SuperManager x. 20: quedar cun bo sabor

Actualización coas novas de última hora: Llull non xogou na Euroliga e Laso xa confirmou que é baixa para a xornada. Iso fai que Campazzo se converta nunha das mellores opcións nos bases (entra no primeiro banzo). Sen o menorquino ten unha media de valoración de máis de 20, o Baskonia non é un gran defensor na posición e na ida foise á trintena contra os vitorianos (e 12 na Euroliga en só 16 minutos). Fisher fixo unha escordadura de nocello leve durante a semana, mais espérase que poida xogar (mantén o seu sitio na listaxe). No Barça non estará Tomic. Iso outórgalle certo atractivo a outros interiores, en especial a Seraphin, mais non é garantía de nada (a rotación interior culé segue a ser incerta, está dado de alta Pustovyi). O francés entra na listaxe, mais fainono terceiro banzo e como opción de risco.

Despois desta xornada teremos un merecido descanso de dúas semanas pola disputa da Copa e os partidos de clasificación para o Mundobasket. As boas ou malas sensacións que nos deixe esta xornada permanecerán moito máis do habitual no noso padal.

Como xa avisara, non escribirei artigos para o SuperManager da Copa. Porén, o ano pasado si que o fixen, e nese artigo podedes ler as peculiaridades do SM da Copa e a estratexia a seguir (só tedes que saltar a análise, tanto o comezo como o final do artigo manteñen a vixencia). Coma sempre, tede en conta que non son un gran xogador de SuperManager, nesa edición do ano pasado rematei no Top 100 polos pelos (por suposto é máis doado facelo nese ca no da liga regular, porque participan moitos menos equipos).

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

No baloncestístico a xornada estivo marcada por un Unicaja-Madrid que foi moitos partidos contidos nun só. Comezamos vendo ao mellor Madrid do curso, que pasou por riba dos malagueños coma unha apisoadora. Cando o atractivo do partido semellaba reducido a ver até onde podían elevar a vantaxe os brancos, o Unicaja resucitou cun partido estelar de Jaime Fernández e un inmenso Milosavljevic no seu papel, aos que se lle uniu un brillante Shermadini que lle gañou a partida ao xogo interior merengue. Cando o Unicaja xa tiña o partido no peto, con pouco máis dun segundo de xogo e tiros libres para Díez, este, após fallar un primeiro tiro libre que debería ser intranscedente, non fixo o propio co que tiña que errar para deixar ao Madrid sen opción: dentro limpo. Ao Madrid abondoulle unha canastra de 2 para levar o partido á prórroga. Nestas situacións, o equipo que tirou a vitoria adoita pagalo no tempo extra. Así foi. Cando todo parecía xa decidido a favor dos brancos, volveron resucitar os verdes liderados por Jaime Fernández no mellor partido da súa carreira. Anotou incluso a tripla da vitoria.

No SM volvemos ter unha xornada de grandes valoracións (e por tanto de perigo), marcada pola baixa de última hora de Llull (que desembocou nunha saturación do xogo). Esa baixa de última hora fixo que algúns managers se visen obrigados a quedar con Jaime Fernández, con erótico resultado; outros non tiveron máis remedio que manter a Heurtel, con escatolóxico resultado. A baixa do francés volvímola saber por segunda semana consecutiva xa cos cambios fechados. De cales fun eu? Non é difícil adiviñalo. Coa baixa de Llull, tiven que quedar con Heurtel, ao que se lle uniron Tavares e Will Thomas na peor xornada do ano. Perdín máis de 160 postos até o 474 da xeral. A algún outro dos meus foille mellor, o meu segundo con Llovet e Huskic gañou posicións até o 399º (pasa a ser o meu mellor). O meu tope da xornada foron os 226.4 puntos que lle valen ao meu terceiro (libre de Heurtel pero con Tavares) para entrar no Top 1000. Está a ser un ano moi complicado. 

