A xornada inicial adoita ser complicada e incerta. Esta foi a Shengelia das xornadas complicadas e incertas. Jankovic, Cate, Clavell, Oleson… supuxeron cambios gratis a prezo de ouro. Pangos lesionouse. As gangas saíron máis caras ca nunca. Cando xa parecía que as cousas non podían ir a peor, suspendeuse o Breogán-Joventut e Llull colleunos polos nocellos e baleirounos os petos onde gardabamos as poucas moedas que inda conservabamos.
Xa hai resolución oficial para o Breogán-Penya e esta vez non é arbitraria. Ese suposto viña recollido no regulamento do xogo, así que non había máis que aplicalo: a xornada queda aberta —con puntuacións provisorias— ata que se dispute o partido (inda sen data), entón sumaranse aos nosos equipos a valoración —e puntos, rebotes…— dos xogadores que tivéramos dese partido e coñecerase o equipo gañador da primeira xornada. O broker deses xogadores non variará trala disputa do encontro, e por tanto non nos reportan nin nos van reportar nin un can. Iso en fase de acumulación é dramático (ou, na liña na que transcorreu a xornada, se callar resulta unha beizón que nos evita quedar a deber cartos).
Para a listaxe, e por extensión para os meus equipos, foi unha xornada terríbel. Nada que ver co bo comezo do ano pasado. Se ben a disputa do partido adiado pode cambiar algo a clasificación final da xornada —tampouco gran cousa—, o broker obtido dá unha mellor visión da catástrofe: no que máis gañei foron pouco máis de 400 mil e incluso houbo algún equipo no que rematei con menos cartos que ao principio. Agora ben, os equipos estaban creados pensando en poder facer un equipo con subas garantidas nesta xornada 2 —de aí que recorrese a ter uns cantos xogadores que daban cambio gratis—. Haberá que agardar ao remate desta segunda para ver ata que punto foi mal a cousa.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Segundo banzo
Segundo escalón
Terceiro banzo
Tercer escalón
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Segundo banzo
Segundo escalón
Terceiro banzo
Tercer escalón
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Segundo banzo
Segundo escalón
Terceiro banzo
Tercer escalón
Como dicía no anterior artigo, a pretempada adoita ser mentirana. Un Pangos que andaba a ser o base máis destacado no Barça estivo gris —inda por riba lesionouse— e foi Heurtel o que brillou; Cate e Smits, con bastante protagonismo nos seus equipos, unha vez comezada a liga apenas xogaron —6 e 7 minutos—; as rotacións en xeral foron bastante diferentes… Nesta primeira xornada os pequenos detalles marcan grandes diferenzas. Stan Okoye é o mellor exemplo: con 10 de valoración lanzou unha tripla na derradeira xogada do encontro, se entraba, subía o 15%. A pelota non entrou e baixou case o 15%. Xogadores como Claver, Hakanson ou Jaramaz non chegaron á decena, inda que a súa suba de prezo dá as súas xornadas por boas, e Llull, a pesar do 13.2, resultou unha moi mala compra, porque nos custou case 150 mil euros.
Dicía a semana pasada que debiamos mirar polo broker mais tamén pola valoración; a ruína da primeira xornada e a —relativa— escaseza de xogadores que garanten broker, obrígame a incluír na listaxe xogadores que teñen subas moi doadas pero perspectivas de valoración modestas. Para a xornada da fin de semana debería haber máis xogadores que conxugaran ambas.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Heurtel
Renfroe
Segundo banzo
Segundo escalón
McCalebb
Bassas
Terceiro banzo
Tercer escalón
Santana
Díaz
Jaramaz
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
J. Fernández
Segundo banzo
Segundo escalón
Garino
Vitali
Terceiro banzo
Tercer escalón
Tomàs
Barreiro
Dawson
Claver
Okoye
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Shengelia
Tomic
Poirier
Segundo banzo
Segundo escalón
Randolph
Clark
Lalanne
Terceiro banzo
Tercer escalón
Salvó
Radoncic
Saiz
Como as cousas están tan mal, temos que minimizar os riscos. Os xogadores que inda que teñan xornadas favorábeis precisen altas valoracións para subir o broker non entran esta semana na listaxe —con algunha excepción—. Non nos podemos permitir que algún nos custe 150 mil euros como Llull na primeira, agora que hai varios xogadores importantes que soben incluso con valoracións negativas. Recomendo saír con cando menos 5 bandeiras e só un máximo dun extracomunitario (na listaxe non hai ningún) para ter maior marxe nos cambios da terceira.
