SuperManager x. 4: a gabear

Após dúas xornadas de caídas, comeza a recuperación?

O broker non está a medrar ao ritmo desexado, as nosas esperanzas de enderezar o rumbo pasan por encher as arcas canto antes. Debemos reconstruír sobre xogadores que teñan moitas xornadas de suba por diante, agora que xa temos algúns xogadores nos nosos equipos que están a se achegar ao seu prezo definitivo.

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

O inicio do xogo non nos está a dar respiro, outra vez un nutrido grupo de xogadores populares non cumpriron as expectativas a pesar de se atopar nunha situación propicia. No particular, por azar, na maior parte dos meus equipos sorteei varias das mazás envelenadas: Llull, Kostas, Abromaitis, Delía, Cvetkovic, Lessort, Brodziansky, Saiz… e as miñas fichaxes maioritarias foron McFadden e Brizuela. Iso permitiume gañar posicións —nada difícil cando estás tan abaixo— na maior parte dos equipos. Sigo moi lonxe: o meu mellor equipo está agora o 1951º, tras ascender case 19 mil postos grazas aos 172 puntos desta xornada. Agora falta ver se isto marca tendencia ou só foi unha xornada de fortuna. En calquera caso, ando moi atrasado no broker.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Renfroe (14/+15%)
Pérez (0/+15%)

Segundo banzo

Segundo escalón

Llull (3.6/-8%)
Heurtel (14.4/+15%)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Santana (3.6/+15%)
Alocén (-3/+15%)
Díaz (8/+15%)
Cvetkovic (-5/-15%)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

McFadden (34.8/+15%)
J. Fernández (6/+15%)
Vasileiadis (-5/-6%)

Segundo banzo

Segundo escalón

Brizuela (26.4/+15%)
Tomàs (8/+15%)
Doyle (18/+15%)
Cancar (15/+15%)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Evans (21.6/+15%)
Navarro (-1/+15%)
Vitali (0/+15%)
Llorca (9/+15%)
Simons (6/+15%)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Randolph (16.8/+15%)
Delía (1/+15%)
Abromaitis (1.2/+15%)

Segundo banzo

Segundo escalón

Clark (4/+15%)
Lessort (-2/+10%)
Brodziansky (4/+15%)
Huskic (-1/-15%)
Lalanne (2/+15%)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Caner-Medley (19.2/+15%)
Shengelia (21.6/+15%)
Tomic (16.8/+15%)
Radoncic (2/+15%)
Iverson (28.8/+15%)
A enorme cantidade de xogadores en vermello fala do complicada que resultou a semana e que outra vez non andei moi fino na elaboración da listaxe. O que lle dá certo valor á selección son as ás. Co broker actual só nos podiamos permitir un dos xogadores do primeiro banzo, e aí McFadden foi o mellor da xornada na posición e vainos garantir moitas semanas de suba, igual ca Brizuela, e tanto o segundo nivel como Evans que abre o terceiro foron eleccións acertadas. Os pivotes son un ermo en canto a valoración.

Selección da xornada

Selección de la jornada

Coma sempre, a lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota, de vermello os extracomunitarios e entre paréntese a valoración que precisan para subir o 15%. A listaxe e o artigo poden recibir algunha actualización en función dos partidos de Euroliga e o parte médico.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Campazzo (7)

Renfroe (9)

Segundo banzo

Segundo escalón

Díaz (5)

McCalebb (1)

Huertas (-3)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Dimitrijevic (-3)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

McFadden (-22)

Brizuela (-20)

Segundo banzo

Segundo escalón

J. Fernández (-2)

Evans (1)

Doyle (4)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Nevels (3)

Seibutis (-6)

Llorca (-16)

Milosavljevic (-1)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Tavares (4)

W. Thomas (-26)

Caner-Medley (-7)

Iverson (-8)

Segundo banzo

Segundo escalón

Randolph (-4)

Poirier (16)

Tomic (24)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Shengelia (33)

Gerun (-6)

Arteaga (-8)

Pola importancia que inda ten o broker, xogadores como Tomic e Shengelia, que serán perpetuos ocupantes do primeiro banzo nunhas semanas, non están tan arriba desta volta inda que teñen partidos favorábeis para dar un pico. Temos que procurar equipos estábeis, que nos permitan manter unha base de xogadores importante que nos garanta subas durante varias xornadas.