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Laprovittola (22)

Fisher (28.8)

Segundo banzo

Segundo escalón

Ennis (22.8)

Huertas (8.4)

Llull (-)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Fitipaldo (24)

Pérez (5)

Vives (2)

Alocén (14.4)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Brizuela (6)

Beirán (21.6)

Okoye (37.2)

Segundo banzo

Segundo escalón

Vasileiadis (20.4)

Gentile (23)

Popovic (8.4)

Toolson (21)

M. Thomas (11)

Terceiro banzo

Tercer escalón

McFadden (-1)

Shields (27.6)

Eriksson (10)

Eyenga (24)

Seibutis (16.8)

Vidal (3)

Díez (14.4)

Cancar (21.6)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Dubljevic (13)

Todorovic (15)

Caner-Medley (10)

W. Thomas (2)

Tavares (6)

Huskic (24)

Segundo banzo

Segundo escalón

Balvin (11)

Tomic (6)

Brodziansky (6)

Llovet (24)

Whittington (16)

Harangody (11)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Voigtmann (33.6)

Vázquez (3.6)

Singleton (-3)

Diagne (8.4)

Shurna (28.8)

Brown (4)

Á listaxe non lle foi mal. Estiven moi atinado nos bases, incluída a exclusión de Heurtel (outra cousa é que tivese cambios para poder vendelo nos meus equipos coa baixa de Llull). Moi ben tamén nas ás, a pesar de excluír a Jaime (inda que deu unha pista no bo partido en Europa, era difícil predicir o mellor encontro da súa carreira contra unha das mellores defensas de Europa). Nos pivotes é onde máis pegas se lle pode poñer á análise. Tavares supón unha incógnita demasiado grande para poñelo tan arriba, pequei un pouco de prudencia ao poñer a Huskic tan abaixo no primeiro banzo pola incorporación de Sutton e Voigtmann non debería ter ido ao terceiro nivel, inda que a súa valoración ten algo de truco, porque a rotación do Baskonia foi máis curta do que se esperaba por un Poirier que se borrou do partido a base de faltas. O de Will Thomas si que non se podía anticipar: é un xogador moi fiábel, o Valencia tiña a baixa de Labeyrie e o rival non é das defensas interiores destacadas. Un accidente.

Selección da xornada

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Laprovittola

Fisher

Campazzo

Segundo banzo

Segundo escalón

Ennis

Cvetkovic

Terceiro banzo

Tercer escalón

Vildoza

Rowland

Pérez

Booker

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Beirán

Brizuela

J. Fernández

Segundo banzo

Segundo escalón

Okoye

Gentile

Vasileiadis

Eriksson

Toolson

Hanga

Rabaseda

Eyenga

M. Thomas

Terceiro banzo

Tercer escalón

Walker

Díez

Popovic

Vidal

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Dubljevic

Todorovic

Brown

Segundo banzo

Segundo escalón

Iverson

Caner-Medley

Huskic

Whittington

Abromaitis

Shermadini

Balvin

Terceiro banzo

Tercer escalón

W. Thomas

Shurna

Seraphin

Sutton

Vázquez

Harangody

No Madrid-Baskonia só entra (se as altas e baixas non aclaran o panorama) Vildoza —no derradeiro banzo—. No caso do Baskonia, porque esta tempada contra os brancos non deron o nivel, e no Madrid, porque calquera sabe por onde vai saír Laso desta vez. Mellor non arriscar. Esta semana a distribución de bandeiras parece clara: 0-3-1.

Bases

Non ofrece gran variedad a posición, aínda que nas últimas xornadas está a nos regalar moita valoración.

primeiro banzo

primer escalón

Máis de 27 de media nos últimos tres partidos e ten un encontro favorábel de local. Aforremos desgaste ás teclas: xa tes a Lapro e non o vas vender nunha boa tempada.