As opcións máis caras, coa excepción de Heurtel, ofrecen un risco monetario que non podemos asumir trala mala primeira xornada, así que o sensato é pensar en xogadores máis económicos que garantan subas.
primeiro banzo
primer escalón
Thomas Heurtel volveu ao nivel estelar que amosou o ano pasado. É un xogador capaz de anotar e cunha grande visión de xogo, que se entende moi ben cos interiores do Barça. Só precisa un 3 para subir todo. Pangos lesionouse no partido da fin de semana, polo de agora non hai novas, mais inda que xogue supoño que non estará ao 100%. É unha grande opción que nos debería dar cando menos un par de subas do 15%.
Alex Renfroe no primeiro partido amosouse como o líder do Manresa, cando menos ata que regrese Doellman. Estivo magnífico: anotou, dirixiu, tomou moi boas decisións e anotou a canastra da vitoria. Non ten un rival doado esta semana —Barça—; porén, xoga dous partidos seguidos como local, sobe todo cunha valoración negativa —Hannah vén de facerlle un 14 aos culés— e na xornada da fin de semana recibe á Penya, que é un rival favorábel. Ademais, garante preto de 30 minutos por encontro.
segundo banzo
segundo escalón
Bo McCalebb non está aínda na súa mellor forma pero vino bastante ben no debut —mellor do esperado—, dirixindo o equipo con criterio —5 asistencias—, acertado no tiro exterior —2 de 2— e sen forzar as situacións. Enfróntase de local a un dos mellores rival posíbeis, GBC, e o 9 que precisa é moi factíbel. Ten un pouco máis de risco que os que soben cunha valoración negativa, mais a cambio ten maiores opcións de pico.
Ferran Bassas segue a medrar tempada tras tempada, cada vez é un xogador máis completo e ten a confianza de Vidorreta. Foi o base que máis xogou contra o Madrid e conseguiu un 12 a pesar de ter un moi mal día no tiro de tres —unha das súas virtudes—. Todo grazas ás 8 asistencias que repartiu. Sobe todo cun 1 de valoración, vai xogar cando menos 20 minutos —estivo en cancha 26 no debut—, ten dous partidos como local e contra rivais favorábeis: Breogán e Obradoiro.
terceiro banzo
tercer escalón
Para unha semana temos a opción Fabio Santana, inda que está supeditada a que Seibutis siga de baixa —a ver se o parte bota algo de luz—. Coa ausencia do lituano, eses minutos repartiríanse entre os exteriores e volvería xogar arredor dos 15 como na primeira xornada. O mellor é o rival, un GBC que deixou moi malas sensacións no partido inaugural e que permitiu a ambos bases do Fuenla superar a decena. Non me estrañaría que volvese valorar preto dos 10 e só precisa un -4 para subir o 15%. Despois vai a Burgos. Alén desta xornada non pensaría nel —inda que polo menos debería darnos cartos durante algunha máis—, o normal é que non volva aparecer na listaxe no resto da tempada, mais coa necesidade de broker que temos e as presumíbeis facilidades do GBC pinta bastante ben para este segundo partido se precisamos un xogador barato.
Alberto Díaz estivo a traballar en mellorar o seu lanzamento exterior e no debut fixo un pleno en triplas: 5/5. Será difícil que se repita algo así no que queda de tempada e ese 25 do debut non vai ser a norma, inda que é un xogador importante no seu equipo —mais un deses nos que a súa importancia non se adoita reflectir na valoración—. Por iso sabemos que minutos vai ter —arredor dos 20—, é bandeira e sobe todo cun -7. Non parece que vaia ser un xogador interesante a medio prazo, pero para esta xornada, contra un Fuenlabrada que non lle vén mal e coa suba de broker, pode valernos nalgúns equipos. Despois xoga en Madrid contra o Real.
