A pasada converteuse na xornada de puntuacións máis altas do curso. Gañar posicións era moi complicado, incluso con puntuacións superiores aos 250 (e máis, dependendo de onde nos atopáramos na xeral) podíase baixar. Os tropezos pagáronse máis caros ca nunca (Diagne, Delaney, Hannah no canto de Huertas…), un par de erros no equipo podía facernos perder unha morea de puntos. No meu mellor equipo fixen 274.2 puntos, que me serviron para subir un chisco, mais aínda estou moi lonxe incluso do Top 1000: vou o 1386º da xeral, o da xornada con 10 e o reseteo de trocos seguen a pesar moito.
B
1º
Campazzo (20.4)
Huertas (39.6)
2º
Hannah (13)
Delaney (-)
Rousselle (11)
3º
Wroten (10)
Colom (7.2)
A
1º
Ennis (15.6)
Prepelic (29)
2º
Díez (28.8)
Shields (15.6)
Brussino (20.4)
Deck (12)
Green (38.4)
Bouteille (7)
Magee (-2)
3º
Seeley (9.6)
Slaughter (7.2)
Booker (42)
Todorovic (-5)
Martínez (11)
P
1º
Shermadini (19.2)
Mirotic (14.4)
Shengelia (52.8)
Dubljevic (13.2)
Diagne (0)
2º
Tavares (24)
Brodziansky (17)
Balvin (14)
Kravic (9)
3º
White (10.8)
Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios.
B
1º
Campazzo
Huertas
2º
Cvetkovic
Rousselle
Pérez
Bassas
3º
Pressey
Wroten
Hannah
A
1º
Booker
Prepelic
Green
Díez
2º
Brizuela
Higgins
3º
Martínez
Rodríguez
López-Arostegui
P
1º
Mirotic
Shengelia
Shermadini
2º
Tavares
Balvin
Costello
Dubljevic
3º
Kravish
Kravic
Brodziansky
Vimos dunha dobre xornada da Euroliga (a ver se non temos sorpresas en forma de descansos).
Murcia – Andorra
(7, 18:00)
EST, @BLB | BLB, @UNI
O Murcia á fin volveu gañar fóra cun gran Booker e toma aire na clasificación. Non vexo ningún base interesante, nin sequera Hannah me entusiasma, fóra da casa baixa moito e non pasa por un bo momento; si que podemos considerar mantelo se queremos aforrar o troco para a vindeira, na casa contra o Bilbao debería facelo ben. Entra pola escaseza de bases, noutra semana estaría fóra da listaxe. Con dous seguidos de local (máis de 21 de media), e trala exhibición da semana pasada, Booker semella un dos fixos (na ida foise á trintena). Os kamikazes poden pensar en Todorovic no seu regreso a Murcia, fará negativo ou sairase, está a ser a súa tónica. Tamén para cazaxornadas, no Murcia temos a un descoñecido Eddie, nalgún momento terán que volver a entrarlle as triplas (leva 3 de 25 nos últimos catro partidos, cando estaba a ser un dos mellores tiradores da liga).
Manresa – Betis
(7, 18:00)
@UNI, JOV | @ZAR, OBR
Semella que desta volta si que vai regresar Toolson; aínda non é momento de pensar nel, pero debería ter impacto negativo na valoración de Cvetkovic: o serbio reduce a súa valoración case á metade cando está o sobriño de Andy. O base que máis me gusta(ba) deste partido é (era) Dani Pérez. De local está en 12.5 de media e o Betis é unha defensa moi amábel na posición. Ao final non activaron a ficha de Toolson, iso mellora moito as perspectivas de Cvetkovic. Sen Ryan está en 15 de media, absorbe boa parte do peso ofensivo do norteamericano, e na ida xa estivo a bo nivel (18). Non ten mala saída a vindeira a Málaga (sempre que non regrese Toolson). Un dos homes da xornada é Green, que está a ser comprado a milleiros. Esperábase que transformase a súa boa anotación en valoración a semana pasada; así o fixo. Está chamado a ser un dos protagonistas deste último terzo de SM: xoga moito, toda a ofensiva pasa por el e o Manresa non é mal rival. Para os equipos con necesidade de cartos é obrigatorio (sube todo con negativo e está a moi bo prezo). A vindeira terá unha saída complicada. Por dentro Kravish é unha opción sólida contra un Betis que dá facilidades.
Burgos – Fuenlabrada
(7, 20:30)
@FCB, GCA | RMA, @EST
O Fuenlabrada chega nun momento anímico complicado, deixou escapar unha vitoria que tiña moi preto e perdeu para todo o curso á súa última incorporación. Tanto Bassas como Fitipaldo non me parecen malas opcións na procura da diferenciación, aínda que o que entra é o ex da Penya e Canarias pola súa bandeira. Na casa non adoita fallar (14.5 de media) e na ida foise á vintena contra unha defensa que dá facilidades. Se aguantamos a Bellas a pasada, podemos mantelo tamén nesta se temos outros cambios urxentes. Coa baixa de Randle terá que volver xogar minutadas, aínda que non entra na listaxe porque fóra baixa bastante. Lonxe da casa non me convence ningunha á do Fuenla e no Burgos tampouco semella haber opcións fiábeis. Por dentro Clark é unha opción para cazaxornadas, mais está a ser demasiado irregular para equipos da xeral (pinchou na ida).
