SuperManager x. 22: Stranger Will

SuperManager x. 22: Stranger Will

Actualizado o sábado: A baixa de Beirán supón un terremoto nunha xornada na que xa tiñamos problemas de bandeiras. Llull vén de completar un dos mellores partidos do curso na vitoria clara contra os de Obradovic. A lesión de Stevic pode favorecer a Diagne, que xa estaba entre as opcións destacadas da xornada. Da mesma forma, a lesión de Arteaga tamén debería contribuír á valoración de WhittingtonW. Thomas tivo dous partidos discretos na EuroCup, así que baixa un chisco na listaxe. Aínda que Dubi xa volveu, precisará uns partidos para recuperar o ritmo, inda é pronto para pensar en recuperalo; así que Tobey entra na listaxe. Todorovic é dúbida, como xa o foi en varios partidos do curso e acabou xogando. Sen ter máis información, eu son partidario de mantelo. O Penya-Madrid é o primeiro encontro da xornada, se non chega o normal é que o saibamos antes do feche.

Como cada fin de semana, o rapaz Will foi pasalo ben cos seus amigos, facer unhas risas, forzar unhas faltas, sumar un 30 máis bono… Mais desta volta o fado tíñalle reservado algo ben diferente: unha abominábel criatura arrastrouno a outra dimensión… onde todo estaba do revés!

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

Nesta edición atípica, na que estabamos habituados ás puntuacións baixas, nas últimas semanas a barreira dos 200 anda moito máis barata. Era unha xornada complicada porque as baixas de Jaime e Dubi deixaban moitos equipos con escasa marxe de manobra. Esta vez tiven máis subas ca baixadas, aínda que en ambos casos foron moderadas. Os 217.8 do meu mellor serviron para escalar case setenta postos até o 327º da xeral. Tiña a Thomas e Okoye, mais tamén a Llovet, Sutton e Kostas.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Laprovittola (37.2)

Heurtel (11)

Fisher (13.2)

Ennis (4)

Segundo banzo

Segundo escalón

Fitipaldo (13.2)

Albicy (5)

Vildoza (19.2)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Cook (3)

Rowland (0)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Beirán (21)

Vasileiadis (21.6)

Toolson (24)

Segundo banzo

Segundo escalón

Brizuela (12)

Shields (20.4)

Okoye (4.8)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Walker (-1)

Eyenga (18)

Cruz (5)

Deck (2.4)

Cancar (18)

Boungou Colo (14.4)

López (2.4)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Todorovic (31.2)

W. Thomas (2.4)

Sutton (33.6)

Iverson (20)

Segundo banzo

Segundo escalón

Tomic (17)

Llovet (22.8)

Shermadini (4)

Poirier (40.8)

Tavares (15.6)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Huskic (20.4)

Voigtmann (22.8)

Seraphin (0)

Caner-Medley (16)

Brodziansky (33.6)

Morgan (2.4)

O saldo para a listaxe foi positivo. Coas opcións preferentes (a pesar de Thomas, Ennis ou Okoye), subíase cunhas cantas combinacións diferentes. Tiven moito acerto nas ás e tamén nos pivotes.

Selección da xornada

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Laprovittola

Heurtel

Fisher

Segundo banzo

Segundo escalón

Campazzo

McCalebb

Llull

Ennis

Vildoza

Terceiro banzo

Tercer escalón

Booker

Van Rossom

Albicy

Boatright

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Toolson

Vasileiadis

Brizuela

Segundo banzo

Segundo escalón

Gentile

Okoye

Terceiro banzo

Tercer escalón

San Emeterio

Eyenga

Shields

Cancar

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Todorovic

Iverson

Tomic

Segundo banzo

Segundo escalón

W. Thomas

Sutton

Caner-Medley

Shermadini

Diagne

Whittington

Brown

Ayón

Voigtmann

Abromaitis

Llovet

Terceiro banzo

Tercer escalón

Lessort

Tavares

Poirier

Brodziansky

Tobey

Salvó

As chaves esta xornada volven ser as mesmas que a pasada: a procura dunha cuarta bandeira que o faga ben e a elección dos extras, que volven ofrecer moitas boas opcións.

Bases

Repetimos dúbidas: con Llull ou sen bandeira? Gastamos unha praza de extra en Fisher?

primeiro banzo

primer escalón

Laprovittola mantén a súa candidatura a MVP. Lidera a liga tanto en anotación como en asistencias e acaba de situar ao seu equipo entre os 4 primeiros. Agora ten un rival moi duro que o logrou frear nas semifinais de Copa cunha defensa asfixiante. Aínda así, acadou unha decena que ben nos valería para aforrar o cambio esta semana (e na ida fixo 14). Esta vez chegará moito máis descansado. Para min segue a ser fixo e non descarto outro partido na vintena, tanto el como Penya están a un nivel sobresaínte (7 vitorias nos últimos 10 partidos).

