Na fotografía da cabeceira hai un baloncestista lendario e o que está ao seu lado é Vince Carter. Antoine Wright protagonizou un dos grandes momentos da historia do SuperManager. Na segunda xornada da 11-12, após un debut estelar cun 30 (25 máis bono) que fixo del un dos xogadores máis comprados da semana, o público congregado no Blaugrana presenciou a actuación individual máis singular da historia do xogo: 0 de 10 en tiros de campo, 0 de 2 en libres, 5 balóns perdidos e 5 faltas cometidas (e 1 roubo e 2 faltas recibidas) para -19 de valoración. Ese día, un rapaz de apenas 18 anos foi testemuña directa dunha proeza que o marcou de maneira fonda. Ese cativo, feito xa un home, elixiu a xornada da pasado fin de semana, na que el tamén era un dos xogadores máis fichados do xogo, para renderlle unha homenaxe ao mito: Jaime Fernández deleitou ao público do Pazo cun 0 de 6 en tiros de campo, 1 libre fallado, 3 perdas, 3 tapóns recibidos e 1 falta (e 2 rebotes, 2 faltas recibidas e 1 punto) para un -9 de valoración. Fermoso detalle.

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

Non hai forma. O combo Jaime-Dubi fíxome caer por cuarta xornada consecutiva. Perdo case trinta máis até o 493º da xeral cos 157.8 puntos. Xa me conformo con ter inda que sea unha boa xornada antes de que acabe a tempada.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Laprovittola (27)

Ennis (12)

Segundo banzo

Segundo escalón

McCallum (15.6)

Hannah (8)

Fisher (13.2)

Van Rossom (22.8)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Pérez (43.2)

McCalebb (6)

San Miguel (11)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Eriksson (9)

J. Fernández (-9)

Okoye (14.4)

Beirán (6)

Brizuela (12)

Segundo banzo

Segundo escalón

Eyenga (16.8)

Singler (13)

Terceiro banzo

Tercer escalón

San Emeterio (12)

M. Thomas (13.2)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Todorovic (30)

Dubljevic (0)

Segundo banzo

Segundo escalón

Burjanadze (32.4)

Sutton (20.4)

Brodziansky (14)

Lima (16.8)

Llovet (14)

Diagne (23)

Lalanne (6)

Gerun (24)

W. Thomas (25.2)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Martín (9.6)

Wiley (12)

Whittington (24)

Selección da xornada

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Campazzo

Heurtel

Segundo banzo

Segundo escalón

Laprovittola*

McCallum

Díaz

Pérez

San Miguel*

Terceiro banzo

Tercer escalón

Hannah

Cook

Booker

Alocén

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Beirán*

Shields

Okoye

Brizuela

Segundo banzo

Segundo escalón

Hanga

San Emeterio

Lundberg

J. Fernández

Eriksson

Terceiro banzo

Tercer escalón

Tomàs

Claver

Singler

Yusta

Causeur

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Burjanadze

Iverson*

Todorovic*

Segundo banzo

Segundo escalón

Dubljevic

Poirier

Whittington

Tavares

Wiley

Shengelia

Terceiro banzo

Tercer escalón

Gerun

Soko

Diagne

Brodziansky

Sakho

Ollo, esta xornada comeza o sábado pola mañá (12:15), non se me despisten. E a vindeira farao o mércores. Tras esta, os xogadores de Tenerife e Penya serán cambio gratis, porque xa disputaron de forma adiantada o seu encontro da xornada 30.

Unicaja – Burgos

O Unicaja chega tras dúas derrotas dando mala imaxe (a de Lugo da última xornada e a malleira desta semana no aprazado contra o Valencia) e o Burgos vén con grandes sensacións e co soño do Playoff moi vivo (levan 7 vitorias nos últimos 10). O caso é que Málaga non me parece unha cancha apetecíbel para os xogadores do Burgos, o Unicaja con Díaz non pinta ben para un Fitipaldo que recuperou a senda dunha gran tempada nos últimos encontros, nas ás están a repartir as grandes actuacións (na última tocoulle a Barrera) e nin sequera vexo un partido atractivo para Sutton. No Unicaja, Díaz volveu a bo nivel da lesión, o Burgos dá moitas facilidades na posición e o malagueño mellora moitísimo a súa media de local até os 14. Despois visita o Estudiantes, que está a ser hospitalario no un, aínda que fóra da casa ofrece menos seguridade. Será complicado que Jaime repita o da semana pasada, aínda así nesta contra o Valencia volveu estar gris. Aínda lle falta para acadar o nivel de antes da lesión. Motivos para quedar con el? De local non adoita fallar e a semana que vén xoga contra o seu ex (20.4 na ida), que é un equipo amábel na posición.

Joventut – Barcelona

A Penya chega en caída libre e o Barcelona xogarase a vida na Euroliga en Istambul o mércores (ollo a posíbeis descansos). Se en condicións normais a vitoria do Barça xa parecía clara, nesta dinámica da Penya todo apunta a unha malleira. Iso, se cadra, pode facer que a Penya xogue liberada de presión e poidamos ver unha versión máis próxima da que gozabamos antes da Copa. Lapro está a dar moitas facilidades aos seus pares, que semana tras semana están a conseguir grandes valoracións. Iso deixa un escenario inmellorábel para Heurtel, que roldou a trintena antes do aprazado. A pesar do descenso no rendemento do arxentino, segue a acumular moitos minutos e importancia no equipo, así que adoita cando menos cumprir (14 na ida) e o seu cambio gratis na vindeira invita a que o aguantemos. Outro dos grandes problemas da Penya está a ser a dificultade que teñen para fechar a zona, o Canarias vén de dominalos no rebote ofensivo. Tanto Claver (16.8 na ida) como Hanga (catro últimas visitas a Badalona en cando menos 12 e dúas xornadas seguidas a gran nivel) son dous perfís que poden sacar moita vantaxe desa fraxilidade. Por dentro seguiría a confiar en Todorovic, que está a sumar con moita facilidade, e evitaría os interiores do Barça: Tomic volveu baixar o seu nivel nas últimas xornadas e o montenegrino está a ser un rival moi duro para os seus pares.

Estudiantes – Gran Canaria

O Estu está a transmitir moi malas sensacións e o Granca non acaba de abandonar a zona de perigo. É un bo partido para os bases, as defensas son amábeis na posición. Cook está a xogar por riba dos 30 minutos e superou a decena nos tres últimos enfrontamentos contra o Granca. Pola súa banda, Hannah ten un grato recordo da súa última visita ao Estu (na trintena co Murcia) e quererá recuperar a boa dinámica tras dous tropezos. Aínda que o Granca está a conter bastante ben os treses, Brizuela acadou a vintena na ida e de local ten unha gran media (17) e debe ser o líder do seu equipo na loita por eludir o descenso. Despois enfróntase a un Unicaja que non é das defensas máis esixentes na posición. Eriksson defraudou a semana pasada, valorou menos do esperado, pero é que ademais xogou moi pouco (nin chegou aos 15 minutos); con todo, contra as defensas menos esixentes (o Estu está nese grupo) mellora moito os seus números, así que podemos considerar mantelo (10 e 12 nas dúas últimas visitas aos colexiais). O xogo interior do Granca xa adoitaba dar facilidades e nesta ocasión chega coas baixas de Balvin e Báez. Preséntase un partido moi interesante para un Whittington que acadou a vintena a semana pasada. O home a seguir nos insulares é Wiley, estará obrigado a xogar moitos minutos polas baixas e o Estu é un rival ideal para poder acadar a vintena. O gran problema con el é a visita do Barça na vindeira.

Zaragoza – Valencia

O campión da EuroCup está nun momento moi doce (vén de pasar por riba do Unicaja) e o Zaragoza está a consolidar a praza de Playoff liderado por un Okoye que non teme nada. Van Rossom fóra da casa non ofrece fiabilidade para pensar nel alén de cazaxornadas. Tamén deixaría a Alocén para os que procuren a sorpresa, mais este dentro da listaxe (está a xogar ben e de local mellora moito). Os dous equipos son amábeis coas ás, iso deixa vía libre para Okoye, que vén de darlle ao Zaragoza unha vitoria imposíbel en Andorra e acumula 7 partidos sen baixar da decena (ten 19 de media  de local). Con Abalde de baixa e cun Matt Thomas con pouca puntaría fóra, a cousa pinta ben para San Emeterio (20.4 na ida e un gran historial na súa carreira contra o Zaragoza: máis de 16 de media en Aragón). Os cazaxornadas poden pensar en Sastre, que regresa á que foi a súa casa. Por dentro non será un partido doado para ningún dos dous equipos. Dubi, que vén de acadar a vintena contra o Unicaja, parece que é o que o terá mellor coa ausencia de Vázquez nos maños; ademais, débenos unha boa valoración despois do 0 da semana pasada.

Madrid – Breogán

Coa eliminatoria da Euroliga despachada pola vía rápida, o Madrid non ten necesidade de facer rotacións (iso quere dicir que non as fará? Moito me temo que cos brancos nunca imos estar seguros). O Facu é un dos fixos da xornada, está nun momento espléndido, Laso non conta con máis xogadores na posición (Llull non regresará antes da vindeira) e o Breo non ten unha defensa esixente no un. McCallum non é venda obrigada a pesar da dureza do encontro: segue sen baixar da quincena, a súa media de minutos achégase á trintena e con todo o xogo que pasa polas súas mans será complicado que non acabe cando menos cumprindo (ademais, non creo que o Facu vaia apertar tanto en defensa coma noutros partidos). Non ten mala saída a Valencia na vindeira. Nas ás, despois da resaca da Euroliga, igual Causeur ou Yusta poden ser apostas interesantes para cazaxornadas contra un Breo que dá facilidades. Por dentro, Tavares, agás que as altas e baixas digan o contrario, volverá ser unha das bandeiras destacadas na posición (na vintena nos dous últimos partidos) e Gerun gañouse un sitio ao fondo da listaxe coas súas nove xornadas consecutivas en 14 ou máis, pero véñenlle dous encontros moi duros que aconsellan darlle un descanso.

Manresa – Murcia

O Murcia volve tralo aprazado instalado en descenso e por fin coa fichaxe dun pivote (que non coñezo de nada e non podo valorar). O Manresa ten unha oportunidade de ouro de poñer terra de por medio co noveno nunha tempada formidábel. É cedo para pensar en Sergi Garcia, pero na boa dinámica está o equipo, a nova incorporación dos do Bages pode darnos algunha alegría antes de que remate a campaña (Fisher vai ter complicado regresar da lesión antes do Playoff). Non é mal partido para un Booker que estivo a bo nivel nas dúas últimas saídas, mais non pensaría nel alén de cazaxornadas pola súa falta de fiabilidade. Con un Toolson con menos protagonismo, o interese nas ás do Manresa está en Lundberg e Tomàs. O danés axudará no un (onde o Murcia dá moitas facilidades) e vén dun gran partido (5 semanas seguidas sen baixar da decena). Pere está a ser un dos xogadores máis sólidos dos de Peñarroya neste desenlace (3 seguidas en 12 ou máis). Soko pode facerlle dano ao Manresa no 4 (5 sen baixar dos 12, que foi a súa valoracióna ida) e cun Lalanne que fallou nas última datas, os cazaxornadas poden fixarse na bandeira de Sakho: vén de valorar na vintena e os de Sito son moi vulnerábeis no cinco.

Canarias – Andorra

Os dous chegan lonxe do seu mellor momento e con pouca marxe se queren manterse na loita polo Playoff. Non é un partido moi atractivo para os bases, aínda así San Miguel está no mellor momento da tempada, foi o que absorbeu o pico contra a Penya no encontro adiantado e na ida estivo preto da vintena. A iso hai que sumarlle o cambio gratis. Esta semana o máis conveniente é desfacernos de Ennis, que baixa moito fóra. Beirán superou a vintena contra a Penya e na casa é un seguro, debería seguir nos equipos (e dá cambio gratis tras esta). Por dentro haberá un duelo interesante entre Iverson (que tampouco puido con Todorovic entre semana) e un Diagne a gran nivel (7 sen baixar da decena). O norteamericano ten un partido moi favorábel contra un Andorra que non é unha defensa esixente (37.2 na ida) e poderémolo substituír trala xornada sen consumir cambios. O africano fóra da casa baixa as súas prestacións, aínda así coido que vai estar na decena, aínda que hai outras bandeiras con mellores perspectivas.

GBC – Obradoiro

O Obra non ten unha saída doada a Donostia, o GBC está nun bo momento anímico. No base debemos falar do último MVP, un Pérez que está a completar unha gran tempada e que quererá manter a boa dinámica (3 seguidos superando ducia) contra unha defensa bastante esixente. O GBC é amábel no 3 e o exterior máis consistente no Obra semella agora mesmo Singler (seis das últimas sete en 12 ou máis). Non hai quen pare a Beqa de local (máis de 30 de media nos últimos catro), debe de seguir sendo unha das nosas bandeiras interiores. Nos composteláns non me entusiasma ningún interior fóra da casa, mais o que vexo con máis opcións de facelo ben é a Brodziansky.

Baskonia – Fuenlabrada

O Baskonia non vai a Moscova, despediuse da Euroliga este venres. Os bases de ambos equipos perderon interese nos últimos partidos. Nas ás segue a destacar Shields, que é un seguro e non ten moita competencia no equipo. Non pensaría sequera en Eyenga no Fuela pola dureza do rival (7 sen baixar dos 12 pero negativo na ida). Por dentro o que agora está inconmensurábel é un Poirier que a este nivel Europa váiselle quedar pequena axiña. No 5 é onde máis concede o Fuenla. Da dupla Voigtmann-Shengelia, quedaríame antes co xeorxiano, que precisa minutos para seguir coa rodaxe.

O equipo do blog

El equipo del blog

En Andrómenas quixen arriscar e deille saída ao peor posíbel (Beqa). Os 139.4 da xornada fan que volva caer máis de mil postos até o 9315º. Que desastre de tempada!


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira é unha fotografía de Shareif Ziyadat tomada na festa do draft da NBA de 2006 no club neoiorquino 40/40 (máis tarde rebautizado 0/10 pola fazaña de Wright).