moi ben na visita ao Carpena e, polo que vimos no debut, a defensa do Unicaja ao un ten aínda moito por traballar (Alberto Díaz deu unha imaxe moi distante do defensor de elite que demostrou ser no pasado, asemade foi intranscendente na ofensiva). Os problemas físicos de López igual axudaron a que xogara tantos minutos, mais non semella que vaia reducir moito o seu tempo na cancha cando estea recuperado (no SM interésannos as minutadas). Xa adiantaba no artigo anterior que o ritmo baixo de Vidorreta e o seu estilo de xogo encaixaban moi ben con Shermadini. No debut xa roldou a trintena e promete darnos moitas alegrías este curso. Terá ganas de se lucir perante a súa antiga afección. O foco inesperado de valoración foi Díez. Singler, o titular, causou baixa de última hora (a ACB foi un completo desastre dando información na xornada inicial) e outro ex do Unicaja aproveitouno. O Madrileño sumou sobre todo a través de rebote. Se Singler continúa de baixa, temos nel unha bandeira moi interesante no regreso a un Carpena no que non deu o rendemento esperado. Os tres incluso teñen bos antecedentes do curso pasado perante o Madrid, rival da vindeira.
Bilbao – Valencia
(29, 12:30)
@OBR, BAS, @ZAR | BET, @FCB, UNI
Magnífica imaxe dos homes de Mumbrú no seu regreso á ACB. Amosaron un xogo moi coral, aínda que nel destacou o francés Bouteille. Estivo moi incisivo en ataque e tivo un gran acerto nas triplas. Non será un partido doado para el (replicar o 60% de tres semella complicado), mais no debut amosou moito carácter e garante suba do máximo durante algunhas semanas. Non tardou en amosar a súa calidade Rafa Martínez. Exerceu de veterán, tomou moi boas decisións, anotou o seu par de triplas en boas posicións e sobre todo axudou moito aos bases (6 pases de canastra). Desta volta enfróntase ao seu ex. Outro que estivo moi ben na toma de decisións foi Brown. Inmaculado dende a tripla, sumou ademais 4 rexeites a pesar da súa baixa estatura. Tamén deixou moi boas sensacións o Valencia, mais a súa gran rotación fai que sexa complicado atopar opcións fiábeis neste momento do xogo. O máis atractivo é Vives. Arrancou a tempada moi ben de físico e de confianza (4 de 5 en triplas), está moi barato (sube todo con tal de non facer negativo) e aporta unha cota. Mentres non regrese Colom, semella boa opción (a vindeira ten un partido favorábel de local). A Van Rossom descartaríao, fóra da casa o curso pasado baixou a súa valoración á metade e non cómpre asumir riscos neste momento. Abalde sube todo con facer positivo e estivo moi ben no debut. Podemos consideralo pola súa bandeira se precisamos algo nese rango de prezos, mais dá a impresión que o protagonismo nas ás do Valencia vai flutuar moito. Labeyrie sube todo con negativo, foi o mellor do debut e este ano o normal é que vaia gañando máis peso (ten moi boas condicións); porén, o ano pasado xa vimos moito baile na súa valoración: non foron estraños os partidos na vintena seguidos por encontros nos que quedou por baixo dos 5.
Estudiantes – Gran Canaria
(29, 12:30)
@FUE, MAN, @JOV | MAN, @AND, FCB
Na primeira xornada quedou claro que Brizuela xa superou os seus problemas no nocello: 19 de valoración contra o Baskonia. Vai ser o líder absoluto do Estu, van pasar moitas posesións polas súas mans. Ten moi bo calendario por diante. O único problema é que a estas alturas non é doado xuntar cartos para poder levalo. Debut moi decepcionante dos de Katsikaris, aínda que deixaron algúns xogadores de interese para o SM. Regresa á que era a súa casa o líder de asistencias do curso pasado: Cook (8 xa no debut). Ten un bo calendario por diante e semella que un ano máis vai ser dos xogadores con máis minutos en cancha, a pesar de ser un dos máis veteranos da liga. Harper deu unha exhibición anotadora que lle garante subas durante unhas cantas semanas e o Estu o curso pasado foi dos que máis recibía na posición. Costello confirmou as perspectivas, sumou moito dende o rebote e se non fixo máis foi porque tivo problemas para conter a Hlinason, semella que vai sufrir cos homes grandes (algo que hai que ter en conta para o futuro). Deberiamos poder quedar con el no equipo até o encontro fronte o Barça.