Bases

A posición non ofrece moitas garantías, así que temos que aproveitar as poucas subas doadas que hai.

primeiro banzo

primer escalón

A exhibición do Facu Campazzo contra o Unicaja déixao en moi boa posición para esta xornada, na que se enfronta ao seu compatriota Laprovittola. Contra os verdinegros dará cartos cunha valoración positiva e precisa só 7 para subir o 15%.
Alex Renfroe está a ser un dos bases máis sólidos neste inicio. Inda non baixou dos 14 de valoración e o Andorra non é mal rival. Cun 9 sube todo —135 mil euros—. A semana que vén, coa visita do Unicaja, pode ser o momento de apañar os beneficios e darlle un descanso.

segundo banzo

segundo escalón

Alberto Díaz volve xogar no Carpena —é un dos favoritos da afección— e precisa un 5 para subir todo contra un Granca que está a dar facilidades aos bases rivais. Inda non baixou de 8 de valoración —volveu superar a decena como local este martes na EuroCup— e a semana que vén vai a Manresa, rival moi favorábel para os bases.
Após o tropezo da segunda xornada, Bo McCalebb recuperou a súa mellor versión para darlle a vitoria ao Zaragoza nunha das canchas máis complicadas da ACB. Sobe todo con tal de valorar en positivo e o Barça polo de agora é na posición na que máis vulnerábel se está a amosar. Pode roldar a quincena como xa fixeron Hannah e Renfroe este ano contra os culés. Despois ten un partido complicado contra un Fuenla que non está a permitir excesos dos bases rivais.
A situación dos uns do Baskonia é a mesma ca no arranque, a rotación varía moito duns partidos a outros. Por iso será complicado acertar este ano co que o faga ben. O -3 que precisa Huertas para subir todo abonda para incluílo na listaxe. A diferencia doutros xogadores nese rango de prezo, Marcelinho ten a capacidade de dar un pico nun bo día —como a semana pasada—. O normal é que valore por baixo da decena. Cun dez no conxunto das dúas próximas xornadas, algo que si semella probábel, deixaríanos 130 mil de broker.

terceiro banzo

tercer escalón

Despois dunha mala pretempada, na que Zagars ameazaba con superalo na rotación, Neno Dimitrijevic comezou con bo pé o curso. Está a aproveitar os escasos minutos que lle deixa Lapro na rotación para valorar case 10 por partido. Non é probábel que siga a sacar tanto rendemento ao seu tempo na cancha, mais é dos poucos bases que soben todo cunha valoración negativa (-3). Ten talento ofensivo e habilidade para capturar os rebotes longos. Ademais, suma unha bandeira. Por diante ten un partido complicado en Madrid contra o Real e un encontro favorábel na casa contra o GBC. As dúas subas semellan factíbeis.

fóra da listaxe

fuera de la lista

Heurtel está a ser o base máis valorado deste arranque. Non é venda obrigatoria, inda que non podemos pensar en fichalo esta semana. Está xa moi caro e precisa unha valoración moi alta para poder subir todo. Santana inda debería darnos broker esta xornada, co que nalgúns equipos terá que seguir por falta de cambios, mais debemos darlle saída xa se podemos. O regreso de Seibutis desprázao a un rol residual. Lapro recuperou sensacións na vitoria contra o Resa despois dun comezo de curso gris, pero está caro de máis para esta fase do xogo, precisa un gran partido para subir todo e enfróntase a un Madrid contra o que nunca superou os 3 de valoración. Hannah foi o base máis destacado da última xornada; porén, non garante suba, custa moitos cartos e o Unicaja é un dos rivais máis duros. O pico de Bassas na Champions desta semana pode convencer a algúns para mantelo nos seus equipos contra un rival propicio: GBC; para o resto, non está a valorar con regularidade nin tampouco garante broker. Outro que destacou en Europa foi Sam Van Rossom, que deu toda unha exhibición en Ancara, onde repartiu 12 asistencias. Está moi barato, inda que non garante suba. Pode ser unha boa opción para equipos de risco.

