Esta xornada xógase íntegra o domingo pola mañá (toca estar atentos ás últimas novidades), así que teremos até entón para facer os trocos. Como todos os anos, esta fin de tempada está a se me facer moi longa e hai semanas que teño ganas de que remate dunha vez. Nun mes estarei xa a desexar que comece a vindeira edición. Condenado SuperManager!
A penúltima foi unha semana moi complicada, Todorovic, un dos máis comprados, non xogou de forma inesperada (é o que ten que a xornada comece 5 días antes de que se xogue o derradeiro partido da mesma) e, ademais, fallaron as principais ás (Okoye, Beirán e Shields nin chegaron ao 5) e tres bases relevantes como Albicy, Marcelinho (viña de acadar a vintena) e Facu. No meu mellor, nas xornadas encadeadas tiven dúas pequenas baixadas e nesta última unha pequena suba (con Todorovic e as ás mencionadas, mais tamén con Wiley; fixen 154.2 puntos), así que estou máis ou menos onde ía. Un chisco máis atrás na clasificación, 404º da xeral, pero anda todo moi apertado nesta zona: estou a 14 de saír do Top 500 e a algo menos de 20 de entrar no Top 300. Na última xornada aínda pode cambiar bastante a cousa. Foi unha tempada bastante peor que a pasada, pero xa dixen que me conformaba con meterme entre os cincocentos primeiros (para o meu nivel abonda).
A lenda é a seguinte: resaltados van os que son cota e de vermello os extracomunitarios. Os xogadores están listados por orde de preferencia. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Laprovittola
Heurtel
Booker
Segundo banzo
Segundo escalón
Campazzo
Vildoza
Cook
Hannah
A. Díaz
Cvetkovic
Terceiro banzo
Tercer escalón
Bassas
Fisher
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Okoye
Beirán
Segundo banzo
Segundo escalón
Lundberg
J. Fernández
Seibutis
San Emeterio
Hanga
Terceiro banzo
Tercer escalón
McFadden
Hilliard
Shields
Garino
Clavell
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Wiley
Gerun
Diagne
Segundo banzo
Segundo escalón
Todorovic
Tavares
Iverson
Shengelia
Dubljevic
Shermadini
Abromaitis
Brown
Terceiro banzo
Tercer escalón
Huskic
Whittington
Kravtsov
Zubcic
Tomic
La leyenda es la siguiente: en negrita van los que son cupo y de rojo los extracomunitarios. Los jugadores están listados por orden de preferencia. Me podéis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Valencia – Baskonia
O Baskonia é o que ten algo en xogo (o segundo posto). Aínda así, non van ter nada fácil regresar a Vitoria co triunfo. O único base relevante para o SM é Vildoza. O arxentino está a rematar a liga a gran nivel (tres seguidos superando a quincena) e vén xogando máis de 30 minutos por partido neste desenlace da regular. Unha das ás fixas hai unhas semanas non pasa polo seu mellor momento. Nos últimos catro partidos, Shields só acadou a decena en dous —e un deles co bono—. É un dos xogadores aos que máis lle afectou o regreso de Shengelia (polo peso ofensivo que ten o xeorxiano, non porque compartan posición) e, por suposto, tamén o protagonismo que gañou Garino nas últimas xornadas. O lóxico parece ser darlle saída (está a ser o xogador máis vendido). Porén, se buscamos diferenciarnos e recuperar posicións, hai que contemplar a opción de mantelo: o Valencia é dos equipos que máis reciben na posición. Tamén poden ser opcións de risco a ter en conta o propio Garino (os dous últimos roldando a vintena, aínda que xa sabemos que é capaz do mellor e do peor) ou Hilliard (leva 5 sen baixar da decena, aínda que só un pico na última contra a Penya). No Valencia temos unha bandeira que pode resultar decisiva en San Emeterio. Remata a liga en bo momento (seis últimos superando a decena), pero sobre todo ten o factor ex neste partido: superou a vintena nas últimas cinco visitas do Baskonia (contando o Playoff). Por dentro tampouco hai ningún fixo. Se Tobey volve ser baixa (non está confirmado), podemos pensar en manter a Dubi (con minutos debería cumprir arredor da quincena), aínda que o pico non parece probábel. Non contemplo a Poirier, contra a Penya foi o xogador que decidiu o partido (após tres cuartos moi discretos), pero sen Todorovic non tiña moita posición, que si terá desta volta con Dubi e familia. Ademais, fóra da casa a súa media cae en máis de 5. A semana pasada non vimos a mellor versión de Toko, desatinado sobre todo nos libres. Non vai ser o seu partido máis fácil, mais a súa bandeira, a importancia que ten no Baskonia e a necesidade de vitoria para manter a segunda praza, fan que podamos quedar con el (aínda que a súa presenza non é obrigada).
