SuperManager x. 22: abandonando o abeiradoiro

Balance

Na última xornada antes da Copa non mudou a tendencia, volvemos ter unha xornada moi complicada, sobre todo nas ás.

B

Campazzo (30)

Christon (9.6)

Delaney (8.4)

Pérez (19.2)

Wroten (10)

Bellas (12)

Bassas (14.4)

Díaz (5)

Dimitrijevic (13)

A

Prepelic (8)

J. Fernández (23)

Shields (3.6)

Bouteille (14.4)

Hanga (9.6)

Ennis (2)

Abalde (4.8)

M. Garcia (-2)

Carroll (12)

Scrubb (2)

P

Shengelia (39.6)

Kravic (25)

Dubljevic (31.2)

Tavares (18)

Tomic (15.6)

Radovic (10)

Omic (5)

Diagne (22)

Arteaga (-1)

Costello (1)

Selección

Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios.

B

Campazzo

Huertas

Hannah

Delaney

Rousselle

Wroten

Colom

A

Ennis

Prepelic

Díez

Shields

Brussino

Deck

Green

Bouteille

Magee

Seeley

Slaughter

Booker

Todorovic

Martínez

P

Shermadini

Mirotic

Shengelia

Dubljevic

Diagne

Tavares

Brodziansky

Balvin

Kravic

White

Contamos con cinco trocos esta xornada, mais non virían mal uns cantos máis, hai moito xogador que recuperar.

Canarias – Joventut

(29, 18:00)

@BAS, @GCA | UNI, @OBR

Huertas ten un encontro moi propicio contra unha das defensas máis amábeis na posición (17 na ida). Semella fixo. A vindeira repetirá contra outro ex, terá ganas de facelo ben no seu regreso a Vitoria (18 na ida). Nos de Duran, coa baixa de Neno, cobra máis interese Wroten. O estadounidense aínda non baixou da decena nos dous encontros que leva coa Penya, está a deixar boas impresións e terá que asumir máis protagonismo ofensivo. Despois non ten mal partido de local, o Unicaja lonxe do Carpena non está a ser unha defensa esixente no un (aínda que el alternará as tres posicións exteriores). Yusta lesionouse de gravidade cando mellor estaba. A Díez quédalle un bo panorama por diante. Deberiámolo ver máis minutos no tres, que é onde o Joventut está a conceder máis valoración (aínda que na ida pinchou). Xogou a gran nivel no clasificación para o Eurobasket e o Baskonia tamén está a dar facilidades no tres. Prepelic segue a ser das mellores opcións na posición (aínda que non parece estar no momento álxido da tempada). Na ida foise á vintena e fóra da casa aínda non baixou da ducia en todo o curso. Por dentro o interese céntrase nos de Vidorreta. Shermadini é fixo e os que procuren a diferenciación poden pensar en White, a Penya xa concedeu uns cantos picos aos catros, está a bo prezo e nun bo partido subiríao todo.

Zaragoza – Estudiantes

(29, 18:00)

@RMA, BET | FCB, @MUR

Regresa á ACB un á que nos deu moitas alegrías no seu último paso pola liga. Edwin Jackson volve ao equipo no que fixo o seu mellor baloncesto na procura de recuperar sensacións. Podemos pensar nel para cazaxornadas, seguro que vai ser a referencia ofensiva do Estu, pero os maños son a mellor defensa na posición de locais e despois enfróntase ao Barça. Ennis de local sempre é unha grande opción (máis de 20 de media) e o Estu dá facilidades na posición. Tamén ofrece solidez Brussino (16 de media na casa, e nos últimos 7 non baixou dos 15). Incluso, se queremos saírnos dos máis habituais, podemos pensar en Seeley. Foi o mellor na Copa e está a facer un curso brillante (case 17 de media na casa e roldou a trintena na ida, aínda que desde a chegada de Ennis os seus números baixaron de forma apreciábel). O único pero é que os deberemos vender a semana vindeira na súa visita a Madrid. Por dentro é un bo encontro para o Zaragoza (o Estu é a defensa máis amábel), pero a cousa está complicada: engádese unha nova peza á rotación interior e en cada partido adoita brillar un xogador diferente. Seguro que algún (Vázquez, Radovic ou Hlinason —estivo a gran nivel na selección—) valorará ben, mais non sabería dicir cal. A marcha de Kadji reduce a rotación interior nos do Estu, mais Arteaga aínda non acadou nin os 5 na súa carreira en Zaragoza e os outros interiores non ofrecen solidez.

