SuperManager Reporter

Ano I

12 de abril de 2019

Prezo: 6500000 €

ANO I | 12 DE ABRIL DE 2019 | Prezo: 6500000 €

Extra, extra, chegan os cambios extra

Esta semana poderanse substituír os xogadores do Valencia e do Unicaja sen que conten para o límite de tres cambios. É só o principio. A que vén (28ª) serán o Barça, Baskonia, Madrid e Murcia os que nos permitan ter cambios extra. Contaremos, ademais, cun cambio adicional (un total

de 4) para recuperar a xogadores malagueños e valencianos. Na 29ª volveremos ter unha xornada completa, desta volta con 5 cambios por mor dos xogadores que non participaron na anterior. Despois a cousa inda se complica máis, pero xa haberá tempo de falar diso.

Esta semana poderanse substituír os xogadores do Valencia e do Unicaja sen que conten para o límite de tres cambios. É só o principio. A que vén (28ª) serán o Barça, Baskonia, Madrid e Murcia os que nos permitan ter cambios extra. Contaremos, ademais, cun cambio adicional (un total de 4) para recuperar a xogadores malagueños e valencianos. Na 29ª volveremos ter unha xornada completa, desta volta con 5 cambios por mor dos xogadores que non participaron na anterior. Despois a cousa inda se complica máis, pero xa haberá tempo de falar diso.

Científicos logran unha imaxe da xornada 26

A súa forza destrutora foi tal que enguliu as valoracións de Laprovittola, Ennis, Heurtel, Rowland, Roberts, Eriksson, Kostas, McFadden, Brodziansky… Houbo quen volveu gañar puntos nos cambios (36.4), mais precipitouse de igual forma na negrura do abismo (124 puntos e máis de 100 posicións perdidas até o 343º).

Zaragoza-Barça

Por parte do Zaragoza, polo gran momento no que se atopa e porque é moi fiábel de local (19 de media), non sería un disparate quedar con Okoye (non se está a botar atrás contra os grandes e ten un bo desprazamento a Andorra na vindeira). A pesar do tropezo, Heurtel pode ser unha opción interesante polo cambio extra, o Zaragoza non é das defensas máis esixentes (aínda que na ida non valorou ben e non ten un gran historial en Aragón). Trátase dun bo partido para as ás do Barça, aínda que só Claver semella unha opción sólida: 5 xornadas sen baixar da decena e aporta unha bandeira. As baixas de Vázquez e Seraphin fan que o atractivo de Tomic medre. Sen o chantadino a zona maña é máis vulnerábel. Tamén é opción Singleton no 4, que está a xogar moi ben, aínda que non se trata, en canto a valoración, do xogador máis regular.

Manresa-GBC

O Manresa recuperou a ilusión trala vitoria contra o Canarias e o GBC aférrase ao soño da permanencia con tres vitorias nos últimos catro. A marcha de Gintvainis deixa aínda máis espazo para un Fisher que volveu superar a vintena na última xornada e perfílase como unha das grandes opcións da xornada: o GBC é unha defensa amábel (22.8 na ida) e non ten mala saída a semana que vén a Gran Canaria. Toolson cumpriu a máxima e acadou a vintena cando saíu da maior parte dos equipos, agora ten un encontro moi favorábel nesta (22.8 na ida) e despois unha saída complicada a Gran Canaria. O xeorxiano Burjanadze segue a ser fixo. No Manresa están a se alternar nas valoracións interiores, calquera acerta.

Perasovic e Laso: «daremos descanso aos xogadores cando os leves no SM»

Os técnicos do Baskonia e Real Madrid foron claros: non lles importa meter minutadas aos seus xogadores a estas alturas de tempada e con pouco en xogo (Facu, Rudy —que se mancou—, Tavares, Vildoza, Voigtmann…). Cando te fíes e os leves pensando que seguirán así, entón si que descansarán.

Joventut-Burgos

Chegan en dinámicas opostas: tres derrotas consecutivas da Penya e 6 vitorias dos últimos 8 partidos nos burgaleses. O de Lapro foi unha anécdota, partido moi favorábel nesta e na vindeira. Fitipaldo non está en boa dinámica como para pensar nel nos equipos da xeral, aínda que pode ser unha boa opción de risco porque Nico parece que anda bastante cansado e aínda está a favorecer máis as valoracións rivais (Díaz vén de marcar o seu máximo contra el). McFadden entrou con bo pé na Penya, mais os últimos partidos aconsellan pensar noutras opcións. Unha das ás do Burgos podería facelo ben, mais oscilan bastante dun partido a outro e ningunha estivo ben na ida. Por dentro só pensaría nas referencias de ambos equipos: Todorovic e Huskic. Na ida foi o serbio o que acadou a vintena e o montenegrino cumpriu, desta volta debería ser ao revés. Os dous teñen bo partido o vindeiro e despois unha xornada complicada (Barça e Unicaja, respectivamente). Non parece boa xornada para Sutton.

Canarias-Murcia

A pesar dos cambios gratis, o Murcia ofrece pouca solidez: Booker está a ser pico ou morte e o mesmo está a aplicar no último mes con Doyle; aínda que estean a medrar, Cate e Radoncic dificilmente se van facer un oco nos equipos. Un dos bases canarios farao ben, mais non sabería dicir cal (na última San Miguel acadou a vintena e a Bassas tocoulle na anterior). Será complicado que chegue Beirán, así que Brussino postúlase como opción de alto risco (21 na última xornada e moitos negativos este ano). Iverson semella fixo (ten partido para pico —case 40 na ida—) e incluso Abromaitis semella unha grande opción (leva dous na vintena e 34.8 na ida).

