Balance da 33ª xornada

A última foi unha xornada moi complicada, con baixas non anunciadas no parte e algún xogador importante por debaixo das súas prestacións. Esa compoñente aleatoria fixo que pequenos detalles puidesen facer a diferenza. Nalgúns equipos subín un chisco e noutros baixei algo. No meu mellor rematei con 172.4 puntos, con Neal no equipo e co 1 da aposta por Aguilar —que é un xogador que non se mete nunca en problemas de faltas, agás cando o ficho—, porén gañei algúns puntos quedando con Janning —que quedou porque non tiña máis cambios— e apostando por Hannah. Foi unha suba de só 14 postos, quedo o 136º da xeral. O Top 100 está moi complicado. Dos catro cambios dispoñíbeis esta xornada, tres xa veñen marcados polas baixas de San Miguel, Neal e Dubi.
Bases
Laprovittola (21)
Heurtel (24)
Hannah (26.4)
San Miguel (10.8)
Huertas (3.6)
Jaime (11)
ÁS
Ponitka (32.4)
Neal (-)
Conger (12)
Blazic (8)
Abalde (12)
Green (3)
Eyenga (12)
Popovic (44.4)
Janning (18)
Smits (12)
Brizuela (15.6)
Pivotes
Tomic (13.2)
Dubljevic (16)
Shengelia (21.6)
Poirier (19.2)
Aguilar (1)
Balvin (3)
Saiz (6)
Abromaitis (21.6)
Jordan (8)
Clark (9.6)
Á altura dunha semana tan complicada. Houbo de todo.

Selección da 34ª xornada

Para estardes ao tanto dos novos artigos ou calquera modificación, podedes seguirme no Twitter. Tamén alí publicarei os xogadores cos que sairei no meu mellor equipo.
Bases
Hannah
Laprovittola
Jaime
Ennis
Heurtel
Chery
Booker
ÁS
Ponitka
Popovic
Conger
Soko
M. Thomas
Ribas
Smits
Abalde
Eyenga
Jannings
Pivotes
Tavares
Shengelia
Tomic
Poirier
Pustovyi
Saiz
Birgander
Buva
Clark
A última semana foi a proba de que cando os equipos non se xogan nada a incerteza medra alén de toda previsión. Así que, na medida do posíbel —os catro cambios vanse facer moi curtos—, hai que mirar antes polos xogadores destes equipos: Gran Canaria, Unicaja, Andorra, Canarias e Murcia. Son os únicos que se xogan algo nesta última xornada. O Playoff comeza este domingo, así que os equipos que xa teñen decidida a súa posición —Madrid, Baskonia, Barça e Valencia Basket— van dar descanso a moitas das súas pezas importantes.

A todo iso hai que sumarlle baixas e dúbidas de xogadores importantes. O xogo rematará cunha das xornadas máis complicadas de todo o ano.

Bases
Os dous bases máis caros do xogo non semellan opcións preferentes. Hai que pensar noutros nomes.

primeiro banzo

Xa poñía a Clevin Hannah a semana pasada no primeiro chanzo —superou os 25 de valoración— e esta repite, ademais como primeira opción. O Murcia inda ten opcións de meterse en Playoff, inda que sexa moi complicado. Xogan de locais, para fechar —ou non— unha gran tempada, tanto do equipo como do base norteamericano. O rival non podía ser mellor. Xogan contra o Estu, peor defensa dos uns a domicilio.
Non hai que temer que Duran lle dea descanso a Nico Laprovittola. Inda que xogou moitos minutos des que chegou a Badalona, a Penya só tiña unha competición e antes o base arxentino participara pouco no Zenit. Como local ten unha media de case 21 de valoración e inda que o rival sexa duro, Unicaja, el ten capacidade para facelo ben e o ambiente no Olímpic debería ser festivo despois dunha das tempadas máis duras da historia do club.
O Andorra xa está clasificado para a postempada, aínda que o partido contra o Valencia Basket é vital, porque se perden poderían caer ao 8º posto e enfrontarse ao Madrid en primeira rolda. Jaime Fernández cumpriu a semana pasada por riba da decena. De local rende moito mellor —a súa valoración media medra en máis de 6 puntos— e na ida fixo un 16 contra o Valencia, que non destaca na súa defensa dos bases. É a bandeira que ofrece máis fiabilidade esta semana nos bases.

segundo banzo

A semana pasada apuntaba a Ennis fóra da listaxe como opción de risco e foi o base máis valorado da xornada —33—. Coa baixa de Neal, foi el o que asumiu o rol anotador —30 puntos—. Esta semana Neal volverá ser baixa, así que o normal é que Ennis xogue outra vez de escolta a maior parte de minutos no Palau Blaugrana. A defensa do Barça é bastante máis feble nas ás que na posición de base. As perspectivas para Ennis son bastante boas nunha semana de incertezas nos bases.

