SuperManager x. 26: pistoleiros
Simons, Eriksson, Okoye e Salin lanzaron cando menos dez triplas nesta xornada… algúns con máis puntaría ca outro.
Os cambios para a xornada 26 féchanse o venres ás 20:30, non te despistes.
Iso engade aínda máis incerteza da habitual, porque o Gran Canaria e o Barça rematarán os seus partidos da Euroliga cos cambios xa fechados (se hai algunha lesión, non poderemos facer nada ao respecto). Ademais, aprazouse o Valencia-Unicaja da vindeira xornada pola final da EuroCupa dos taronja, polo que poderemos substituír os xogadores que teñamos de ambos equipos a semana que vén sen consumir cambios (e na seguinte aprazaranse outros dous, mais non cómpre pensar con tanta antelación).
Recuperamos as xornadas de moitos puntos (pasar os 200 foi a norma; non nos meus equipos) e o perigo de grandes baixadas. O SuperManager é máis un xogo de tendencias ca de momentos, porque hai 8 xogadores que tes que manter da semana anterior. Iso fixo que no meu mellor equipo se dese un paradoxo: foi a xornada do curso na que gañei máis puntos nos cambios, 79 coas entradas dos dous xogadores máis valorados da xornada (Okoye e Eriksson), e aínda así baixei 12 posicións (Tomic descansou, como xa temía —aínda que non me daban os cambios para máis—, Brodziansky apenas xogou por problemas de faltas, Roberts valorou para atrás onde adoita concentrar a súa valoración —no desenlace dos partidos—…). Fixen 200.4 puntos e quedo o 239º da xeral. Se chego a me decantar por San Emeterio e Shields —que tamén eran moi boas opcións— en vez de Okoye e Eriksson, o golpe tería sido monumental: 45.2 puntos menos (quedaría sobre o 460º da xeral). Co que foi unha mala xornada moi doce… cando menos para o meu mellor, outros dos meus equipos si que se afundiron. O meu segundo mellor (217.8 puntos) foi dos poucos que subiron (aínda que «só» gañei 49.8 cos cambios); non levaba a Eriksson, mais si a Okoye, Heurtel, Dubi e Burjanadze. Regresa ao Top 500 (453º).
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Laprovittola (26)
Segundo banzo
Segundo escalón
Roberts (9)
Vildoza (6)
Heurtel (18)
Hannah (22.8)
Rowland (28.8)
Fisher (-5)
Alocén (-2)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Ennis (6)
Cook (1)
McCalebb (3.6)
Booker (23)
Cvetkovic (15.6)
Llull (18)
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Shields (20.4)
Okoye (38.4)
McFadden (7)
Segundo banzo
Segundo escalón
Eriksson (37.2)
San Emeterio (10)
Brizuela (18)
Seibutis (16.8)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Eyenga (18)
Singler (0)
Toolson (4)
Claver (10.8)
Lundberg (10)
Doyle (5)
M. Thomas (-5)
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Burjanadze (20)
Todorovic (29)
Brodziansky (6)
Poirier (10.8)
Gerun (20.4)
Segundo banzo
Segundo escalón
Voigtmann (18)
Dubljevic (16)
Sutton (7)
Diagne (-)
Tomic (4.8)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Tavares (7.2)
Huskic (12)
Kravtsov (10.8)
Mitrovic (6)
Llovet (30)
Oriola (15.6)
Esta semana a listaxe anda entre o suspenso e o suficiente. Roberts, Vildoza, McFadden e Brodziansky fan moito dano, tanto que escurecen os acertos de Okoye, Eriksson, Burjanadze e Gerun.
A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Laprovittola
Heurtel
Ennis
Segundo banzo
Segundo escalón
Rowland
Fisher
Vildoza
Terceiro banzo
Tercer escalón
Hannah
Booker
Van Rossom
Bassas
Roberts
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Brizuela
Eriksson
Okoye
Segundo banzo
Segundo escalón
Eyenga
Shields
San Emeterio
Vasileiadis
McFadden
Terceiro banzo
Tercer escalón
Cruz
Vitali
Simons
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Todorovic
Iverson
Burjanadze
Brodziansky
Dubljevic
Segundo banzo
Segundo escalón
Huskic
Sutton
Llovet
Poirier
Voigtmann
Tomic
Terceiro banzo
Tercer escalón
Lalanne
Whittington
Tobey
W. Thomas
O feche dos cambios o venres seguro que vai traer algunha sorpresa negativa. Esta xornada, como a pasada, hai boa oferta de bandeiras.
Coa baixa de Llull quedamos sen opcións sólidas de bandeira nunha posición cun primeiro chanzo moi atractivo.
primeiro banzo
primer escalón
Nin a volta de Díaz nos vai facer dubidar de Laprovittola.
