Aló imos de novo.
Seguimos con xornadas de bastantes puntos, nas que os tropezos penalizan moito. Para os meus equipos foi semana de baixadas, algunhas delas severas. O que era o meu mellor levou un bo pau e caeu case 150 postos alén do Top 500. Apenas quedou á marxe o meu segundo mellor (polos acertos de Brown e W. Thomas), que salvou a xornada con 188.4 puntos e volve ser o meu mellor: 395º da xeral.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Laprovittola (13.2)
Fisher (14)
Campazzo (15.6)
Segundo banzo
Segundo escalón
Ennis (16)
Cvetkovic (8.4)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Vildoza (16)
Rowland (-4)
Pérez (24)
Booker (12)
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Beirán (12)
Brizuela (8.4)
J. Fernández (20.4)
Segundo banzo
Segundo escalón
Okoye (0)
Gentile (12)
Vasileiadis (32.4)
Eriksson (-)
Toolson (31)
Hanga (8.4)
Rabaseda (16)
Eyenga (5)
M. Thomas (0)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Walker (18)
Díez (9.6)
Popovic (16)
Vidal (6)
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Dubljevic (0)
Todorovic (42)
Brown (28.8)
Segundo banzo
Segundo escalón
Iverson (18)
Caner-Medley (12)
Huskic (13.2)
Whittington (12)
Abromaitis (9)
Shermadini (32.4)
Balvin (5)
Terceiro banzo
Tercer escalón
W. Thomas (34)
Shurna (-3)
Seraphin (36)
Sutton (31.2)
Vázquez (9)
Harangody (13.2)
A última xornada queda demasiado lonxe para facer un balance en condicións. Os ceros de Dubi e Okoye fixéronlle moito dano á selección.
A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Laprovittola
Heurtel
Fisher
Ennis
Segundo banzo
Segundo escalón
Fitipaldo
Albicy
Vildoza
Terceiro banzo
Tercer escalón
Cook
Rowland
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Beirán
Vasileiadis
Toolson
Segundo banzo
Segundo escalón
Brizuela
Shields
Okoye
Terceiro banzo
Tercer escalón
Walker
Eyenga
Cruz
Deck
Cancar
Boungou Colo
López
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Todorovic
W. Thomas
Sutton
Iverson
Segundo banzo
Segundo escalón
Tomic
Llovet
Shermadini
Poirier
Tavares
Terceiro banzo
Tercer escalón
Huskic
Voigtmann
Seraphin
Caner-Medley
Brodziansky
Morgan
Esta semana estará marcada pola escolla de extracomunitarios (Fisher, Toolson, Sutton e Iverson) e tamén das bandeiras (Todorovic e Beirán como fixos e Brizuela con poucas alternativas).
A falta de ver se entra Llull, non hai outras opcións de bandeira na posición. Un extra ou ningún?
primeiro banzo
primer escalón
Laprovittola marcou o récord de valoración no enfrontamento de cuartos da Copa. Esta semana ten unha saída moi favorábel a Fuenlabrada, o equipo máis hospitalario da competición que garante partidos de moita valoración. Esta semana é fixo. Despois terá que volver enfrontarse ao Madrid, desta volta en Badalona (14 na ida e 10 na Copa, onde recibiu por todos os lados).
O Murcia é o equipo que menos recibe na posición como local. Tanto ten. Non vai ser fácil que os de Sito poidan manter un ritmo lento contra o Barça e Heurtel chega nun momento fabuloso despois de ser o xogador máis valioso da Copa. Fixo un 28.8 na ida e despois ten un partido moi favorábel de local contra o Burgos, unha das peores defensas dos uns.
Fisher xa supera o millón e converteuse no segundo base máis caro do xogo. Esta semana ten un partido importante contra un Estu en tendencia ascendente (4 vitorias nos últimos 6) e que é unha defensa competente no un. Iso non impediu que acadaran contra eles a vintena grandes bases como Heurtel, Renfroe ou Laprovittola (que incluso chegou á trintena). Co caras que van as posicións de extracomunitarios, esta xornada a súa presenza non é obrigatoria, mais segue a ser das opcións máis atractivas (debería volver subir o máximo). Despois repite de local contra o Obra.
