A segunda tamén foi unha boa xornada. A pesar de que o que era o meu mellor equipo estivo lastrado polos dous interiores do Madrid (Tavares e Mickey) que fixeron que perdera unha morea de cartos, o resto dos meus subiron posicións (dos 10 de valoración que teño —máis un dunha privada e 2 de broker creados na segunda xornada—, 8 están no Top 10000, algo nada habitual para un manager mediocre coma min). Superei a barreira dos 200 (200.6) co que agora é o meu mellor, que se sitúa dentro do Top 500 (437º). O curso pasado levoume 9 xornadas entrar entre os 500 primeiros. Todo pode mudar nun intre.
B
1º
Bassas (19.2/+15)
Huertas (13.2/+15)
2º
Vives (15/+15)
Vildoza (-2/-14)
Cook (8/+15)
Campazzo (27.6/+15)
3º
Laprovittola (21.6/+15)
Adams (8/+11)
Sipahi (18/+15)
Pozas (5/+11)
A
1º
Harper (8/+15)
Eyenga (29/+15)
Brizuela (30/+15)
Carroll (8.4/+15)
Bouteille (13.2/+15)
2º
Prepelic (31/+15)
Higgins (2.4/-15)
Booker (1/+2)
Tomàs (5/+15)
Brown (-7/-15)
Barreiro (16.8/+15)
Deck (6/+15)
Díez (34.8/+15)
Claver (7.2/+15)
Rivers (4.8/-15)
Martínez (26.4/+15)
Janning (11/+15)
Abalde (-3/-10)
3º
Brussino (3.6/-7)
Anderson (5/+7)
P
1º
Mirotic (24/+15)
Davies (42/+15)
Shermadini (24/+15)
2º
Shengelia (13/+1)
Mockevicius (17/+15)
Costello (15/+15)
Kravic (6/+15)
Tavares (8.4/-15)
Benzig (10.8/+15)
Whittington (28.8/+15)
Fall (19/+15)
Omic (27/+15)
Tomic (-3/-3)
Lima (14.4/+15)
Labeyrie (7/+15)
3º
Diagne (19.2/+15)
Hlinason (3.6/+15)
Sakho (6/+15)
Da mesma forma, á listaxe tamén lle foi incluso mellor que a xornada pasada. Funcionaron os principais bases e pivotes, tamén as ás caras e a meirande parte das bandeiras. Que siga así.
Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15%.
B
1º
Bassas (-12)
2º
Campazzo (19)
Laprovittola (14)
Vives (-3)
Cook (14)
Huertas (7)
3º
Sipahi (5)
Senglin (-14)
Oliver (-6)
Dimitrijevic (10)
A
1º
Eyenga (-12)
Brizuela (4)
Prepelic (5)
Barreiro (-21)
2º
Harper (-7)
Bouteille (-17)
Martínez (-16)
Hanga (10)
Díez (-23)
McFadden (7)
Scrubb (5)
Janning (0)
Tomàs (6)
3º
Garino (4)
Dangubic (1)
Vicedo (-2)
P
1º
Mirotic (7)
Davies (-14)
Fall (2)
2º
Omic (4)
Shermadini (7)
Garuba (-18)
Mockevicius (-13)
Costello (10)
Radovic (-9)
Whittington (0)
Lima (9)
Kadji (-3)
Diagne (18)
3º
Kulboka (-4)
Balvin (18)
Huskic (18)
Kravic (11)
Kravish (2)
Malmanis (-2)
Seguimos en fase de acumulación, hai que mirar polo broker sen descoidar a valoración. Xa comezaron as competicións europeas, a ver como afectan ás rotacións. A novidade cos trocos semella que está a ser caótica, con bastante xente queixándose de erros do sistema ao tentar desfacer cambios (por sorte, non foi o meu caso).
Murcia – Zaragoza
(5, 18:00)
@BUR, @FUE, OBR | @BET, BLB, FCB
O encontro fronte o Madrid reduciu moito as opcións no Murcia. Agora Booker precisa facer demasiado para subir todo, así que é mellor tirar por opcións que o teñan máis doado. O Zaragoza segue a contar os seus partidos por vitorias. Barreiro é case un fixo. Comezou a tempada coma unha moto e apórtanos unha bandeira a un prezo moi baixo. Axúdanos moito na configuración dos equipos. Radovic foi un dos mellores da xornada e o Murcia vén de recibir moito na posición a cargo de Garuba. Se xa tiñamos a Benzing, podemos mantelo con tranquilidade.
