SuperManager x. 31: polos pelos

Se a xornada pasada foi ás cegas, nesta non veremos moito máis. O partido que abre a xornada é o Zaragoza-Burgos o mércores ás 20:30. Iso quere dicir que non teremos noticia das altas e baixas dos dous partidos do venres e que as novidades dos do xoves saberémolas, se as sabemos, case sobre a campá.

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

Hai que abreviar que esta semana tocan dúas xornadas do SM e os correspondentes artigos (nin neste nin no vindeiro porei a táboa cos resultados da listaxe). Resultou unha semana cando menos tan complicada como se prevía. Fallaron algúns xogadores moi fiábeis, houbo algunha baixa sorpresa, varias das fichaxes máis claras non deron a talla e marcaron a diferenza algúns dos xogadores cos que había dúbidas. Todo iso quedou reflectido na selección da semana pasada, con moitas sombras e algo de luz. Era moi fácil ter unha xornada terríbel cun equipos lóxicos. No meu caso, após unha xeira interminábel de caídas, evitei —polos pelos— a catástrofe e resultou unha xornada moi positiva. Subín de forma xeneralizada e no meu mellor equipo cambiei a dinámica de cinco xornadas baixando (371 postos perdidos). Os 181.4 puntos desta semana serviron para recuperar 214 posicións e regresar ao Top 500 (384º da xeral). Dubi, Beqa e Heurtel (amais dos masivos Okoye e Toko) tiveron a culpa.

Selección da xornada

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

McCallum

Heurtel

Laprovittola

Segundo banzo

Segundo escalón

Huertas

Albicy

Cook

A. Díaz

Terceiro banzo

Tercer escalón

Booker

Hannah

Fitipaldo

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Beirán

Shields

Okoye

Segundo banzo

Segundo escalón

Claver

Eyenga

Eriksson

Terceiro banzo

Tercer escalón

Seibutis

Cruz

Lundberg

J. Fernández

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Shengelia

Todorovic

Iverson

Segundo banzo

Segundo escalón

Wiley

Shermadini

Poirier

Gerun

Llovet

Soko

Terceiro banzo

Tercer escalón

Burjanadze

Dubljevic

Radovic

Harangody

Diagne

Tavares

La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Real Madrid – Estudiantes

O Estu está metido en grandes atrancos e o calendario non invita ao optimismo: despois teñen o Valencia. Como a semana pasada, entón resultou, tentaría evitar na medida do posíbel os xogadores brancos. Os descartes de última hora non os imos saber a tempo (como pasou con Rudy na pasada), a volta de Llull parece restarlle interese a Facu e incluso hai que sopesar se paga a pena asumir o risco de levar a Tavares (5 na ida). En principio é un partido favorábel para el, mais a rotación de Laso sempre é incerta. Máis confianza esperta Cook. Volveu ser o mellor do seu equipo a semana pasada (os dous últimos partidos na vintena) e tamén o fixo ben na ida, na que tamén superou os 20. É dos poucos que está a cumprir nun equipo colexial á deriva. Xa veremos que pasa con Gentile e Brizuela, se volven e cando, mais aínda que algún deles volvese esta semana, non son opción para o SM.