Ennis na casa é moi fiábel: 20 de media e só un tropezo en toda a tempada. O Madrid está a conceder moita valoración na posición (nas ás) fóra da casa e xa na ida acadou a vintena contra eles e foi chave na vitoria dos do Principado. Despois repite de local contra a mellor defensa a domicilio das ás: Fuenlabrada.
segundo banzo
segundo escalón
Fitipaldo ten unha gran xornada por diante: enfróntase á defensa máis amábel cos bases (Gran Canaria), á que lle fixo un 13.2 na ida. Na casa a súa media sitúase por riba dos 13 (medra en 4) e garante moitos minutos en pista (25 de media e ademais Jaramaz marchou cedido ao Partizan). A vindeira saída ao Blaugrana non fai pensar nel a máis dunha xornada.
A Albicy o Madrid non se lle dá mal. Chegou aos 18 na vitoria da ida e nas dúas últimas visitas a Andorra dos brancos (tamén con triunfo local) acadou a vintena. O base francés mellora moito de local (máis de 5 até os 13) e na vindeira semana repite contra o Fuenla, que no un é unha defensa máis permisiva.
Vildoza ten un partido moi favorábel na visita do Unicaja a Vitoria. Chega en boa dinámica e os malagueños están a conceder moita valoración na posición (superou a decena na ida).
terceiro banzo
tercer escalón
Tanto na última xornada como na Copa, Cook foi o mellor valorado no Estudiantes. A do Manresa é unha defensa bastante amábel na posición e tampouco é mal rival o Zaragoza a vindeira semana; porén, como xa comprobamos a última vez que se presentou como grande opción, nun equipo con Gentile, Brizuela e Clavell ás veces non queda pelota para ninguén máis.
Após un gran debut, Rowland pinchou en Barcelona. No regreso a Fuenlabrada é unha boa opción para equipos con orzamentos axustados. O un é a posición na que a Penya concede máis valoración. Despois ten unha saída a Andorra, que se trata dunha defensa media.
fóra da listaxe
fuera de la lista
De entrada non inclúo a ningún dos bases do Madrid, porque é complicado saber cal vai ter máis protagonismo desta volta. A ver se a convocatoria dá algunha pista. Haberá que prestar atención ao que faga Rebec no seu debut co GBC, debería asumir bastante protagonismo no lanzamento exterior e en función de como o faga podería ser unha opción interesante na visita a Málaga da semana que vén.
Aquí deberían ir un par das nosas bandeiras e a opción de Toolson como extra é moi gorentosa.
primeiro banzo
primer escalón
Beirán é unha das bandeiras fixas. Non hai motivo para dubidar del na saída a Zaragoza, os maños son unha das defensas máis amábeis na posición (24 na ida). Despois ten o derbi canario de local (na casa a súa media sitúase na vintena).
Vasileiadis superou a vintena en tres dos últimos catro partidos. Agora xoga de local contra unha das defensas máis permisivas a domicilio na posición: Breogán (Okoye roldou os 40 no último desprazamento dos lucenses). Despois vai a Manresa, que é unha defensa media.
Toolson foise ao descanso nunha gran xeira (10 dos últimos 11 partidos en 13 ou máis), no regreso á liga enfróntase á defensa máis permisiva na posición a domicilio (Estudiantes). Partido para pico. A semana que vén terá un duelo interesante contra Vasileiadis, outra vez de local.
segundo banzo
segundo escalón
Entre liga e Copa Brizuela leva tres partidos sen acadar a decena. O Manresa é unha defensa bastante competente, pero xa lle fixo 18 na ida e a súa bandeira (máis agora coa lesión de Jaime) ten moito peso. A semana que vén a súa presenza si que parece ineludíbel de local (máis de 17 de media) contra unha das defensas máis permisivas (Zaragoza).
Nun Baskonia en horas baixas, Shields está a ser o máis destacado. Xoga unha trintena de minutos por partido, leva 5 xornadas sen baixar da decena e o Unicaja non é das defensas máis esixentes na posición. Despois ten unha saída complicada a Lugo, onde o Breo está a defender moi ben na posición.
A pesar de acadar o seu tope en rebotes da tempada, Okoye foi unha das sorpresas negativas da última semana (0). Agora volve xogar de local, onde se está a achegar aos 20 de valoración media, pero enfróntase ao Canarias (unha das defensas máis esixentes na posición contra a que fixo un 14.4 na ida) e despois véñenlle dúas xornadas a domicilio (a súa media fóra cae en máis de 10).
terceiro banzo
tercer escalón
Walker atopábase nun gran momento cando chegou o descanso da Copa (4 partidos superando a quincena) e o Madrid está a ser dos equipos que máis conceden na posición a domicilio. O seguinte partido contra o Fuenla xa é menos interesante para el. Mágoa que sexa extra.
