As xornadas complicadísimas non cesan. Esta semana foi moi difícil atinar con bases que o fixeran ben (ademais, descansou o Facu), nas ás unha mala elección deixaba moitos puntos no camiño e os pivotes estiveron marcados pola bandeira: Tavares pinchou (só xogou uns minutos no arranque) e Mirotic finalmente si chegou ao partido (foi, ademais, o interior máis valorado). A todo iso uníuselle a suspensión do Fuenlabrada – Gran Canaria porque se levantou o parqué en pleno partido. A resolución é a mesma que no Breogán – Joventut adiado na xornada inaugural do ano pasado: os puntos deses xogadores sumaranse cando se dispute o encontro (sen necesidade de mantelos nos equipos) e o seu broker non variará.
B
1º
Hannah (6)
2º
Huertas (17)
Bellas (8.4)*
Heurtel (7.2)
Vives (8)
Pérez (10)
Llull (6)
Bassas (7)
3º
Díaz (15.6)
Colom (2)
A
1º
Ennis (20.4)
Shields (7)
Abalde (22)
McFadden (1)
2º
Bouteille (26.4)
Brussino (22.8)
Deck (21)
J. Fernández (36)
Booker (8)
M. Garcia (14.4)*
Prepelic (26.4)
3º
Scrubb (9)
Sy (13.2)
Beirán (9)*
Todorovic (1.2)
Harper (-2)*
P
1º
Shermadini (20)
Tavares (3)
2º
Shengelia (25)
Kravic (19.2)
Dubljevic (17)
Brodziansky (25.2)
Kravish (17)
White (5)
Lima (12)
3º
Hlinason (3.6)
Oriola (7.2)
Czerapowicz (16.8)
Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios.
B
1º
Campazzo
Christon
2º
Delaney
Pérez
Wroten
Bellas
Bassas
Díaz
3º
Dimitrijevic
A
1º
Prepelic
J. Fernández
Shields
2º
Bouteille
Hanga
Ennis
Abalde
M. Garcia
3º
Carroll
Scrubb
P
1º
Shengelia
Kravic
2º
Dubljevic
Tavares
Tomic
Radovic
Omic
Diagne
Arteaga
3º
Costello
Vimos dunha dobre xornada da Euroliga (a ver se non temos sorpresas en forma de descansos), non podemos contar cos xogadores do Canarias nin cos do Murcia (si cos trocos gratis que nos deixaron) e tras esta teremos un merecido descanso dunhas semanas pola Copa e os partidos de seleccións. Á volta contaremos con 5 cambios para poder recuperar os xogadores que non están presentes nesta.
Burgos – Andorra
(8, 18:00)
@VBC, FUE | GCA, @MUR
Enfróntanse dous dos bases destacados desta edición. Ambos teñen en común que non chegan no seu mellor momento após dúas xornadas se acadar a decena e tamén que son xogadores caseiros (dan o mellor de si de locais). O tropezo contra o Canarias foi o primeiro encontro do curso no que Bassas non acadou a decena en Burgos. A súa solidez como local (14.5 de media) fai del unha das bandeiras interesantes da xornada, despois sería bo darlle saída na súa visita a Valencia. Hannah pinchou nas últimas tres saídas; só pensaría en mantelo nesta se temos outros trocos máis urxentes. McFadden, unha das desilusións da última xornada, leva sen acadar a vintena de local dende a cuarta xornada. Neses últimos oito encontros en Burgos só acadou a decena nun. A pesar de que o Andorra dá facilidades na posición, non ofrece garantías. Nos do Principado o máis sólido estaba a ser Sy, pero o regreso de Diagne reduce os minutos que tiña para axudar por dentro (na Eurocup xogou menos do que o viña facendo e pinchou). Se queremos unha bandeira de risco para cazaxornadas, Todorovic volveu estar a gran nivel na vitoria da Eurocup contra a Penya, pero os seus bos momentos están a ser puntuais. Diagne acaba de regresar da lesión, pero xa o vimos a gran nivel na Eurocup. Igual é un pouco cedo para os mellores equipos, mais pode valernos se procuramos a diferenciación contra un Burgos que é bastante amábel na posición (na ida foise á trintena). No Burgos non hai opcións sólidas. Clark e Rivero válennos para cazaxornadas, porque dan picos de cando en vez, aínda que non están a valorar con regularidade.
Manresa – Zaragoza
(8, 20:30)
@FCB, BET | EST, @RMA
O Manresa volverá contar coa baixa de Toolson. A súa ausencia non debería ter grande impacto nas opcións principais nos do Bages. O máis beneficiado na súa valoración debería ser Nelson, que pode resultar atractivo para equipos da segunda volta (11 de media sen a estrela do equipo). Dani Pérez na casa está en case 12 de media, xa volve ter ritmo trala lesión e o Zaragoza é unha defensa bastante amábel na posición. Está entre as bandeiras máis interesantes. Nas ás o Zaragoza adoita baixar bastante a súa produción fóra da casa. Por momento de xogo podemos quedarnos con Ennis, aínda que o normal sería velo no rango 10-15 (8.4 na súa visita do curso pasado). Por primeira vez no curso, Radovic culminou dous grandes encontros consecutivos. Está a dar un paso á fronte trala baixa de Justiz. Anda na vintena de media contra as defensas máis amábeis e o Manresa atópase entre elas (iso si, pinchou na ida). Pinta moi ben.
