
Jaime (10.8) |
Campazzo (32.4) |
Laprovittola (9) |
Chery (21.6) |
Heurtel (44.4) |
Booker (8) |
Granger (26.4) |
Neal (7) |
Landesberg (26) |
Ponitka (24) |
Mumbrú (10.8) |
Nedovic (24) |
Beaubois (13.2) |
Ribas (-5) |
Green (4.8) |
Norel (32.4) |
Tomic (31.2) |
Tobey (14) |
Jordan (11) |
Kelly (6) |
Suárez (18) |
Voigtmann (18) |
Oriola (10.8) |
Pustovyi (6) |
Tavares (15.6) |
Pór tan abaixo a Heurtel foi un erro, inda que Campazzo tamén estivo moi ben e a opción de ir con dúas bandeiras nos bases era das máis lóxicas —nese caso, a segunda foi o acerto de Granger—. Fallou Neal, mais era unha elección popular, Landesberg e Ponitka seguiron ao seu e Nedovic estaba ben ponderado. Tomic confirmou a condición de fixo que lle outorgaba, Tobey cumpríu pero, de non ter sido polas faltas, o pico estaba nas súas mans e a primeira opción de bandeira —Suárez— respondeu tras unha mala xornada. Agás que se optase por dúas bandeiras nas ás, as primeiras eleccións daban equipos competitivos. Non estivo mal.
Heurtel |
Campazzo |
Doncic |
Jaime |
Granger |
Ponitka |
Landesberg |
Neal |
Nedovic |
Mumbrú |
Blazic |
San Emeterio |
Bendzius |
Thomas |
Norel |
Shengelia |
Tobey |
Suárez |
Voigtmann |
Balvin |
Saiz |
Thompson |
Tomic |
Os regresos de Toko Shengelia e Luka Doncic proporciónannos un aire que precisabamos, mais aínda quedan incertezas abondo para conservar o momento de dificultade e, enconsecuencia, o momento interesante no que estamos inmersos.
primeiro banzo
segundo banzo
terceiro banzo
fóra da listaxe
Após varias semanas instalado na listaxe, Chery queda fóra esta semana na visita a Murcia, partido moi difícil contra unha gran defensa que xa o deixou en negativo na ida. Hai opcións boas abondo como para pensar nel. Tamén deixo fóra a Nico Laprovittola, inda que se enfronta a unha defensa bastante permisiva —Canarias—. Para cazaxornadas pode ser unha boa aposta, mais para os equipos da xeral non está a valorar o suficiente como para consideralo coa fiabilidade ou opcións de pico que ofrecen os xogadores da listaxe. Tampouco considerei esta semana a Booker, que inda que regresa a Sevilla, onde ten unha media por riba da vintena, enfróntase a unha das mellores defensas dos bases: Unicaja. O risco é elevado abondo como para pensar nel só para cazaxornadas. Unha opción de risco que non me disgusta esta semana é Tabu. Vén de dous partidos preto da vintena e enfróntase ao Zaragoza, unha das defensas máis amábeis cos bases.
Parece haber catro xogadores claramente por riba do resto e poucas opcións nas cotas.
primeiro banzo
Nemanja Nedovic está a amosar unha superioridade enorme fronte os seus pares, é un dos xogadores en mellor forma do continente. A pesar de que case non xogou na primeira parte, outra desas decisións de Plaza difíciles de entender e polas que son tan reticente a levar xogadores seus no SM, tivo tempo na segunda para chegar ao 24 en só 18 minutos de xogo na derrota do Unicaja. Na dobre xornada da Euroliga volveu estar espléndido: 19 e 22. Ten que viaxar a Sevilla, a peor defensa das ás do ano —28.8 na ida—, e Unicaja non pode volver errar se quere manter opcións de optar a un posto de cabeza de serie no playoff. A semana seguinte recibe o Madrid, unha das mellores defensas das ás, mais, se mantén o nivel das últimas semanas, non hai quen poida paralo —agás a rotación de Plaza—. Tamén hai que ter en conta que este ano, en ACB, está a baixar moitísimo fóra da casa, a súa media descende máis de dez puntos.