En catro dos últimos cinco partidos como local Eyenga fixo cando menos 15 de valoración. Agora enfróntase a unha Penya na que debutou na elite e contra a que sempre ten unha motivación especial (ás veces para ben, dous partidos na vintena a tempada pasada, e outras para non tan ben, negativo na ida).
Despois dun mal mes, Cruz completou dúas grandes actuacións antes da Copa. De local a súa media case se dobra até os 14. O Joventut é unha defensa das ás bastante competente (14.4 na ida). A súa condición de extra déixao só para cazaxornadas.
Un dos xogadores que saíron máis reforzados da Copa foi Deck. O arxentino, que arrancara o curso de forma notábel, perdeu peso na rotación do Madrid e para atopar o seu último partido na decena de valoración temos que remontarnos á xornada 11. Ademais da gran Copa, fixo un 18 no regreso á Euroliga. O Andorra é permisíbel tanto no 3 coma no 4. Ocórrelle o mesmo que a Cruz e Walker pola praza de extra.
Cancar é unha aposta de certo risco porque non está a valorar de forma regular. Chegaba en bo momento e o Gran Canaria, sobre todo se ataca a canastra, é un rival que lle vén ben: 18 na ida. Despois ten unha saída complicada a Barcelona (negativo na ida).
Se queremos arriscar, debemos ter en conta a opción Boungou Colo, que regresa á ACB da man do Joventut. O xogador francocongolés conta cunha gran capacidade reboteadora e cando ten o día no tiro adoita deixarnos un pico (vén de facer un partido na trintena na primeira rolda da Copa en Francia). Porén, cando non está acertado… A defensa do Fuenlabrada é a que máis valoración concede de local na posición (e a que menos fóra; o contraste é incríbel). Despois tócalle de local contra un Madrid que este ano está a recibir moito das ás.
Unha bandeira para cazaxornadas (non se trata dunha opción fiábel) pode ser a de Álex López. O canario fixo un gran partido na vintena na última xornada e nesta enfróntase á peor defensa dos uns. Xa viña disputando minutos de base e agora farao con máis razón coa marcha de Jaramaz.
fóra da listaxe
fuera de la lista
A visita a Donostia semella moi favorábel para as ás do Valencia, inda que teñen unha rotación bastante ampla (a lesión de Abalde aclara un chisco o panorama) e non é fácil atinar co xogador que vai destacar. A mellor opción adoitaba ser Matt Thomas, pero vén dun 0 na última xornada e contra o GBC en dous partidos aínda non acadou nin os 5 de valoración. Queda como opción e risco. O Andorra semella un rival propicio para Carroll (e fixo un 26 na ida), porén, o norteamericano lonxe de Madrid está a baixar moito o seu rendemento: 10.8 de tope e unha media e pouco máis de 3. O Murcia concede pouca valoración na posición como local (a defensa que menos), aínda así seguro que algunha á do Barça o fará ben, mais non podo predicir quen (na ida Blazic acadou a trintena). O Burgos non é mal rival para as ás, mais os treses do Granca baixan demasiado a súas prestacións a domicilio como para pensar nalgún deles; si tivo un bo debut na Euroliga Wiley, mais afástase da selección pola súa condición de extra. Fóra da listaxe como opción de risco apunto o nome de Singler, vén de partidos bastantes discretos e nalgún momento terá que espertar (o rival é propicio).
Gastamos aquí as dúas prazas de extra? Incluímos unha segunda bandeira nos pivotes?
primeiro banzo
primer escalón
Todorovic está a un nivel altísimo, enfróntase á peor defensa dos cincos e apórtanos unha bandeira. Fixo. Despois recibe a visita do Madrid (16 en 19 minutos na Copa).
Will Thomas foi un dos xogadores que marcaron a diferenza na última xornada. Está a ser fundamental no Valencia (esta semana ademais falta Dubi, sen o montenegrino vaise á trintena de media), xoga moitos minutos (máis de 25 de media) e o rival é favorábel (acadou a vintena na ida contra o GBC). Despois ten un partido para pico de local contra o Murcia.
No seu segundo partido na ACB Sutton confirmou as grandes impresións do debut: nova vitoria do Burgos, outra vez sumou na trintena e volveu ser unha forza irrefrenábel. Xoga de local contra unha das defensas máis permisivas: Gran Canaria. A semana que vén contra o Barça xa teremos que darlle á cabeza, nesta a súa presenza parece inelúdibel se temos praza de extra libre (e máis se andamos coa caixa baleira: está moi barato e vai subir o máximo durante un lote de xornadas).
