Actualizado por última vez o sábado ás 15: As novas de última hora mudaron as previsións de varios xogadores e incluso o seu posto na listaxe. A selección está actualizada e en vermello no propio artigo podedes ler as adicións na análise de cada xogador. Á única excepción é a dos xogadores do Baskonia, que perderon onte na Euroliga e agora xóganse a tempada o xoves en Moscova. Teñen bastantes opcións de clasificarse incluso perdendo, mais nese caso hai algunhas combinacións que os deixan fóra. Ademais, Shengelia xa estivo vestido de curto, aínda que non xogou. Nesta tesitura, o lóxico é que Peras dea máis descanso aos seus xogadores chave na ACB (a súa posición é cómoda) e que incluso xa teña algúns minutos Toko (aínda que non é opción SM). No exterior non teñen alternativa, así que os minutos de Vildoza e Shields non deberían reducirse moito, mais coido que o perigo está no interior: Voigtmann e Poirier. Evitaría fichalos esta xornada para non asumir riscos; porén, xa noutras ocasións parecía lóxico que Perasovic rotase e non o fixo, así que se os tiñamos no equipo non creo que sexan unha venda obrigada (por iso non variei a súa posición na listaxe). Beirán é baixa definitiva.
Os equipos que peor pintaban semanas atrás viviron unha transformación. No caso do Murcia a súa apócema foi Sito Alonso. Custoulle algunhas xornadas, mais pasamos do ritmo plúmbeo de Juárez, que maximizaba as súas carencias no xogo interior, a un equipo que aproveita a ausencia de referencia no pivote para xogar á carreira e castigar dende a tripla (onde estaba entre os peores da liga). É máis doado lanzar en boas condicións se non deixas que a defensa contraria se coloque. O outro que se transformou foi o pechacancelas. Neste caso Burjanadze é o nome propio, o xeorxiano contaxiou aos seus compañeiros o seu carácter irredutíbel para guialos a 3 vitorias (a piques estiveron de ser 4) nos últimos 5, as mesmas ca nos 19 encontros anteriores.
Se a pasada foi unha das máis complicadas, esta ponse á cabeza. Llull, Facu, Brizuela, Toolson, Gentile, Tavares, Shermadini, Llovet… Xogadores que estaban en moitos equipos quedaron por baixo da decena, algún deles incluso baixo cero. Neste contexto tan complexo, a supervivencia xa é un éxito. A listaxe do blog por suposto que non foi inmune á traxedia, mais si que logrou minimizar a desfeita, o que abondaba para subir. Nos meus equipos escalei de forma xeneralizada. O meu segundo vólvese achegar ao Top 500 tras semanas de descensos, o terceiro (167 puntos) chega ao Top 1000 e o meu mellor segue unha semana máis coa tendencia ascendente: 148 puntos que esta semana abondaron para gañar 15 posicións e volver marcar un máximo no curso (227º da xeral). Amodo e con boa letra. Gañei 39.2 nos cambios, que fixen pensando a máis dunha xornada (iso libroume de Toolson). Destacou a inclusión de Roberts. A pesar diso, vou andar un pouco xusto de substitucións para esta. Tocará darlle ao caletre.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Laprovittola (19)
Heurtel (13.2)
Vildoza (15)
Segundo banzo
Segundo escalón
Roberts (25.2)
Albicy (19.2)
Booker (6)
Campazzo (9)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Van Rossom (10.8)
Cook (17)
Hannah (20)
Pérez (0)
Llull (4)
Alocén (14.4)
Ennis (33.6)
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Brizuela (5)
Shields (18)
Toolson (-7)
Segundo banzo
Segundo escalón
Gentile (6)
McFadden (13)
Beirán (12)
Okoye (10.8)
San Emeterio (16.8)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Carroll (16)
Claver (19.2)
Eriksson (16)
Cruz (15.6)
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Tomic (14.4)
Sutton (14.4)
Brodziansky (13)
Whittington (17)
Segundo banzo
Segundo escalón
Todorovic (19)
Gerun (20)
Iverson (16)
Voigtmann (23)
Dubljevic (12)
Huskic (21.6)
Brown (2)
Caner-Medley (9)
Shermadini (9.6)
Diagne (20.4)
Burjanadze (24)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Tavares (2)
Jordan (7.2)
De entrada, a pesar da catástrofe de Toolson e a mala xornada de Brizuela, a selección volve ter o aprobado. En función da distribución das bandeiras (0-3-1, 0-1-3 ou 0-2-2) a suba oscilaba do moderado ao xeneroso. As cotas eran chave e, agás Brizuela, o resto de prioritarias estiveron ben (e as vendas recomendadas de Llull, Llovet e Tavares tamén foron atinadas). Hai moito verde para o complicada que virou a semana.