Soubo a pouco o 11 dun Heurtel que chegaba disparado á última xornada. Esta semana ten partido de local contra a defensa que máis concede a domicilio: Burgos (pinchou na ida cun 2.4). Despois repite na casa contra o Estu (26.4 na ida), que é unha defensa competente a domicilio.

Ver competir ao Manresa é unha marabilla. Na última xornada Fisher tivo varios compañeiros inspirados e asumiu un papel secundario, inda así logrou cumprir. Iso ofrécenos moita seguridade, sabemos que é moi complicado que non acade a decena (algo que se pode dicir de moi poucos bases) e tamén que cando asume protagonismo a cousa adoita acabar en pico. Despois visita ao Real Madrid, contra o que xa fixo un 19 na ida. 

segundo banzo

segundo escalón

Campazzo logrou salvar a xornada co partido xa deicidio nun encontro apracíbel para o Madrid. En Badalona é difícil que se repita a situación, o Madrid precisará dunha maior implicación do arxentino. A defensa da Penya fai máis concesións no base ca noutras posicións e o Facu superou a quincena nos dos duelos deste ano. 

A un dos xogadores que mellor lle sentou o descanso foi a McCalebb. O xogador con pasaporte macedonio amosouse moito mellor fisicamente. Ten unha saída favorábel a Madrid, o Estu é das defensas que máis conceden de locais. É un dos rivais que mellor se lle dan (agás na ida, roldou o 25 nos tres enfrontamentos anteriores). Despois ten unha saída moi complicada a Murcia.

Llull estivo ben no último partido e aporta un ben escaso na posición: a súa condición de cota. En contra ten que non estamos a ver aínda o xogador de antes da lesión, o negativo recente na Copa contra o Joventut e que o Olímpic é unha das canchas que peor se lle dan: menos de 7 de media e un teito de 18 (co bono). No partido da Euroliga contra o Fener vimos o mellor Llull do curso, así que gaña algunhas posicións na listaxe.

Esta semana non vimos por ningures ao Ennis da ida e tropezou por segunda vez nun partido de local en toda a tempada (a anterior foi na novena xornada). Agora repite na casa, onde ten un 18 de media, e non parece probábel que vaia fallar dúas semanas seguidas (algo que non ocurreu en todo o curso, despois dun mal partido sempre superou cando menos a decena no vindeiro). Enfróntase á mellor defensa das ás a domicilio: Fuenlabrada (19.2 na ida e 33 a tempada pasada cando estaba no Zaragoza). Despois ten unha saída favorábel a Burgos, que concede bastante valoración na posición.

Vildoza está a dar un paso á fronte. Leva 5 boas valoracións nos últimos 6 partidos. Esta semana vai a Lugo, onde o Breo é unha defensa bastante competente. A semana que vén recibe a visita do Canarias, que fóra da casa non ten unha defensa tan efectiva como de local.

terceiro banzo

tercer escalón

Para o Murcia é esencial que Booker estea a bo nivel, é dos poucos xeradores de xogo cos que conta. Foi chave na meritoria vitoria contra o Barça (que supón unha inxección de moral) e acumula tres partidos na decena consecutivos. O Valencia é un dos equipos máis hospitalarios cos bases. Despois tampouco ten mal partido na visita do Zaragoza.

Non parece mala xornada para Van Rossom. Na casa a súa media medra en máis de 6 até os 13 e o Murcia fóra é unha defensa máis accesíbel. Aínda que despois vai fóra, Fuenlabrada é a cancha máis amábel cos bases.

Albicy de local está en máis de 12 de media e o Fuenlabrada no base non é unha defensa esixente (13.2 na ida). Fóra da casa perde atractivo, aínda que na ida contra o Burgos marcou o seu tope da tempada.

Os cazaxornadas poden probar sorte con Boatright. Semella o base do Unicaja en mellor forma e o GBC é un equipo amábel na posición, ademais o seu pasaporte armenio fai que non ocupe paraza de extra. Despois vai a Gran Canaria, que tampouco destaca pola súa defensa dos uns.

fóra da listaxe

fuera de la lista

Fitipaldo está a ser unha das revelacións da tempada, mais fóra da casa valora peor e o Barça é un rival moi duro. É momento de darlle descanso. Alocén segue a medrar e apunta a base importante na ACB a medio prazo; porén, hai que ter paciencia con el, lonxe de Zaragoza o seu teito é un 6.

