SuperManager x. 33: volata

Encaramos xa o sprint final da tempada

A xornada comeza o sábado, mais fecharase co Madrid-Valencia do martes e o Baskonia-Penya do mércores, que si computan para o SM.

Balance

Balance de la jornada anterior

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

McCallum (2)

Heurtel (19.2)

Laprovittola (28.8)

Segundo banzo

Segundo escalón

Campazzo (20.4)

Vildoza (27.6)

Albicy (17)

Pérez (2)

Van Rossom (16.8)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Booker (21.6)

Hannah (16.8)

San Miguel (16.8)

Rowland (1.2)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Beirán (10.8)

Shields (10.8)

Okoye (10)

Segundo banzo

Segundo escalón

Lundberg (9)

Eyenga (13.2)

San Emeterio (15.6)

Eriksson (2.4)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Cruz (20.4)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Shengelia (15.6)

Dubljevic (19.2)

Segundo banzo

Segundo escalón

Gerun (36)

Iverson (12)

W. Thomas (13.2)

Burjanadze (2)

Diagne (19)

Tavares (32.4)

Wiley (28.8)

Poirier (21.6)

Lessort (6)

Shermadini (7)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Harangody (9.6)

Oriola (13.2)

Selección

Selección de la jornada

A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Heurtel

Laprovittola

Segundo banzo

Segundo escalón

Campazzo

Vildoza

Albicy

Booker

Terceiro banzo

Tercer escalón

Hannah

Ennis

Cvetkovic

Fitipaldo

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

Beirán

Okoye

Lundberg

Shields

Segundo banzo

Segundo escalón

Gentile

Eriksson

Hanga

Vasileiadis

Terceiro banzo

Tercer escalón

Eyenga

J. Fernández

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Todorovic

Gerun

Tavares

Segundo banzo

Segundo escalón

Shengelia

Wiley

Diagne

Huskic

Singleton

Terceiro banzo

Tercer escalón

Soko

Caner-Medley

Poirier

Zubcic

Kravtsov

Llovet

Oriola

La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.

Baskonia – Joventut

Contas pendentes dos cuartos da Copa no encontro do mércores. A última vez que se enfrontaron, Laprovittola rematou cun 60. Será moi difícil que se repita un partido de tanta inspiración (na ida fixo un 13), pero trala gran actuación contra o Manresa prescindir do arxentino é un risco (que haberá equipos que queiran asumir na procura dunha remontada final). Remata a liga en Badalona contra o Estu (na trintena na ida). O seu par e compatriota Vildoza tamén semella unha boa alternativa. O posíbel regreso de Huertas réstalle algo de atractivo (non o saberemos seguro porque non haberá parte para este encontro antes de que se fechen os cambios), aínda que incluso co brasileiro de volta el debería estar na cancha a maioría dos minutos, valorou ben nos duelos previos entre ambos e leva dúas xornadas na vintena. Shields é un seguro, xoga moitos minutos e vai ser complicado que baixe da decena (como lle pasou na Copa). Tampouco está a ser xogador de picos e igual os que están obrigados a arriscar poden pensar noutras alternativas. En xeral, paréceme un desperdicio gastar un cambio en sacalo. Acaba en Valencia, un dos equipos que máis valoración conceden na posición. Toko volveu romper o nariz. Neste caso xoga a favor que o partido sexa o mércores. En teoría, vai xogar (o Baskonia quererá apurar as súas opcións de rematar líder) con máscara, que non é algo novo para el, así que eu sería máis partidario de deixalo vendo o moito que están a valorar os catros contra a Penya e a súa bandeira. Non é que sobren os cambios. Porén, o risco de que ao final non force (ou non se atope cómodo) está aí. Todorovic debería entrar nos equipos, é o xogador máis fiábel de todo o SM e aporta unha valiosa bandeira. O que non resulta moi atractivo é Poirier, enfróntase de forma consecutiva a dous dos pares máis complicados da liga: os montenegrinos Todorovic e Dubljevic. Descartaríao como opción para fichalo, aínda que se o temos e contamos con cambios moi urxentes, está nun gran momento de forma e cando menos para esta, de local, podemos aguantalo (19 na Copa). Se Shengelia non xogase, Voigtmann convertiríase nunha das opcións prioritarias da xornada. Mágoa que se iso chega a pasar, saberémolo xa cos cambios fechados.