Heurtel ten unha saída favorábel a Lugo, un dos equipos máis hospitalarios no base (18 na ida), e despois vai a Zaragoza (os maños son unha defensa media na posición). Semella unha elección sólida.
Co regreso a Andorra, Ennis volve ser unha das mellores opcións da xornada. Na casa está en case 20 de media e o Valencia é unha das defensas máis amábeis coas ás. Despois debemos darlle saída, viaxa a Vitoria.
segundo banzo
segundo escalón
Rowland é un dos bases en mellor momento. Foi chave na xeira de tres vitorias do Fuenlabrada cun chan de 24 de valoración. O Burgos é unha defensa bastante competente na posición. Máis fácil o terá a vindeira contra o Gran Canaria, peor defensa dos bases a domicilio.
O Barça foi implacábel e non vimos por ningures ao gran Fisher desta tempada. Agora, contra un Canarias en caída libre (aínda que deu síntomas de melloría contra o Madrid), debería facelo ben. Despois repite de local contra un GBC que é das defensas máis amábeis na posición.
Contra o Estudiantes, nun partido roto desde o principio (por iso vale pouco para tirar conclusións), vimos o Vildoza máis gris en moito tempo. Agora ten unha saída complicada a Murcia, que é a defensa que menos está a conceder de local (10.8 na ida) e despois recibe o Andorra, que tamén é unha defensa competente a domicilio. Estaba nun momento moi bo e pode cumprir en ambos partidos, mais hai opcións con mellor calendario.
terceiro banzo
tercer escalón
Hannah está nun bo momento e o Madrid no base non é das defensas que máis apertan. Non é a mellor semana para facernos con el, mais debería acadar a decena. A que vén ten un partido moi favorábel en Fuenlabrada.
Contra o Baskonia, no Murcia só contemplaría a opción Booker (para equipos nos que xa estaba e cazaxornadas). Na casa é máis fiábel, atópase nun bo momento e hai cousa dun mes conseguiu cumprir na quincena contra o Barça. Despois volve ter un partido duro na visita a La Laguna.
Van Rossom vén de completar o seu primeiro gran partido a domicilio e o Andorra é dos equipos máis amábeis no un. É unha aposta de risco porque fóra baixa o seu rendemento, mais o seu cambio gratis pode acabar de seducirnos (se Vives non chegar, gañaría en interese).
Bassas vén de facer un dos mellores partidos da súa carreira (dobre-dobre en puntos e asistencias) e leva catro dos últimos cinco na decena. Non é o xogador máis sólido, así que só pensaría nel para cazaxornadas esta semana. Máis interesante é o partido da vindeira contra o Murcia.
Volve entrar Roberts a pesar da decepción, non tomou boas decisións no desenlace do partido e o Zaragoza protexeuse das faltas, así que tampouco puido sumar a través das faltas recibidas e os libres, unha das súas fontes principais de valoración. Sen Jaime (ollo que o seu regreso está preto, se o desen de alta descartaría a Roberts), é dos poucos xeradores que ten o Unicaja no exterior, así que a volta de Díaz non é motivo para deixar de pensar nel (compartiron pista varias veces). Se regresa Boatright, engadirá dúbidas á súa inclusión. Cambio gratis trala xornada. Semella que volverán xa tanto Jaime coma Boatright, así que descartaríao directamente como fichaxe e só pensaría en mantelo se temos cambios máis urxentes.
fóra da listaxe
fuera de la lista
McCallum tivo un bo debut e apunta a xogador importante para o xogo, mais contra o Barça non é o momento de darlle entrada. Como non faltan opcións, esta semana non entra Cook, estivo moi mal contra o Baskonia (como case todo o seu equipo) e na ida contra o GBC fixo un negativo.
A cuarta á pode ser unha das chaves da xornada. A posición ofrece bandeiras de calidade abondo como para poder levar aquí dúas (ou incluso tres).
primeiro banzo
primer escalón
A baixa de Gentille semella que lle vai devolver a condición de xogador fixo a Brizuela. Foi o mellor en Vitoria nun Estu moi pobre. Repite en Euskadi contra un GBC que concede bastante valoración (14.4 na ida), partido moi importante para ambos, e despois de local volve ter un rival directo (Breo) que non é unha defensa esixente na posición a domicilio.
Xa vimos en varios partidos deste ano a capacidade do Madrid para secar á estrela rival. O caso de Eriksson é diferente. Trátase dun dos mellores tiradores da liga, apenas necesita tempo para armar o brazo e case todos os seus lanzamentos son sen sequera botar, así que por moi enriba que estean os Taylor, Rudy… debería contar cos tiros tras bloqueo de rigor e na casa está nunhas porcentaxes estratosféricas (case 55%). Leva máis de 18 de valoración media de local e acadou a decena nas dúas últimas visitas dos brancos á illa. Non podemos esperar o pico da semana pasada, mais está nun momento espectacular e a súa bandeira pesa moito. Ademais, a semana que vén podería permanecer nos equipos: aínda que viaxa, enfróntase á defensa máis hospitalaria (Fuenlabrada).