Madrid-Obradoiro

A dureza do rival non aconsella levar ningún compostelán (aínda que Brodziansky, para amolar, dará un pico inesperado despois de fallar nos partidos doados). No Madrid poden ter interese Facu e Tavares. Se o arxentino se lesiona, o Madrid tería un problema moi grave. Aínda así, Laso non parece contar con Pantzar e tampouco confía en Prepelic e Causeur para que fagan de uns nun partido completo. Non iría tranquilo de todo, mais o cambio gratis minimiza a posíbel desfeita dun descanso. A resposta á opción Edy chegará o sábado ás 14, se Ayón segue coa ficha desactivada, adiante con el; se o mexicano é dado de alta (foi dado de alta), o mellor é pasar, porque xogan o domingo e de locais, polo que non saberemos a tempo se lle dan descanso. Carroll na casa debería roldar a quincena, así que co cambio gratis é para pensalo.

Fuenla-Granca

Duelo na parte baixa que enfronta a equipos en melloría. Os dous son moi accesíbeis no base, así que se presenta unha boa xornada para Hannah e Rowland. Clevin está no mellor momento da tempada (6 seguidos en 12 ou máis) e non ten mal encontro a semana que vén de local contra o Manresa. E. J. pinchou despois de tres picos; este encontro é ideal para que retome a vintena (tampouco ten mala saída na vindeira a Compostela). Eriksson non só non cumpriu contra o Madrid, senón que xogou moi pouco; o Fuenla é un rival moi amábel coas ás, así que podemos quedar con el (14.4 na ida) se temos cambios máis urxentes e ademais a que vén pinta moi ben de local contra o Manresa (16 na ida e 17 de media na casa). O Granca recibe pouco nas ás, non será un partido doado para Cruz e Eyenga. O perfil físico do congolés (un mes sen baixar dos 12) semella que lle pode facer máis dano aos insulares pero o mexicano de local tamén está a dar un gran nivel (15 de media). Por dentro ambos equipos dan moitas facilidades: Wiley está a deixar unhas impresións magníficas dende a súa chegada (só baixou nun —9.6— da decena e leva tres seguidos superando os 15). Kravtsov está a se facer forte no xogo interior de Cuspinera (un mes sen baixar da decena), debería roldar a quincena.

Baskonia-Andorra

Os vitorianos serán cambio gratis tras esta. Ambos equipos son moi bos na defensa exterior (e Baskonia tamén na interior). Non é partido para os do Andorra (que teñen a baixa de Ennis). Vildoza (0 na ida) debería ter os seus minutos garantidos, así que podemos mantelo (superou a decena en 9 dos últimos 11). Peras non parece ver alternativa a Shields e non está a haber ningunha á no xogo coa súa consistencia (11 sen baixar da decena). O Andorra por dentro dá moitas facilidades, mais a necesaria presenza con moitos minutos de Shengelia (só 6 na ida) para coller ritmo deixa un panorama pouco claro (opción xa para esta? Aínda só de risco). A priori é un partido moi favorábel para un Voigtmann de doce (19 na ida), aínda que acabe (desta vez si) reducindo os seus minutos, debería cumprir sen moitos atrancos. O francés Porier tamén resulta atractivo: case 18 de media de local.

Estudiantes-Breogán

Dramático enfrontamento na parte baixa: só unha vitoria separa a ambos conxuntos. Ningún dos dous destaca pola súa defensa do un. McCallum parece especialmente interesante, está a asumir moito protagonismo ofensivo (sobre todo castiga na penetración) e superou a quincena nos dous partidos que leva co equipo; menos interesante é na vindeira, porque se enfronta ao seu ex (Unicaja) con Díaz de volta e con ritmo. Algo menos segura é a opción Cook porque de cando en vez pincha: están nun bo momento e a baixa de Gentile fai que estea a participar máis na anotación (21 na última xornada); despois ten unha saída esixente a Burgos. Nas ás tamén son equipos amábeis os dous. Brizuela é fixo como referente colexial (non ten mala saída a vindeira a Burgos). Por dentro Whittington é unha opción moi sólida: 12 ou máis en 11 da última ducia de partidos (e despois ten unha saída moi favorábel a Burgos, un dos equipos máis hospitalarios cos pivotes). No Breo temos un Gerun moi fiábel (leva 7 partidos sen baixar da quincena), que terá que facerlle algo de oco a Ochefu, e Brown, que despois dun baixón recuperou o seu mellor nivel con dous partidos seguidos na vintena.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Laprovittola

Fisher

Segundo banzo

Segundo escalón

McCallum

Hannah

Campazzo*

Rowland

Heurtel*

Vildoza*

Terceiro banzo

Tercer escalón

Cook

Fitipaldo

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Brizuela

Shields*

Toolson

Segundo banzo

Segundo escalón

Claver*

Okoye

Eyenga

Cruz

Terceiro banzo

Tercer escalón

Eriksson

Carroll*

Brussino

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Burjanadze

Iverson

Todorovic

Tomic*

Segundo banzo

Segundo escalón

Abromaitis

Whittington

Gerun

Voigtmann*

Huskic

Poirier*

Terceiro banzo

Tercer escalón

Wiley

Kravstov

Singleton*

Shengelia*

Tavares*


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira aparece en diferentes webs mais non puiden atopara a orixe. A outra é a primeira imaxe das proximidades dun burato negro a cargo do EHT.