Barça – GBC

Os dous equipos chegan coa necesidade de gañar. Non é partido para pensar nos donostiarras (tampouco o será no vindeiro contra o Madrid). Heurtel seguirá a ser fixo. É o blaugrana máis en forma e fecha a liga contra a defensa máis hospitalaria na posición (Obradoiro). Nas ás é onde máis valoración concede o Barça e o perfil máis interesante semella o de Hanga, que fixo 25.2 na ida. Por dentro, con Tomic de baixa (a súa ficha está desactivada, mañá ás 14 saberemos seguro se segue fóra) e con Seraphin marcado (Pesic mandouno aos vestiarios na última xornada), as opcións son Oriola, como bandeira menos frecuente para cazaxornadas (leva tres sen baixar da decena), e sobre todo Singleton, leva 7 sen baixar dos 14 e pode facerlle moito dano á defensa do GBC (14.4 na ida). Non ten mal remate en Compostela contra un dos equipos que máis conceden por dentro.

Gran Canaria – Zaragoza

O Granca xa está salvado e o Zaragoza aínda debe fechar a súa clasificación para o Playoff. Os dous son equipos amábeis cos bases, mais a única opción semella ser Hannah. O xogador con pasaporte senegalés chega en bo momento tras superar a quincena en tres dos últimos catro. Despide a tempada en Murcia, equipo para o que xogou a gran nivel o ano pasado. Nas ás Okoye debe seguir nos equipos, a pesar dun partido desastroso no lanzamento acadou a decena contra o Madrid e na ida foise á trintena contra o Granca. Remata o curso na casa contra o Manresa, que non é das defensas máis esixentes e Stan de local rende a gran nivel. Por máis que Strawberry leve dous bos partidos, non o contemplaría alén de cazaxornadas pola súa irregularidade. Eriksson defraudou na última, na que apenas xogou, mais de local (5 máis de valoración media) contra un equipo bastante permisivo pode ser unha aposta interesante como bandeira (non exenta de risco). En Murcia xa me gusta menos. Pinta moi ben Wiley contra unha defensa interior maña que fóra concede moita valoración. Está a dar un nivel moi alto dende a súa chegada e leva catro partidos sen baixar da vintena. Ademais, na vindeira fecha contra unha das defensas interiores máis amábeis. Para cazaxornadas, podemos contemplar no Zaragoza a un Tay Williams que está a ir a máis e o Granca non é unha defensa interior esixente.

Andorra – Breogán

A última xornada complicoulle moito as cousas a ambos equipos na procura dos seus obxectivos. Andorra ten o Playoff máis lonxe e o Breogán debe gañar ambos partidos, e igual nin iso lle vale para manter a categoría. Albicy está a ser un dos bases máis sólidos deste tramo final (leva 7 xornadas sen baixar da decena) e contra o Breo debería manter a xeira. Na derradeira ten unha saída complicada a Málaga. Para cazaxornadas e equipos que procuren remontar á desesperada, de local sempre está a opción Ennis, aínda que non pase polo mellor momento da tempada. Pola parte do Breo, trala baixa terríbel —para as súas aspiracións— de McCallum, podemos xogárnola cun irregular Cvetkovic que terá que asumir moito máis protagonismo para suplir á estrela norteamericana. Nas ás ningún dos dous ofrece opcións consistentes. Por dentro teremos un dos grandes duelos da semana. Gerun vén de ser o xogador máis valorado da última xornada (non o MVP, porque o Breo perdeu). Fixo unha primeira parte marabillosa, cun Breo a gran nivel, mais cando se sentou comezou unha remontada que non foron capaces de contrarrestar e xa na segunda parte custoulle algo máis valorar. Está nun momento sensacional, o seu equipo ten problemas de lesións no xogo interior e as opcións de salvación do Breo pasan polas súas mans, así que vai ter moito protagonismo. Porén, desta volta medirase a un xogador tamén en gran estado de forma que pode incomodalo bastante, aínda que o Andorra concede bastante valoración por dentro. Os que apostamos por el na pasada debemos seguir coa aposta. Remata contra un Burgos cunha rotación interior máis curta pola ausencia de Sutton. Ese par en gran forma é Diagne. O senegalés superou a decena en 10 dos últimos 11 e o Breo é un equipo que concede moita valoración interior. A súa é unha das bandeiras máis interesantes da xornada. Na vindeira en Málaga perde atractivo.