Betis – Joventut
(29, 17:00)
@VBC, ZAR, @BAS | BUR, @UNI, EST
Sipahi amosou que o pode facer moi ben este ano e que irá a máis en canto se asente. Non é dos máis atractivos á hora de fichar, mais se xa o tiñamos no equipo podemos seguir a confiar nel. Rivers demostrou as súas dúas caras no mesmo encontro. Empezou ben e acabou restando valoración no tramo final até chegar incluso a baixar de prezo. Aínda así, está moi barato, pode subir todo sen necesidade dunha gran valoración e a Penya non é mal rival. Whittington vai camiño dun gran ano e a Penya non se lle dá nada mal (roldou a vintena nos tres últimos enfrontamentos). Prepelic non só anotou, senón que repartiu cinco asistencias no debut contra o Madrid. Agora, contra un rival máis accesíbel, incluso debería ampliar a súa achega. Tampouco ten mal partido na vindeira de local. Omic fai números cunha facilidade asombrosa. Nun partido no que andou bastante despistado e contra un rival como o Madrid, rematou cun dobre-dobre. O Betis semella un rival propicio. A condición de extra de Harangody déixao fóra da listaxe, mais fixo un gran partido, é un interior moi sólido e ten unha suba bastante doada.
Zaragoza – Obradoiro
(29, 17:00)
@MUR, @BET, BLB | BLB, @CAN, RMA
Os de Fisac seguiron na liña intratábel da pretempada e gañaron ao Granca con máis claridade da que reflicte o marcador. Nos bases Alocén foi o máis levado do xogo e rematou en negativo (na listaxe non entrou, xa dixen que fóra non adoitaba dar a súa mellor versión). O que subiu todo foi San Miguel. Neste caso, de local e contra o Obra, creo que o fará mellor Alocén. En ningún caso é opción para fichar, mais se xa o tiñades no equipo e urxen outros cambios, eu quedaría con el nesta (e despois, con dous seguidos fóra, xa si que o vendería). Barreiro fixo un partido enorme ao rebote e aportou moita solidez ao equipo, veremos se mantén esa liña e esta tempada é a do seu despegue. Polo pronto vai subir moitas xornadas e cos cartos que aforramos dándolle entrada podemos compensar outras posicións. A outra á de interese é Brussino, chegou moi ben de forma após un gran Mundial e, sobre todo se Seibutis segue de baixa, debería darnos outra subida do máximo. Benzing regresou moi acoplado ao equipo, aínda que non tivo o seu día no tiro de tres (unha das súas principais virtudes), sumou moito dende o libre e foi moi efectivo no lanzamento de dous. Sube con negativo e vai ser un xogador moi importante este curso. A gran sorpresa do equipo foi Hlinason, que vai recibir ao seu ex após un dos mellores partidos da súa carreira. Estivo imparábel baixo o aro. Agardaría con el, a ver se é cousa dun partido, e o feito de que só capturase 2 rebotes déixao como unha opción de risco (se Justiz segue sen xogar, as súas perspectivas melloran). O Obra deu moi boa imaxe no debut. Pozas comezou con bo pé e tamén o fixera o ano pasado, igual se nalgún equipo precisamos un terceiro base cota podemos pensar en el. Magee subiu todo e amosou o seu potencial. Se apostáramos por el, podemos aguantalo, mais á hora de fichar a súa condición de extra pesa e hai outras opcións máis convenientes. O que deu mellores sensacións no inicio foi Kravic. Fixo un partido completísimo: atacou o aro con acerto e estivo magnífico no rebote e asistindo aos compañeiros. A do Zaragoza a campaña pasada era unha cancha esixente cos pivotes, mais se puido facer ese partido contra o Barça, semella moi boa opción e debería ter por diante varias subas.
Barça – Baskonia
(29, 18:30)
@AND, VCB, GCA | UNI, @BLB, BET
A baixa de Granger aumenta o interese de Henry (que estivo notábel no debut, mais o rival e a súa condición de extra aconsellan que agardemos) e de Vildoza. O arxentino chegou moi ben ao inicio tras un gran Mundial, precisa pouco máis de 5 para subilo todo e este ano vai ser moi importante no Baskonia. A única opción nas ás e Janning, pola súa condición de tirador (pódelle facer dano ao Barça) e polo bo debut, subirá mentres non faga negativo. Toko comezou a tempada como se esperaba. O Barça é un rival duro, mais fixo bos partidos nos últimos tempos contra eles. Iso si, está caro e precisa roldar a vintena para subir o máximo. Agardaría cando menos unha xornada máis para darlle entrada; se xa o temos, podemos quedar con el sen moito temor ou aproveitar os cartos para reconstruír os equipos. Fall é unha máquina de valorar: foise á vintena en menos de 16 minutos de xogo. Sube todo con só dous e debería seguir sumando nos minutos que ten. Debemos quedar con el se xa o tiñamos; á hora de fichar, apostaría por alguén con mellor calendario. O Barça suou máis do esperado en Compostela. Delaney non é un xogador para entrar nesta, aínda que o podemos aguantar se xa o tiñamos porque coa baixa de Pangos vai ter moitos