SuperManager x. 28: pesadelo sen fin

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

A xornada estivo macada polos bases, as diferenzas foron enormes entre opcións a priori bastante parellas. No meu mellor repetín xornada terríbel (140.6 puntos), na que xuntei a Fisher (baixa non anunciada), Hannah e Tomic. Alá foi a tempada en dúas semanas, case 230 postos perdidos entre ambas e quedo xa ao bordo de saír do Top 500 (466º).

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Laprovittola (10.8)

Fisher (-)

Segundo banzo

Segundo escalón

McCallum (25)

Hannah (0)

Campazzo* (32.4)

Rowland (2)

Heurtel* (28.8)

Vildoza* (-1)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Cook (4.8)

Fitipaldo (15)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Brizuela (9.6)

Shields* (19.2)

Toolson (7.2)

Segundo banzo

Segundo escalón

Claver* (9.6)

Okoye (20)

Eyenga (12)

Cruz (-1)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Eriksson (20.4)

Carroll* (6)

Brussino (25.2)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Burjanadze (3)

Iverson (30)

Todorovic (18)

Tomic* (9.6)

Segundo banzo

Segundo escalón

Abromaitis (7.2)

Whittington (2.4)

Gerun (14)

Voigtmann* (18)

Huskic (7)

Poirier* (21.6)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Wiley (9.6)

Kravtsov (10)

Singleton* (15.6)

Shengelia* (22.8)

Tavares* (25.2)

Selección da xornada

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Laprovittola

Ennis

Segundo banzo

Segundo escalón

McCallum

Hannah

Fisher

Van Rossom

Terceiro banzo

Tercer escalón

Pérez

McCalebb

San Miguel

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Eriksson

J. Fernández

Okoye

Beirán

Brizuela

Segundo banzo

Segundo escalón

Eyenga

Singler

Terceiro banzo

Tercer escalón

San Emeterio

M. Thomas

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Todorovic

Dubljevic

Segundo banzo

Segundo escalón

Burjanadze

Sutton

Brodziansky

Lima

Llovet

Diagne

Lalanne

Gerun

W. Thomas

Terceiro banzo

Tercer escalón

Martín

Wiley

Whittington

En canto a planificación a dúas xornadas (a vindeira contaremos con 5 cambios), podemos ter en conta que xogadores non participan nesta (de Barça, Baskonia, Madrid e Murcia) para ver cales queremos recuperar. A priori, os máis interesantes para a volta son Facu, Tavares (este con máis dúbidas, porque dependerá das altas e baixas no Madrid), Shields, Poirier (veremos se Toko) e Heurtel. Esta semana non temos problemas de bandeiras, ao contrario, hai onde elixir.

Gran Canaria – Manresa

O Granca está nunha tendencia ascendente (librado xa da Euroliga) e o Manresa segue a competir de forma incríbel. A priori volvía ser un partido moi favorábel para os seus bases, Hannah Fisher, pero ambos nos deron un desgusto a pasada. Clevin estivo moi desacertado e en consecuencia xogou menos do que o viña a facer, pero está nun gran momento e de local mellora moito até os 14 de media. Ademais, estivo ben na ida (18), despois ten unha saída favorábel á cancha do Estu e Oliver anda con problemas físicos. No caso de Fisher, o problema é que aínda que Peñarroya sabía que non ía xogar, no parte nin sequera aparecía como dúbida. Agora o parte di que está recuperado. Aí xa cada un ten que decidir se crer ou non. Se está, ten boa xornada nesta e mellor na vindeira de local contra o Murcia. No Manresa ningunha á nos está a ofrecer fiabilidade e o Granca defende ben a posición. Nos canarios cobra moito atractivo a opción Eriksson. O sueco de local está en 17 de media, vén en bo momento e o Manresa non é das defensas máis esixentes (16 na ida). Tampouco ten mala saída a vindeira. Por dentro ofrecen unha boa opción por cabeza. Wiley está a deixar moi boas sensacións (non na última xornada), de local mellora os seus números (case 18 de media) e a semana vindeira ten unha saída moi favorábel a Madrid. No Manresa o máis interesante é Lalanne. No cinco o Granca é moi vulnerábel (24 na ida) e na vindeira de local contra o Murcia ten partido para pico.