Estudiantes – Obradoiro

Enfróntanse os dous equipos en peor momento, que só dan a sensación de poder sacar unha vitoria neste partido. Esta semana tería coidado con Cook (que viña sendo do pouco salvábel no Estu), porque se acaba regresando Brizuela, e con Gentile tamén no equipo, non vai ter moita opción de mirar o aro, así que tocaralle sumar dende a asistencia (faceta na que acaba de superar a Lapro no alto da clasificación). Está ben e o Obra non é o rival máis complicado, pero supón certo risco. Como bandeira para cazaxornadas podemos contemplar a Sàbat, con tres partidos sen baixar da decena. Nas ás, aínda que acabe regresando Darío, a opción nos colexiais debería ser Gentile. É o momento de demostrar o xogador que é, xa leva unhas semanas de rodaxe trala lesión e na ida acadou a quincena contra o Obra. Despois ten un final de tempada moi complicado en Badalona, contra unha Penya que aínda terá cousas en xogo e que xa o minimizou na ida. O que ten que dar o paso á fronte nos composteláns é Kostas. O grego leva tres partidos subindo o seu nivel anotador e na última xornada por fin tivo unha valoración decente após moito tempo lonxe do seu nivel. É presumíbel que ambos (el e o italiano) se xoguen moitas pelotas e se están acertados rematarán a xornada nun pico. Son ideais para os que busquen arriscar. Cun Whittington que perdeu consistencia nas últimas datas, a opción interior colexial é Nik. O rei do rebote non baixou da decena no último mes (14 na ida). No Obra o que mellor parece estar é Llovet (15 na ida), aínda que nas últimas semanas está a ser ou pico ou pinchazo. Para cazaxornadas podemos pensar nun Brodziansky en mal momento, pero que marcou o seu máximo da tempada na ida contra o Estu (44.4).

Real Madrid – Valencia

No encontro da xornada, entre o líder e o equipo máis en forma, non hai moito que pescar. Pola dureza dos rivais desta e da seguinte semana (Baskonia) evitaría os xogadores do Valencia. No Madrid podemos contemplar un par de nomes. Por unha banda está Campazzo. O arxentino superou a vintena en tres dos últimos catro e non vai descansar esta xornada co liderado en xogo e un rival desta entidade (na derradeira, contra o GBC, non o descartaría). Na ida non valorou ben. O outro é un dos protagonistas da última xornada. Tavares dominou por completo o partido e xogou unha minutada coa que non contaba en vésperas da F4 (ese imprevisíbel reparto de minutos de Laso sempre é un factor decisivo). Chega nun momento de forma impresionante a este desenlace e se ten minutos está para facerlle un pico a calquera (contra o GBC xa podemos temer máis un descanso). Cos xogadores do Madrid temos o problema de que unha lesión na Euroliga sería fatal. 

