
Chegou unha desas xornadas de eliminación, que separan o gran da palla. Xuntáronse todos os imprevistos —incluída unha saturación do servidor polo anuncio da baixa de certo xeorxiano a falta de menos de dúas horas do peche— e consumouse o bandeiricidio —como se lle deu en chamar—: Doncic, Shengelia e Granger causaron baixa ao tempo. Eu estaba entre a palla, como non. Peor xornada do ano —unha vez máis, que non se diga que non teño espírito de superación— e saio exaculado do 31º ao 71º posto da xeral. Todo o que podía saír mal, saíu mal; e o que só podía saír ben, saíu mal tamén. 155.4 míseros puntos. Os meus tempos na cabeza son xa unha lembranza nostálxica.
Bases
Campazzo (3) |
Jaime (12) |
Huertas (0) |
Chery (7) |
Laprovittola (19) |
Booker (19) |
Radicevic (10.8) |
Heurtel (26.4) |
ÁS
Neal (31) |
Ponitka (26.4) |
San Emeterio (33.9) |
Landesberg (22) |
Beaubois (12) |
Causeur (7) |
Seeley (13.2) |
Ribas (14.4) |
Schilb (17) |
Mumbrú (-2) |
Pivotes
Norel (13) |
Tomic (16.8) |
Pustovyi (3) |
C. Suárez (8.4) |
Tobey (21.6) |
Balvin (14.4) |
Kelly (19) |
Jordan (15) |
Tavares (3) |
Terríbel. Campazzo estaba en todos, mais o de Huertas é unha traxedia e non avaliei ben o nulo interese do Madrid no clásico e o conseguinte pico de Heurtel. A elección de Pustovyi tampouco axudou. A un quédalle cara de parvo despois de adicar tanto tempo á análise da xornada e errar desta forma.
Primeiro a selección e despois a análise, coma sempre. Se algunha circunstancia mudar as cousas antes do peche de cambios, avisarei no meu Twitter ou arrincarei o pelo da barba se pasa algo similar ao da semana pasada.
Bases
Jaime |
Campazzo |
Laprovittola |
Chery |
Heurtel |
Booker |
Granger |
ÁS
Neal |
Landesberg |
Ponitka |
Mumbrú |
Nedovic |
Beaubois |
Ribas |
Green |
Pivotes
Norel |
Tomic |
Tobey |
Jordan |
Kelly |
Suárez |
Voigtmann |
Oriola |
Pustovyi |
Tavares |
Tócanos outra xornada convulsa con escaseza de bandeiras e xogadores fundamentais que non participarán na xornada.
Bases
Doncic non viaxou a Zaragoza, así que xa temos a certeza de que non vai xogar esta xornada e de que debemos pensar noutras cotas.
primeiro banzo
A bandeira de Jaime Fernández e súa regularidade —só un partido dos últimos 17 por debaixo da decena— fan del un fixo, por máis que teña un partido duro contra a boa defensa exterior do Murcia.
O Facu Campazzo foi unha das grandes decepcións da xornada nun Real Madrid que deu unha imaxe deplorábel no Palau nun partido no que apenas se xogaba a honra. Inda así, non marcou diferenzas porque estaba na maior parte dos equipos. Na Euroliga retomou o seu gran momento de forma. Esta semana non debe haber dúbidas con el, por máis que o Zaragoza mellorase de forma considerábel a súa defensa dos bases nas últimas semanas.
segundo banzo
Nico Laprovittola deu un pasiño máis na súa valoración e seguiu achegándose á vintena: 19. O Obradoiro é un bo rival para superar esa barreira, non ten unha defensa esixente e o partido é en Badalona con todas as urxencias e algunha máis para os verdinegros. Semella un valor seguro e ten opcións, esta semana si, de sumar o bono.
Despois de catro partidos por riba da vintena, Kenny Chery fallou contra a sempre complicada defensa do Unicaja: 7. Regresa a Donostia para enfrontarse á peor defensa dos uns este ano: Estudiantes. Ten un partido moi propicio para regresar á vintena. Se xa o tiñamos, debe seguir. Se non, a semana que vén viaxa a Murcia, unha defensa complicada que o deixou en negativo na ida; así que hai que ver se nos podemos permitir unha fichaxe para unha xornada, que podería ser se esperamos recuperar a Doncic a vindeira e os outros dous bases temos claro que seguirán.