Breogán – Unicaja

McCallum semella que vai ser un dos protagonistas nos bases no que resta de tempada. Superou a quincena nos tres partidos que leva cos lucenses e a súa importancia no equipo non para de medrar (26 puntos anotados e 33 minutos de xogo na última xornada). O gran problema para súa inclusión é o calendario: nesta contra o seu ex, que mellorou moito na defensa do un coa volta de Díaz, e despois contra o Madrid. Con todo, creo que en ambos debería estar cando menos na quincena (o Madrid só conta con Facu no un). A pesar do gran nivel que deu contra a Penya, non consideraría a Díaz fóra da casa polo de agora (menos de 6 de media lonxe de Málaga). A baixa de Vidal debilita de forma apreciábel a defensa do Breo e deixa vía libre a Jaime (42 na ida) para ser unha das bandeiras predilectas da xornada. Despois tampouco ten mal partido de local (20 de media) contra o Burgos (23 na ida). Nestes momentos o Unicaja non ofrece nada fiábel por dentro (Suárez é dúbida) e no Breo destaca unha vez máis a figura de Gerun (oito semanas sen baixar dos 14 e 27 na ida). A semana que vén si que deberiamos desfacernos do ucraíno na visita a Madrid.

GBC – Joventut

A Penya está nun momento baixo da tempada, perderon ton físico e a defensa está a funcionar bastante peor, os novos non están a dar polo de agora o nivel dos que veñen a substituír. Para o GBC xa son todas finais, aínda que a situación é mellor que hai un par de meses (só están a unha vitoria do 16º). Lapro non están tan fresco, iso está a se notar a ambos lados da cancha (por iso podemos pensar en Pérez como bandeira sorpresa para cazaxornadas, nos últimos partidos os bases rivais están a valorar fácil). O arxentino non é tan fixo coma noutros momentos da tempada, pero ten bo rival e prescindir del é un risco moi alto porque é dos xogadores que en calquera momento pode dar un gran pico. A vindeira contra o Barça (14 na ida) xa haberá algún motivo máis para dubidar. É un bo partido para as ás, mais ningún dos dous equipos teñen xogadores que estean a valorar de forma consistente, así que McFadden, Zeisloft ou Nevels poden ser opcións para cazaxornadas pero non para equipos da xeral. Todorovic é o xogador máis fiábel do SM nestes momentos (17 xornadas seguidas sen baixar dos 12), contra Sekulic ten un partido para irse á trintena. Tal e como está incluso podemos pensar en mantelo contra o Barça. Beqa vén de fallar despois de moito tempo, mais coido que ten creto abondo: véñenlle dous partidos de local por diante (case 18 de media), a Penya no catro é máis abordábel e logo recibe un Obra que é unha defensa media. 

Burgos – Estudiantes

Ambos equipos son unhas defensas competentes dos uns de locais e a domicilio, respectivamente. Coa baixa de Gentile estamos a ver ao Brizuela máis pasador, a pouco que mellore a puntaría (0 de 8 en triplas nos dous últimos partidos) debería valorar moi ben esta semana. Despois recibe a visita dun Granca que defende bastante ben a posición (aínda así acadou a vintena na ida e de local ten 17 de media). Sutton ten un partido moi favorábel contra un Estu que sufre no catro, ten moita vantaxe por velocidade respecto a Nik e Suton. Despois ten unha saída complicada a Málaga. Unha opción de bandeira para esta (despois habería que vendelo) é Lima, que superou a Huskic na rotación nas últimas xornadas e leva un mes sen baixar dos 14. Inda que Caner-Medley vén do mellor partido da tempada, será moi complicado que repita un 5 de 7 en triplas (está a anotar un de media por partido) e fóra da casa os seus números baixan moito. Vexo mellor opción a un Whittington que defraudou na última, aínda que estaba a ser bastante fiábel (iso si, sen picos).