A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Laprovittola
Segundo banzo
Segundo escalón
Roberts
Vildoza
Heurtel
Hannah
Rowland
Fisher
Alocén
Terceiro banzo
Tercer escalón
Ennis
Cook
McCalebb
Booker
Cvetkovic
Llull
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Shields
Okoye
McFadden
Segundo banzo
Segundo escalón
Eriksson
San Emeterio
Brizuela
Seibutis
Terceiro banzo
Tercer escalón
Eyenga
Singler
Toolson
Claver
Lundberg
Doyle
M. Thomas
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Burjanadze
Todorovic
Brodziansky
Poirier
Gerun
Segundo banzo
Segundo escalón
Voigtmann
Dubljevic
Sutton
Diagne
Tomic
Terceiro banzo
Tercer escalón
Tavares
Huskic
Kravtsov
Mitrovic
Llovet
Oriola
Por unha vez, parece que temos unha boa oferta de bandeiras. Confiemos que as ás nos dean unha alegría e deixemos de ter xornadas de puntuacións tan baixas.
Con só un fixo, a posición non ofrece moitas opcións de bandeira unha semana máis.
primeiro banzo
primer escalón
Laprovittola non estivo moi atinado na segunda parte contra o Valencia, aínda así fixo unha gran primeira metade que lle permitiu rozar a vintena. Nesta ten un partido moi favorábel de local contra o Breo. Coma sempre, fixo.
segundo banzo
segundo escalón
Roberts foi un dos xogadores que marcaron diferenzas esta xornada. Boatright xa debería de estar de volta para a fin de semana, así que non volverá xogar 30 minutos (si vinte e tantos); aínda así preséntase como unha das opcións máis atractivas: está nun gran momento (8 dos últimos 9 en 10 ou máis), sen Jaime vén asumindo máis responsabilidade na xeración de xogo, sabe sacar faltas e é moi seguro no libre. O Zaragoza supón un rival amábel no base e non está a baixar o nivel fóra da casa (13.5 de media). Despois non ten mal partido de local contra unha Penya que non é das que máis apertan no un. Díaz podería regresar xa esta semana (se viaxa non vai ser para facer turismo) e Boatright é baixa confirmada. Iso non cambia gran cousa para esta xornada, Roberts segue a ser unha gran opción, mais si que lle resta atractivo a medio prazo.
Vildoza está a nos ofrecer moita fiabilidade (8 dos últimos 9 superando a decena). O Estu fóra da casa está a poñer as cousas difíciles aos uns, mais debería volver cumprir. Despois vai a Murcia, mellor defensa dos uns, aínda que agora ofrece máis posesións por partido (e por tanto máis oportunidades para valorar).
Heurtel valorou algo menos do esperado contra o Madrid (4 faltas cometidas), mais salvou a xornada coa axuda do bono nunha nova vitoria contra os brancos. Agora enfróntase de local ao Manresa, que é unha defensa media, e despois ten unha saída amábel a Lugo, onde o Breo está a recibir bastante dos bases.
Hannah confirmou as boas sensacións que estaba a dar: completa un mes superando a decena e no último encontro acadou incluso a vintena. O problema é o calendario que lle vén: dous partidos de local (13 de media) pero contra rivais moi complicados (Valencia e Real Madrid).
Rowland debutou a gran nivel, despois tivo tres partidos decepcionantes e xa nos dous últimos semella adaptado: 24 e 33.6 en dúas vitorias consecutivas que dan aire ao Fuenlabrada. Esta semana ten un partido moi interesante para a zona baixa na visita do Murcia, que é un dos equipos que máis conceden na posición. Promete ser un encontro de anotacións altas, e iso no SM interésanos moito. A saída a Burgos da semana vindeira xa é máis complicada. Se andamos mal de cartos (cousa pouco probábel), está moi barato e dará broker durante varias semanas.
Fisher mantivo o seu bo nivel ao regreso da lesión, foi o mellor dun Manresa que ve como se lle achegan os perseguidores. Esta semana ten un dos partidos máis difíciles que lle restan, visita ao Barça, mais inda así debería cumprir (sempre fixo 14 ou máis dende a súa chegada, se excluímos o debut). Despois venlle un calendario favorábel: dous na casa contra o Canarias (fóra a súa defensa é máis amábel) e o GBC e logo viaxa a Gran Canaria.