terceiro banzo

Co Barça sen xogarse nada, a opción Thomas Heurtel perde grande atractivo. Se non o tiñamos, mellor mirar outras opcións, se xa estaba e temos problemas de cambios —cousa probábel—, é un dos que podería quedar —se non hai novas ao respecto—. A de base é a posición que o Barça ten menos cuberta, así que, inda que menos e a menor ritmo, é posíbel que teña algúns minutos. Noutras ocasións xa demostrou que en pouco tempo lle pode abondar para cumprir, faino mellor como local e o Zaragoza é unha defensa pouco esixente.
Kenny Chery despide a tempada en Fuenlabrada. O base do GBC está a funcionar mellor lonxe de Donostia, enfróntase a unha das defensas máis permisivas cos bases e é a referencia ofensiva dos donostiarras, agora que Norel é baixa, Clark está a menor nivel e incluso Swing parece chegar moi xusto a este final de tempada. Vén de anotar 18 puntos á Penya e superar os 20 de valoración no xogo.
Askia Booker despídese de Sevilla xogando como local contra a mellor defensa dos bases a domicilio. Porén, no Canarias non estará San Miguel, chave nesa defensa. Co novo adestrador baixou os seus minutos e importancia, por iso deberíamos pensar antes noutras opcións. Se queremos arriscar, supoño que el quererá exhibirse pensando no seu próximo contrato nalgún equipo europeo, así que ten certa probabilidade de pico.

fóra da listaxe

Luka Doncic non entra na listaxe. Nestes momentos inda non é baixa confirmada, mais semella que hai máis posibilidades de que non xogue de que o faga. Como non o temos no equipo, non hai voltas que lle dar. A participación de Llull tampouco está clara a estas horas. Ademais, o rival, Gran Canaria, é unha das mellores defensas dos bases como local e precisa gañar, porque, aínda que agora estea quinto, podería caer incluso á oitava posición se perde e repetir nuns días contra o Madrid. Ao seu favor ten que é capaz de valorar moito en pouco tempo se está acertado.Para os que queiran arriscar, no enfrontamento FisherTabu algún dos dous pode aproveitar que os rivais son das defensas que máis conceden dos bases para dar un pico. Porén, non se xogan nada e son xogadores irregulares, sobre todo Tabu. Outras opcións de xogadores irregulares, que si teñen cousas en xogo, poden ser McCallum, que xoga en Badalona e vén de boa xornada, ou Albicy que de cando en vez sorpréndenos con algún partidón. Se queremos arriscar cunha bandeira, Granger regresa esta xornada. Non está para entrar na listaxe trala inactividade, pero por iso mesmo é posíbel que Pedro Martínez lle dea bastantes minutos para que chegue ao Playoff con certo ritmo. O Facu tamén pode ser unha opción de risco, porén, a boa defensa dos bases do Granca e a falta de ritmo non invitan a pensar nel.
Ás
Neal é baixa segura e a participación de Landesberg é pouco probábel —por iso non entra na listaxe—. Acertar nas ás será chave.

primeiro banzo

Mateusz Ponitka é o único fixo.
Marko Popovic volveu á listaxe a semana pasada e rematou co tope da tempada tras anotar 10 triplas! Esta xornada despide a tempada como local contra unha defensa moi favorábel, a do GBC, á que lle fixo 24 na ida.

segundo banzo

Aínda que tivo algúns problemas físicos ao remate do partido contra o GBC, o parte di que Demitrius Conger está perfectamente. Se nos fiamos do parte, volverá ser unha boa opción na despedida da tempada nun Olímpic que lle ten moito que agradecer. O Unicaja nas ás só é unha defensa ordinaria e o norteamericano ten unha media superior aos 20 de valoración como local nos últimos partidos.
Ovie Soko vén dunha gran xornada e despide a tempada de local tentando apurar as opcións de PO. O Estu é un rival propicio, ten bastantes problemas para defender os catros —18 na ida—.
Matt Thomas foi baixa de última hora por unha reacción alérxica da que xa está reposto. Esta semana despídese do Sar —o normal é que dea o salto a un equipo que xogue competición europea— contra un rival complicado, Baskonia. Porén, o Baskonia non se xoga nada, Matt rende moi ben como local e estaba en gran dinámica.
Pau Ribas fixo 12 ou máis de valoración en 7 dos últimos 8 partidos. Nesta derradeira xornada debería ter minutos, xoga de local e o Zaragoza ten unha defensa amábel cos bases, que é onde xoga el a maior parte do tempo.

terceiro banzo

A defensa no catro do GBC é bastante mellor ca no tres, pero Smits, sobre todo se xa o levabamos a semana pasada, pode ser unha opción interesante como bandeira —17 na ida—.
O regreso de Sam Van Rossom non favorece a Alberto Abalde, mais a baixa de Green e a dúbida de Rafa Martínez deberían garantir minutos do galego, que leva tres semanas en 12 ou máis. A pega é o rival, o Andorra é unha defensa competente das ás. Sobre todo se xa o tiñamos podemos pensar en mantelo pola súa condición de cota.
Dos últimos 7 partidos, Christian Eyenga superou a decena en 6. O GBC é un rival propicio, inda que na ida en Donostia a á congolesa quedou nun 0 de valoración.
Petteri Koponen pecha a liga como local contra o Zaragazoa. Os maños veñen de conceder un pico a outro tirador, Popovic. O finés non parece dos xogadores do Barça que cheguen ao final con máis carga e postúlase como unha das opcións de risco coas que tentar diferenciármonos.
O obradoiro é un bo rival para Matt Janning —15.6 na ida—, mais co Baskonia xa coa segunda praza garantida non sabemos como será a rotación de Pedro Martínez. Se xa o temos, podemos sopesar quedar con el; se non, debemos pensar noutras opcións.