Canarias – Unicaja

O Canarias mellorou nas últimas semanas e volve estar en posicións de Playoff. Pola súa banda, o Unicaja xa non aspira a ser cabeza de serie parar a postempada. Beirán xa está nos equipos e temos que mantelo aí até o final. É un xogador moi fiábel, en especial na casa, e remata contra o Fuenla, peor defensa da posición. Que haxa moito en xogo tamén beneficia a súa presenza nos equipos. Como sucede tantas veces neste xogo, Jaime meteunas cando xa acabara coa paciencia da maior parte dos managers. Fóra da casa baixa os seus números, os canarios son unha defensa dura na posición, na ida fixo un negativo e remata contra outras das mellores defensas nas ás (Andorra). Todo aconsella mirar por outras opcións, pero como el é imprevisíbel, pode ser a elección para os que queiran arriscar á desesperada. Tamén como opción de risco, esta fóra da listaxe, está Brussino, que vén de pico. Os pivotes do Unicaja foron unha decepción a pasada nun encontro favorábel, así que non invitan a que pensemos neles. Con Sebas Saiz acabando ben a tempada, a cousa está máis repartida no xogo interior dos de La Laguna e por iso perden interese para o SuperManager, ningún parece ter un partido para acadar a vintena.

Burgos – Murcia

Os murcianos deron un paso enorme para a salvación nas últimas xornadas e os burgaleses, xa sen nada en xogo, quererán despedirse da súa afección cunha vitoria. Por primeira vez no curso, Booker encadeou dous grandes partidos consecutivos (está a ser o heroe da reacción final dos de Sito). O Burgos na casa é dos equipos que menos reciben, pero nestas circunstancias o norteamericano é unha opción moi atractiva (e con certo risco). Despois termina contra a peor defensa na posición (Granca). No un os murcianos conceden moita valoración fóra, así que un Fitipaldo en mal momento pode ser unha opción para cazaxornadas (máis de 12 de media de local). Por dentro, Soko (dúas seguidas superando a quincena) pode aproveitar a ausencia de Sutton no catro e no cinco é Huskic (acadou a vintena nos dous últimos) o que ten un partido para pico contra un xogo interior moi permisivo (a baixa de Dominique outórgalle máis protagonismo). O británico remata o curso contra unha defensa amábel e o serbio faráo en Lugo (esperemos que o Breo aínda teña opcións).

Manresa – Fuenlabrada

A pesar de que a enfermaría do Resa non para de medrar (desta volta tocoulle a Murphy), os do Bages non se renden nunca e tentarán apurar as súas opcións de postempada contra un Fuenla xa salvado. O nome propio do Manresa nestes momentos é Lundberg. O danés vaise botar o equipo ás costas e o Fuenla deberíallo poñer bastante máis fácil que a Penya a semana pasada. Remata a liga regular en Zaragoza, que é hospitalario en posicións exteriores. Por fóra intentaría evitar xogadores do Fuenla (o Manresa é o equipo que menos recibe na posición na casa), aínda que se xa tiñamos a Eyenga igual segue arredor da ducia como nas últimas xornadas. O gran Marko Popovic vén de anunciar a súa retirada, aínda que o máis probábel é que non o vexamos en Manresa. Por dentro, sen Murphy e cunha defensa do Fuenla moi amábel, podemos pensar en Zubcic. Con el vai ser todo ou nada, se lle entran as triplas dará un pico (como no último partido en Badalona) ou quedará en negativo se non (como nas dúas xornadas anteriores). No Fuenla esa opción de risco é Kravtsov, que vén de acadar a vintena e o Manresa é bastante hospitalario no cinco.

O equipo do blog

El equipo del blog

Para —non— variar, en Andrómenas a dobre xornada foi de caída libre. Vai xa no 11385º da xeral, un dos meus peores equipos este ano. O obxectivo inicial era facer Top 1000, agora preciso dúas grandes xornadas finais para entrar no Top 10000. Menos mal que isto xa remata.

Os trocos, unha vez máis, non me chegan a nada. Teño a saída obrigada de McCallum, non me queda máis remedio que quedar con Jaime e con dous do trío Dubi, Iverson e Beqa. Aquí non hai nada que perder, e case tampouco que gañar. Vou apostar pola fazaña do GBC e quedo con Burjanadze (a priori a peor opción). Así que entran Campazzo, Gerun e Todorovic.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira é propiedade de LaPresse.