A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
McCallum
Heurtel
Laprovittola
Segundo banzo
Segundo escalón
Campazzo
Vildoza
Albicy
Pérez
Van Rossom
Terceiro banzo
Tercer escalón
Booker
Hannah
San Miguel
Rowland
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Beirán
Shields
Okoye
Segundo banzo
Segundo escalón
Lundberg
Eyenga
San Emeterio
Eriksson
Terceiro banzo
Tercer escalón
Cruz
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Shengelia
Dubljevic
Segundo banzo
Segundo escalón
Gerun
Iverson
W. Thomas
Burjanadze
Diagne
Tavares
Wiley
Poirier
Lessort
Shermadini
Terceiro banzo
Tercer escalón
Harangody
Oriola
La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Valencia – Estudiantes
O Valencia vén lanzado e o Estu xa está empatado a vitorias co GBC, que marca agora o comezo dos postos de descenso. Nos colexiais só pensaría en Cook e Gentile para cazaxornadas, para a xeral hai xogadores máis sólidos. Nos valencianos podemos contemplar a Van Rossom: 14 de media de local e vén dun bo partido contra o Barça (aínda que habería que vendelo na vindeira, porque visita o Madrid). Unha das chaves da vitoria no Blaugrana foi San Emeterio, que ten un partido moi favorábel nesta contra a defensa máis frouxa na posición (xa acadou a vintena na ida). Tamén deberiamos vendelo despois. Por dentro destaca Dubi, que recompensou aos que o aguantaron co seu mellor encontro en Barcelona (cando menos nos últimos anos) e agora volve ter partido para pico contra o Estu (contra o Real xa será máis complicado aguantalo). Incluso W. Thomas debería valorar ben contra os colexiais (na ida acadou a vintena). Para cazaxornadas podemos pensar en Tobey, por se o Valencia logra escapar cedo no marcador e Ponsarnau dá descanso a Dubi.
Baskonia – Burgos
No Burgos non hai xogadores de interese para este partido, aínda que para as dúas últimas xornadas semella que Huskic vai cobrar protagonismo (acabouse a tempada para Sutton pola tolería que lle deu no desenlace contra o Zaragoza). Marcelinho volverá causar baixa, iso deixa a Vildoza como unha das grandes opcións da xornada, os burgaleses teñen unha das defensas máis permisivas e o arxentino vén de acadar a vintena no último partido xa sen Huertas. Shields segue a ser fixo, ao igual que Toko. Poirier, que cumpriu sen máis na última, aínda resulta atractivo para esta de local (11 na ida). Para a vindeira, outra vez na casa, a súa continuidade dependerá da presencia ou non de Todorovic.
Joventut – Manresa
Playoff en xogo. Nos últimos tempos a Penya tenlle a medida tomada ao Manresa, mais hai bastantes dúbidas nos verdinegros. Dous dos xogadores que estaban chamados a ser protagonistas do encontro lesionáronse na última xornada: Todorovic e Toolson. A sensación é que tanto Duran como Peñarroya non van a dar pistas ao rival e ambos van quedar como dúbida, aínda que o normal é que non xogue ningún deles. Aí xa cadaquén, coa ausencia de información que haberá, que decida se asumir o risco ou non. Pola miña parte, non os vou incluír na listaxe. Lapro, aínda lonxe do seu mellor nivel (tomou moi malas decisións no desenlace contra o Murcia), segue a facer números con facilidade, así que ten que seguir nos equipos (a vindeira, con visita a Vitoria, haberá que darlle algunha volta, aínda que contra eles fixo o seu mellor encontro do curso na Copa). Coas súas dúas referencias exteriores fóra, o Manresa ten que se encomendar a un Lundberg que está a completar un curso fabuloso. O danés non ten ningún reparo en tomar máis protagonismo e os bases (sen Fisher xoga moito aí) están a valorar moito contra os verdinegros. Para cazaxornadas podemos pensar en Tomàs, que vén dun bo partido e ten un extra de motivación porque se formou en Badalona. Por dentro destaca Harangody, que xogará por riba da trintena de minutos (se non entra en problemas de faltas), vén en bo momento e terá que tomar máis protagonismo ofensivo sen o montenegrino. Os interiores do Manresa non atravesan por un bo momento. Podemos considerar a Delía para cazaxornadas (mellorou bastante nas últimas datas e agora terá que aumentar os seus minutos).
Fuelabrada – GBC
O GBC precisa gañar e incluso ten necesidade de levantar a diferenza da ida (16) co final durísimo que lle queda por diante (Barça e Madrid, co liderado en xogo). O Fuenla é o equipo máis hospitalario da competición, así que é unha xornada moi favorábel para as bandeiras de Pérez e Beqa. Se os fichamos, debemos ter en conta que para a vindeira deberiamos vendelos. Se xa os tiñamos, é o momento de mantelos (ambos acadaron a decena na ida e agora pasan por un momento moito mellor). Os meus temores con Rowland víronse fundados. Xoga moitos minutos e asume protagonismo, así que non sería de estrañar un bo partido nesta (o GBC non é unha defensa esixente), mais é unha opción de risco porque non está a ser un xogador regular. O máis fiábel por fóra volve ser Eyenga, que está a xogar arredor dos 30 minutos por partido nos últimos tempos. É unha peza esencial para Cuspinera e o GBC concede moito na posición. É moi difícil que pinche. Cruz tamén ten un partido propicio, aínda que no seu caso depende moito máis do acerto para valorar. Estaba a ser moi fiábel na casa, mais pinchou nos dous últimos de local, así que esperta dúbidas.