Unicaja – Andorra
O Andorra precisa gañar para ter opcións de Playoff (teno complicado). Ambos equipos reciben pouco dos bases, así que só contemplaría a Alberto Díaz como bandeira de risco. O malagueño na casa dobra os seus números até os 15 de media. Por fóra gaña moito interese Jaime. Parece que lle volven entrar (catro partidos sen baixar da decena), enfróntase ao seu ex e Salin é baixa. Por dentro o interese está noutro ex: Shermadini. O xeorxiano foise á trintena na ida e superou os 14 en catro dos últimos cinco. No Andorra os focos están sobre Diagne. O senegalés é un dos xogadores máis en forma da liga neste último tramo, está a amosar unha actividade incríbel, chega a todos sitios, e condiciona os encontros nas dúas canastras. Só pinchou nun dos últimos 11 partidos (e en máis da metade superou a vintena). O arriscado é ir sen el (para iso podemos escudarnos en que non vai ter un encontro fácil).
Breogán – Burgos
A pesar de dar boa imaxe e loitar moitos dos encontros, cinco derrotas seguidas devolveron os lucenses á LEB. Non hai nada en xogo, aínda que máis dun xogador quererá facerse ver para tentar seguir en ACB. Nos bases só contemplaría a Cvetkovic. O serbio volverá xogar moitos minutos (30 no último) e terá moitos lanzamentos (9 triplas intentadas). Se lle entran, dará pico. Fitipaldo fóra da casa non adoita ser boa opción. Redivo acadou a vintena no último, así que será difícil que repita. É un xogador moi irregular. O máis interesante vai por dentro. A Gerun non lle van faltar ofertas ACB após unha gran tempada de debut. Está a ser un dos pivotes máis destacados deste tramo final e superou a vintena nos tres últimos partidos de local (máis de 18 de media no Pazo). Outro que completou un gran curso é Huskic. O serbio debería acadar a quincena sen moita complicación, aínda que non está a ser un xogador de grandes picos (non acadou a trintena en todo o curso, aínda que si unha ducia de veces a vintena). O tapado pode ser Brown. Na casa rinde moito mellor (17 de media) e no catro o Burgos conta coa ausencia de Sutton.
Joventut – Estudiantes
O Estu deixouno todo na xornada anterior, e saíulle perfecto (están salvados), e o Joventut —aínda que competiu a gran nivel en Vitoria— vai poñer todo, Todo para esta. A priori é un dos partidos máis claros da xornada (despois…), o Estu chega sen nada en xogo, coas baixas interiores de Caner-Medley e Suton e por fóra tampouco estarán os seus mollores xogadores: Gentile e Brizuela. Lampropoulos é dúbida. Na Penya precisan gañar para asegurar a praza de Playoff. Nin sequera para arriscar prescindiría esta xornada de Lapro, leva tres vintes seguidos e non é o día de pinchar. No Estu cobra bastante interese Cook, a Penya non é un equipo esixente na posición (14 na ida) e o norteamericano terá que asumir máis protagonismo polas ausencias dos seus compañeiros. Como o Estu é o que máis concede na posición a domicilio, unha opción de risco na procura da diferenciación pode ser McFadden. O estadounidense xa lles fixo 18 na primeira volta co Canarias e vén dun bo partido contra o Baskonia. Por suposto, tamén Clavell serve para kamikazes, vai asumir unha morea de lanzamentos. Se os mete, pico; se non, negativo. Todorovic debería facer un pico (máis coas ausencias interiores no Estu), pero aínda está marcado como dúbida. O bo é que ao ter xornada unificada, deberiamos saber se está para xogar antes do feche (xa adestrou e se quece debería xogar con normalidade). Cada quen que vexa se quere asegurar con outras opcións. Whittington quedou bastante só no xogo interior estudiantil, así que pode ser unha opción na procura da sorpresa, sobre todo se o montenegrino non xogase.
Zaragoza – Manresa
En canto a importancia, é o encontro da xornada: o que gañe está dentro do Playoff. O favorito é o Zaragoza, sube o nivel na casa, recupera a Fran Vázquez e o Manresa chega con baixas importantes, aínda que pode regresar Fisher (está dado de alta). Nos bases só o contemplaría a el, aínda que como opción á desesperada, porque leva unhas cantas semanas parado e se chega vai ser moi, moi xusto. É un bo partido para as ás. Okoye é fixo. Elixido no quinteto da tempada, na casa está en case 20 de media. Seibutis é a opción á contra. En calquera caso a xornada non pinta mal para el (case 14 de media de local e 5 dos últimos 6 superando a decena), mais os que teñan que arriscar de forma suicida poden cambialo por Okoye, por se norteamericano se mete en problemas de faltas ou algo así. No Manresa a atención recae en Lundberg, polo que vai pasar gran parte do xogo dos do Bages. O danés foise á vintena na ida e o Zaragoza dá facilidades nas posicións exteriores. A carta do ex podémola xogar con Sergi García, que vén de facer o seu mellor partido co Manresa e o Zaragoza é unha defensa permisiva no un. Coa volta de Fran Vázquez non creo que sexa un bo partido para Lalanne, así que a única opción, a todo ou nada (en función de se lle entran as triplas), é Zubcic (superou os 25 nas dúas últimas).