Fuenlabrada – Baskonia

(29, 20:30)

@BUR, RMA | CAN, @VBC

Nestes momentos é complicado pensar nun dos bases do Baskonia, con Henry xa recuperado están a se repartir os minutos e xa non teñen tanta opción de valorar coma antes. A chegada de Randle tampouco debería favorecer a Bellas: até o de agora foi unha bandeira sólida nos bases, mais agora terá que repartirse o protagonismo coa nova fichaxe. A opción máis atractiva nas ás, contra un Fuenlabrada que dá moitas facilidades na posición, é Shields. O xogador con pasaporte danés ten moitos minutos e vén de ser o mellor na Euroliga. Toko segue a ser unha bandeira fixa nos interiores.

Andorra – Gran Canaria

(29, 20:30)

@MUR, BLB | VBC, CAN

Hannah non chegou ao descanso no seu mellor nivel da tempada, porén, na casa é unha opción moi sólida (máis de 18 de media). Ambos equipos son amábeis nas ás, sobre todo o Granca (peor defensa a domicilio). Nos locais a mellor opción semella ser Todorovic. Estivo a moi bo nivel na última xornada e tamén no partido inaugural da Copa. O malo é que con el adoita ser todo ou nada (nas semis marcouse un 0), non acaba de acadar regularidade. Nos canarios o máis interesante é Beirán, aínda que non está a ofrecer a solidez doutras tempadas; mellor deixalo para cazaxornadas (2.4 na ida). Os interiores de Katsikaris lonxe da illa baixan bastante o nivel (coa excepción de Shurna, que nos pode valer para cazaxornadas). No Andorra Diagne volveu da lesión a moi bo nivel, na casa está na vintena de media e despois ten unha boa saída a Murcia (14.4 o curso pasado en só 17 minutos). É unha das bandeiras máis atractivas da semana.

Barça – Manresa

(1, 12:30)

@EST, BUR | BET, @UNI

Despois da decepción da Copa (aínda que caeron contra un gran Valencia), os de Pesic recuperaron sensacións na Euroliga. Se Heurtel segue de baixa, Delaney é unha opción sólida: non debería baixar dos 10-15, aínda que non adoita dar picos. Non é o momento de dar entrada a ningún xogador dos do Bages, aínda que se temos a Pérez e contamos con trocos máis urxentes, podemos mantelo contra o seu ex (o ano pasado fixo un bo papel no Blaugrana co GBC). Non teño moi clara a rotación exterior de Pesic (na casa adoita dar máis descansos), o mellor é non complicarse e procurar noutros equipos. Por dentro Mirotic, que vén de anotar a canastra gañadora en Moscova, é fixo sempre que estea de curto. Para cazaxornadas pode ser interesante a bandeira de Oriola se o Barça racha cedo co encontro.

Obradoiro – Murcia

(1, 12:30)

@BLB, JOV | AND, EST

Teño ganas de ver a Radicevic co Murcia, sempre me deixou a sensación de que pode dar bastante máis do que vimos, igual é unha opción inesperada para cazaxornadas. Booker fóra da casa adoita baixar moito, non é unha das opcións principais esta xornada, mais si que o será a partir da vindeira (dous seguidos de local) e o curso pasado fixo un 13 en Compostela que nos pode abondar se queremos deixalo xa fixo para as vindeiras xornadas. Se Czerapowicz non chegar (aínda non adestrou esta semana), o Obradoiro precisará aínda máis das triplas de Magee, que estivo a gran nivel na última xornada de local e logrou o tope da súa carreira profesional na ida contra os de Sito (39.6). Non é a opción máis sólida, pero a afouteza igual ten recompensa desta vez. Brodziansky chegou ao descanso nun momento doce (10 xornadas sen baixar da decena). É unha opción fiábel esta semana, adoita sacar partido das defensas menos esixentes. Kravic tamén viña xogando a gran nivel e non semella probábel que vaia volver pinchar como na ida, aínda que nun encontro coma este prefiro ao eslovaco. Cate non é mala opción como bandeira para cazaxornadas, estivo a gran nivel coa selección e fóra da casa mellora a súa media en máis de 5.

Betis – Bilbao

(1, 17:00)

@MAN, @ZAR | OBR, @AND

Os de Mumbrú, que xa perderan unha peza importante como Brown, quedan agora sen o seu mellor xogador (Bouteille) que pon rumbo a Málaga. Non será doado tapar ese oco, aínda que o Bilbao non deixa de dar alegrías á súa afección este curso. Un dos que deberían achegar parte dos puntos da estrela francesa é o seu compatriota Rousselle. Chegou nun bo momento á Copa após dúas semanas sen baixar da ducia e alí fixo un gran partido contra o Madrid (anotou 16). O outro que debe aumentar a súa anotación é Rafa Martínez. O xogador catalán pode aproveitar as facilidades que ofrece o Betis na posición. Non é unha opción sólida, mais si que me parece interesante se procuramos unha bandeira de risco. Slaughter volveu estar a gran nivel coa selección, o problema é que Segura non acaba de sacar a súa mellor versión co Betis; contra o Bilbao podería obter moita vantaxe, mais nestes intres trátase dunha opción de risco. Pode ser o momento de Green. Tivo moito a pelota e anotou nos dous primeiros encontros como verdibranco, agora debe comezar a traducir iso en boas valoracións; se todo marcha ben, debería ser unha das ás máis destacadas desta última parte da tempada. Non ten mala saída a vindeira a Manresa. Lammers está a facer unha gran tempada e apunta a pivote moi importante en Europa nos próximos anos, mais fóra da casa e contra o Betis Balvin semella unha opción máis atractiva. O checo é outro dos que terá que compensar os puntos que perden coa marcha de Bouteille e os sevillanos representan un rival propicio (34.8 na ida).