Thomas Heurtel abusou dun Madrid incomparecente e fixo o tope da súa carreira contra os brancos. Agora xa debería ser todo costa abaixo. O Barça non ten que facer na Euroliga, o seu foco está posto na ACB. O Burgos, que era unha das peores defensas dos bases, agora é a segunda que que menos concede dos uns nos últimos cinco partidos. Heurtel está a baixar máis de 8 puntos a súa valoración fóra da casa e ten dous partidos seguidos lonxe do Blaugrana —a semana que vén en Zaragoza—. Non debería ter problemas para cumprir arredor da quincena da ida, inda que o pico non está tan claro. Nos equipos nos que xa estaba debe seguir. Se non o tiñamos, a súa compra inmediata non é obrigada.
terceiro banzo
Había que ver se o de Askia Booker fora flor dun día. Non parece así. Volveu dar boas sensacións e rematou cun 19 no regreso dos sevillanos á congostra da derrota. Agora falta ver como se desenvolve lonxe da súa afección. O rival, Bilbao Basket, é unha das defensas máis hospitalarias na posición. A semana que vén regresa a Sevilla, inda que terá un partido moi duro contra un Unicaja que é posíbel que chegue xa sen ningunha das remotas opcións que mantén de avanzar na Euroliga.
Marcelinho Huertas esnaquizou os corazóns dos que confiamos nel. Chegaba no mellor momento da tempada a unha das súas canchas fetiche e non deu unha a dereitas, marchou co 0 co que comezou grazas a unha tripla a táboa xa co pulso lesionado. Coa súa baixa e a escaseza de bandeiras, a opción Jay Granger volve flotar coma unha pantasma entre as opcións da xornda. Xoga en Vitoria contra unha defensa que este ano foi moi favorábel para os bases, mais que coa chegada de Radicevic progresou moito —3ª mellor dende o seu debut—. Na ida fixo un 32 —sen bono— en Gran Canaria. Xa sabemos que é a irregularidade feita base, que podemos esperar outro partido na trintena ou en negativo, e a semana que vén repite como local contra un rival moi accesíbel: Fuenlabrada.
fóra da listaxe
Vargas, que levaba todo o ano xogado moitos minutos mais carecía de interese para o SM, destapouse coas dúas mellores valoracións da tempada de forma consecutiva. Porén, a visita a Málaga réstalle todo o atractivo. Se queremos unha opción de risco, o belga Tabu vén de encadear dous partidos na decena e xoga na casa contra o Betis, defensa que máis concede dos bases nos últimos partidos (21.6 fixo na ida). Hannah ten un partido favorábel en Andorra, mais anda con problemas físicos e non é momento de asumir riscos. Para cazaxornadas pode ser interesante.
Ás
O bo momento das ás debería prolongarse, máis a dúbida de San Emeterio é un novo crebacabezas. Nin que houbera poucos.
primeiro banzo
A visita do Madrid non lle quita a condición de fixo a Gary Neal. Os brancos están máis centrados na Euroliga ca na ACB e a súa defensa das ás resentiuse: pasaron de estar no alto a ser unha defensa media nos últimos partidos. A semana que vén repite na casa contra o Bilbao nun partido no que apunta a romper o picómetro.
Sylven Landesberg perfílase como fixo durante moitas xornadas: comeza contra a amábel defensa exterior do GBC —16 na ida—, despois Burgos, Barcelona, Bilbao… Todo a favor.
Ponitka leva seis das últimas sete xornadas por riba da vintena. Visita a mellor defensa das ás en Valencia contra a que fixo un 22 na ida. Agás que queiramos arriscar moito e buscar a diferenciación apostando por outro xogador por unha vez —nese caso parece a xornada propicia—, non paga a pena gastar un cambio con el. Debería cumprir sen pico. A semana seguinte terá que estar si ou si nos equipos, a Penya viaxa a La Laguna.
segundo banzo
A visita do Betis —peor defensa do ano— a Bilbao, deixa a Alex Mumbrú como opción preferente para bandeira nas ás. Fixo un 16.8 na ida e despois ten unha saída favorábel a Zaragoza —outra das peores defensas das ás e outro 16.8 como precedente—.