Pareciamos quedar orfos coa marcha de Renfroe, pero Fisher está a manter o nivel. Se deixamos á marxe o partido de debut, ten unha media de valoración superior aos 25 neste pouco máis dun mes que leva en Manresa. Viaxa a Málaga, que ten unha defensa moi permisiva cos bases (vén de facer un pico alí outro gran baixiño: Facu). Ademais, nas próximas xornadas vainos dar unha morea de cartos. Sobran os motivos para que teña que estar nos equipos.

segundo banzo

segundo escalón

A media de Ennis lonxe de Andorra cae ata case a metade. Emporiso, o Estudiantes é un rival moi favorábel na súa posición (escolta) e el semella estar en boa dinámica. Despois recibe a visita dun Madrid que nos últimos tempos está a recibir moito das ás.

O Breo afronta o partido contra o Murcia coma unha final. Así, Cvetkovic descansou por precaución a última xornada para chegar a tope ao partido do Pazo. O Murcia fóra da casa é dos equipos que máis reciben na posición (veñen de conceder un 25 de Sábat en Compostela). Os lucenses precisan a mellor versión do serbio, que na ida fixo o seu peor partido do curso. Será esencial o acerto dende a tripla. Despois venlle o derbi contra un Obra que é a peor defensa dos uns na casa.

terceiro banzo

tercer escalón

Vildoza ten unhas condicións incríbeis e superou a vintena nas dúas últimas saídas, aínda que polo de agora fáltalle adquirir regularidade. Esta semana ten un partido moi duro contra o Madrid, na loita pola segunda praza, onde deberá demostrar se xa chegou o seu momento. Nas dúas derrotas claras contra o Madrid este ano (ACB e Euroliga), non estivo tan mal como outros compañeiros: 11 e 8. Sube broker con facer positivo.

Rowland deixou grandes sensacións nun debut moi sobrio: dirixiu con mestría, tomou boas decisións (7 asistencias por unha única perda), non forzou no lanzamento e estivo seguro nos libres. Ten un partido complicado na visita a Barcelona, pero parece que aporta ao Fuenlabrada unha seguridade que antes non tiña na dirección e pode ser unha opción para os equipos con aperturas económicas: está moi barato e debería darnos unhas cantas semanas de subas.

Pérez leva un mes sen acadar a decena, pero esta semana ten unha saída moi favorábel a Gran Canaria (22.8 na ida). Os amarelos están a recibir moito na posición (veñen de conceder dous picos consecutivos a Lapro e Vildoza). O base catalán está a xogar moitos minutos e fóra da casa mellora os seus números.

Unha opción de risco para equipos coa caixa baleira pode ser Booker. Fixo unha boa valoración na ida contra o Obra e achegouse á quincena no debut de Sito.

fóra da listaxe

fuera de la lista

Inda que Fitipaldo fixo un gran partido na última xornada, non entra na listaxe na súa viaxe a La Laguna. O Canarias é o equipo que menos recibe na posición: ningún base superou a vintena na illa e só 3 a quincena. Ademais, o un uruguaio baixa bastante os seus números lonxe de Burgos.

Ás

Aleros

Tres bandeiras populares, un par de boas alternativas se queremos buscar a diferenza, e varias opcións para completar a posición.

primeiro banzo

primer escalón

Beirán é fixo: bandeira, moi fiábel e supera os 19 de media de local.

Brizuela tropezou de forma inesperada após o seu mellor partido do curso. Debemos tomalo como un accidente. Agora xoga de local (onde ten unha media superior aos 18) contra o Andorra, que é unha defensa media. Despois terá un partido duro en Manresa.