Okoye leva un mes sen baixar da decena e a semana pasada entrou en transo, anotounas de todas as cores (incluída unha tripla a táboa) na gran remontada final contra o Unicaja. Fóra adoitaba baixar os seus números, mais xa estivo a bo nivel nos últimos desprazamentos (16 e 20). Se non se ofusca, debería valorar ben outra vez. A semana que vén contra o Barça xa lle teremos que dar máis voltas á súa continuidade.
segundo banzo
segundo escalón
Eyenga vén lanzado, fixo 18 ou máis en seis dos últimos oito. Un pero? As dúas veces que fallou nesta xeira foi a domicilio (8 de media na tempada lonxe de Fuenlabrada). O Burgos non é unha defensa esixente na posición e na ida superou a vintena. A semana que vén ten un rival complicado nun Gran Canaria en tendencia ascendente, mais tal como se atopa debería cumprir.
Shields enfróntase á mellor defensa de local na posición (Murcia). Con Shengelia de volta vai perder algo de protagonismo de forma paulatina (pasaralle o mesmo a outros compañeiros), mais agora está moito máis adaptado á competición e está a ser un xogodor moi fiábel (leva 10 xornadas sen baixar da decena). Non creo que haxa motivos para desprendernos del polo de agora alén do calendario (a semana que vén volve ter un rival complicado na visita dun Andorra que defende ben as ás).
O 10 de San Emeterio quedou algo escaso esta semana en comparación coas outras opcións nacionais, mais volve ter unha saída moi favorábel a Andorra (20.4 na ida) e daranos un cambio extra trala xornada.
Xogou menos do habitual, mais xa vimos un Kostas a bastante bo nivel no seu regreso. Agora ten un partido moi favorábel contra o Zaragoza, nun dos grandes duelos individuais da xornada contra Okoye. Na ida foise á trintena contra os maños. O gran impedimento para a súa fichaxe é a saída a Madrid (6 na ida) da semana que vén.
Okoye vén de destrozar o Unicaja, así que podemos darlle unha semana máis de marxe a McFadden se apostaramos por el. Despois ten un partido favorábel de local contra o Burgos.
terceiro banzo
tercer escalón
Cruz vén en boa dinámica, tres seguidos en quince ou máis, pero fóra da casa non é tan fiábel, así que contra o Burgos queda como opción de risco (15 na ida). Despois xoga de local, mais contra un Granca que encaixa pouca valoración a domicilio na posición.
Trala lesión de Walker deu un paso á fronte Vitali. O italiano leva tres partidos superando a decena e o Valencia é moi amábel na posición. O problema é o desprazamento da semana que vén a Vitoria.
Trátase dunha opción de certo risco, porque é un tirador con todo o que implica, mais Simons leva tres xornadas lanzando máis de 10 triplas por encontro e nesta última estivo superlativo (10 de 14). Kostas gañará minutos esta semana, mais non creo que o norteamericano se vaia cortar o máis mínimo. Despois debería saír, vai a Madrid.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Para cazaxornadas Rudy é unha opción, para o resto, o risco é moi grande: está a ser o todo ou a nada, sen termo intermedio. Seguro que antes de que remate a tempada, Toolson vai volver ser un xogador relevante para o SM, e igual empeza nesta xornada, mais vaille custar un pouco volver convencernos após tres tropezos consecutivos. Polo de agora Beirán queda fóra, será a Champions a que ditamine se está para regresar aos nosos equipos. Xogou, mais non o fixo a bo nivel (negativo), así que cómpre agardar cando menos unha semana máis antes de recuperalo.
Esta semana temos dúas bandeiras moi atractivas, así que cómpre aproveitalas.
primeiro banzo
primer escalón
Todorovic está a dar leccións de fundamentos a ambos lados da cancha semana tras semana. Fixo tamén en Málaga.
Na visita a Manresa (unha defensa hospitalaria cos cincos) é unha boa ocasión para que Iverson regrese a grandes valoracións (na ida estivo na trintena) e a semana que vén aínda ten un partido máis favorábel na visita dun Murcia que non ten xogadores que o poidan parar. O golpe na faciana que o fixo abandonar a cancha na última xornada esperemos que xa estea superado para a fin de semana.
Burjanadze ten unha oportunidade moi boa de acadar a vintena por quinta xornada consecutiva contra o Estudiantes (defensa amábel na posición). Despois viaxa a Manresa, que ten un xogo interior hospitalario.