Jaramaz cumpríu no debut cun 9 e agora só precisa un 6 para subir todo. Se non o tedes no equipo eu non o ficharía, mais se o fichastes na primeira e contades con cambios máis urxentes pode continuar tranquilamente. O normal é que xogue uns 20 minutos e véñenlle dous partidos como local. Enfróntase primeiro ao Baskonia, que concedeu bastante valoración na primeira xornada ao Zaragoza, e precisamente contra os maños ten o partido da fin de semana.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Esa necesidade de minimizar riscos deixa fóra a Llull. Como dicía ten un calendario complicado e, en consecuencia, moi favorábel para que valore ben. Valencia e Unicaja, próximos rivais, deberían poñer en máis apuros ao Madrid, polo que Llull terá que xogar máis minutos e asumir máis tiros. Así que incluso debería subir o máximo en ambas, mais, en caso de fallar, unha nova baixada de broker sería definitiva para os nosos equipos. Así que tendo a Heurtel nos bases e opcións seguras de xogadores caros nos pivotes, semella un risco innecesario —alén dos que teñan moitos equipos, que se poden permitir buscar o pico de Llull—. Aínda que está en bastantes equipos e sube todo con só 4, Bellas non entra na listaxe polo rival. Enfróntase a un Unicaja que só concedeu 4 de valoración —entre os dous— aos bases do Valencia Basket. Polo mesmo non vexo unha opción fiábel en Rupnik —xa veremos a medio prazo—, que ten unha suba incluso máis doada —negativo— pero tamén conta con menos minutos. Pérez só precisa un 2 para subir todo e xogou 22 minutos no debut, mais Gutiérrez vai ir restándolle tempo de xogo xa dende esta xornada e a súa importancia decrecerá.
É a posición que ofrece menos alternativas. Parece razoable aforrar aquí e darlle entrada a algunhas bandeiras.
primeiro banzo
primer escalón
O debut de Jaime Fernández foi espectacular nun Unicaja que deu mellor imaxe da esperada. O cambio de posición parece que pode potenciar as súas virtudes. Estivo moi incisivo en ataque, o que se traduciu en 6 faltas recibidas e un 5/5 en libres. Ademais deu 5 pases de canastra. Apunta a unha das bandeiras máis relevantes do ano na posición, inda que non será fácil fichalo polo seu prezo —é mellor inverter nos pivotes—. Sobe todo con só 1 e ten dous partidos seguidos na comunidade de Madrid: Fuenlabrada, rival propicio, e despois o Madrid, que será un moi complicado. O -1 na Eurocup de onte rebaixa un pouco as expectativas.
segundo banzo
segundo escalón
O «Pato» Garino fixo unha boa pretempada e comezou a liga de forma inmellorábel. A rotación do Baskonia é longa, polo que uns días van destacar uns e outros días, outros. O bo é que garante cando menos uns 15 minutos de xogo, vai subir durante varias xornadas porque só precisa un -9 e por diante ten un calendario moi favorábel: Burgos, GBC e Fuenla, dos que só o derbi será como local.
Michele Vitali tivo un gran debut no Andorra, é un xogador completo que pode axudar en diferentes facetas e estivo moi agresivo en ataque. A pesar do 2 de 7 en tiros de 2, rematou cun 16.8 de valoración. Mentres Walker siga de baixa vai ter moitos minutos —30 no debut— e o Joventut é un rival favorábel. Contra o Barça pode ofrecer algunhas dúbidas máis, porque no 2 é onde o Barça concede máis e o italiano xoga máis tempo no 3, pero o -2 que precisa para subir todo esta xornada deberían supoñer cando menos un par de subas.
terceiro banzo
Co regreso a Manresa parece que volveremos ver a versión 16-17 de Pere Tomàs. O gran debut fai que suba todo con -1 e está a un prezo interesante. Contra o Barça non me convence tanto, cando menos un 5 si debería facer, mais contra a Penya creo que o vai facer moi ben. Non vexo mal que se adiante a esta xornada a súa fichaxe se outros xogadores da listaxe non nos inspiran confianza e tampouco é que sobren as opcións.
Co regreso a Manresa parece que volveremos ver a versión 16-17 de Pere Tomàs. O gran debut fai que suba todo con -1 e está a un prezo interesante. Contra o Barça non me convence tanto, cando menos un 5 si debería facer, mais contra a Penya creo que vai facer moi ben. Non vexo mal que se adiante a esta xornada a súa fichaxe se outros xogadores da listaxe non nos inspiran confianza e tampouco é que sobren as opcións.