Alocén volveu brillar de local e nesta xornada repite en Zaragoza. O Unicaja é unha defensa moi amábel no un, así que se queremos unha bandeira nos bases supón unha opción atractiva. Iso si, despois deberemos darlle descanso, porque fóra baixan os seus minutos e rendemento.
terceiro banzo
tercer escalón
Nun momento bastante baixo, Ennis destapouse cun dos seus picos na casa. Fóra baixa bastante e non acada a vintena desde a sétima xornada. O GBC é unha defensa bastante permisiva nas ás, así que pode cumprir (16 na ida); porén, o gran partido da última xornada non nos debe facer perder a perspectiva: en 5 das últimas 7 saídas non acadou a decena.
Nun mal Estudiantes, un dos poucos que se salvou foi Cook. A pesar de non estar atinado no lanzamento exterior, foi dos poucos que puxeron algo de criterio e amor propio. O Baskonia é un rival complicado, mais deberiámolo ver na decena coma na ida. Despois non ten mala saída no transcendental encontro en Donostia.
McCalebb non ten mal partido contra un Unicaja que dá moitas facilidades no un, aínda que de elixir un base do Zaragoza optaría pola bandeira de Alocén. Semella unha boa opción para cazaxornadas por se ten o día inspirado, mais para equipos da xeral hai opcións máis sólidas.
Como comprobamos nas últimas xornadas, Booker segue a ser un xogador moi irregular, iso dificulta que estea nos bos equipos, mais xoga contra a defensa máis hospitalaria e os cazaxornadas poden atopar nel unha das chaves da semana.
Despois de moito tempo a baixo nivel, Cvetkovic volveu superar a vintena na derrota dramática contra o Fuenlabrada. Nesta xornada pode ser unha opción interesante para cazaxornadas. Vai a Badalona (16 na ida), onde no base a Penya dá máis opcións, e o Breo precisa da súa mellor versión se quere disputar a vitoria. A chegada de McCallum (confirmouse a fichaxe o mércores) réstalle atractivo.
O Canarias recibe pouca valoración dos bases na casa, así que os uns do Madrid non están ante a súa semana máis atractiva. Entra ao fondo Llull pola súa bandeira, mais só para equipos nos que xa estivera e que conten con cambios máis urxentes. Xa na pasada avogara pola súa venda.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Albicy fóra da casa non me esperta confianza e o GBC está nun bo momento, así que esta semana sae da listaxe.
A posición ofrece algunhas bandeiras de interese, así que non é mala idea saír con dúas (ou incluso tres) nas ás.
primeiro banzo
primer escalón
Sen Toko, Shields foi un dos xogadores baskonistas que deron un paso á fronte. Está a ser un seguro (9 seguidas superando a decena) nunha posición que non fai máis que darnos desgustos. Enfróntase de local á peor defensa das ás (Estu). Despois visitará a mellor (Murcia).
Okoye empezou o encontro fronte o Baskonia desatado e ao final só salvou a decena grazas ao bono. Esta semana repite de local (17 de media) contra un rival moito máis amábel na posición: Unicaja. Despois vai a Compostela. Fóra adoitaba baixar moito, mais xa nos últimos desprazamentos (nos dous máis recentes superou a quincena) foi capaz de manter o nivel, así que incluso podemos pesar en mantelo a seguinte (15 na ida).
McFadden non estivo tan atinado na tripla coma no debut, mais inda así volveu xogar por riba da vintena de minutos, produciu bastante e acadou os 13 de valoración. Agora, de local contra un Breo que dá facilidades na posición a domicilio (cando xogou de local contra eles no Canarias marcou o seu tope da tempada: 39.6) é un dos xogadores máis atractivos. Despois vai a Málaga; inda que o Unicaja non é dos que máis reciben na posición de local, alí xa fixeron un pico Toolson, Rudy e White e esta mesma semana anotou 17 puntos Simons no Carpena. Dentro de dúas xoga contra o Burgos de local, que é un rival bastante amábel. Pinta moi ben nesta e incluso podería quedar no equipo algunha máis.
segundo banzo
segundo escalón
Eriksson pasou con nota unha saída complicada a Andorra e agora véñenlle dous partidos seguidos de local (onde case duplica a súa media até alén dos 16). O Granca empeza cun partido complicado contra o Valencia, se ben os de Ponsarnau son bastante amábeis coas ás, así que é un partido favorábel para o sueco incluso inda que ao final non logre o bono (coido que será un encontro disputado). A vindeira contra o Madrid xa será máis comprometida (-1 na ida), mais se os compañeiros contribúen para que a defensa branca non se centre nel, pode volver cumprir.