Ás

Aleros

Aquí temos uns cantos xogadores en estado de graza e con subas garantidas. Hai onde elixir.

primeiro banzo

primer escalón

Thad McFadden repite como xogador predilecto na posición. Está nun momento incríbel e garante cando menos un par de subas (300 mil euros). Conta cun gran calendario por diante, onde Donostia é a próxima parada. Ten que estar en todos os equipos.
O mesmo aplica para Darío Brizuela, que ademais é bandeira e está moi barato, o que nos vén de marabilla para a confección dos equipos. Ten unha saída favorábel a Lugo.

segundo banzo

segundo escalón

Contra o Madrid Jaime Fernández abandonou a excelencia —tampouco destacou no partido da EuroCup—, porén, inda garante unha suba do máximo esta semana: precisa -2. O Granca non é mal rival e a que vén vai a Manresa. Se recupera a súa versión das dúas primeiras xornadas, dispararase de prezo. Coa presenza obrigada de McFadden na posición, non vai ser doado atopar un millón para incorporar a Jaime.
As impresións que está a deixar Chris Evans neste arranque son inmellorábeis. O Unicaja non é o mellor rival posíbel, pero xa vimos que ten capacidade para facelo ben contra calquera. Sobe todo con tal de facer positivo. Despois xoga de local contra o Andorra. Inda que o Granca xoga Euroliga, coa lesión de Eriksson quédalle un perímetro bastante xusto, así que non deberíamos temer as rotacións.
Outro que comezou con moi pé a tempada é Milton Doyle. O xogador do Murcia sumou 18 en cada un dos dous partidos que leva o seu equipo a pesar do 25% en triplas. Está a aportar en moitos apartados e pasa media hora por encontro no parqué. Con 4 sobe todo e ten un partido idóneo como local contra o Burgos para apuntarse o primeiro bono da tempada. Despois ten unha saída complicada a Vitoria.

terceiro banzo

tercer escalón

Garrett Nevels é a gran referencia ofensiva do Gipuzkoa Basket. Ten carta branca para lanzar canto queira e tamén aporta un bo número de asistencias e rebotes. Do seu acerto exterior depende que valore arredor dos dez, como nas dúas primeiras xornadas, ou que dea un pico como na última. En calquera caso, ten unha suba moi fácil: con só 3 subirá o 15%. Xoga como local contra o Canarias e despois viaxa a Badalona. Un par de subas debería telas.
Ao prezo ao que se atopa, Reinaldas Seibutis ten moito interese. Apuntaba a xogador importante no Zaragoza, mais non puido comezar a liga por lesión. No seu segundo partido deixou mostras do que pode ofrecer no seu regreso á ACB unha década despois do seu debut. Sobe o 15% con -6. Polas súas características pode valorar ben esta semana contra o Barça.
Os minutos de Llorca foron baixando conforme o Fuenla recuperou efectivos no xogo exterior, mais segue moi enchufado. Está a cargar como poucos o rebote (case 6 de media por partido) e segue a valorar dunha forma apreciábel para o seu prezo. Garante subas aínda durante varias semanas e é bandeira. Trátase dun xogador interesante para completar os equipos. Baskonia e Zaragoza son os seus próximos rivais.
Dragan Milosavljevic fixo unha gran pretempada, moitos fichámolo e, tras dous partidos nefastos, saíu da maioría dos equipos. Ese foi o momento que elixiu, contra o rival máis complicado, para recuperar a versión da preparación: 14 de valoración (e 9 na EuroCup). Agora sobe todo con -1 e volve postularse como unha opción interesante para completar os equipos (só custa 160 mil). Non hai que esquecer que abriu a tempada cun -3, que repetirá se es ti quen o ficha.