Joventut – Unicaja
(7, 20:30)
@OBR, @MAN | MAN, AND
Só uns días despois de enfrontárense na Eurocup (vitoria, intranscendente, da Penya), repiten en Badalona nun encontro que terá pouco que ver. Debutará xa Mekel, que foi pouco relevante para o SM no seu paso anterior pola ACB (Gran Canaria, tamén ás ordes de Casemiro). Pode valernos para cazaxornadas contra unha Penya que concede moito aos uns, é o único base do primeiro equipo dispoñíbel. En equipos de segunda volta é moi boa opción Zagars, está case polo mínimo e chega con confianza despois duns últimos bos encontros (13 na Eurocup e 17 a xornada pasada); non respondeu ben ao principio co aumento de minutos trala marcha de Zisis, pero agora si que lle está a tomar o pulso á competición. Para cazaxornadas non vexo mal a Neno, que xa regresou. Wroten é moi posíbel que xogue máis de dous e de tres ca de un. Aí o Unicaja é menos vulnerábel. Podemos quedar con el se temos trocos máis urxentes, mais non está entre os meus predilectos para a xornada (gústame máis a vindeira en Compostela). Bouteille xogou moitos minutos no debut; desta volta debería poder descansar máis polo regreso de Ejim. Eu, sobre todo en equipos con problemas de broker, manteríao fóra algunha semana máis mentres se acopla. Brizuela semella unha boa opción de bandeira, foi o mellor na Eurocup (19) e o Unicaja precisa os seus puntos. Ten bo partido tamén na vindeira contra a defensa máis amábel na posición. Prepelic segue a ser fixo (21 na Eurocup). Cun menos de valoración, pero coa mellor actuación da noite, estivo López-Arostegui. A súa é unha bandeira de risco porque non está a ter regularidade. O vasco ten todas as condicións tanto defensivas como ofensivas, só lle falta crerse o bo que pode chegar a ser. Por dentro só vexo a Thompson, e para cazaxornadas.
Madrid – Zaragoza
(8, 12:30)
@FUE, FCB | BET, @BAS
Un dos partidos máis interesantes da xornada, enfróntanse o segundo e o terceiro cunha única vitoria de diferenza. Contra o Madrid non pensaría en ningún xogador dos maños. Esperemos que pola dureza do rival non haxa descansos trala dobre xornada da Euroliga nos de Laso. Campazzo segue a ser fixo, o Zaragoza recibe moito na posición. A vindeira, na visita a Fuenlabrada haberá máis risco de descanso. Non semella o mellor partido para pensar en Deck, o Zaragoza é unha defensa esixente (9 na ida) e hai prazas de extra máis gorentosas esta semana. Os cazaxornadas poden atopar unha boa opción en Carroll, que se atopa nun bo momento e vén de sumar 19 na Euroliga. Se non hai novidades de última hora, Tavares pode seguir tranquilamente nos equipos, atópase en gran forma. En cazaxornadas podemos pensar en Thompkins, está a amosar a súa mellor face na casa (17 de media) e terá minutos asegurados pola baixa de Randolph.
Bilbao – Obradoiro
(8, 12:30)
@AND, MUR | JOV, @BET
Rousselle está en boa liña (3 seguidas sen baixar da decena) e trala marcha de Bouteille ten que asumir máis responsabilidades ofensivas. Pode ser unha alternativa barata esta semana contra un Obra que dá facilidades na posición. Na vindeira ten unha saída moi complicada contra a mellor defensa dos bases de local. As opcións nas ás están tamén nos homes de negro. Martínez e Rodríguez melloraron as súas prestacións no primeiro encontro sen Bouteille (os minutos do canario medran de forma apreciábel sen o francés) e o Obradoiro é unha defensa amábel. Son bandeiras moi económicas. En cazaxornadas podemos pensar en Kostas no seu regreso a Bilbao, onde tamén foi un ídolo; vén de facer o seu mellor encontro do curso. O Bilbao agora precisa unha maior achega ofensiva dun Balvin que volve cobrar maior interese: na ida foise á trintena en Compostela (o Obra é un dos equipos máis permisivos no xogo interior). Brodziansky é unha opción moi sólida (acumula xa 11 xornadas sen baixar da decena), aínda que non contaría cun pico desta vez (debería moverse arredor da quincena). Kravic debería estar en números similares aos da ida (19.2).