San Emeterio xogou e, como era de prever, fixo un bo partido. Esta semana non debemos temer o descanso, porque ao xogar en Gran Canaria de non viaxar saberiámolo a tempo. O Granca concede pouca valoración na posición (aínda que Ennis vén de facerlles un pico), pero Fernando está moi ben e debería cumprir arredor da quincena sen problemas. Despois ten unha saída moi favorábel a Andorra, contra o que xa acadou a vintena na ida. Ten moi boa pinta a dúas xornadas.
A valoración de Brizuela cae en 5 lonxe de Madrid e desta volta enfróntase a unha das mellores defensas na posición: Baskonia (15 na ida). Non é venda obrigada, porque a súa bandeira pesa e despois venlle un bo calendario (GBC fóra e Breo na casa), mais esta semana a súa presenza dista de ser imprescindíbel. A baixa de Gentile fará que teña que asumir máis protagonismo.
Seibutis fixo un gran partido contra o Baskonia. De local é un xogador fiábel (case 14 de media) e o Unicaja dá facilidades na posición (13 na ida). Despois deberiámolo vender, fóra da casa baixa bastante (non acadou a decena en ningunha das últimas catro saídas).
terceiro banzo
tercer escalón
Eyenga conseguiu manter o nivel a domicilio (algo que non estaba a ser a norma) e agora de local, aínda contra unha das mellores defensas da posición, debería seguir co seu gran momento (4 dos últimos 7 na vintena). Despois en Burgos atopará unha defensa hospitalaria.
Se ben Singler aínda non atopou o seu mellor nivel (sobre todo no lanzamento exterior, onde está moito peor incluso ca na súa tempada de debut como profesional na ACB hai xa 7 anos), vén facendo bos partidos (leva tres xornadas consecutivas en 12 ou máis). A defensa do Burgos debería sufrir para paralo. Se Kostas aínda non regresa esta semana (semella que si o fará), gañará en atractivo. Despois ten un partido moi favorable de local contra o Zaragoza.
A visita ao Blaugrana non é tan mala para el como poderiamos pensar (o Barça é na posición na que, con moito, más valoración permite), pero será complicado que os managers manteñan a súa confianza en Toolson tras dúas xornadas en negativo (o do Madrid aínda o podemos escusar pola sobremarcaxe, pero nesta estivo realmente mal, tanto no lanzamento coma na toma de decisións: perdeu unha morea de balóns). Eu non descartaría unha valoración coma a da ida (18), pero non é o momento de fichalo.
Por terceiro partido consecutivo vimos un Claver enorme. Postúlase xa como unha das bandeiras de interese contra un Manresa que non é unha defensa esixente.
O que si fixo un partido notábel foi o seu compañeiro Lundberg, aínda que fallou no desenlace. Igual é o danés o que aproveita as concesións culés na posición.
O ritmo actual do Murcia venlle moito mellor a Doyle, que valorou ben en tres dos últimos catro. É unha aposta con risco, porque non é o xogador máis regular, pero ten unha saída moi favorábel a Fuenlabrada (o equipo máis hospitalario). A semana que vén, na visita do Baskonia, habería que vendelo.
Matt Thomas vestiuse de Curry para voltear o partido contra a Penya. Tivo unha serie de triplas fabulosa (7 de 9), algunhas de moita dificultade só ao alcance dos grandes tiradores (moi poucos hai na ACB ao seu nivel). Porén, queda como opción para cazaxornadas, fóra da casa baixa bastante as súas porcentaxes e véñenlle dous a domicilio (o primeiro deles, contra o Granca, de especial dificultade).