fóra da listaxe

fuera de la lista

Nogués e Simons, que precisan só dun -3 para subir todo esta semana, teñen por diante partidos complicados, polo que só debemos pensar neles se xa estaban no equipo. Nico Brussino tamén ten, a priori, unha suba accesíbel: 4. Porén, está a se amosar moi irregular, tanto se pode marcar un 1 como irse á decena. Outro demasiado irregular como para entrar na listaxe é Rojas, ten bo rival e sobe todo con 2. Cancar e Tomàs están a comezar a tempada con bo pé e abondaríalle con repetir as súas peores valoracións do ano para subir todo. Se xa os temos nos equipos podemos mantelos sen moito temor, mais teñen saídas complicadas a Murcia e Andorra respectivamente, polo que non é o momento de fichalos. Para kamikazes, cunha suba do 15% moi complicada, apunto o nome de Stan Okoye contra o Barça.

Pivotes

Pívots

É a posición que nos ofrece máis xogadores que garanten suba, polo que igual é o momento de desfacernos dalgúns dos que serán fixos ata o final do xogo en poucas xornadas —e que xa o foron no arranque— para inverter noutras posicións máis incertas.

primeiro banzo

primer escalón

Por segunda semana consecutiva, Edy Tavares fixo unha gran valoración. Iso déixalle unha suba moi doada: cun 4 medra o 15% o seu prezo. Ademais, ten un partido como local e contra a Penya, que ten moitos problemas para conter os pivotes (Sakho deu un pico contra eles na última xornada). As únicas dúbidas que pode xerar son os minutos, pola longa rotación interior do Madrid. Se Ayón non está para o partido (ausentouse na última semana por unha viaxe de urxencia a México a causa dun accidente de tráfico de seus pais), terá cando menos unha vintena de minutos asegurada. Se xa está de volta o pivote norteamericano, podería ser que xogue menos, mais inda así deberíalle abondar para valorar ben e subir todo sen problemas.
O MVP da última xornada foi Will Thomas. O catro taronja marcou o máximo da súa carreira (43.2, contando o bono) e agora subirá o máximo durante bastantes xornadas: precisa -26. Mike Tobey xa volveu xogar algúns minutos na EuroCup, pero Labeyrie en principio non chega para a xornada. A Thomas non lle vai faltar tempo de xogo esta semana. Xoga en Compostela e despois recibe a visita do Barcelona. Non podemos esperar outro pico, mais si que se poida mover nos 15-20 (fixo 18 na EuroCup), que para o seu prezo e o broker que nos asegura é unha cifra estupenda.
Este ano estamos a ver o Caner-Medley que esperabamos ter visto a campaña pasada. Arrancou a liga con dúas grandes actuacións que o converten nun dos principais extracomunitarios. Sobe o máximo dende -7 e ten unha saída amábel a Lugo que debería supoñer tamén unha boa valoración.
Outro que non parece o xogador do ano pasado é Colton Iverson. Afinou moito o seu físico este verán con respecto ao Iverson que vimos no Andorra no tramo final da tempada pasada. Está impoñente, vén de abusar do Breogán e do Obradoiro e conta cun calendario moi favorábel: visita Donostia e logo recibe o Estudiantes en La Laguna. Subirá o 15% (-8).

segundo banzo

segundo escalón

Se non hai novidades con respecto a Thompkins, Anthony Randolph seguirá a ser un seguro. Está nun gran momento de forma, ten un prezo máis ca interesante e garante suba (-4.6).
Poirier anda xa polos 1.2 kilos, ten unha media superior á vintena, está no mellor momento da súa carreira, enfróntase a un rival propicio (Fuenla) e sobe todo cun 16.
Ante Tomic achégase xa ao millón e medio e precisa un 24 para subir todo. Esta semana ten un partido moi favorábel na casa contra o Zaragoza, que mellorou un pouco na última xornada, mais nos dous primeiro partidos os pivotes contrarios fixeron o que quixeron na pintura dos aragoneses. Así que ese 24 é bastante factíbel se Pesic segue sen contar con Pustovyi. Cando menos o esperemos, o ucraíno terá minutos e o Croata descansará. É un risco latente que nalgún momento da tempada nos valerá un desgusto.