Obradoiro – Bilbao
(5, 18:00)
@CAN, RMA, @MUR | BAS, @ZAR, FUE
O encontro en Zaragoza foi demoledor para o Obra pola malleira que levou, mais tamén para os seus xogadores no SM. Só rescataría a Kravic, aínda que non estivo ben (e que lle deixaron de apuntar algúns puntos de valoración), na primeira xornada deixara moi boa imaxe e subirá todo con superar a decena. Podemos aguantalo unha semana máis. O Bilbao xogou un partido estupendo outra vez. A Rafa Martínez aínda lle queda moito baloncesto nas mans. Arrancou a tempada de forma inmellorábel nun equipo que está a funcionar moi ben. Ten suba do máximo garantida durante unhas semanas, o Obra é un rival favorábel e incluso demostrou contra o Valencia que tamén o pode facer ben contra os grandes para o derbi da semana que vén contra o Baskonia. Os de negro teñen varios xogadores con subas doadas. Os máis interesantes son Bouteille, que non estivo tan brillante como no debut (é lóxico nun equipo no que está a achegar moita xente) pero volveu superar a decena e estivo moito tempo en cancha; Kulboka, que volveu parecerse ao xogador da pretempada, moito máis activo (lanza moito de tres, vai dar un pico o día que estea inspirado); e Balvin que comezou a carburar, aínda que a súa aposta implica aínda risco porque precisa moita valoración para subir todo, así que o mellor é agardar algunha xornada máis.
Canarias – Madrid
(5, 20:30)
OBR, @MAN, BAS | FUE, @OBR, MAN
Os canarios recuperaron sensacións en Málaga cun gran partido marcado polo desquite dos ex (Díaz, Salin e Shermadini culminaron actuacións fabulosas). Agora teñen que enfrontarse co peor rival posíbel, un Madrid que arrancou o curso sen piedade. Huertas remontou após un desacertado comezo no que chegou a acumular un -8, así que de alí ao final sumou máis de 20 até os 13.2 definitivos. Iso dá unha mostra da confianza que Vidorreta ten nel (está a se ir á trintena de minutos cada xornada). Dar entrada a un xogador contra o Madrid sempre resulta complicado, mais non creo que haxa motivo para vendelo. A baixa de Singler (que regresa nesta xornada) deulle un empurrón de confianza a Díez que volveu ser o xogador que tantas alegrías nos dera en Donosti. A súa capacidade reboteadora outórgalle moita fiabilidade e cando ten o día na anotación a súa valoración dispárase, como no último partido. Vai subir durante varias xornadas, é unha bandeira económica e non se lle dan mal os ex (porén, con este rival e con Singler de volta non cabe esperar un partido tan bo como os pasados). Salin, despois dunha desacertada primeira xornada, amosou a súa mellor versión no Carpena. El basea toda a súa valoración na anotación e o Madrid é unha defensa moi dura; por iso non entra na listaxe, mais vai subir todo, así que non é un cambio prioritario. Shermadini segue segundo o previsto. O xogo do Canarias vaille de marabilla, volve ser protagonista como en Zaragoza e Andorra. É un dos pivotes máis sólidos do xogo (e vaino ser todo o curso) e o Madrid no cinco é onde máis concesións está a facer (Omic, Tumba e Cate valoraron ben contra os brancos). Aínda que nada garante que vaia seguir sendo así, polo de agora son os bases os que ofrecen máis solidez nos brancos no tocante ao SM. Tanto Facu como Lapro acadaron a vintena na última xornada. Teñen un partido moi interesante contra un Huertas que se ten que reservar para dirixir a ofensiva canaria. Vai ser complicado atopar abondo en caixa para darlles entrada (atópanse xa en prezos prohibitivos), mais son grandes opcións. Por dentro, os que estaban chamados a seren actores principais (Tavares e Mickey) semella que non van ser opcións fiábeis para o SM pola rotación de Laso (á que se sumará en breve Mejri), mais emerxeu antes do previsto a figura dunha das grandes promesas da categoría: Garuba. Xa saíu de titular en Badalona, pero foi contra o Murcia cando marabillou. Agás que dean de alta a Thompkins (porque Garuba vén xogando no 4), parece que vai ser unha opción moi interesante os próximos encontros (o Madrid ten un calendario favorábel): achega unha bandeira baratísima, ten condicións para sumar moito na zona e semella que Laso lle vai dar minutos na ACB (aínda que non é o adestrador que inspire máis confianza no tocante ao SM). Vai subir o máximo até que remate o instituto. Nos partidos de máxima esixencia o normal é que apenas teña minutos.