O da última semana considéroo un accidente, non creo que volva ser eliminado por faltas en menos de 14 minutos (sen continuidade, claro). Para min Brodziansky segue a ser unha das opcións máis atractivas contra un Zaragoza que fóra baixa moito na súa defensa interior (13.2 na ida, case 19 de media de local e 33.6 e 26 nos dos últimos na casa). A semana que vén xa é outra historia, vai a Madrid e haberá que darlle descanso.
Dubljevic ten un partido moi favorábel en Andorra, onde os xogadores que máis valoraron este ano foron pivotes (Iverson e Shermadini). Non é dos xogadores con máis carga de minutos, así que debería xogar con normalidade. Na ida foise á vintena. Ademais ten o extra do cambio ídem.
segundo banzo
segundo escalón
Huskic está a facer unha tempada magnífica e esta semana ten un partido para saírse contra a peor defensa interior (aínda máis feble no 5) á que lle fixo un 19.2 na ida. A semana que vén enfrontarase a Todorovic en Badalona, aínda que o fixo moi ben na ida (23 de valoración), non será mala xornada para darlle un descanso.
Trala explosión inicial, estamos a ver un Sutton máis mundano (tres xornadas sen acadar a vintena). Esta semana ten unha gran oportunidade de volver a superar os 20, enfróntase á peor defensa interior. Así que esta semana podemos mantelo sen temor nos equipos. A vindeira ten un compromiso máis esixente na visita a Badalona, aínda que no catro son algo máis benévolos ca no cinco.
Tras un par de xornadas a menor nivel, Llovet volveu facer un gran partido en Burgos (tope da tempada). Esta semana non se volverá ir a máis de 30 minutos (polas faltas de Brodziansky), pero o Zaragoza é un rival moi favorábel. Despois deberiamos vendelo, vai a Madrid.
Fóra da casa Poirier non me inspira tanta confianza e agora a rotación interior do Baskonia medrou en efectivos, pero é que o Murcia non ten ningún xogador que o poida parar (na ida foise á trintena). Despois ten un partido moi favorábel de local contra o Andorra.
Para Voigtmann o partido é un pouco menos favorábel, porque a chegada de Shengelia debería afectarlle máis a el (e na ida quedou nun 7), pero está a xogar de forma sublime e fóra da casa supera a vintena de media. Non é o momento de fichalo, mais creo que agora compartirá máis minutos con Toko que antes de que o xeorxiano se lesionase e non creo que vaia ter problemas para cando menos acadar a quincena.
Non creo que Tomic descanse por segunda semana consecutiva, mais ao fecharen os cambios case dous días antes do partido, a incerteza vai quedar aí (non teremos a pista de se viaxa ou non co equipo). Nos equipos nos que non está é mellor evitar problemas; se xa o tiñamos, desta volta son máis partidario de quedar con el se temos cambios de maior urxencia (15.6 na ida).
terceiro banzo
tercer escalón
Lalanne foi do pouco salvábel no Manresa contra o Barça. Está nun bo momento (superou a decena en 10 dos últimos 12) e agora véñenlle dous partidos seguidos de local contra defensas amábeis na posición: Canarias e GBC. Pode ser unha opción a dúas xornadas se buscamos saírnos dos máis habituais.
Na busca da sorpresa podemos pensar tamén en Whittington. Sekulic en defensa está a dar moitas facilidades ao seu par e o xogador con pasaporte macedonio, que só baixou da decena en un dos últimos once, pode ter unha boa oportunidade de acadar a vintena (14.4 na ida). Non ten mal partido tampouco a semana que vén na visita do Breo.
Na procura de diferenciación temos a Tobey. Atópase nun momento interesante e o Andorra é moi amábel no cinco. Ofrece un cambio gratis ao rematar a xornada.
O Andorra adoita recibir máis no 5, aínda así W. Thomas debería estar nos 10-15, que igual lle abondan a alguén ao ir acompañados do cambio extra.
fóra da listaxe
fuera de la lista
Os cazaxornadas poden probar con Wiltjer. Brown vén de facerlle moito dano á Penya no catro e o norteamericano de cando en vez ten grandes xeiras de anotación. Shermadini debería telo moi complicado contra Todorovic (xa pinchou na ida), así que non entra. Esta xornada esqueceríame de Gerun contra o Barça, non paga a pena correr o risco. Con Toko vou agardar á proba de Moscú deste xoves na Euroliga para decidir se entra xa esta xornada.
O de Andrómenas xa é un chiste. Vildoza, Toolson, Brodziansky, San Emeterio… Vai de desastre en desastre. 164.4 puntos que me deixan o 9628º da xeral (case 1500 postos perdidos). Nin Top 10000 vou facer ao final.
Vou tender ao equipo ideal da listaxe, coa única de diferenza de Eriksson (non me dan os cambios). Así que entran Ennis por Vildoza, Okoye por Toolson (despois de afundirme durante semanas seguro que nesta fai un pico) e Iverson por Sutton.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Tombstone (1993).