Unicaja – Fuenlabrada

O Fuenla volve estar en problemas tras perder catro dos últimos cinco. Non é un partido moi atractivo para os bases, porque ambos conceden pouca valoración. Non me acabo de fiar de Rowland aínda que veña de tres bos partidos, ten unha xornada difícil e non estaba a ser moi regular. Gústame algo máis un Alberto Díaz que vén de pinchar fóra. Na casa é moi fiábel, a súa media medra case nove até alén dos 15, e viña nun bo momento trala lesión. Despois ten dúas saídas seguidas, así que non pensaría nel á hora de fichar, mais se xa o tiñamos, non é das substitucións urxentes. Jaime salvou grazas ao rebote outro partido con pouca puntaría. Para volver valorar coma antes da lesión precisa estar acertado cara o aro. Non hai tantas opcións de bandeira, de local mellora os seus números e nalgún momento terá que empezar a metelas; por iso entra, pero as sensacións que transmite non son as mellores e a semana que vén volve ter unha saída moi complicada a Murcia (equipo que menos recibe de local na posición). Eyenga está moi sólido (8 sen baixar da decena) e no seu regreso a Málaga podemos esperar que siga neses números (entre 10-15); porén, hai 7 xornadas que non acada a vintena. Cruz foi unha das grandes decepcións da xornada, esperábase pico e pinchou. Son cousas dun anotador. Estaba a xogar moi ben, pero o día que non lle entran cústalle moito sumar, como xa lle pasara contra o Granca hai cousa dun mes. Non creo que sexa unha venda obrigatoria nin que a volta de Popovic teña tanta incidencia para el. Se temos cambios abondo podemos buscar algunha opción que non dependa tanto de estar atinado. Na vindeira si que ten un encontro moi favorábel de local contra o GBC. Por dentro é un partido moi atractivo para os pivotes do Unicaja, o Fuenla é o que máis recibe na posición. En especial parece un partido interesante para un Shermadini que mellorou nas últimas dúas xornadas (19.2 en ambas) e de local ofrece maior fiabilidade (case 18 de media). Despois ten unha saída moi favorábel a Murcia.

Breogán – Canarias

Encontro a priori moi disputado. O Breo loitou até o final contra o Valencia e o Canarias non está no mellor momento do ano tras perder contra a Virtus a final da Champions. McCallum acabou cumprindo outra vez na quincena e confírmase como un dos bases máis sólidos da competición. Agora véñenlle dous de local moi favorábeis contra os equipos canarios. Deberiamos gastar un dos cambios en recuperar a Beirán nunhas ás que están a ofrecer pouca fiabilidade, contra a Penya xa o vimos a gran nivel e tamén alcanzou a quincena contra a Virtus. Despois repite na Galiza contra o Obra (que non é unha defensa esixente). Para cazaxornadas podemos pensar en Redivo, que é un xogador moi irregular pero leva tres semanas superando a decena (deu un paso adiante trala baixa de Vidal). Por dentro destaca o duelo GerunIverson. O ucraíno veuse superado en todo momento por Dubi na última xornada, e iso baixou un pouco os seus minutos. Esta vez espero máis un intercambio de golpes: Iverson xa acadara a vintena na ida e as perspectivas son boas para que volva estar neses números; Gerun, aínda en período de adaptación á categoría entón, tamén fixera un bo partido. A visita a Compostela da vindeira volve ser moi favorábel para Iverson (roldou a trintena na ida) e Gerun repite de local (máis de 16 de media) contra unha das defensas máis permisivas (17 na ida). 

Zaragoza – Burgos

O Burgos xa ten a tempada feita e o Zaragoza volveu levarse a vitoria nun final dramático e consolida a praza de Playoff. Os dous equipos son permisivos no un. Por parte dos maños só vexo a Alocén como opción de bandeira para cazaxornadas (na casa rende mellor e véñenlle dous seguidos de local, o da fin de semana contra o Madrid). Para equipos da xeral, se buscamos a diferenciación, Fitipaldo parece que volve coller a forma e na ida foise aos 13 (despois vai a Vitoria). Ningunha dúbida para esta con Okoye, que segue a ser fixo, e non vería mal mantelo a vindeira de local contra o Madrid (na ida xa acadou os 18). Incluso o seu compañeiro Seibutis non pinta mal para esta (18 na ida), contra o Madrid si que o evitaría (aínda que tamén o fixo ben na ida). Ben, igual algunha dúbida si hai con eles, porque Fisac di que andan con problemas físicos. Por dentro ambos conceden pouco (o Zaragoza na casa e o Burgos fóra), así que non é un encontro moi atractivo para eles. Sutton leva dous sen acadar a decena, no Zaragoza Tay Williams evoluciona ben —mais co Madrid despois é mellor agardar— e por características o que mellor o pode facer é Radovic (superou a decena en 5 dos últimos 6). 