minutos. Claver fíxonos o traballo que esperabamos del para unha bandeira a bo prezo e podemos seguir con el cando menos unha xornada máis. Higgins estivo na súa liña. Subiu todo e as perspectivas con el son boas. Se xa o levamos, non imos gastar un troco en sacalo; á hora de fichar, temos que pensar se nos convén investir tanto nas ás. O mellor do Barça está por dentro. Tomic sorprendeu cun partido na vintena após da mala imaxe da Supercopa. Sube todo cun dous, así que pode ser unha boa forma de buscar unha diferenciación. Aínda así, coa dureza do rival e tal como viña, espértame algunhas dúbidas. Non é así no caso de Davies, está a amosar un poderío impresionante. En só 17 minutos, porque estivo un tempo sentado por unha escordadura leve no nocello (aínda que despois volveu coma se nada, incluso se pegou un matazo), tivo abondo para acadar a trintena. Debe seguir nos que estaba e é unha opción a considerar para darlle entrada. O tal Mirotic que ficharon este ano semella que malo non é. Superou os 45 no debut (primeiro MVP da xornada nunha colección que semella que vai ser ampla). Sube cun negativo e o seu prezo aínda se vai disparar máis. Se podemos darlle entrada, debemos facelo; mais se temos problemas de orzamento, igual non vale a pena descompensar todo o equipo para levalo. Ademais, ten outro punto a favor:
Madrid – Murcia
(29, 20:00)
@CAN, FUE, @OBR | @ZAR, BUR, FUE
Pensei que Laso nos daría unha tregua dalgunhas xornadas, mais non. Xa vimos unha rotación moi longa dende o principio. Para o Madrid vaille moi ben, están todos implicados e o equipo é unha apisoadora; para o Supermanager, non nos vén tan ben. Non diría que temos que vender o Facu, é ben capaz de irse á vintena en só 15 minutos (o lóxico é que volva roldar a vintena en cancha coma no debut), mais á hora de gastar tantos cartos nunha fichaxe, apostaría por outra opción. O mesmo aplicaría para Lapro, se xa o tiñamos, podemos aguantalo nesta, mais está moi caro para darlle entrada nesta fase do xogo. Algo moi similar podemos dicir de Tavares. Carroll mantivo a liña da pretempada, e non son tan frecuentes os seus grandes partidos a domicilio. A baixa de Rudy beneficiouno; incluso aínda no caso de regresar o balear, ségueme a parecer unha grande opción para esta xornada, sube con negativo, ten un prezo moi apetecíbel e na casa falla moi poucas veces. Se temos unha praza de extra libre, Deck é unha opción moi económica. Fixo un gran Mundial, chega en forma e sube todo con tal de non valorar negativo. A dureza do rival reduce moito as opcións nos de Sito. Podemos aguantar a Lecomte se temos cambios máis urxentes, e tamén a Hunt ou Sakota. Booker amosou o liderado que se espera del, anotou e tamén asistiu. Non ten unha saída doada, pero saldou roldando a vintena as súas dúas visitas a Madrid co Murcia e Betis.
Burgos – Manresa
(2, 20:30)
@JOV, MUR, @AND | GCA, @EST, CAN
Bassas non só valorou moi ben, senón que dirixiu de marabilla (tanto que xogou máis ca Fitipaldo, o teórico titular). Creo que é un perfil que se adapta moi ben ao xogo de Peñarroya (que sacou ouro dos bases o ano pasado en Manresa). Ademais, ten un bo calendario por diante. Fixo. Lima, en especial cos problemas de nocello que arrastra Huskic, pode ser unha bandeira interesante. Ambos confirmaron o bo momento na Champions. Cunha das sensacións do debut fóra por un par de meses (Ferrari), perdemos o xogador máis interesante do Manresa. Tomàs tamén tivo un grande inicio de curso, traballou motísimo e sumou sobre todo a través do rebote. Apunta a que vai ser un dos xogadores de confianza de Pedro Martínez e ao Burgos vén de lle facer moito dano ao tres Eyenga. Tamén moi completo foi o partido de Sakho, que xa deixara boas sensacións o curso pasado e aporta unha bandeira de interese; aínda que o ano pasado veuse superado con claridade por Huskic (será difícil que o repita desta volta).
Andrómenas comezou cun 141.8 que me deixa no 12451º da xeral. Acertei con Bassas e Daivies. A baixa de Seibutis fíxome dano (tiven que meter sen moito convencemento a un Marinkovic que baixou o máximo) e tampouco acertei coas bandeiras de Díaz e Todorovic. Porén, comparado co desastroso debut do curso pasado (case 50 mil da xeral), polo menos a xornada está salvada.
Aínda que agora os equipos nunca son definitivos, polo de agora quedaría así. Vou quedar coas bandeiras indesexadas de Díaz (a ver se o Carpena o transforma como aconteceu outras veces) e Todorovic. Confiemos en que Mickey salve polo menos a suba. Vou dar entrada xa a Mirotic por Shengelia, a Barreiro por Marinkovic e a Bouteille por Salin, coa intención de que os tres queden unhas cantas xornadas no equipo.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence á serie O Dr. Slump e Arale.