Ás

Aleros

Esta semana non temos moitas opcións, mais si de calidade. Toolson é un dos grandes candidatos a esas prazas de extra tan valiosas.

primeiro banzo

primer escalón

Nin sequera contra un dos equipos que menos recibe das ás (Gran Canaria) vexo motivos para dubidar de Beirán (21 de media como local). Despois volverá ter un rival duro na posición na visita a Vitoria.

Un dos grandes atractivos da xornada vai ser o duelo entre dous dos xogadores máis en forma da liga: Toolson contra Kostas. O norteamericano está a un nivel espectacular nas últimas semanas. Contra o Estu non só estivo ben como anotador, senón que marcou o seu máximo da tempada en asistencias (7). Está a ser o líder xunto con Fisher dun dos equipos máis corais. Na ida foise á trintena. A maior pega vén no desprazamento da semana que vén a Madrid.

Vasileiadis non lle anda lonxe. O líder do Obra non baixou da vintena nesta xeira de tres vitorias que afasta aos composteláns da zona de perigo e permite que soñen xa con mirar cara arriba (de gañaren en Manresa, quedarían a só unha vitoria do oitavo posto). Tamén ten un bo precedente do partido da primeira volta: 27. Non pinta mal tampouco para el a visita do Joventut da semana próxima (14 na ida).

Brizuela de local está en máis de 17 por partido e o Zaragoza é das defensas que máis conceden na posición (14 na ida). A iso hai que sumarlle a súa condición de cota. Fixo esta semana. A que vén ten un partido máis complicado na visita ao Blaugrana, mais non será venda obrigada.

segundo banzo

segundo escalón

Gentile leva 7 partidos sen baixar da decena e esta semana ten un partido moi favorábel de local contra o Zaragoza (10 na ida). A que vén na visita a Barcelona xa lle teremos que dar máis voltas.

Okoye estragou o seu partido ao remate da primeira metade: antideportiva e técnica por protestar a última xogada e conseguinte expulsión. Sen iso, seguramente tería rematado cunha boa valoración. A domicilio os seus números redúcensee á metade e agora ten dous partidos seguidos lonxe de Zaragoza (a semana que vén enfróntase á mellor defensa na posición). Non é momento para fichalo, mais podemos aguantalo outra semana: o Estudiantes é das defensas máis amábeis na posición (18 na ida) e Stan terá ganas de reivindicarse após dous malos partidos tras unha gran xeira.

terceiro banzo

tercer escalón

A bandeira de San Emeterio está a gañar en atractivo en tempos de escaseza. Parece que o cantabropucelano está a ir a máis e o Murcia non é dos rivais máis esixentes. Despois ten unha saída moi favorábel a Fuenlabrada, peor defensa dos treses como locais.

Eyenga fixo 18 ou máis en 3 dos últimos catro partidos. O Andorra (15 na ida) é unha defensa amábel tanto no tres como se ten que desenvolverse algúns minutos de catro pola lesión de O’Leary. Se non está máis arriba é porque de visitante adoita baixar bastante o seu nivel (non chega aos 6 de media). Despois volve ter un partido favorábel contra o Valencia de local.

A volta de Garino vai permitir que Shields descanse máis, xa non o veremos xogar tantos minutos (xa baixou a 22 na última xornada) e por tanto vai ter máis complicado valorar (aínda que no último partido aproveitou moi ben o tempo e logrou acadar a vintena). Ademais, o Breogán mellora moito a súa defensa das ás no Pazo, onde é a segunda que menos valoración recibe. Atópase en moi bo momento e igual cumpre, mais xa non é unha opción tan atractiva.

Cancar está nun momento doce (3 dos últimos 4 en 18 ou máis) e nas ás é a posición na que o Barça resulta máis accesíbel (aínda que pinchou cun negativo na ida). Non creo que sexa venda obrigada, mais non é o momento de fichalo.

fóra da listaxe

fuera de la lista

A pesar da boa valoración fóra da casa da última semana, Eriksson volve quedar fóra. Vai ser complicado que volva xogar tantos minutos, o Canarias é un rival duro e o da última semana foi a excepción a domicilio (apenas 8 de media).