Barça – Valencia

O prato forte da xornada enfronta o líder cun dos equipos máis en forma. Moi interesante para ver, non tanto para o SuperManager. Trala exhibición da última xornada, Heurtel debería ser fixo. O único que me preocupa é que o francés mancouse no xeonllo nun xiro (el só) na penúltima posesión do encontro que lle deu o MVP da xornada. Víase como coxeaba de forma evidente, mais non atopei nada ao respecto dunha lesión. Como o partido é o venres, se en verdade está lesionado, igual cando o saibamos os cambios xa están fechados. A ver se hai información ao respecto antes do feche. Claver tamén estivo inmenso e está a rematar a campaña en gran forma. Ademais, ten o aliciente de enfrontarse ao equipo no que se formou. Se nos conformamos con outro partido na decena, igual podemos manter a San Emeterio outra semana polas baixas exteriores do Valencia (aínda que de aquí ao venres, igual hai novidades), mais non vai entrar na listaxe. Son dous equipos que conceden moi pouca valoración interior, así que o ideal é buscar outras opcións. Dubi estivo moi ben na última e ten un partido moi favorábel contra o Estu de local na vindeira, así que, se non temos cambios abondo, poderíamos quedar con el pensando a dúas xornadas (aínda que as perspectivas para esta non son boas; mellorarían algo se Tomic se non chega).

GBC – Baskonia

O derbi vasco ten acento xeorxiano. O Baskonia é unha das defensas máis esixentes, así que pouco poderemos pescar nos donostiarras (non é semana para Pérez). Nos vitorianos Marcelinho está a pasar por un momento doce, acadou a vintena na ida e despois volve ter un partido moi favorábel de local contra o Burgos. Shields vén de pinchar após unha morea de xornadas, mais gañou creto abondo, o GBC é unha defensa propicia e tamén a do Burgos na vindeira. Por dentro Toko recuperou xa na anterior a súa condición de fixo, que manterá xa (agás lesión) até o final do curso. O seu compatriota Burjanadze terao bastante máis complicado para seguir nos equipos: nestas catro xornadas que restan, enfrontarase aos tres mellores clasificados, que ademais son as mellores defensas interiores. Esta semana os catro cambios igual se nos quedan curtos, así vexamos algún motivo para sermos optimistas se nos vemos obrigados a aguantalo: de local está en 18 de media (non baixou da decena nos últimos 6 na casa) e semana que vén ten unha saída moi favorábel a Fuenlabrada (peor defensa interior). A volta de Shengelia réstalle interese aos seus compañeiros da pintura, afecta en especial a Voigtmann (a súa media cae en 10 co xeorxiano na cancha) e Poirier descende ao segundo chanzo da listaxe porque fóra da casa baixa os seus números e vén dun mal partido, mais ten moita superioridade cos seus pares.

Obradoiro – Gran Canaria

Ambos chegan aínda metidos na loita polo descenso, e no caso do Obra no peor momento da tempada (só unha vitoria nos últimos nove partidos). É unha boa xornada para os bases, porque as dúas defensas son das máis permisivas da liga. No Obra, coa baixa de Pozas, podemos contemplar a Sàbat para cazaxornadas. Pola súa banda, Hannah ten unha grande opción (14 na ida) de recuperar as boas sensacións após un último mes de dúbidas (só nun dos catro superou a decena). Despois tampouco ten mala saída ao Pazo. Eriksson salvou a xornada a base de maquillaxe no tramo final co partido xa decidido. Noutro tramo da tempada descartaríao porque ten dous seguidos de visitante e estaba a baixar moito lonxe da illa, mais nas tres última saídas ten unha media de 22 de valoración. Segue a ser unha opción de interese. O Granca concede pouca valoración nas ás e as do Obra non pasan por un bo momento. Por dentro tamén é un partido favorábel para que haxa boas valoracións. A pesar de que na ida acadou a vintena, semella que a tempada se lle está a facer longa a Brodziansky (que podemos contemplar para cazaxornadas), así que a opción semella ser Llovet (negativo na ida). O xogador catalán está en 17 de media na casa e a vindeira tampouco ten mal rival no Canarias. No Granca pinta moi ben Wiley, que incluso logrou acadar a vintena contra o Barça.  Está nun gran momento de forma, xoga moitos minutos e ten un calendario propicio de aquí ao final.