Unicaja – Madrid

(1, 18:30)

@JOV, MAN | ZAR, @FUE

Reedítase a final da Copa no mesmo escenario. Cando chegou o momento da verdade, o Madrid sacou a súa mellor versión: gañou a Copa con autoridade e mantivo un nivel inalcanzábel para os seus rivais na Euroliga. Esta xeira estivo marcada por un Campazzo con cifras históricas no pase. O arxentino semella un fixo esta semana e a vindeira volverá ter un rival esixente; debería poder quedar con nós cando menos un par de xornadas. Aos malagueños acumúlanselle as baixas, a meirande parte delas no exterior. É aí onde chega unha das grandes sensacións da tempada: Axel Bouteille; tamén reforzan o xogo exterior con Simonovic, xogador de equipo ao que non lle faltou oco na Serbia de Djordjevic (porén, non é un perfil SM). O francés xa sabe o que é gañar ao Madrid como actor principal. Desta volta coido que terá bastantes minutos polas baixas, aínda que compartirá protagonismo con Brizuela (que foi o mellor do Unicaja na final de Copa). Non é o momento de fichalos, mais podemos quedar con Bouteille se temos outros trocos urxentes (as vindeiras semanas darannos unha medida de que podemos esperar del na súa nova casa). No Madrid, Carroll atravesa un gran momento nunha tempada que estaba a ser moi complicada para el. Foise a 17 na final de Copa e está a un prezo atractivo. Non é unha das opcións principais, mais pode ser unha alternativa interesante para cazaxornadas. Máis sólida (as baixas deberían xogar ao seu favor) preséntase a opción de Deck. Está a facer unha gran tempada, é unha peza moi importante para Laso, estivo na ducia na final da Copa e roldou a vintena na ida contra os malagueños. Ademais do Facu, o outro xogador que está a un nivel superlativo no Madrid é Tavares. Dominou na Copa e volveu xogar moi ben estas semanas na Euroliga. Fóra adoita valorar peor, mais foise á vintena nas dúas últimas saídas na ACB e na ida roldou a trintena; ademais, está a mirar máis o aro en ataque (16 e 15 puntos anotados nas dúas últimas xornadas da Euroliga). A baixa de Randolph mellora as perspectivas para Thompkins, aínda que o seu momento chegará de local.

Valencia – Burgos

(1, 20:00)

@GCA, BAS | FUE, @FCB

O estado de ánimo do Valencia volveu decaer con dúas derrotas consecutivas na Euroliga. A bandeira máis interesante nos bases esta semana é Colom. As baixas dos seus compañeiros de posición outórganlle moitos minutos de xogo e debería aproveitalos (17 e 11 de valoración nas dúas últimas xornadas da Euroliga); na ida fixo o seu tope da tempada (26.4). Fóra da casa e contra un rival desta entidade non é o momento de pensar en Bassas. Abalde atópase nun momento de forma máis baixo despois duns meses a gran nivel, o mellor é darlle descanso. Nos de Ponsarnau non estamos a ver ás sólidas: na última xornada da Euroliga os mellores foron Marinkovic e Sastre, que na anterior fixeran 5 e -2 respectivamente. En cazaxornadas podemos pensar en McFadden, mellora moito fóra da casa; aínda que non o vexo para equipos da xeral. Por dentro é unha grande opción Dubljevic. Foise á vintena nas dúas últimas xornadas da Euroliga e o Burgos, que é unha defensa amábel na posición, está a se lle dar moi ben (25 de media contra eles na Fonteta). Despois ten unha boa saída a Gran Canaria, os de Katsikaris están a conceder moita valoración interior na casa.

O equipo do blog

Para Andrómenas a última non foi unha xornada brillante, fixen 168.6 puntos e quedo, de forma provisional, o 3564º da xeral.

Saen Llull, Abalde, Bouteille, Tomic e Kravic. Entran Mirotic, Shermadini, Díez, Ennis e Hannah (non me chega para meter a Huertas).


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao videoxogo A Short Hike (adamgryu, 2019).