Gran Canaria – Valencia
(8, 13:00)
CAN, @BUR | BAS, @CAN
O Valencia chega após unha semana dura, con dúas derrotas na Euroliga. Cook semella que volve carburar, mais anda con problemas físicos, así que o mellor é mirar por outras opcións. No Valencia Quino segue sen acadar regularidade. Abalde parecía que estaba máis baixo de forma, pero remontou. Foi unha das chaves da xornada pasada e na Euroliga volveu a estar a gran nivel no partido como local. Emporiso, fóra da casa baixa moito os seus números (case 10 menos de media) e o Granca é unha boa defensa, non optaría por el esta semana. O Valencia tamén é un rival complicado e Beirán non ten a solidez doutras tempadas, igual o fai ben, mais non ofrece garantías suficientes para metelo na listaxe. Costello fíxoo moi ben na ida (foise á vintena), na casa mellora moito os seus números e os problemas físicos de Bou tamén deberían xogar ao seu favor. O calendario é favorábel: repite de local a vindeira contra un Canarias que concede bastante valoración interior. Dubljevic fixo menos do esperado a pasada semana… porque xogou moi poucos minutos perante a dobre xornada de Euroliga (13.2 en 14 minutos). Desta vez o rival debería ofrecer máis resistencia. Estivo a gran nivel no encontro do xoves. Na ida pinchou.
Estudiantes – Barça
(8, 18:30)
@MUR, FUE | BUR, @RMA
Pressey leva dous bos partidos seguidos, coa marcha de Douglas está a irse á trintena de minutos de xogo e na ida fíxoo moi ben contra o seu ex: 19. Pode ser unha opción interesante se procuramos a diferenciación. No debut de Jackson vimos un efecto similar ao do debut de Brizuela co Unicaja, o que se saíu foi ao que teoricamente máis debería afectar a fichaxe: Avramovic fixo o mellor encontro do curso. Contra o Barça non optaría por ningún deles, pero non sería a primeira vez que lle fai dano un tirador, tanto Avramovic como Jackson (que foi tirador no debut mais non metedor, na liña do que estaba a ser a súa tempada na Euroliga) poden valer para cazaxornadas. No Barça Delaney debería xogar, sería moi estraño un segundo descanso consecutivo, mais na ida foi superado con claridade por Pressey e a súa praza de extra réstalle bastante atractivo. Mantense na listaxe pola súa solidez, mais só o consideraría se xa o temos no equipo. Nas ás hai moito para elixir, iso adoita significar un reparto de minutos que non nos interesa no SM. Para equipos de segunda volta ao prezo que está Abrines é unha bandeira interesante, o balear atópase nun bo momento (aínda que non sexa aínda o xogador máis consistente). O máis interesante semella Higgins. Despois duns meses complicados, está a carburar de novo: entre a ACB e a Euroliga leva 6 partidos seguidos sen baixar dos 14. A súa condición de extra fai que sexa complicado que entre nos equipos, pero pode ser unha moi boa opción se procuramos saírnos dos máis habituais (ou se non nos chega para Booker). Por dentro Mirotic é fixo (se viaxa), coma sempre; fóra da casa está en máis de 31 de media.
Baskonia – Canarias
(8, 20:00)
@VBC, ZAR | @GCA, VBC
Nestes momentos (Shields é seria dúbida) a única opción no Baskonia é Shengelia, que vén de facer a súa mellor valoración na ACB. Ten que estar. No Canarias, Marcelinho marcou a xornada. Chega a un nivel sensacional, estará moi motivado polo regreso a Vitoria e o Baskonia non está a ser unha defensa esixente no un. Debe seguir. Díez respondeu no primeiro encontro sen Yusta. Xogou moitos minutos e fíxoo a gran nivel. No tres é onde o Baskonia resulta máis vulnerábel, está entre as defensas que máis valoración conceden. A Shermadini custoulle máis do previsto valorar contra Omic, pero solucionouno nun gran último cuarto. Esta semana non é imprescindíbel, a súa media baixa moito fóra (aínda así está na vintena) e o Baskonia é unha boa defensa interior, pero segue a ser das opcións máis sólidas (na ida foise aos 25) e non paga a pena darlle saída. Despois ten o derbi contra un Granca que recibe moita valoración interior (na ida acadou a cincuentena).
Para Andrómenas a xornada foi un desastre. Delaney (que xa traía da semana anterior) foi o descarte de última hora (non tiña posibilidade de desfacer trocos) e non me chegaron os cartos para dar entrada a Huertas, tiven que ir con Hannah. Moitísimos puntos perdidos. Rematei con 232.8 que me fan descender case 300 postos até o 3850º da xeral. Nin de casualidade sae unha boa xornada.
Teño que quedar con Delaney ou Hannah, vou decidirme polo do Andorra para poder usar as prazas de extra en Green e Booker (que entran por Shields e Ennis). Outra semana máis non me chegan os cartos para meter a Huertas; vou con Rousselle. Non pinta ben a cousa.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme documental Regen (Ivens e Franken, 1929).