Trala barbaridade que acaba de facer Jaime calquera se arrisca a ir sen el co pouco que ofrecen as bandeiras. O Manresa defende bastante ben a posición, pero se lle fixo iso ao Madrid… Repite de local, onde supera os 20 de media. Despois ten unha saída dura a Vitoria na loita polo factor campo para a postempada. 

segundo banzo

segundo escalón

A media de Okoye cae ata case a metade fóra da casa no que vai de curso, pero nas últimas xornadas xa amosou unha gran melloría a domicilio: 14.4, 18 e 17. O Joventut viña defendendo ben a posición, mais a baixa de Dawson —un xogador que físicamente podería estar á altura de Stan— réstalle bastante potencial (Ennis e Walker superaron a quincena contra eles a última fin de semana). 

Gentile leva xa uns partidos a ser Gentile: cinco encontros seguidos sen baixar da decena e incluso tres deles acadando a vintena. Xoga de local contra un Andorra que leva unha boa xeira de vitorias, aínda que non é das defensas maís esixentes. Está a se xogar moitísimos tiros por partido (máis de 15 lanzamentos de media nesta xeira).

Kostas comezou a xornada desatado (24 ao descanso), mais na segunda reduciu a súa actuación de excelente a boa (20.4 ao final). Viaxa a Valencia, que non é unha defensa esixente no tres. O grego baixa algo fóra da casa, así que esta semana o pico estará máis complicado, pero si que lle debería abondar para un partido nos 10-15. Á volta, enfrontarase de local ao breo, segunda defensa que máis recibe das ás a domicilio; aí si que debería dar un bo pico.

Eriksson é unha bandeira interesante esta xornada. Na casa duplica os seus números e o GBC é unha das defensas máis permisivas (10 na ida en só 13 minutos). Despois tócalle viaxar, así que perde interese.

Toolson mantén a súa boa liña. Volveu ir de menos a máis e rematou incluso por riba da vintena. O Unicaja non é un rival doado, pero Ryan é un xogador fundamental no Manresa e xa acadou a vintena na ida contra o seu ex. Non se esconde cando o bóla máis queima e trátase do lanzador de libres máis fiábel da competición. Despois ten un partido para pico na visita do Estudiantes, peor defensa a domicilio das ás.

Hanga está a ser do pouco fiábel —en canto a valoración— no líder (fixo un partido moi completo na derrota contra o Canarias, no que quedou a 4 asistencias dun triplo dobre). Enfróntase á defensa que menos valoración concede na posición a domicilio: Fuenlabrada.

Outro que pasa da noite ao día cando xoga na casa é Rabaseda. Nas últimas semanas, está a intercalar partidos roldando a vintena como local con negativos a domicilio. Tamén sería unha bandeira só para unha xornda.

Eyenga confirmou o seu gran momento co segundo partido na vintena. Esta semana enfróntase de visitante —onde os seus números baixan— contra o Barça, que concede bastante valoración na posición. Despois recibe a Penya, contra a que o fixo moi ben a tempada pasada (ambos partidos na vintena) e contra a que tivo un partido horríbel na ida (-7).

Matt Thomas leva un mes sen baixar da decena e a defensa do Obra non é das máis duras. Na casa a súa media medra ata máis de 13. Despois ten unha saída favorábel a Donostia.

terceiro banzo

tercer escalón

Walker xa colleu ritmo trala lesión e está a ser unha das chaves no gran momento do seu equipo (4 vitorias consecutivas). En especial estáo a facer ben lonxe de Andorra: 14, 19.2 e 19.2 nas súas últimas saídas. O Estudiantes concede moita valoración na posición.

A tripla de Jaime fixo que o que podía ser un dos peores días da carreira de Dani Díez quedara nunha anécdota. O xogador madrileño segue a pasar por sistema da decena sen Suárez (van xa catro seguidos cun chan de 14). O Manresa é un equipo complicado na posición, mais non sería de estrañar que volvese superar os 10.

Como opción de risco podemos contemplar a Popovic. O croata non superou a decena na última xornada, porque o que estivo inspirado foi Cruz. O mexicano baixa bastante fóra, así que Marko debería ter máis protagonismo e o Barça concede bastante valoración na posición. Se ten o día na tripla (non como na ida: 1 de 8), valorará ben.