Manresa – Andorra

Peñarroya enfróntase ao seu ex, un Andorra que está ante a súa derradeira oportunidade de manterse na loita polo Playoff. O Andorra concede pouca valoración no exterior, iso réstalle atractivo a un Lundberg que volveu dar un paso á fronte coa baixa de Fisher e acumula sete xornadas sen baixar da decena. Iso abonda para entrar na listaxe (despois vai a Badalona). Tamén vimos un bo Toolson na última, mais precisa manter esa liña para que o volvamos considerar. No un os do Bages son unha defensa hospitalaria, así que podemos seguir confiando en Albicy (5 sen baixar da decena); porén, non é o momento de fichalo coa visita do Barça na fin de semana. Na ida Ennis fixo unha salvaxada (48 de valoración) na derrota do seu equipo, así que podemos consideralo para cazaxornadas, aínda que fóra da casa non parece opción para equipos da xeral. Tralo tropezo inesperado da xornada pasada e co Barça nuns días, a opción Diagne complícase bastante: non o ficharía para esta, mais se xa o tivese no equipo, seguramente haxa cambios máis urxentes. Jordan non está a ser regular e sen Lalanne tampouco parece haber opcións de interese no Manresa.

Joventut – Murcia

Chegan con sensacións encontradas. O Joventut recupera moral tras gañarlle ao líder no aprazado e Murcia faino coa auga ao pescozo tras non dar o nivel no encontro máis importante do curso contra o GBC (aínda que a tripla final de Kloof dálle aire, porque conseguen manter a vantaxe no duelo particular que traían na ida). Nos de Badalona toca recuperar a dous dos xogadores máis levados da edición: Todorovic e Laprovittola (repiten na vindeira de locais contra o Manresa, que non é das defensas máis esixentes). Co montenegrino non hai ningunha dúbida: máxima fiabilidade, bandeira, partido moi favorábel… Ten que estar. O arxentino non anda tan ben coma antes, leva unha tempada con moita carga (veremos se nesta semana de descanso puido recuperar). Porén, non é que sobren os bases fiábeis neste momento, o Murcia dá facilidades na posición, acadou a vintena na ida e é dos poucos bases que se pode ir á trintena nun bo partido. Como opción de risco na Penya podemos contemplar a Harangody, estivo soberbio contra o Barça e pode valorar ben fechando o rebote e anotando os lanzamentos librados. Xa advertía a semana pasada o que podía pasar con Booker, despois dun gran partido non adoitaba render, e así volveu ser. Con el é todo ou nada. Vexo un partido complicado para el, o GBC centrou moito a súa defensa nel, e a Penya fará o mesmo. Dubido que se emparelle con Lapro; como fixo na vitoria contra o Barça sobre Heurtel, Duran porá sobre o norteamericano aos douses a defendelo con moita intensidade. Como cazaxornadas sempre é unha opción, pero eu vería alternativas para os da xeral. Máis interesante, a pesar do tropezo da última, semella Soko. No catro a defensa da Penya é máis accesíbel e ao británico dáselle moi ben o Joventut: sempre superou os 15 contra eles. Despois non terá un partido doado contra o Unicaja. Bandeira para cazaxornadas? López-Arostegui.

O equipo do blog

El equipo del blog

En Andrómenas apostei por Clavell, que ía ser un todo ou nada: se lle entraban os tiros ía a se saír; se non, negativo. Fallou até os libres. Ademais, tiven cambios abondo para sacar a xogadores que noutros equipos salváronme a xornada (como Dubi). Foi a excepción nunha gran semana. 129.6 puntos e descenso xa alén do Top 10000 (10352º).

Esta vez fáltanme cambios. Sae Pérez e entra Lapro, Cancar déixalle o sitio a Beirán, cambio a aposta de Clavell pola de Jaime (por se lle toca espertar) e por dentro sae W. Thomas e entra Todorovic.


Material gráfico utilizado: a secuencia da cabeceira pertence ao filme Steamboat Bill, Jr. (Charles Reisner e Buster Keaton, 1928).