Beirán cumpriu no seu regreso a un Canarias en mala dinámica (son xa 5 derrotas consecutivas). A xornada pasada recomendaba darlle entrada xa para deixar unha bandeira fixa. Se aínda non o levamos, pola visita do Madrid a súa entrada non é obrigada; aínda que penso que o volveremos ver cando menos nos 10-15, é un xogador esencial no equipo e esta semana xa terá máis ritmo (na casa está en 20 de media). Mancouse nun xemelgo na última xornada e non xogou esta semana na Champions. O parte non aclara nada, así que, agás que haxa algunha nova o sábado, eu optaría pola venda: o Canarias xoga o domingo e de local, saberiamos da baixa cos cambios xa fechados.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Gentile mancouse no terceiro cuarto e xa non volveu saír. Haberá que ver que di o parte, mais inda que estea recuperado ten unha saída moi complicada e sería bo darlle descanso (é baixa confirmada para o que resta de tempada). Hai dúas semanas prevía un 30 conxunto nos dous partidos de Carroll, por aí andou (29.2), cunha primeira parte fantástica contra o Barça; mais agora é o momento de darlle descanso: véñenlle dous partidos fóra (lonxe de Madrid a súa media cae a case á metade). Cruz contra as mellores defensas non está a producir (apenas un de media), así que queda fóra contra o Murcia. Incluso se volve xa, está por ver, esta semana non pensaría en Vasileiadis, non cómpre correr o risco cuns problemas físicos que xa o lastraran antes de parar.
A posición ofrece opcións de moita calidade, e sobre todo dúas bandeiras que nos poden facilitar a vida.
primeiro banzo
primer escalón
O pivote máis valorado das últimas xornadas é Burjanadze (leva seis xornadas superando a decena e as tres últimas non baixou da vintena). O xeorxiano está a liderar a remontada imposíbel do GBC a base de carácter. É como o mar, acaba erosionando ao rival a base dunha percusión inesgotábel. De local ten unha media de 16 e o Andorra non é unha defensa esixente. Despois repite de local contra outro rival favorábel: Estudiantes. Agora mesmo paréceme unha bandeira imprescindíbel.
Todorovic superou con máis claridade da que din os números ao se compatriota Dubi. Agora, de local contra o Breo, ten un partido favorábel para regresar á vintena. A vindeira ten unha saída esixente a Málaga, mais con el hai poucas dúbidas.
A pouco que tivese un día normal no lanzamento (fixo 2/9 en tiros de 2, cando estaba anotando cun acerto do 60%), Brodziansky tería dado o pico que esperaba. Así que ese 13 está moi ben dadas as circunstancias. Xoga moitos minutos por partido e ten moita influencia no xogo de ataque (Moncho búscao moito contra os rivais que dan facilidades por dentro), conta cun lanzamento fiábel dende a distancia (41%) e tamén dende o libre (case 80%). Volve ter un partido moi favorábel na visita a Burgos (20.4 na ida) esta semana e tamén de local contra o Zaragoza na vindeira (fóra da casa os maños conceden moito na posición).
De local Poirier é unha besta (18 de media e 40.8 e 27.6 nos dous últimos). Whittington vai ter moitos problemas para poder paralo. Aínda que lle toca viaxar na vindeira, podemos mantelo sen medo porque se enfronta a un dos xogos interiores máis febles: Murcia.
Nun Breo en graves problemas, Gerun está a se amosar moi sólido: leva cinco xornadas consecutivas en 15 ou máis. Viaxa a Badalona; a Penya non é un equipo doado, mais xa acadou a vintena contra eles na ida e Brown atópase nun momento baixo, así que aínda pasa máis xogo pola súas mans ca antes. O problema para darlle entrada nos equipos nos que inda non estaba é que a semana que vén deberiamos darlle descanso porque se mide ao Barça en Lugo.
segundo banzo
segundo escalón
Nalgún momento quedará sen combustíbel (vén xogando unha trintena de minutos de media, ademais da Euroliga), mais Voigtmann non deixa de dar leccións nas canchas ACB. Leva catro partidos na vintena e o Estu non parece un dos rivais máis capacitados para rachar coa xeira (tampouco o Murcia, rival da semana vindeira).
A pasada predicía que Dubi ía telo moi difícil contra Todorovic. Así foi. O montenegrino só acadou a decena contra o seu compatriota nos intres finais co partido xa decidido. Esta semana as perspectivas son bastante mellores, o xogo interior do Granca non lle debería poñer moitos impedimentos (28.8 na ida). Despois volve ter un desprazamento favorábel a Andorra.