Pivotes

Pívots

Os pivotes ofrecen unha longa listaxe de opcións. Incluímos unha segunda bandeira? Usamos aquí as dúas prazas de extra?

primeiro banzo

primer escalón

A visita do Madrid non muda a condición de fixo de Todorovic. Nos últimos 15 partidos só baixou dos 14 nun. No recente compromiso copeiro tivo un dos seus días máis grises e nin acadou os 20 minutos de xogo; aínda así fixo un 16.

Iverson segue cun nivel altísimo e esta semana o derbi é un partido moi favorábel para el, o Granca está a dar facilidades na posición. Despois vai ter unha dura proba en Vitoria, mais nestes momentos semella que é capaz de facelo ben en calquera escenario.

O máis dubidoso con Tomic a semana pasada eran os minutos dos que disporía, porque viña nun momento doce. A pesar de que foron máis dos esperados (25), non deu o pico co que contabamos. Aínda así cumpriu (17). Agora ten un partido contra unha das súas vítimas favoritas. Na ida contra o Burgos marcou o seu máximo da tempada (44.4) e o ano pasado acadou a trintena. Despois volve ter un partido favorábel de local contra o Estu (25.2 na ida). Por desgraza, cos xogadores do Madrid e o Barça cando non viaxan sempre temos o temor dun descanso inesperado.

segundo banzo

segundo escalón

A pesar da decepción desta semana (na que de forma estraña participou moi pouco no xogo), a tempada de W. Thomas está a ser espectacular, fallou moi poucas veces (non fixo dous malos partidos seguidos en todo o curso) e o Murcia por dentro é o rival ideal (43.2 na ida). Ademais, contra as peores defensas interiores está en máis de 20 de media. Segue sen me espertar dúbidas. Eu quedaría con el e incluso creo que é boa idea darlle entrada se non o tiñamos. Os dous partidos discretos na EuroCup fan que baixe ao segundo chanzo, mais sigo a pensar que é unha grande opción.

Sutton vai de barbaridade en barbaridade: aínda non baixou da trintena nos tres partidos que leva no Burgos (igualou o mellor debut da historia do xogo), vai subir o máximo de broker durante semanas e semanas e con el na pista o Burgos non coñece a derrota. Esta vez ten unha proba moi esixente: visita á mellor defensa interior (só Whittington acadou a vintena, polos pelos, no Blaugrana este ano). Será moi complicado que repita un partido na trintena, mais no momento no que se atopa non o vexo baixando da quincena, así que igual non compensa gastar un cambio en sacalo. Na visita do Andorra da semana que vén parece ineludíbel a súa presenza nos equipos.

O Zaragoza baixa moito de visitante na súa defensa interior. Caner-Medley, que fora baixa na ida, ten unha moi boa xornada por diante para seguir coa súa gran xeira (10 dos últimos 11 superando a decena). Despois deberiamos pensar na súa venda porque viaxa a Barcelona. 

Shermadini foi outra das decepcións da xornada, aínda que o rival non era doado. Moito máis favorábel debería ser o partido contra o GBC en Málaga (22.8 na ida). Contra os donostiarras aínda non baixou da decena en 5 enfrontamentos en ACB. Despois ten unha saída bastante amábel a Gran Canaria, que tampouco destaca pola súa defensa interior (25.2 na ida).

Esta semana Diagne semella ofrecer unha bandeira interesante. Foi o mellor do seu equipo contra o Madrid e de local os seus números medran até os 14 de media. Ademais, o Fuenlabrada é a defensa interior máis feble (15.6 na ida). A lesión de Stevic debería darlle algún minuto máis de xogo. Despois vai a Burgos, que é das defensas que máis conceden por dentro, mais fóra do Principado baixa bastante o seu nivel.

Whittington acumula xa 7 partidos en 12 ou máis de valoración (todos des que chegou ao Estu, agás o debut). O Zaragoza dá moitas facilidades na posición, así que debería seguir valorando ben. A semana que vén tocará darlle descanso na visita ao Barça. A lesión de Arteaga dálle aínda máis atractivo.

Brown é un dos xogadores máis fiábeis de toda a liga cando xoga de local. Só fallou nun partido en todo o curso: o encontro aprazado da primeira xornada contra a Penya. Está na vintena de media na casa. Enfróntase á mellor defensa a domicilio (Baskonia), mais inda así creo que cando menos verémolo na quincena. Contra outras grandes defensa interiores como as do Madrid ou o Valencia fíxoo ben de local (15.6 e 27). Fóra da casa adoitaba baixar moito, mais nos últimos partidos (coa excepción de Zaragoza, onde xogou moi pouco polas faltas) está a mellorar bastante (no derbi da última xornada fixo con 24 o seu tope lonxe do Pazo), así que incluso non é unha venda obrigada para o desprazamento da semana vindeira a Donostia (o GBC é unha defensa media de local).