O de Nemanja Nedovic é un deses casos de difícil explicación. Durante todo a ano anda a render con moita regularidade na Euroliga mais en ACB estaba moi lonxe das ás relevantes. A semana pasada rachou con iso e saíu MVP da xornada: 44.4. Repite en Málaga ante un Fuenlabrada cunha defensa bastante permisiva —12 na derrota da ida—. A súa media como local está por riba dos 19 grazas ao pico da última fin de semana. Pinta ben, mais non se pode descartar que volva activar o modo ACB e nos dea outra decepción. Hai que ter en conta que temos que retroceder ata a 6ª xornada para atopar a vez anterior que superara a vintena.
terceiro banzo
Esta semana Rodrigue Beaubois non apunta a pico, o Granca está a defender moi ben as ás —2ª mellor defensa nas últimas semanas— e na ida quedouse en negativo. A favor ten que na casa a súa media medra case 5 puntos —e ten dous partidos seguidos en Vitoria— e que só baixou da decena nun dos últimos dez partidos do SM. A visita do Fuenla da semana que vén élle bastante máis propicia.
A cota de Pau Ribas resulta relevante. Leva catro partidos por riba da decena e esta semana, nun gran momento do seu equipo, viaxa a Burgos. Os burgaleses melloraron moito na posición de un, así que será nos minutos nos que comparta pista con Heurtel nos que terá máis opcións de valorar —o seu rival concede moito máis das ás—. A semana que vén seguirá lonxe do Palau para enfrontarse a un Obra que non é unha grande defensa ni dos bases nin das ás.
Non é mala xornada para Green, en especial se San Emeterio causa baixa. Leva 4 partidos superando a decena e en 3 dos últimos 6 valorou por riba dos 20. Na ida contra o Canarias sumou un 22.8. Xoga na casa e a semana que vén enfróntase ao Madrid na capital mundial do laísmo, que igual non é mal rival se segue coa cabeza na Euroliga.
Se a participación de Fernando San Emeterio fose segura, sería un fixo —vén de superar outra vez a trintena—. O problema é que anda cunha escordadura de nocello que lle impediu xogar na Euroliga —onde o Valencia xa non ten que lle facer—. Co Valencia centrado ao 100% na ACB, se Fernando pode xogar, vaino facer. Haberá que estar pendentes das novas ao respecto ata última hora, pero máis nos vale ter un plan B. Aínda que estea aquí, non o metín na listaxe de arriba porque o risco de que non xogue é grande.
fóra da listaxe
Schilb perde interese, lonxe de Sevilla os seus números baixan 4 puntos de media, inda que o rival non é complicado —Bilbao—, e a semana que vén enfróntase ao Unicaja. Parece haber opcións máis atractivas. Popovic regresou a gran nivel da lesión —20.4—, mais agora encadea dous partidos moi complicados fóra da casa: Unicaja e Baskonia. No regreso a fuenlabrada será o momento de pensar nel —recibe consecutivamente a Betis e Burgos, equipos moi favorábeis—. Como leva dous partidos sen xogar, non me atrevo a incluír na listaxe a Matt Thomas. Mais é probábel que regrese esta fin de semana e contra o Joventut debería facelo ben. Opción para cazaxornadas. Outra opción interesante pode ser Timma, que está no mellor momento da tempada tras tres partidos por riba da decena. Inda que o Granca non é o mellor rival posíbel, Bendzius, un perfil similar a el, vén de lle facer un pico. O propio Bendzius pode ser interesante en Badalona, tras dous partidos superando a quincena e cun 15.6 na ida. Unha das ás do Madrid é posíbel que dea un pico contra o Zaragoza, mais non é doado acertar cal: Carroll, Causeur, Rudy… Blazic foi un dos picos da xornada pasada, mais na casa baixa a súa media 5 puntos e enfróntase ao Murcia, que é boa defensa exterior. Como sopresa para cazaxornadas non me desagrada Eyenga, que se enfronta ao seu último equipo en ACB —Unicaja—, contra o que xa superara a vintena na ida.
Pivotes
Dou por sentado que Shengelia non xogará (semella que así será). O Baskonia está a loitar por entrar no playoff da Euroliga, así que sería estraño que non xogando alí esta semana regrese na ACB. Así que, agás que unha novidade de última hora diga o contrario, témola armada.
primeiro banzo
Henk Norel xoga na casa contra o Estu —36 na ida—. Fixo.
Ante Tomic ten un partido óptimo por diante: o Barça está centrado na liga, peor defensa dos pivotes en fronte —Burgos— e tres xornadas seguidas superando os 15. A saída a Compostela da semana que vén tamén lle vai ben. Apunta a fixo.
Ninguén está a defender tan mal como o Valencia no xogo interior. Mike Tobey, ex taronja, leva dous partidos seguidos na vintena como local e mantivo o gran nivel na Champions contra o Murcia. O partido é propicio para que poida seguir a xeira —13 na ida—. A semana que vén volve ter un partido moi favorábel na visita da Penya. Se non nos fiamos moito del, este primeiro banzo ofrece opcións máis populares.