Zaragoza – Real Madrid
O Zaragoza segue nun momento doce (gañou seis dos últimos oito), en especial o seu líder: Okoye (10 pratidos sen baixar da decena e na metade deles superou a vintena, incluído o 36 da última xornada). Tal como está, eu non me desfaría del nin sequera nun partido coma este (18 na ida). Por parte do Madrid volvemos ver un gran Facu na última. Prepelic non foi inscrito para a xornada, así que o lóxico é que o arxentino e Llull copen os minutos no un. O Zaragoza é unha defensa moi hospitalaria e despois reciben o Valencia (non parece ese un partido axeitado para descansar co Madrid aínda na loita polo liderado). Por fóra non asumiría riscos, igual Rudy si descansa desta volta. Kuzmic tampouco está dado de alta, así que a presenza de Tavares é moi probábel e sen Vázquez o Zaragoza vai ter moitos problemas para poder paralo. A dúbida está nos seus minutos (vén de só 15), aínda que a pouco que xogue debería cumprir nesa quincena do xoves. Para cazaxornadas podemos pensar en Ayón, que acadou a vintena na última. Alén de Okoye, non pensaría en xogadores do Zaragoza.
Murcia – Unicaja
Booker saíu cara e liderou a vitoria dos de Sito. Entra na listaxe para os que queiran tentar a sorte, mais coa tempada nos seus derradeiros compases o base norteamericano aínda non logrou facer unha boa xornada tras un pico (e a miúdo incluso remata en negativo após unha exhibición). Alberto Díaz tampouco é o mellor par posíbel. Jaime segue sen metelas e agora véñenlle dous seguidos fóra (a súa media baixa en 5) contra dúas das mellores defensas da posición. A semana pasada poñía a Soko como un dos pivotes destacados e cumpriu; porén, nesta supoño que se emparellará moitos minutos con Lessort, así que é mellor darlle descanso. Lessort si que semella unha boa opción, leva catro sen baixar da decena e estivo inmenso na última xornada (acadou a trintena con 18-14). Shermadini baixa o seu rendemento fóra, mais tamén debería ter vantaxe no xogo interior e leva tres seguidos arredor da vintena.
Andorra – Barça
O Andorra chega coa moral alta após meterse na loita polo Playoff e o Barça todo o contrario, perdeu o liderado (cae ao terceiro posto). Os cataláns son un rival moi complicado, mais no Andorra Albicy e Diagne están nun momento fantástico e podemos aguantalos. Sobre todo ao senegalés, que fixo un partido inmenso contra o Manresa e o Barça sen Tomic está a funcionar peor, tamén atrás. Nos blaugrana o máis importante é Heurtel, volveu ser o mellor do seu equipo superando os 25 por segunda xornada consecutiva. Os do Principado son unha defensa hospitalaria e os dous últimos partidos tamén acompañan ao francés: GBC e Obradoiro. Pode quedar nos equipos xa o que resta. Se buscamos a diferenciación na bandeira interior, podemos pensar en Oriola. Leva dúas xornadas superando a quincena e o Andorra dá facilidades na posición.
Breogán – Gran Canaria
O Breo non ten máis alternativa que gañar. McCallum segue a ser fixo (o Granca é o equipo que máis concede na posición) e ten un calendario para manterse nos equipos até o final. Hannah vén dun gran partido e pode ser unha opción interesante se procuramos a diferenciación (tamén ten un partido favorábel na vindeira de local contra o Zaragoza). Eriksson segue a estirar o seu gran momento e a bandeira sempre lle dá interese extra. Porén, vai ser un partido moi duro e o sueco vai depender da súa puntaría e das faltas que poida forzar (vai ser moi complicado que volva ter 7 libres como en Compostela) para valorar. Máis favorábel é o encontro da vindeira de local contra o Zaragoza. Por dentro destacan Gerun e Wiley. O ucraíno, unha das revelacións do curso (após un gran ano anterior en LEB), vén doutro gran partido e o Granca é unha defensa amábel no interior. Leva seis partidos consecutivos de local sen baixar da quincena. Despois vai a Andorra, que é unha defensa hospitalaria cos interiores, así que pode continuar nos equipos. Wiley completou o terceiro seguido na vintena. Esta semana non será tan doado acadala, aínda que debería cumprir arredor dos 15 e nas dúas últimas as perspectivas son moi boas: Zaragoza na casa e despedida do curso en Murcia.
Obradoiro – Canarias
Seis son xa as derrotas consecutivas do Obra, que terá que apelar ao Sar para levantar isto. Nos composteláns estamos como na pasada, todo o interese está por dentro, e inda así nin Llovet nin Brodziansky están nun bo momento como para pensar neles e será difícil que Spires repita o da xornada pasada. No Canarias San Miguel pode aproveitar as facilidades que dá o Obra no un como bandeira sorpresa (superou a quincena na última). Beirán é fixo nas ás. Por dentro Iverson decepcionou nunha xornada moi favorábel. Os que apostaran por el deben manter a aposta e incluso non sería mala fichaxe para esta: o Obra é accesíbel por dentro e o norteamericano rozou a trintena na ida.