Joventut – Burgos
(5, 20:30)
@UNI, EST, @GCA | MUR, @AND, VBC
Non está a ser un bo arranque para a Penya (que ademais está a ter problemas de lesións), mais para o SM os dous eslovenos resultan moi atractivos. Prepelic é unha máquina de anotar (lidera xa a liga) e só precisa un 5 para subir todo. Omic fai números con moita facilidade, non conta cun mal calendario e ten cando menos outra suba do máximo moi doada. Tamén vou apuntar para o fondo da listaxe como opción de risco o nome de Neno Dimitrijevic. O xogador macedonio non ten unha suba doada (precisa acadar a decena para subilo todo), pero está moi barato, achega unha bandeira e ten capacidade de anotación; o Joventut precisa que dea un paso á fronte polas baixas. O Burgos, pola contra, está a arrancar a gran nivel. Xa daba por fixo a Bassas no último artigo e confirmouno con outra grande actuación. Ten por diante un bo calendario, comezando por este encontro fronte o equipo no que se formou e que recibe moito dos uns. Ten varias subas garantidas. Outro ex da Penya, McFadden, ten un encontro interesante. O xogador con pasaporte xeorxiano, que o curso pasado tivo un gran inicio, superou en ambos encontros deste arranque a decena. Ten unha suba doada e quererá reivindicarse en Badalona. O seu pico vai depender de que lle entren as triplas. Benite tamén ten unha suba doada, porén, adoita dar a súa mellor versión de local e leva unha media de só 2 de valoración nas súas 4 visitas a Badalona. Con Huskic había que ser cautos na última xornada, polos seus problemas de nocello, mais o mércores xa o vimos a pleno rendemento. O Joventut é un rival favorábel, non descartaría incluso o pico, mais o seu alto prezo e a necesidade de roldar a vintena para subilo todo fan que quede no derradeiro banzo para os que xa o tiñan ou buscan arriscar. Lima é unha opción máis accesíbel, cunha suba máis doada e achéganos unha bandeira.
Fuenlabrada – Estudiantes
(6, 12:30)
@RMA, MUR, @BLB | MAN, @JOV, UNI
Outro que non está a deixar boas sensacións á súa afección mais si moitas alegrías no SM é o Fuenlabrada. Eyenga está a absorber moito xogo, en parte porque ao equipo lle está a custar moito xerar en ataque alén del (a ver se pouco a pouco vai emerxendo a figura de Marc Garcia). Ademais, co seu físico e case a totalidade dos minutos en cancha, Eyenga está a ser a á perfecta para o xogo. O Estu é un rival moi favorábel (24 o curso pasado) e despois ten unha saída complicada a Madrid, mais xa logrou acadar a vintena na última visita aos brancos. Se non cambia moito o contexto, Eyenga semella un seguro. A outra peza que nos está a dar moito neste arranque é Mockevicius. Rebotea moi ben, en especial en ataque (onde lidera a liga), e iso permítelle anotar moitos puntos fáciles en segundas opcións. Está moi barato e garante varias subas. No Estu, sen Gentile nin Clavell, Brizuela acumula todo o protagonismo. Xa acadou a trintena e postúlase como un dos grandes rivais de Prepelic para ser o máximo anotador do curso. Ten un partido inmellorábel contra unha das defensas máis permisivas e despois venlle un calendario moi favorábel. Vaise disparar de prezo nas vindeiras semanas. Scrubb estivo máis acertado en ataque no segundo partido e volveu axudar moito na distribución (6 pases de canastra outra vez). O calendario é propicio para que siga medrando e ten unha suba moi doada. Outro que está a comezar moi ben é Kadji. Conta con grandes capacidades físicas (8 rexeites no último partido) e non se está a cortar dende a distancia. Garante suba e está a un prezo atractivo. Se precisamos opcións baratas con boas perspectivas de suba, o Estu ofrece a Vicedo, que debutou antes do esperado cun encontro na decena, e a Dangubic, que fixo un partido moi completo na última e debería aproveitar o bo calendario para seguir adaptándose ao equipo.
Manresa – Gran Canaria
(6, 12:30)
@EST, CAN, @RMA | AND, @FCB, JOV
A baixa de Ferrari fíxose notar nun Resa con poucas respostas ofensivas. Tomàs non xogou o seu mellor partido, aínda que volveu superar a vintena de minutos e ten unha suba doada. Na casa debería telo máis doado para valorar e cando menos eu aguantaría esta semana pola súa bandeira. A outra opción nos do Bages é o pivote extra Kravish. Mellorou de forma considerábel a súa achega ofensiva no segundo encontro e a tópase moi barato. O problema é que ocupa praza de extra e que no xogo poñen que é dúbida (aínda que no parte non aparece; igual segue aí da semana pasada). Ao Granca está a lle custar arrancar. Cook está a copar os minutos na dirección. Vai camiño de revalidar o seu título de mellor asistente da liga, iso outórgalle bastante solidez, porque roldou a decena nun partido desastroso na tripla (non parece probábel que repita o 0 de 6). Aínda que Harper non tivo o seu mellor día, conta coa confianza de Katsikaris, volveu acadar a trintena de minutos de xogo e dispuxo de moitos lanzamentos. Está a bo prezo e garante suba. A Beirán aínda hai que darlle algunha semana máis de marxe. Por dentro, o xogador chave está a ser Costello. Produce moito en ataque e é un bo reboteador.