Iverson está a ser unha rocha: o seu chan nos últimos 7 partidos é un 18. Desta volta enfróntase a un rival complicado: o Zaragoza de local é a segunda defensa que menos valoración concede (13 na ida). Despois venlle un derbi moi favorábel: o Granca recibe moita valoración interior e xa na ida acadou a vintena.
segundo banzo
segundo escalón
Pensaba que ao regreso da liga o Murcia xa tería fichado un pivote, mais non é así. Os cincos do Barça teñen un partido para saírense. Tomic semella o máis indefendíbel para o xogo interior murciano. A única dúbida con el é que Pesic decida aproveitar este partido para darlle descanso.
Llovet é unha das opcións de bandeira máis interesantes. Estivo a gran nivel nas últimas semanas e na casa é un xogador moi fiábel: case 18 de media e 28 minutos de xogo. O Breogán non é das defensas máis duras, pero tampouco das máis febles. Na derrota da ida foixe a 24 de valoración. Na viaxe a Manresa da semana próxima xa lle teremos que dar máis voltas á súa continuidade.
Shermadini chegou ao descanso pola Copa nun gran momento (8 partidos sen baixar da decena e as dúas últimas xornadas na trintena). O Baskonia adoitaba ser das defensas máis duras na posición, mais nos últimos tempos xa non está a ser tan temíbel. O xeorxiano nunca baixou da decena na liga regular contra os vitorianos (12 na ida). Despois ten un partido para pico na visita do GBC a Málaga.
Nas últimas semanas inverteuse o interese nos interiores do Baskonia. Voigtmann baixou o seu rendemento e Poirier valorou bastante mellor tanto na Copa como no partido de Euroliga contra o Barça (esta semana estiveron parellos). A defensa interior do Unicaja é bastante permisíbel (roldou a quincena na ida).
Nunha xornada na que a cuarta bandeira marcará diferenzas, Tavares é unha das opcións a ter en conta. O Andorra é dos equipos máis amábeis na posición e o caboverdiano superou a vintena na derrota da ida. A única dúbida con el é a de sempre: a rotación de Laso.
terceiro banzo
tercer escalón
Con Lima e Sutton no equipo, semella que xa non volverá ter esas minutadas, así que Huskic perde algo de atractivo. O Granca é un rival favorábel e el estaba nun gran momento, así que aínda o pode facer ben, mais semella que esta semana hai opcións mellores. Tamén xoga na súa contra a visita a Barcelona da próxima xornada.
O mal momento exhibido nos últimos compromisos (5 na eliminación na Copa e 6 na derrota da Euroliga da semana pasada, nesta superou a decena) sementan as dúbidas na figura dun Voigtmann que coa lesión de Shengelia estaba a ser unha das opcións máis atractivas do SM. O Unicaja é un rival favorábel (acadou a vintena na ida).
Seguramente no Barça vai valorar moi ben máis dun pivote, así que Seraphin tamén pode ser unha opción de interese. No seu caso ten a favor que mellora moito contra as defensas máis accésibeis e en contra que fóra da casa a súa media cae en máis de 12 até algo máis dun cinco.
A súa condición de extra e uns últimos partidos máis mundanos, traen a Caner-Medley ao derradeiro chanzo. Na ida contra o Manresa roldou a trintena. Despois ten un partido moi favorábel de local contra o Zaragoza.
Con Brodziansky nas últimas xornadas está a ser un todo ou nada: supera os 25 ou non acada a decena. Que tocará no derbi? Na ida fixo un 2.
Para cazaxornadas está a opción Morgan. O canadense tivo unha gran actuación na Copa contra o Madrid (rival da vindeira xornada) e pode facerlle dano ao Fuenla (peor defensa) co seu lanzamento exterior.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Brown fóra baixa moito, así que esta semana non entra. Gerun vén de facer unha barbaridade na última xornada e o Obra é unha defensa bastante amábel, mais lonxe do Pazo tampouco vén facendo os seus mellores partidos. Esta xornada, pola dureza do rival e o caras que van as prazas de extra, queda fóra Abromaitis.
Para Andrómenas foi unha xornada terríbel. Non saíu nada (142.6 puntos) e caín dous mil postos até o 9073º da xeral. Tempada para esquecer.
As perspectivas para esta semana non son boas. Os tres cambios non me chegan a nada (e menos agora coa baixa de Dubi). Saen Jaime, Dubi e Balvin e entran Vasileiadis, W. Thomas e Llovet.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira é unha ilustración de skajme baseada nun capítulo de Futurama.