Sutton tivo un partido atípico: viña lanzando moi ben da liña de persoal e desta volta só converteu 3 de 7. Nos seus rexistros habituais estaría unha vez máis arredor da vintena. A súa presenza non resulta ineludíbel, a defensa do Obra amósase competente por dentro, mais nin moito menos é unha venda obrigada. De feito, poucos equipos terán cambios abondo sequera para sopesar a idea. Eu creo que o fará ben, debería estar cando menos arredor da quincena e non me sorprendería se acada a vintena. Carlos Suárez vén de facerlle moito dano ao Obra no catro. Despois repite de local contra un rival moi favorábel, o Fuenlabrada (un dos equipos que máis conceden na posición). Pode quedar sen medo nos equipos cando menos outro par de semanas.
Diagne leva un mes cun chan de 19 e non se enfronta a unha das defensas máis esixentes (aínda que está en plena melloría): GBC. Fóra da casa non me esperta tanta seguridade, pero se xa o tiñamos no equipo podemos pensar en conservalo (un partido na decena debería dárnolo).
Tomic non fallou na súa cita co Madrid (aínda que esperaba un chisco máis). Leva un mes a gran nivel e o único que temo é un descanso agora que coa vitoria contra o Madrid son líderes cunha boa marxe (xoga de local, así que non o saberiamos antes do feche). Se as altas e baixas non clarifican moito a rotación, faría por vendelo e así gañar en tranquilidade. Se xogar, valorará ben.
terceiro banzo
tercer escalón
Cumpríronse os temores con Tavares, non se lle dá ben o Barça. Porén, está nun bo momento e contra o Canarias debería facelo ben. Teremos que estar atentos ás altas e baixas dos brancos, mais polo de agora semella unha boa opción. Se o papamos a pasada, nesta podemos mantelo con certa tranquilidade. Despois queda nas illas, volverá enfrontarse ao seu ex (Granca) nun partido inda máis favorábel.
Huskic está a facer unha tempada enorme. Acadou a vintena en 7 dos últimos 10 partidos, así que non descarto que o volva facer. Mais si que creo que será difícil que contra o Obra poidan valorar tanto Sutton coma el a gran nivel, penso que esta vez o partido venlle mellor ao estadounidense (Goran quedou en 10 na ida).
Kravtsov estivo a bo nivel nas vitorias do Fuenla e esta semana enfróntase a un Murcia moi vulnerábel no xogo interior (Tumba pasou polo quirófano). Slava é unha opción atractiva se queremos saírnos dos máis habituais. O regreso a Burgos da semana próxima tamén lle resulta moi favorábel.
Xa sabiamos da calidade de Mitrovic, un xogador con capacidade para contribuír en diferentes facetas ademais de na anotación (7 asistencias hai dúas xornadas e 10 rebotes nesta última). Agora está mellor fisicamente e favorécelle o xogo menos fechado que está a despregar o Murcia (20.4 e 32.4 nos dos últimos festivais ofensivos dos homes de Sito). Viaxa a Fuenlabrada, o equipo máis permisíbel cos pivotes. Sería unha fichaxe para un única xornada, despois enfróntase ao Baskonia.
Llovet leva dous malos partidos consecutivos, así que o mellor con el é agardar. Para cazaxornadas pode ser unha boa forma de procurar a diferenciación: o Burgos é un equipo amábel na posición e na ida foise a 28.8.
Oriola foi unha das chaves contra o Madrid e pode ser unha das bandeiras interesantes da xornada se a rotación do Barça se reduce un chisco (a ver se sabemos algo ao respecto). Leva dous bos partidos seguidos e adoita mellorar de local (aínda que este ano os números non o corroboran). Porén, non é o xogador máis regular.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Tras moito tempo na listaxe, Iverson queda fóra esta semana pola visita do Madrid (8 na ida). Non me estrañaría que logre salvar a xornada, mais non ten sentido asumir o risco nunha posición na que non faltan boas opcións. Regresará axiña. Tamén queda fóra Shermadini. Lonxe da casa baixa un pouco, xa non parece estar en tan bo momento e o Zaragoza defende bastante ben a posición de local.
Andrómenas, coma sempre, foi dos meus peores equipos (dos poucos nos que non salvei a Toolson). Estiven atinado nos cambios (40 puntos gañados), en especial no de Burjanadze por Llovet. Os 141 puntos permítenme gañar 346 posicións. Quedo aínda o 8151º da xeral.
Aquí xa é un pouco á desesperada. Así que vou manter a Toolson, que vai ser vendido en masa, e os cambios van ser Vildoza por Facu, tamén deixa Beirán o seu sitio a San Emeterio (a ver se me sae ben por unha vez na vida) e Brodziansky por Tomic.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Dr. Jekyll and Mr. Hyde (John S. Robertson, 1920)