Valencia – Betis
(6, 17:00)
@FCB, UNI, @BUR | ZAR, @BAS, AND
Tralo malo último partido e co Barça no horizonte, non é doado atopar boas opcións nos taronja para esta xornada. O máis interesante segue a me parecer Vives por momento de forma, bandeira e prezo. Con Colom xa de volta e co calendario tan complicado que lles vén por diante, igual é a derradeira xornada nun tempo para sacarlle partido. O Betis xa estreou vitoria no seu regreso á ACB. Sipahi está a deixar moi boa impresión no arranque, suma en diferentes eidos e o seu único pero están a ser os libres (0 de 4). Aínda lle queda outra suba doada. Oliver foi dos mellores na vitoria contra un dos seus ex (Penya) e volverá subir todo contra o Valencia (outro ex). Non sabemos moi ben que podemos esperar do xogador máis veterano da categoría, pero adoita comezar as tempadas en boa forma. Con Slaughter o mellor é agardar ao vindeiro encontro contra o Zaragoza, defensa máis amábel na posición ca o Valencia. Aínda que non lle están a entrar as triplas, Whittington leva dous partidos na vintena e perfílase como un dos pivotes importantes da edición. Sobe todo a partir de cero e gran parte do xogo ofensivo do Betis pasa polas súas mans. A única pega que ten é que nas tres visitas anteriores a Valencia non conseguiu superar os 5 de valoración. Se precisamos unha bandeira moi barata nos pivotes, podemos pensar en Malmanis. Comezou ben a campaña e sobe con negativo. Porén, non cabe esperar del unha gran valoración.
Baskonia – Unicaja
(6, 18:30)
@BLB, BET, @CAN | JOV, @VBC, EST
O Unicaja vén recibindo moito das ás. É unha boa xornada para Janning como tirador (Salin furounos a triplas na última), cunha suba doada, e Garino, que superou a decena nos dous primeiros partidos e só precisa un 4 para subilo todo. En fase de acumulación e con Toko precisando roldar a trintena para subilo todo, o mellor é buscar outras opcións. Fall si que reúne boas perspectivas (máis de 20 de media) e unha suba garantida (precisa menos de 2). Ademais, conta cun bo calendario por diante (comenzando cun Unicaja que recibiu moita valoración de Sakho no inicio e de Sherma na pasada). No Unicaja non vexo ningunha grande opción para a xornada.
Andorra – Barça
(6, 20:00)
@GCA, BUR, @BET | VBC, GCA, @ZAR
Senglin debutou por debaixo do esperado, pero contra o Fuenla roldou a trintena. Iso garántelle subas durante varias xornadas. Contra o Barça non lle daría entrada, mais se xa apostaramos por el, gañouse unha semana máis nos equipos (despois venlle un mellor calendario). Tampouco vendería a Sy, mais non entra na listaxe. Diagne xa supera o millón, iso dificulta a súa entrada a pesar da súa bandeira, pero xa estivo moi ben o ano pasado de local contra os seus ex e está a ser na posición na que máis valoración lle están a facer ao Barça neste arranque. Iso ábrelle a porta a Musli, que está barato e ten unha suba doada, aínda que non está a xogar moitos minutos e os encontros contra o Fuenlabrada non semellan a mostra máis fiábel. No Barça a opción Hanga é moi gorenta. Coa baixa de Pangos aumentou de forma considerábel os seus minutos (para axudar no base), está moi barato e o Polideportivo de Andorra é unha das súas canchas favoritas: case 18 de media (superou os 10 que precisa para subir o máximo en todas as súas visitas). Por dentro, agás que Pesic comece a rotar (xa veremos agora que comezou a Euroliga), Davies e Mirotic son opcións inmellorábeis: teñen subas doadas (Davies farao durante semanas) e son os dous xogadores de todo o SM que máis valoración acumulan nestas dúas xornadas.
A pesar da venda de Salin (que si mantiven no resto de equipos onde o levaba), a xornada non foi mal para Andrómenas. Gañei 15 puntiños cos trocos e sobre todo 310 mil de broker respecto aos que estaban (foi chave niso o cambio de Mirotic por Shengelia). Rematei a xornada con 165.2 puntos que me permiten ascender máis de 5500 até o 6804º da xeral.
Esta semana saen tres dos xogadores máis baratos (Díaz, Todorovic e Mickey) e teño que quedar con Claver. Non hai moita marxe para dar entrada a eses prezos, así que vou arriscar con Neno e tamén entran Harper e Garuba. A semana que vén igual recollo os beneficios de Mirotic e aproveito para refacer o equipo, dependerá de como de doada lle quede suba ao canteirán do Madrid.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Nosferatu.