GBC – Real Madrid
No caso do GBC, chegar vivo á derradeira xornada xa é un gran mérito. Porén, enfróntase ao peor rival posíbel e incluso gañando terá complicado manter a categoría (deben perder o Obradoiro e o Joventut). Contra este rival tentaría evitar os xogadores donostiarras. O Madrid presenta dúbidas. Despois do último tropezo, Campazzo non parece tan atractivo. Após unha mala F4, pode ser un bo partido para que Llull atope boas sensacións. Aínda así o arxentino é o máis sólido no xogo exterior branco, o GBC dá moitas facilidades (25.2 na ida) e só unha vez en toda a tempada fallou en partidos consecutivos. Nas ás o Madrid ten unha rotación moi ampla, é moi difícil adiantar quen vai ter máis protagonismo desta vez. Se está a quecer, podemos xogárnola con Rudy para procurar unha remontada. O mallorquino ten 14 de media a domicilio, aínda que non viaxou nos dous últimos desprazamentos e no anterior en Murcia case non xogou. Iso si, os dous partidos nos que acadou a trintena este ano foron a domicilio. Tavares está a un nivel altísimo, aínda que a valoración da última xornada quedou un pouco curta. Ten unha gran superioridade respecto ao xogo interior dos de Valdeolmillos, así que o pico non sería de estrañar por máis ca na ida non acadara a decena.
Obradoiro – Barça
Por sorte, o Obra ten bastantes opcións de salvarse incluso perdendo. Os composteláns son o peor equipo deste final de tempada: unha única vitoria na última ducia de partidos. O Barça necesita gañar para seguir optando ao liderado e á segunda praza. É complicado pensar nalgún xogador local, Kostas non está a xogar moitos minutos ultimamente e o Barça por dentro é un equipo que concede moi pouco. No Barça temos unha opción moi clara: Heurtel enfróntase á peor defensa dos bases e vén nun gran momento. Non perdamos tempo. Nas ás o máis interesante é Hanga. O húngaro vén de pico, mais está a valorar de forma pouco constante e na ida quedou en 0. Por dentro regresa Tomic. O pico que fixo Seraphin na ida (dado de baixa nesta xornada) pode ir para o croata, aínda que é unha opción de risco porque leva varios partidos fóra e non sabemos de cantos minutos vai dispoñer. Máis risco aínda implica un ex do Obra: Pustovyi, o súa opción pasa por un Tomic con pouca presenza.
Murcia – Gran Canaria
Sen alicientes clasificatorios, hai algúns xogadores de interese para o SM. Tal como veñen xogando ambos equipos, apunta a festival anotador. O principal no Murcia é Booker. O base californiano foi chave na salvación. Nos últimos partidos está a asumir unha barbaridade de lanzamentos e o Granca é o equipo máis amábel na posición a domicilio (Booker rende moito mellor contra as peores defensas: 17 de media). Se ten algo de puntaría nas triplas, non me estrañaría que despida a tempada nos 40. O resto de xogadores de interese están nos insulares. Hannah regresa a Murcia, onde fixo un curso pasado espléndido. Murcia esta tempada foi un lugar moi complicado para os bases, pero agora xoga a outro ritmo e sen a ameaza do descenso espero que se impoñan os ataques. O xogador con pasaporte senegalés superou os 15 en catro dos últimos cinco. Non é partido para Eriksson (así que igual por amolar esta vez ten minutos e éntranlle todas). Por dentro, unha das sensacións da tempada —ao que non lle faltarán pretendentes para vindeira campaña— ten un partido para saírse. Wiley leva cinco encontros sen baixar da vintena e o xogo interior do Murcia é moi amábel cos rivais.
Fuenlabrada – Canarias
No Fuenla só están pendentes da despedida do gran Marko Popovic (veremos se pode ser desde o parqué) e os de La Laguna precisan a vitoria para asegurar a postempada. O Fuenla é dos que máis reciben en todas as posicións, así que os xogadores máis importantes dos canarios teñen unha boa xornada por diante. No un Bassas está a rematar moi ben a liga (dous seguidos na vintena) e é dos poucos que fóra incluso valoran mellor. Beirán decepcionounos nas dúas últimas, aínda que esta pinta moi ben para el: 19 de media contra as peores defensas e 30 na ida. Iverson recuperou sensacións na última e agora ten partido para repetir pico: enfróntase á peor defensa interior (19.2 na ida). Tampouco é mal partido para Abromaitis, que tamén vén de superar a vintena e na ida quedou preto da trintena. No Fuenla, Eyenga seguirá sen pinchar, aínda que nunha xornada coma esta o seu 12 de rigor non nos vai abondar. Cruz se ten o día pode valorar ben contra calquera, mais na ida quedou en cero e se Popovic está ao final, o xogo centrarase máis nel. A opción sorpresa pode ser Kravtsov, que acadou a trintena no último partido como local e o Canarias non é unha defensa esixente na posición.