Nas últimas semanas Vidal baixou o seu rendemento, mais non os seus minutos. De local achégase aos 13 de media e o Murcia é un rival bastante permisivo na posición.

fóra da listaxe

fuera de la lista

Cancar está nun gran momento (dous partidos seguidos na vintena), pero o rival desta semana non lle favorece nada: o Canarias é unha das mellores defensas na posición e xa na ida o esloveno quedou en 0.

Pivotes

Pívots

Dous fixos e outros dous que marcarán o devir da xornada.

primeiro banzo

primer escalón

Nas dúas últimas saídas Dubljevic estivo algo máis discreto, porén, de local superou a vintena nas dúas citas anteriores. Ten unha media superior aos 21 na Fonteta. Segue a ser fixo. Na seguinte xornada vai a Donostia, o GBC é un rival favorábel.

Todorovic non estivo ben na última xornada. Meteuse en problemas de faltas e nin sequera chegou á vintena de minutos en cancha. Resultado? 10 puntos e 10 rebotes para 15 de valoración. Se fai iso nun mal día, non hai motivo para darlle saída de local contra o Zaragoza, que fóra da casa é das defensas que máis reciben na posición. Despois ten unha sáida moi favorábel a Fuenlabrada.

Brown enfróntase de local (19 de media) ao Murcia, que é unha das defensas máis amábeis na posición. Xoga moitos minutos por encontro e é unha peza esencial nun Breo que precisa con urxencia a vitoria. Nos últimos 6 partidos de local o seu chan é un 15.

segundo banzo

segundo escalón

Iverson conseguiu cumprir no difícil compromiso contra o Barça (no que quedaron incluso co bono). O Burgos é un rival máis accesíbel e na casa o estadounidense é un seguro (só baixou da decena nun partido —Baskonia— en toda a tempada e case está nos 20 de media). Despois ten unha saída moi dura a Zaragoza.

O dez da última xornada soubo a pouco, mais Caner-Medley aínda ten creto. De local está a xogar a un nivel altísimo: máis de 22 de media nos últimos 5 partidos e case 17 de media no conxunto da tempada na casa. O Andorra é na posición na que se amosa máis vulnerábel. Despois vai a Manresa, que non é das mellores defensas interiores, mais si é un equipo moi competitivo.

Huskic ten unha saída moi complicada ao campo do Canarias, que vén de parar o xogo interior dos de Pesic. Manterse na vintena será complicado, pero polas mans do serbio pasa boa parte do xogo do Burgos. Non só anota e rebotea, senón que é un dos interiores con mellor visión de xogo (8 pases de canastra na última xornada). Dende a marcha de Thompson está a vivir o seu mellor momento e fóra a súa media medra até os 18. Despois recibe o Gran Canaria, que é un equipo moi benévolo cos pivotes. Polo visto no debut, a chegada de Sutton non parece que vaia a ter un resultado negativo na súa valoración, semellan ser xogadores que se complementan ben.

Whittington acumula cinco partidos sen baixar dos 14 de valoración. De feito, só non chegou a esa cifra no seu debut co Estudiantes, precisamente contra o seu rival desta xornada: o Andorra, que á súa vez é o equipo no que comezou xogando esta tempada. Quererá demostrarlle ao seu ex o seu gran nivel actual. O Andorra é unha defensa bastante amábel na posición e Whittington está a valorar sobre todo a través da anotación (máis de 15 de media nestes últimos 5 partidos).

Abromaitis non só non pinchou contra os culés, senón que deu un pico. Leva 27.6 e 30 nos dos últimos partidos de local, onde ten unha media de 17. A vindeira xornada tamén debería saír dos equipos.