terceiro banzo

tercer escalón

Toko Shengelia cae ao terceiro chanzo porque xa ten complicado subir o 15%: precisa un 33. Iso non quere dicir que sexa venda obrigatoria, porque vai depender da estratexia de cada quen. Podemos decidir que vai estar aí toda a tempada, co que é igual que suba ou baixe de prezo (e inda que precisa un 33, el é capaz de calquera cousa). Mais, nos equipos nos que o teñamos xunto a outros xogadores caros que si teñen subas garantidas, é posíbel que necesitemos darlle un descanso dunhas xornadas para reforzar outras posicións. Esta semana ten unha saída moi favorábel a Fuenlabrada. Cos xogadores de Euroliga sempre hai o temor de que nalgunha xornada lle dean descanso, algo que hai que ter en conta.

Unha opción económica interesante é o ucraíno Gerun (si, esta semana mudou o hache por un gue no xogo, bailes de consoantes habituais na transliteración dos apelidos ucraínos; é posíbel que lembredes o ciclista Gonchar/Honchar). Volodimir volveu facelo ben. A primeira gran valoración de Jordan non afectou o seu rendemento. A pesar de contar cun gran problema nos libres (3 de 10 na tempada), está a valorar moi ben (15 de media) para un xogador do seu rango de prezo (custa menos de medio millón). Estudiantes e Burgos son os seus próximos rivais. Debería facelo ben (-6 para subir todo).

Se temos poucos cartos, Arteaga ofrécenos unha bandeira de saldo. O pivote conquense semella que tomou a dianteira na rotación a Jankovic e contra o Fuenla conseguiu acadar a vintena —co bono—. Isto permítelle ter dúas subas doadas (-8). Ten unha saída propicia a Lugo e despois vai a La Laguna.

fóra da listaxe

fuera de la lista

Non entra Sakho porque non faltan opcións que nos dean broker e ten un calendario complicado: Andorra e Unicaja. Porén, está a ser a referencia interior do Manresa, vén de pico contra a Penya e vai subir todo cando menos nas dúas próximas xornadas. Nos equipos nos que xa estaba pode seguir tranquilamente. Despois do tropezo da última xornada tampouco entra Abromaitis, mais segue a ter unha suba moi doada e o GBC é un rival favorábel. Se xa o tiñades no equipo, podedes manter a aposta sen medo.

O equipo do blog

El equipo del blog

Con Andrómenas tamén subín, inda que só pouco máis de 5 mil postos. Fixen 104.8 puntos e estou o 52372º da xeral. O obxectivo do Top 1000 agora mesmo está a anos luz.
A semana pasada non planifiquei ben os cambios —inda que acertei vendendo a Tomic para poder fichar a McFadden— e agora vou precisar de cando menos un par de xornadas para deixar o equipo ao meu gusto. Querería ter feito 6 substitucións, así que vou quedar con tres que non me convencen de todo. Para elixir os xogadores que debían saír o broker foi o primeiro criterio. Dawson e Vitali pódenme custar moitos cartos nun mal día, así que van fóra. Entre Santana, Pérez, Clark e Lalanne estaba a cousa. Santana debe subir só con xogar, co que non era o máis urxente. Clark só precisa 5, o que non supón un gran risco. Entre o base e o pivote, ambos poden facer a valoración necesaria para subir todo, mais o normal é que non o logren. Así que máis que decidir quen saía, a dúbida quedou resolta polo xogador que entraba. Ese non é outro que Will Thomas, que poderá seguir no equipo durante varias semanas. O mesmo pasa con Brizuela. Completa o equipo Evans. Esta configuración si que me permite apurar o broker e deixar o equipo máis do meu gusto e con mellores perspectivas para devolvelo ao bo camiño na vindeira semana.

Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme King Kong (Cooper e Schoedsack, 1933).