fóra da listaxe

Darío Brizuela está a se amosar moi fiábel nas últimas semanas e se Landesberg volve ser baixa terá outra vez máis de 20 minutos. O problema é que xoga contra unha das mellores defensas, Murcia, el tamén ten problemas físicos e se ao final Landesberg si participa, as súas opcións redúcnse. Por iso non entra. Jaka Blazic fallou na pasada e nesta ten un partido difícil contra o Valencia. Como o Andorra xógase algo e o Valencia non, igual as perspectivas son mellores que noutra xornada, así que se pode ter en conta como opción de risco. Unha bandeira de risco pode ser Eriksson, que vén de superar a decena por vez primeira tras regresar da lesión e xoga de local, onde rende moito mellor. Queda fóra porque o rival é o Madrid. O Nedovic actual non parece opción SM nin sequera co Unicaja inda con cousas en xogo: leva tres partidos sen acadar a decena. Os mesmos que leva un Mumbrú que se despide en Burgos do baloncesto profesional como xogador. O rival é favorábel para el, non entra na listaxe por dinámica, pero é unha bandeira de risco interesante.
Pivotes
Máis incertezas que nunca nos pivotes polo medo ás rotacións nos seus equipos.

primeiro banzo

A baixa de Gustavo Ayón deixa a Tavares como opción prioritaria para esta xornada na súa volta a Gran Canaria. Está nun gran momento de forma e na ACB non hai quen poida con el.
Se a esta semana non se sabe nada, será que Toko Shengelia viaxou. Nese caso xogará, inda que poida descansar máis do habitual. É bandeira e suma valoración moi fácil, así que o seu é seguir con el. Se queremos arriscar moito, poucas maneiras mellores haberá de poder diferenciarnos —e que saia moi ben ou moi mal—.
Ante Tomic leva dous partidos sen pasar dos 15 e na casa adoita baixar os seus minutos. Non sería estraño que lle deran incluso máis descanso desta volta. Ao seu favor ten que é capaz de facer moita valoración en pouco tempo, mais, se podemos permitirnos o cambio, a súa saída podería ser boa opción para rabuñar puntos.

segundo banzo

Vincent Poirier segue co seu gran momento e o Obradoira é un rival propicio para el —15.6 na ida—.
Neste desenlace da tempada Pustovyi recuperou a súa mellor versión e incluso pasou da vintena na complicada saída a La Laguna. Agora, de local, enfróntase á mellor defensa interior a domicilio, Baskonia, no que se cadra é o seu último partido no Obra. Se consegue evitar meterse en problemas de faltas, creo que o fará ben —20 na ida en Vitoria—.
Sebas Saiz na casa está a ser un seguro. En toda a segunda volta non baixou da decena como local. Inda que o rival é complicado, Bilbao Basket ten unha boa defensa dos pivotes, é a segunda bandeira interior que ofrece mellores perspectivas.
Simon Birgander está a facer un tramo final da tempada sobresaliente —ata rematou no quinteto de mellores xogadores novos—. Leva cinco semanas consecutivas sen baixar da decena. Enfróntase ao Unicaja, que é das mellores defensas dos pivotes. Iso non ten por que ser impedimento: Diagné, Bjelica e Balvin cumpriron contra eles arredor da quincena nas dúas últimas xornadas e o sueco foi capaz de cumprir contra grandes defensas como o Murcia, Valencia ou GBC.

terceiro banzo

Se queremos arriscar moito, o Ivan Buva pode dar a sorpresa. Coa baixa de Dubi, que se une ás de Pleiss e Williams, o croata queda como único 5 —agás que o islandés Hlinason teña algún minuto—. O normal é que Thomas e Doornekamp xoguen xuntos algunhas fases, mais inda así Buva debería roldar a vintena de minutos e o Andorra é das defensas máis amábeis cos interiores.
Daniel Clark volve pechar a selección. Non está fresco e os seus números baixaron, porén, o Fuenla, un dos seus ex, é das peores defensas interiores e o xogo interior do GBC está baixo mínimos, sen Norel e con Fakuade bastante tocado.

fóra da listaxe

Abromaitis podía ser unha boa opción para a xornada, pero os seus problemas físicos fan que quede só como opción de alto risco. Thompson tamén pode ser unha opción a ter en conta, pero non acaba de funcionar nos últimos partidos, creo que o seu compañeiro Saiz é unha opción máis sólida e o Bilbao Basket defende ben as posicións interiores.
O equipo do blog
Vou moi xusto, así que non me vou estender con Andrómenas que baixou algúns postos. O equipo desta xornada é este: