SuperManager x. 3: sen tempo

A xornada comeza xa e o servidor do xogo, con moita probabilidade, vaise saturar.

Moito máis tranquila non foi esta segunda xornada. Segue o seu curso un dos comezos de SuperManager máis complicados que se poidan lembrar. Para completalo, non hai nin un día de descanso entre xornadas.

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

Bases

Primer escalón

Heurtel (16.8/+15%)

Renfroe (14/+15%)

Segundo escalón

McCalebb (3.6/-12%)

Bassas (-3/-15%)

Tercer escalón

Santana (9.6/+15%)

Díaz (10/+15%)

Jaramaz (4.8/+8%)

Aleros

Primer escalón

J. Fernández (38.4/+15%)

Segundo escalón

Garino (-2/+15%)

Vitali (9.6/+15%)

Tercer escalón

Tomàs (13/+15%)

Barreiro (6/+15%)

Dawson (3/-15%)

Claver (0/-15%)

Okoye (10.8/+10%)

Pívots

Primer escalón

Shengelia (21/+15%)

Tomic (20.4/+15%)

Poirier (11/+15%)

Segundo escalón

Randolph (25.2/+15%)

Clark (13/+15%)

Lalanne (4/+15%)

Tercer escalón

Salvó (8/+15%)

Radoncic (8.4/+15%)

Saiz (-1/-15%)

Selección da xornada

Selección de la jornada

No paréntese vai a valoración que precisa cada xogador para subir o 15%.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Renfroe (2)

Pérez (-2)

Segundo banzo

Segundo escalón

Llull (14)

Heurtel (9)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Santana (-7)

Alocén (-7)

Díaz (-4)

Cvetkovic (1)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

McFadden (-9)

J. Fernández (-19)

Vasileiadis (4)

Segundo banzo

Segundo escalón

Brizuela (-4)

Tomàs (-2)

Doyle (5)

Cancar (6)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Evans (7)

Navarro (-2)

Vitali (1)

Llorca (-18)

Simons (-5)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Randolph (-5)

Delía (-6)

Abromaitis (-8)

Segundo banzo

Segundo escalón

Clark (-4)

Lessort (0)

Brodziansky (-1)

Huskic (10)

Lalanne (2)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Caner-Medley (-4)

Shengelia (15)

Tomic (8)

Radoncic (0)

Iverson (1)

Esta xornada comeza a Euroliga, que supón iso? Incerteza, inda máis incerteza. Seguro que varios xogadores van descansar ou xogar menos do usual. Se podemos evitar os xogadores deses equipos, iso que gañamos en saúde. Como o Madrid ten un rival duro, non creo que Llull descanse; iso si, precisa un 14 para subir todo. Sen Thompkins, o concurso de Randolph tamén parece asegurado e comezou coma un tiro a tempada. A derrota do Baskonia a última xornada vén ben para o xogo, porque así non se poderán relaxar tanto e supoño que cando menos ata que rompan o partido xogarán os habituais. O interese de Shengelia é menor que noutras xornadas —inda que con el a posibilidade de pico sempre está aí— e pode haber managers afoutos que lle dean saída para poder reforzar outras posicións. Tomic é dos que máis medo me dá. Seraphin xa regresou ao equipo, Pusto non xogou nin un minuto na xornada dúas, así que non creo que se vaia repetir. Teñen unha boa rotación e pode pasar calquera cousa. Creo tanto nun pico de Ante como en que xogue pouco. Tiña medo de que Pérez perdese peso na rotación coa incorporación de Gutiérrez, mais semella que seguirá a xogar sobre uns 20 minutos e o Baskonia é o equipo que máis valoración está a conceder dos bases. O de Llorca é sorprendente, fixo as súas 2 mellores valoracións ACB consecutivas neste arranque, un xogador xa de 29 anos que o ano pasado só chegou nun partido á decena. Se nun encontro pode pinchar Jaime é neste, mais o seu -19 e o momento de forma formidábel no que está fan o que debamos ter moi en conta. Se queredes ler algo máis sobre cada xogador, no artigo anterior falaba deles a varias xornadas.

O equipo do blog

El equipo del blog

Que non podía ir a peor? Fixen incluso menos puntos ca no debut, 98.4, e caín outros 9 mil postos ata o 57557º da xeral. Tiña que decidir se manter a Dawson ou Mathias, elixín mal. Dawson saíu moi ansionso, meteuse en problemas de persoais, apenas xogou e alá foi a previsión do broker. Ao final gaño só 546 mil esta xornada, bastante menos do esperado. Este é un dos peores dos meus equipos, e non porque aos outros lle estea a ir ben. Agora si que xa non podo baixar máis postos, verdade?

Os catro cambios da xornada quedáronme escasos. Optei por asumir o risco con Dawson —se tivese máis cambios, iría fóra—, non creo que vaia entrar en problemas de faltas por segundo partido consecutivo, así que con minutos coido que valorará ben. Desfágome de Bassas e dou entrada a Pérez. Para intentar compensar un pouco o equipo arrisco sacando a Tomic e tamén é momento de dicirlle adeus a Salvó, que cumpriu neste inicio. Entran Randoph e Clark. Cos cartos da venda de Tomic teño abondo para fichar a McFadden. Outra semana máis quedo con demasiado en caixa, porque me gusta máis esta combinación que outras nas que apuro máis o orzamento. Porén, a semana que vén teño que gastalo todo ou vou quedar moi atrás no broker.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Nosferatu (F. W. Murnau, 1922).