segundo banzo
Durante boa parte do encontro, a semana de Alex Mumbrú apuntaba a desastre. Porén, no tramo final conseguiu chegar á decena e sobre todo foi vital na reacción do seu equipo e na consecución dunha vitoria crucial na loita por evitar o descenso. Esta semana volve enfrontarse contra un rival directo, un Zaragoza que é dos equipos máis permisivos coas ás. Volve ser a bandeira nas ás con mellores perspectivas. A semana que vén, coa visita do Canarias —boa defensa exterior— a Bilbao a historia xa será diferente.
terceiro banzo
Fernando San Emeterio xa regresou, así que hai que telo presente. O calendario que lle vén non é o mellor, enfróntase ao Madrid fóra da casa, onde a súa valoración cae máis de 11 puntos, e a semana que vén recibe a visita do Murcia, que tamén é unha defensa complicada. Porén, na súa visita ao Palacio de Deportes en Euroliga xa conseguira un 15 e, sen opcións na Euroliga, Vidorreta procurará a mellor versión de Fernando na ACB.
fóra da listaxe
primeiro banzo
Os seus problemas de faltas evitaron que Mike Tobey acadase por terceira xornada consecutiva a vintena. Esta semana regresa a La Laguna para enfrontarse a unha Penya con poucos argumentos na defensa interior. Se controla as persoais debería volver superar os 20. A semana que vén volve ter un pratido favorábel na visita a Bilbao.
segundo banzo
terceiro banzo
Con Ante Tomic a incerteza é case total, semella que ao final si viaxou pero aínda non é seguro que vaia xogar. A priori era fixo para esta semana, pero perdeuse o partido do venres na Euroliga por una virus estomacal. Se non puido xogar o venres, o lóxico noutras circunstancias sería non contar con el tampouco para a fin de semana. Porén, o Barça non se xogaba nada, así que ben puideron ser uns problemas sen importancia que non lle impidan xogar mañá. Como non sabemos nada, eu sería cauto e tentaría evitalo, mais non descarto que xogue e que faga un gran partido. Pero aí xa é cada un o que ten que ser consciente dos riscos que quere asumir.
fóra da listaxe
Saíndonos dos máis habituais, os outros interiores do Canarias poden ser boas opcións para a semana: a Penya sofre moito cos catros rivais e Abromaitis pódeo aproveitar e Fran Vázquez superou a decena contra o Joventut nos tres partidos que xogou contra eles des que fichou polos insulares. O que terá que volver convencernos é Pustovyi, xa regresou ás andadas: dous partidos por debaixo da decena e enfróntase a un Barcelona contra o que só valorou 1 na ida. Tampouco acaba de dar o nivel Jordan, coas opcións que hai os seus partidos na decena non abondan para entrar. Do que non me acabo de fiar, e por iso queda fóra, é de Dubljevic. O montenegrino fixo esta mesma semana un 18 contra o seu rival, o Madrid, e no outro partido da Euroliga tamén superou a decena, mais creo que outros ofrecen máis fiabilidade e como non vin ningún dos seus últimos partidos e non sei que sensacións transmite, prefiro pensar noutras opcións. No Real Madrid seguro que algún dos interiores o fará ben, mais non me atrevería a apostar por un, así que decidín deixar a todos fóra. No precedente da Euroliga, Thompkins foi o únio que respondeu contra os taronja. As bandeiras de Tavares e Felipe quedan para managers afoutos. Como opción de risco na procura de opción menos habituais esta semana gústame Dragovic. A marcha de Varnado déixao só como referencia interior zaragozana e acumula dúas xornadas por riba da quincena.
Co sprint final de Mumbrú —que estivo boa parte do partido en negativo— e que Granger saiu cara esta vez —á fin—, as cousas foron moi ben para Andrómenas. Rematei con 233 puntos que me permitiron ascender 331 postos ata o 1306 da xeral. O obxectivo do Top 1000 segue a ser posíbel e ao tempo complicado. Agora está a uns vinte e tantos.
Esta semana vou arriscar neste equipo, no meu mellor non o farei (naquel non levarei nin a Granger ni a Tomic), así que non vos guiedes pola miña escolla e si polo que digo no artigo. Vou seguir con Granger, entra Doncic por Jaime, Heurtel por Campazzo e Toko por Suárez. Arrisco con Ante Tomic.