Obradoiro – Fuenlabrada

Os santiagueses fanse fortes no Sar e aos madrileños cústalles dar o nivel a domicilio. No Fuenla seguramente vexamos algunha boa valoración nos bases, mais está a ser unha lotaría acertar ao que lle vai tocar, así que non pensaría neles alén de cazaxornadas. Non son dos equipos que máis reciben das ás. Os máis sólidos están a ser Singler (5 dos últimos 6 en 12 ou máis) e Eyenga (os últimos 5 en 12 ou máis), ademais Llorca e Clark son baixa (se non se mete en problemas de faltas, xogará máis de 30 minutos). Por dentro as opcións están no Obra con Brodziansky e Llovet, os dous na casa son moi fiábeis (18 e 17 de media) e superaron a vintena na ida; trátase dun partido propicio para recuperen a boa liña tras uns últimos partidos convulsos. 

Valencia – Canarias

Os taronja recuperan a competición doméstica cos deberes feitos: título no peto e praza para a vindeira Euroliga. Pola súa parte, os canarios, a pesar da vitoria da última xornada, seguen lonxe do seu mellor nivel. Ningún dos dous equipos son esixentes na defensa dos uns. Van Rossom estivo a gran nivel en dous dos tres partidos da final da EuroCup, de local dobra os seus números até os 13 de media e cando non está Vives vaise aos 17 por partido. No Canarias o base máis en forma semella San Miguel tras dous bos partidos seguidos, aínda que é unha bandeira de risco. Beirán igual non está aínda para dar picos, pero segue a ser un seguro (12 partidos seguidos sen baixar da decena, incluídos os dous trala lesión) e foise á trintena na ida. Se buscamos a diferenciación, unha opción de bandeira con máis risco (está a valorar de forma irregular na ACB) é a de San Emeterio, que fixo unha final mangnífica (non fallou en ningún dos tres). Despois ten unha saída amábel a Zaragoza. De local tamén cobra interese Matt Thomas, que case duplica a súa media e eleva até case o 60% a súa porcentaxe de triplas de local. É uha opción de risco. Por dentro, a defensa do Valencia é moito máis efectiva ca do Canarias, así que esta semana daríalle un descanso a Iverson. Dubi, xa centrado na liga, preséntase como unha das opcións máis atractivas da xornada (18 na ida). Despois terá unha saída complicada a Zaragoza. Na final da Eurocup Will Thomas recuperou a súa mellor versión (foi o MVP) e pode facerlle moito dano a Abromaitis (aínda que pinchou na ida cun 3).

Andorra – Zaragoza

Interesante partido na loita polo Playoff. Após dúas malas xornadas (que sementas dúbidas) e a baixa da pasada polo nacemento de súa filla, Ennis volve ter unha xornada moi favorábel de local (máis de 18 de media). Ten un bo precedente da ida (18) e o aumento da familia adoita repercutir nun incremento da motivación. O Zaragoza recibe moita valoración no xogo exterior. Despois ten unha saída complicada a Canarias. Podemos  considerar a McCalebb para cazaxornadas, o Andorra é hospitalario, o macedonio medra a domicilio e nas últimas xornadas semella mellorou moito fisicamente. Okoye está nun momento espectacular e a defensa do Andorra é bastante máis amábel na casa (4 na ida); despois ten un encontro moi favorábel de local contra o Valencia. Trátase dun bo partido para os pivotes de ambos os dous equipos. Martín vén de facer dous grandes partidos e está a funcionar bastante mellor fóra (despois habería que vendelo porque recibe ao Valencia), aínda que non é o xogador máis consistente. Máis fiábel semella a bandeira de Diagne, de local está en 15.5 de media e leva seis partidos sen baixar da decena. É moi cedo para pensar en Tay Williams, que acaba de asinar polos maños.

O equipo do blog

El equipo del blog

O acerto nos bases (Campazzo e Heurtel) abondou para que Andrómenas tivese unha xornada decente (191 puntos) despois dunha caída interminábel. Gaño case 1600 postos até o 8058º da xeral. Que remate xa este martirio.

Cos cambios extra podía substituílos practicamente a todos. Deixo un sen gastar e meto ao equipo ideal da listaxe, coa única diferenza de Brodziansky no canto de Beqa. Teño que arriscar inda que sexa un chisco.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence á serie Rick & Morty.