Jordan salvou a xornada cun 15 e agora ten un partido máis favorábel de novo en Badalona contra o Obra. A defensa compostelá é bastante amábel e xa na ida superara a vintena. A semana que vén viaxa a La Laguna, para enfrontarse a un Canarias que non é unha defensa doada —inda que tamén superara a vintena na dia contra eles—.
Ryan Kelly superou os 15 en 10 dos últimos 12 partidos e enfróntase a domicilio a unha defensa moi feble no xogo interior: Bilbao Basket, mais os de negro melloraron bastante nos últimos tempos —están a ser unha defensa media nos últimos cinco partidos—. Na volta a Sevilla enfróntase a un rival que está a conceder bastantes alegrías por dentro: Unicaja.
segundo banzo
Nun festival de valoración do Unicaja —137 fixo o equipo—, o seu xogador máis valorado no ano —tralo ausente Sherma— maquillou ao final —7— unha das súas peores actuacións numéricas do ano. Carlos Suárez non nos deu o que esperabamos del. Repite en Málaga, o Fuenla é un rival propicio (só 8 na ida, mais foi o partido no que tivo menos minutos en todo o ano, algo que non parece que se vaia repetir) e a semana que vén vai a Sevilla —a súa defensa é bastante máis permisiva cos catros—. En todo o ano nunca encadeou dúas xornadas por baixo da decena e a súa bandeira é moi valiosa. Coido que debemos darlle outra oportunidade.
Se Shengelia é baixa, Voigtmann preséntase como unha opción interesante. Leva catro das últimas cinco xornadas por riba da vintena e vén de pico. Nos contras, hai que dicir que o Granca defende ben dentro e na ida deixouno nun 3. O partido contra o Fuenla da semana que vén pinta mellor, aínda que para entón Shengelia xa debería estar de volta —con todo, debería valorar ben—.
Pinta ben a bandeira de Pierre Oriola. O Burgos é un rival moi favorábel e vén de boa xornada tanto na ACB contra o Madrid como na exhibición do Barça na Euroliga. Despois toca o Obra, contra o que tamén pode render.
terceiro banzo
Artem Pustovyi volveu pustovyiar. Estivo moi brando contra o Granca e nuns minutos máxicos baixou do 10 ao 3 grazas a tres tapóns recibidos case consecutivos e unha nova eliminación por persoais. O Joventut debería ser un rival favorábel —32.4 na ida—, mais non me fío un pelo. No seu duelo con Jordan en Badalona, véxolle máis opcións a el de se meter en problemas de faltas, inda que só sexa porque o xamaicano xoga de local. A semana que vén enfróntase ao Barcelona. Entra por ese partido contra a Penya, mais eu faría por vendelo.
A Tavares foille tan mal como esperaba contra o Barça. Esta semana xoga fóra da casa, onde aínda non superou a vintena, nin en ACB nin en Euroliga. As dúas últimas saídas quedou por debaixo da decena. A favor da súa inclusión? A súa bandeira e que o rival é un Zaragaoza que non defendía ben por dentro e que sen Varnado ten inda menos argumentos. O reparto de minutos de Laso para min é unha total incógnita nestes momentos. Toca xogar ao cara ou cruz.
fóra da listaxe
Balvin anda con problemas físicos, así que é mellor pensar noutros pivotes. A permisiva defensa interior do Valencia pode facernos pensar tamén en Abromaitis ou Fran como opcións para diferenciarnos. Como non faltan boas opcións, esta xornada non pensaría en Thompson contra o Barça, mellor defensa interior dos últimos partidos e que o deixou en 11 na ida.
A decisión de non cambiar o equipo a pesar da baixa de Shengelia, permitiume facer algúns puntos máis con Andrómenas ao ter a Tomic no sitio de Pusto e en principio aforrábame o cambio de Shengelia porque polo que dicía o parte parecía que a baixa só era para un xornada. Agora semella que non será así e que non vou aforrar cambio ningún. Os 166.2 puntos fixeron que a caída fora de pouco máis dunha centena de postos: quedo o 1667º da xeral.
O cambio obrigado de Huertas fai que asuma o risco de ir co seu compañeiro Granger. Algún día terei que ter sorte. A bandeira de San Emeterio vai para Mumbrú e no sitio de Shengelia entra a aposta da semana, Tobey.
Siempre es mejor perder con tus ideas.
Me gustan tus apuestas, suerte.
Gracias, igualmente, que siga tu escalada hacia el primer puesto.