O interior máis en forma do Madrid é Ayón, que ademais completou un gran partido no enfrontamento da Copa contra a Penya (27.6). Pensar nun xogador do Madrid a medio prazo coa rotación que ten é complicado, mais esta semana semella unha boa opción.

Voigtmann está a ofrecer a súa mellor versión a domicilio, onde dobra os seus números até a vintena. Esta semana non se prevé un desprazamento fácil a Lugo, o Breo é un equipo moi competitivo no Pazo e mellora moito a súa defensa interior. Despois recibe a visita do Canarias, que é bastante amábel cos pivotes.

A súa condición de extra pesa demasiado e será complicado que entre nos equipos, pero Abromaitis ten un partido moi favorábel na visita dun Granca contra o que na ida acadou a trintena. Despois deberiamos darlle descanso no desprazamento a Vitoria. 

Fóra da casa Llovet non adoitaba ser unha das bandeiras máis interesantes a pesar de estar a facer unha gran tempada, pero xa conseguiu pasar tamén con nota as tres últimas saídas. Desta volta vai a Manresa (22 na ida); despois recibe a visita do seu ex contra o que sempre ten un extra de motivación (tamén 22 na ida) e xa sabemos que na casa é un seguro.

terceiro banzo

tercer escalón

Lessort non ofrece gran regularidade; porén, vén de ser o interior do Unicaja que mellor valorou a última semana, ten un bo precedente contra o GBC (19.2) e conta con case 17 de media contra as peores defensas interiores. Despois tócalle ir a Gran Canaria (pinchou na ida: 6).

Tavares ten un gran precedente da ida contra a Penya (nestes momentos o seu estado de forma non é tan bo e a defensa verdinegra mellorou moito) e na Copa tamén acadou a decena. Se precisamos outra bandeira, podemos telo en conta.

Se a semana pasada poñía tanto por perfil como polo seu momento a Poirier bastante arriba na listaxe e como opción preferente no xogo interior vitoriano (resultou MVP da xornada), nesta semella unha opción menos atractiva. Fóra da casa baixa moito os seus números (menos de 12 de valoración e só un partido na vintena) e o Breo non lle vai dar facilidades.

Unha vez máis, e van xa moitas, a secretaría do Obra acertou na fichaxe do seu home alto. Brodziansky está a facer unha temporada moi meritoria e leva dúas xornadas de escándalo. O Manresa é bastante hospitalario cos pivotes (10 na ida). A ver se é capaz de ir gañando en regularidade. Despois terá un rival complicado nun Joventut que está a defender cada vez mellor, en especial progresou en posicións interiores.

O pivote máis consistente nos últimos partidos do Valencia, tanto en liga (vintena na última xornada) como na eliminatoria da EuroCup (14 e 22, aos que habería que sumar o bono), foi Tobey. O partido contra o Murcia resulta moi favorábel e pode ser unha opción para os que procuren dar a sorpresa.

Após un baixón pronunciado (10 xornadas sen acadar a decena), Salvó está a encontrar o seu mellor xogo: 3 semanas en 12 ou máis. Está a ter moitos minutos (30 a xornada pasada), fóra da casa mellora os seus números e o Unicaja non é das defensas interiores máis esixentes. Pode ser unha opción de bandeira sorpresa para cazaxornadas.

fóra da listaxe

fuera de la lista

Polo momento Dubi queda fóra ata que se saiba como evoluciona da lesión; da mesma maneira, a entrada ou non doutros interiores do Valencia queda supeditada a esas novidades. Contra o Barça xa si que deberiamos darlle un descanso a Huskic (8 na ida). Nin Lalanne nin Murphy entran porque teñen un rival complicado e a listaxe xa ofrece moitos xogadores, pero tamén poden facelo ben. Non hai que quitarlle ollo ao finés, que xa no último partido rendeu a gran nivel (6 de 8 en triplas).

O equipo do blog

El equipo del blog

Xa dicía a semana pasada que me faltaban varios cambios para poder arranxar Andrómenas. Esperaba unha xornada moi mala e só foi regular. Os 200.2 puntos serviron para quedar máis ou menos onde ía: 16 posicións gañadas até o 9057º.

Entra San Emeterio polo lesionado Beirán, sae Okoye para que entre Toolson e dentro Tomic por Caner-Medley.


Material gráfico utilizado: para a composición da portada valinme dunha fotografía de enCancha.com e unha imaxe promocional da serie Stranger Things de Netflix.