Bilbao – Unicaja
(8, 20:30)
@BET, OBR | RMA, @JOV
Os dous chegan nun bo momento anímico. Os de Mumbrú volveron derrotar un equipo de Euroliga. O Unicaja fixo o propio na última xornada (Baskonia) e esta semana certificou o seu pase na Eurocup. O Bilbao concede máis picos ca ninguén nos bases. Díaz seguirá valéndonos esta semana como bandeira económica, ten unha xornada propicia para seguir arredor da quincena (despois debería saír pola visita do Madrid). Aínda que está nas ás, o que debería aproveitar mellor esta vulnerabilidade é Jaime. Non é o xogador máis regular (pinchou na Eurocup) e adoita baixar o nivel lonxe do Carpena, pero está en boa forma (foi o MVP da última xornada) e sabe sacar partido das defensas amábeis (roldou a quincena na ida). Bouteille volveu dar unha exhibición culminada coa tripla gañadora. Esta semana non é imprescindíbel: baixa de local e o Unicaja logrou paralo na ida. Aínda así, poucos xogadores ofrecen esa solidez (15 de media de local) e ten a capacidade de dar un paso adiante nos encontros máis complicados. Guerrero mellorou nos últimos partidos (estivo na vintena contra o Baskonia e na quincena na Eurocup), podemos consideralo como bandeira para equipos de segunda volta. O bo momento de Sulejmanovic e o gran nivel que está a amosar Lammers reduciron a achega de Balvin nos últimos encontros. Procuraría outras opcións esta semana (o Unicaja é a segunda mellor defensa interior).
Baskonia – Obradoiro
(9, 12:30)
@FUE, CAN | MUR, @BLB
Dende a súa chegada Christon está a ser un xogador importante para Dusko. Acadou a quincena no seu debut e tamén na xornada do xoves na Euroliga. Vai xogar moitos minutos, o Obra non está entre as defensas máis esixentes e ten unha suba do máximo accesíbel. Nas ás ambos os dous dan facilidades. No Obra por fin volvemos ver a Magee na vintena (segue a valernos para cazaxornadas). O mal debut de Dragic descártao (aínda que xa estivo a bo nivel na Euroliga). Shields estivo por debaixo do esperado a semana pasada, pero mantén os seus minutos e importancia no equipo, debería facelo ben (case 17 de media de local). Toko na ida roldou os 40, xoga moitos minutos e a súa bandeira fai del un imprescindíbel. Nos de Moncho, Kravic motívase contra os grandes rivais: acadou cando menos a vintena en todos os seus encontros contra os equipos da Euroliga (25 na ida). Brodziansky leva 9 xornadas sen baixar da decena; porén, esta non creo que sexa a mellor semana para ir con el (aínda non acadou a decena contra o Baskonia nas tres veces que se enfrontou a eles).
Madrid – Betis
(9, 12:30)
@UNI, ZAR | BLB, @MAN
O Madrid vai chegar á Copa con algunhas dúbidas. Perdeu a semana pasada contra a Penya (segunda derrota consecutiva de local) e nesta sacou adiante os encontros da Euroliga, pero con bastante esforzo. Contra un rival tan complicado que ten a necesidade de agradar á súa afección, o Betis vaino ter moi complicado. Esta semana evitaría os seus xogadores (Green deu boa imaxe no debut e seguro que será un xogador importante este ano, mais non é o seu momento aínda). Nos de Laso parece improbábel un segundo descanso consecutivo para Campazzo. O arxentino preséntase como unha das opcións máis atractivas contra unha defensa moi amábel (18 na ida, que é a súa media como local). Vén dunha semana pletórica na Euroliga (30 asistencias na xornada dobre). Nas ás é máis complicado prognosticar, teremos que estar atentos aos plans de Laso. Carroll pode ser unha opción interesante para os que busquen a sorpresa. Despois duns malos meses, está a coller boas sensacións. A semana pasada anotoulle 15 á Penya e nesta fixo 27 puntos en Berlín. Por dentro será interesante o que xogue de Randolph ou Thompkins (haberá que agardar polas altas e baixas). Tavares á fin descansou… cando non o parecía (saíu de titular, mais só xogou os 7 minutos iniciais). Se está, debería cando menos cumprir contra unha das defensas máis amábeis a domicilio. De todas formas, non pasa polo mellor momento da tempada, é máis probábel que o vexamos na quincena.