O cercedense Jonathan Barreiro debe seguir medrando esta tempada. Comezou a liga con bo pé cun 10 contra o Baskonia a pesar do 1 de 4 nas triplas. Se Seibutis continúa de baixa, vai xogar outra vez por riba dos 20 minutos, disporá duns cantos lanzamentos, o seu físico vaille permítelle rebotear ben e o GBC é un rival moi favorábel. Precisa de 3.1 para subir todo e está a bo prezo.
Shawn Dawson baixa ao último banzo porque como se suspendeu o seu partido segue a precisar 11 de valoración para subir todo. Entón, non recomendo fichalo se non se tiña e ir a por xogadores que teñen a suba garantida, mais nos equipos nos que xa estaba non é mala opción mantelo. O partido contra o Andorra non é tan favorábel como o do Breo, mais os 617 mil que custa agora é un prezo moi interesante para un xogador que este ano debería acadar o millón. A fin de semana ten un partido propicio na visita ao Manresa. Os problemas físicos quedaron atrás, adestra con completa normalidade.
Víctor Claver tamén é un xogador que pode continuar nos equipos nos que estaba. A súa valoración non foi a esperada e inda así subiu bastante porque está a un prezo moi económico. Mentres Hanga siga de baixa vai seguir superando os 20 minutos por partido e resulta bastante improbábel que volva ter un partido con só 1 rebote capturado. Contra o Manresa pode facer tranquilamente os 8 que precisa para subir o 15%.
Stan Okoye non subiu todo por esa tripla no último segundo que non entrou —de feito, baixou o 15%—, inda que xa no primeiro partido apuntou a novo Gary Neal —salvando as distancias—. Vai ter carta branca para lanzar a canastra cando queira e no debut, contra o Baskonia, anotou 16 puntos que só son un aperitivo. Queda neste último chanzo porque precisa 12 para subir todo, pero tendo en conta que xoga contra un dos equipos máis febles da categoría, GBC, a min non me estrañaría nada que se fose á vintena. Unha opción con certo risco que pode darnos unha grande alegría e que conta cun calendario favorábel: despois xoga contra o Burgos e o Barcelona —é o tipo de xogador que lle pode facer moito dano aos culés—.
fóra da listaxe
Toolson ten un bo partido por diante, o Barça concede moita valoración na posición e xa na pretempada contra os culés acadou a vintena. Para quen queira asumir riscos pode ser unha opción interesante. Porén, os máis de 14 que precisa para subir todo fan que quede fóra da listaxe. Evans entrou na listaxe da primeira xornada, subiu todo e deume unha impresión moi boa. Porén, mancouse nun nocello e inda non adestrou en toda a semana, así que en principio, á espera do parte, queda fóra. A pesar de que Llorca é o xogador que precisa menos valoración para subir o 15%, abóndalle cun -10, non entra na listaxe porque nese pico tiveron moito que ver o rival —GBC— e as baixas exteriores que tiña o Fuenla. Agora enfróntase ao Unicaja e é posíbel que xa regrese algún dos xogadores ausentes no debut. Se no parte dise que seguirán as baixas, pódese considerar a opción, mais inda así hai outros xogadores que con máis opcións de ofrecernos broker e unha boa valoración. Queda fóra tamén Kostas Vasileiadis, que entrou na listaxe a xornada anterior e foi dos máis destacados cun recital dende a liña de tres. Esta xornada non debería ter problemas para subir todo, só precisa un 6, mais xa está caro, ten dous partidos seguidos nas Canarias —xa dixen que me gusta moito máis de local— e o Obra acaba de fichar a Kyle Singler —que inda non foi dado de alta—. Se xa o tiñades, igual o podedes manter nesta xornada, senón, hai opcións máis económicas que garanten máis subas. Hillard ten fácil subilo todo, só precisa un 4, pero debido á gran rotación exterior do Baskonia, o seu prezo e que é extra, hai outras opcións mellores. Se xa o tiñamos, podemos inverter eses cartos en equilibrar o equipo.