Semella o momento de Shermadini. Leva 7 partidos sen baixar da decena e deu un recital contra o Madrid (na Eurocup tamén está a ofrecer un gran rendemento). Se non vai no primeiro nivel é porque o Manresa vén de facer un gran traballo para deter o xogo interior do Valencia, un dos máis potentes da competición (10.8 na ida). 

Balvin ten un partido para pico. Xoga de local, onde a súa media se sitúa nos 16, e o GBC, que é a peor defensa a domicilio, debería ter problemas para deter a un xogador do seu tamaño. Cae ao fondo do segundo chanzo porque non é un xogador tan consistente como os outros cos que comparte nivel na listaxe, pero as perspectivas son moi boas esta semana.

terceiro banzo

tercer escalón

O tropezo da semana pasada e o gran momento que están a vivir outros interiores fan caer a Will Thomas ao terceiro chanzo. Porén, segue a ser un xogador esencial no Valencia, xoga moitos minutos e ten unha media de local de case 19. Fixo un 25.2 na ida contra o Obra, o seu rival desta semana.

Shurna leva un mes a gran nivel (rozou a trintena a última semana) e enfróntase a un Estudiantes que recibe moito na posición.

No seu debut, Sutton foi unha das sensacións da xornada. Moi poderoso fisicamente, xogou todo o partido con moitísima intensidade. Fechou moi ben o rebote na súa canastra (9 dos 11 que colleu). Dará moitos cartos durante unhas cantas semanas. Se cae ao terceiro nivel é porque se enfronta a unha das mellores defensas dos pivotes, o Canarias, así que será difícil que dous interiores do mesmo equipo valoren ben (algo que non aconteceu en todo o ano). Igual cómpre agardar á volta deste descanso de dúas semanas, entón ten un partido moito máis favorábel de local contra o Gran Canaria e xa teremos unha mellor visión de se pode aguantar o gran nivel que deu na estrea.

Se procuramos a diferenciación, Fran Vázquez igual dá a sorpresa. Ao chantadino dáselle de marabilla Badalona: case 16 de media na súa carreira (mentres que de local só queda nun 6.5 contra os verdinegros). Fixo 22.8 na súa última visita o ano pasado cando estaba no Canarias.

Son xa 9 dos últimos 10 partidos superando a decena. Na visita do Zaragoza, un dos equipos que máis reciben por dentro, o norteamericano Harangody terá opcións de visitar a vintena. Saída favorábel a Fuenlabrada na seguinte.

fóra da listaxe

fuera de la lista

Llovet foi unha das alegrías da xornada, mais ten unha saída complicada a Valencia e ademais os seus números caen en seis de valoración lonxe de Compostela. O mellor é darlle unha semana de descanso. O Barça ten un partido moi favorábel na posición, pero non conta con ningún interior que valore de forma fiábel, cada día destaca un diferente. Así que quedan como aposta de risco para cazaxornadas. Sulejmanovic fixo un partido inmenso en Zaragoza e está moi barato, pero non entra porque tivo tantos minutos grazas aos problemas de faltas de Brown e ademáis non é un xogador regular.

O equipo do blog

El equipo del blog

Para Andrómenas non foi unha gran xornda, mais tampouco mala. Perdín un par de puntos nos cambios (porque fun dos que vendeu a Jaime esta semana), pero acertei con Ennis; non así cos pivotes. 191.4 puntos que me serven para ascender ao 7074º da xeral.

Pouco que mudar esta xornada se non aparecen contratempos durante a semana (por se iso acontece, vou deixar polo de agora un cambio sen usar). Dou entrada ao home do momento, Jaime, no lugar dun Eriksson que tampouco pinta mal, e tamén sae Thomas. Como non teño praza de extra libre nin tampouco me chegan os cartos para Huskic, aposto por Balvin. Tamén meto ao Facu por Ennis co cambio que deixara sen usar. Confío en que Fisher estea a bo nivel e ademais o seu broker non me vén nada mal.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence á serie de animación Final Space (Olan Rogers e David Sacks, 2018).