Joventut – Fuenlabrada
(9, 17:00)
@CAN, UNI | BAS, @BUR
Sensacións encontradas na Penya. Lograron unha vitoria moi importante (e brillante) en Madrid, pero certificaron a súa eliminación da Eurocup en Andorra, nun encontro que tiñan de cara. Wroten debutou na Penya de forma inmellorábel, decidiu o encontro fronte o Madrid cunha tripla (non é un bo lanzador dende a distancia) e unha grande asistencia. Precisa só un 9 para subilo todo esta semana. Cos xogadores novos hai que ter cautela, en equipos ben clasificados o mellor é agardar un chisco. É un xogador con boa visión de xogo e moito desborde no un contra un, aínda que o seu mal lanzamento de libres diminúe un pouco o rédito das súas penetracións. Pinta ben para os que queiran asumir un pouco de risco, esta é unha semana propicia porque non abondan as boas opcións nos bases. Aínda que Wroten estea nos bases, vai compartir cancha decote con Neno (e Prepelic). Dimitrijevic deu un paso adiante trala marcha de Zisis. Xogou moi ben en Andorra e o Fuenla é rival propicio. Ofrécenos unha bandeira económica. A Bellas deberiámolo ver nos seus números (10-15), na ida acadou a vintena. Prepelic é fixo. O máis interesante no Fuenlabrada é Marc Garcia. A semana pasada estaba a facer un bo encontro cando se suspendeu, foi unha das chaves da vitoria en Badalona do curso pasado (24 de valoración) e debe ser a referencia ofensiva do seu equipo. Omic pode ser unha boa opción se procuramos saírmos dos máis habituais. Andou na quincena na ida e na casa mellora os seus números (18 de media).
Gran Canaria – Barça
(9, 18:30)
@AND, VBC | MAN, @EST
No Gran Canaria só contemplaría a Costello. Na casa está a render a un nivel altísimo (está na vintena de media), aínda que o Barça resulta un rival complicado (7 na ida). Por características, Harper pode ser un xogador atractivo para cazaxornadas. No Barça lesionouse Heurtel na Euroliga (pisou un rival e mancouse no nocello). Iso mellora as perspectivas para Delaney, que fixo o mellor encontro da tempada nese mesmo partido no que se lesionou o base francés. Tamén debería repercutir de forma positiva na valoración de Hanga, que xa estivo a gran nivel na ida facendo de base: 22.8. Abrines mellorou moito nas últimas semanas, é unha boa opción para equipos da segunda volta, mais a dureza da saída desaconséllao para equipos da xeral (mellores perspectivas hai con el na vindeira de local contra o Manresa). Por dentro temos boas opcións no Barça contra un Granca que dá facilidades. Tomic saldou con dous picos as súas últimas visitas á illa e só baixou unha vez da decena nos últimos quince partidos. Mirotic ten que estar se viaxa é baixa.
Estudiantes – Valencia
(9, 20:00)
@ZAR, FCB | BUR, @GCA
O Estu mellorou moito a súa imaxe coa chegada de Zamora ao banco. Por fóra temos a Scrubb, máis cómodo co novo adestrador e de local mellora moito os seus números (14.5 de media). Pode valer para os que queiran saírse dos habituais, mais non é unha das opcións prioritarias polo mal calendario. A bandeira de Arteaga é moi atractiva esta semana. Non baixou da quincena nestes dous encontros con Zamora e o Valencia está a dar moitas facilidades interiores a domicilio (na ida acadou a decena). Lonxe da Fonteta o Valencia sofre moito (2-7). Nos bases esta vez a mellor opción nos de Ponsarnau é Colom, porque mellora a domicilio. Porén, non é unha opción sólida como para entrar na listaxe. Abalde está a vivir a tempada da súa consagración. A semana pasada púxeno como bandeira máis sólida nas ás e cumpriu a pesar da derrota. Esta mantense na listaxe pola súa solidez: só baixou unha vez da decena na última ducia de partidos. Porén, lonxe da casa a súa media baixa moito (fixo 18 na ida). Por dentro temos unha opción fiábel en Dubljevic. Acumula seis semanas sen baixar da decena e nas súas últimas visitas a Madrid roldou a vintena. Ao regreso ten un encontro moi favorábel de local contra o Burgos.
En Andrómenas custoume moito confiar en Tavares, temía que o día que o metese Laso decidise darlle descanso. O medo estaba fundado. Primeira vez no curso que o meto… e primeiro descanso. A pesar diso, o acerto coas ás (todos na vintena) debería abondar para salvar a xornada: rematei con 177.2 puntos (non tiña ningún do partido suspendido).
Teño tres trocos gratis dos xogadores do Canarias e ademais saen Hannah, Llull e Ennis. Entran Campazzo, Christon, Delaney, Shields, Mirotic e Kravic.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Tonari no Totoro (Hayao Miyazaki, 1988).