Toolson ten un bo partido por diante, o Barça concede moita valoración na posición e xa na pretempada contra os blaugrana acadou a vintena. Para quen queira asumir riscos pode ser unha opción interesante. Porén, os máis de 14 que precisa para subir todo fan que quede fóra da listaxe. Evans entrou na listaxe da primeira xornada, subiu todo e deume unha impresión moi boa. Porén, mancouse nun nocello e inda non adestrou en toda a semana, así que en principio, á espera do parte, queda fóra. A pesar de que Llorca é o xogador que precisa menos valoración para subir o 15%, abóndalle cun -10, non entra na listaxe porque nese pico tiveron moito que ver o rival —GBC— e as baixas exteriores que tiña o Fuenla. Agora enfróntase ao Unicaja e é posíbel que xa regrese algún dos xogadores ausentes no debut. Se no parte dise que seguirán as baixas, pódese considerar a opción, mais inda así hai outros xogadores que con máis opcións de ofrecernos broker e unha boa valoración. Queda fóra tamén Kostas Vasileiadis, que entrou na listaxe a xornada anterior e foi dos máis destacados cun recital dende a liña de tres. Esta xornada non debería ter problemas para subir todo, só precisa un 6, mais xa está caro, ten dous partidos seguidos nas Canarias —xa dixen que me gusta moito máis de local— e o Obra acaba de fichar a Kyle Singler —que inda non foi dado de alta—. Se xa o tiñades, igual o podedes manter nesta xornada; se non, hai opcións máis económicas que garanten máis subas. Hillard ten fácil subilo todo, só precisa un 4, pero debido á gran rotación exterior do Baskonia, o seu prezo e que é extra, hai outras opcións mellores. Se xa o tiñamos, podemos inverter eses cartos en equilibrar o equipo.
Hai que deixar boa parte do orzamento para esta posición, que ofrece grandes opcións que van dar moitos cartos e puntos.
primeiro banzo
primer escalón
Nada novo que dicir de Toko Shengelia. Tiña que estar na primeira xornada e con máis razón nesta. Con 6 sube todo, vén de ser MVP e non me estrañaría se o volve ser na dobre xornada desta semana contra o Burgos e GBC.
Ante Tomic recompensou cun pico aos que apostaron por el no debut. Agora xoga fóra da casa, Manresa, onde adoita valorar mellor e só precisa un 2 para subilo todo. Nas súas últimas 5 visitas a Manresa ten unha media superior aos 30.
O debut de Vincent Poirier foi fabuloso. Xa a tempada pasada estivera a gran nivel e este ano vai ir a máis. É unha forza incontrolábel. O xogo interior do Burgos amosouse moi feble no debut e o francés pode volver superar a vintena contra eles. Cun 4 xa sobe todo e o GBC tamén é un rival propicio. Vai ser complicado atopar cartos para fichalo, mais se non nos chega para fichar a Tomic, igual a el si que nolo podemos permitir.
segundo banzo
segundo escalón
Randolph comeza a tempada nun bo estado de forma e o 12 do debut permítelle subir todo cun 7. Se Thompkins segue dado de baixa volve ser unha boa opción contra o Valencia, que debería esixir máis ao Madrid e iso repercutiría nun aumento dos minutos do xogador con pasaporte esloveno. 24 e 22.8 fixo o ano pasado contra os taronja. Despois enfróntase ao Unicaja na casa, contra o que quedou en 16 o curso anterior.
No debut Daniel Clark deixou mostras de que pode volver ser unha bandeira relevante. O seu gran problema era que xoga moito por fóra, co que a súa valoración dependía en exceso do acerto na tripla. Iso non lle outorgaba fiabilidade. Xa o ano pasado empezamos a velo pisar máis a zona en Donostia e na súa volta ao Fuenla —no que xa estivo na 14-15— capturou 7 rebotes contra o seu ex. Agora ten un partido complicado na casa contra o Málaga, inda que o ano pasado superou a decena nos dous encontros contra os verdes, e despois xoga no campo de outro ex: Estudiantes. Cun -2 sube todo e atópase nun rango de prezo interesante para completar os equipos.
Sobre Cady Lalanne lera que viña bastante fóra de forma, mais dende logo que non me deu esa impresión no primeiro partido de tempada. Si que o vin bastante perdido, pero é normal porque acaba de chegar. Ten moi boas condicións físicas e semella un xogador de nivel que vai ser importantísimo no Resa. Está moi barato e debe subir de prezo durante unhas cantas semanas, polo pronto farano cun -1. O Barça non é o rival ideal, mais eses menos de 300 mil que custa axúdannos a completar os equipos e a fin de semana o seu poderío físico debería crearlle bastantes problemas á Penya.
terceiro banzo
tercer escalón
Miquel Salvó cumpriu co esperado, deunos a suba e 12 puntos grazas aos 10 rebotes capturados. Á hora de fichar igual preferimos apostar por outros xogadores, mais se xa o tiñamos no equipo o mellor é non gastar un cambio con el: precisa pouco máis dun 3. Xoga contra un Zaragoza que foi masacrado polo xogo interior do Baskonia no debut —parece que poden recuperar a Fran Vázquez e perder a Nacho Martín para a segunda— e despois enfróntase contra o Baskonia, momento no que pode ser interesante desfacernos del.
Dino Radoncic, un dos xogadores que máis van medrar este curso, comenzou con bo pé —no individual— a súa cesión en Burgos. Xogou moitos minutos, anotou con boas porcentaxes e capturou 5 rexeitamentos a pesar de que está a xogar na posición de 3. Ese 14 do debut permítelle subir o máximo a partir de 0. Agora ten dous partidos por diante como local, xa sabemos o moito que empurra polos seus a afección do Burgos, contra o Baskonia —que é máis accesíbel no 3 que nas posicións interiores— e Zaragoza. Non podemos esperar picos, mais coido que o fará ben. Está barato e apórtanos unha bandeira.
Sebas Saiz logrou salvar a primeira xornada cun partido por riba da decena contra o Madrid e agora ten por diante dous encontros propicios. O ano pasado melloraba moito as súas prestacións como local e agora ten dous partidos seguidos en La Laguna: Breogán e Obradoiro. Por desgraza, agora hai máis minutos a repartir entre os interiores porque Gielo lesionouse de gravidade no debut. Precisa un 9 para subilo todo.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Oriola non entra esta semana, aínda que empezou moi ben —e se non chega a estar tan mal no libre, tería acadado a vintena—. Fóra da casa baixa moito e agora ten dúas saídas consecutivas. Tampouco entra Nacho Llovet a pesar do pico da primeira xornada. Xa sabemos que é un xogador que de cando vez dá algún pico, mais o normal é que se mova en valoracións modestas. O Burgos deu unhas facilidades na primeira xornada que non vai ter nos dous partidos nas Canarias, inda que as dúas subas son seguras. A eses 600 mil que custa podémoslle sacar máis rendemento en canto a valoración noutros xogadores. Dubi, e máis coa lesión de Tobey, debería facelo ben e incluso Ayón ten boas perspectivas, mais xa temos no primeiro banzo opcións moi boas e con subas inda máis doadas. Se non temos cartos para máis e nos conformamos só coa suba, Chema González pode valernos para completar o equipo.
Só 109 puntos no debut —con Mathias e Dawson aínda por xogar— e apenas 73 mil euros gañados nun arranque catastrófico. 48570º na clasificación provisoria. Isto xa só pode ir para arriba.
Cos catro cambios extra podo encarrilar un pouco o broker, só Dawson e Claver non garanten a suba do 15%. Queda demasiado en caixa para o meu gusto, mais polo menos o equipo satisfaime. Saen así —ademais dos xogadores de Murcia e Estu— Llull, Pangos e Mathias. Entran Renfroe, Bassas, Santana, Vitali, Tomàs, Tomic e Lalanne. A gran presenza de bandeiras debería poñerme as cousas máis doadas para os cambios da terceira.


Non hai tempo entre a segunda e a terceira xornada para escribir a análise, mais si que publicarei a listaxe de xogadores interesantes. Xa que este ano non se poden ver os chíos sobre o xogo na páxina principal do SuperManager, iso complica moito a difusión destes artigos. Se alguén ten conta no foro do xogo e quere compartilos alí, estareille moi agradecido. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos textos e de calquera cambio na análise.
Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence á serie de Netflix Disenchantment.