Balance da terceira xornada

Se na anterior subira con case que todos os equipos, nesta pasou o contrario. Nada tráxico. Baixei posicións na maioría, mais seguín a gañar terreo no broker. O meu mellor equipo tamén baixou, inda que segue na zona nobre: 20º posto da xeral. Penalizoume un pouco o cambio de Doncic por Granger —non esperaba nin por asomo o pico do baskonista—, mais, agora que o uruguaio é dúbida, iso aforroume un cambio esta xornada. O un polo outro. Sigo a agardar pola gran caída deste equipo que non está onde me corresponde.

A pesar da baixada xeneralizada, tampouco lle podo poñer grandes pegas á selección da semana pasada:

Bases

Campazzo (2.4/+15%)
Heurtel (16.8/+15%)
Doncic (18/+15%)

Oliver (21.6/+15%)

Díaz (7/+15%)

Marcelinho (1/+0.006%)

Franch (9/+15%)

ÁS

Green (22.8/+15%)
Oleson (1.2/+10%)
Causeur (22.8/15%)
Thomas (7.2/+15%)

Ribas (25.2/+15%)
Eriksson (22.8/+15%)

Eyenga (25.2/+15%)

Soko (-6/-15%)
Todorovic (19.2/+15%)

Pivotes

Norel (36/+15%)
Pustovyi (32.4/+15%)
Anosike (5/+15%)
Brooks (9/+15%)
Diop (5/+15%)

Moerman (21.6/+15%)
Vezenkov (9.6/+15%)
Tobey (13/+15%)

Salvó (18/+15%)

Randolph (21.6/+15%)

Nos bases creo que era difícil de predicir o mal día de Campazzo nun partido sinxelo e o bo de Granger nun moi complicado.  Nas ás, Oleson xa non deu o 15%. Era dúbida por un golpe nun ollo, pero como tiña partido propicio e xa adestrara con normalidade… O certo é que xogou moitos minutos, mais estivo desafortunado. Nos pivotes xa se pode cuestionar máis o alto que puxen a Anosike ou Diop e o baixo de Randolph, que está empeñado en deixar de lado a súa proverbial irregularidade —ata o fixo ben no partido de Euroliga—.

A selección da cuarta xornada

Como dixen a semana pasada, que Doncic teña un partido complicado —Valencia Basket— non é motivo para non pensar nel, máis ben ao contrario. Laso terá que darlle máis minutos e vén de saírse na Euroliga. Cook conta coa pega do calendario das vindeiras xornadas, mais esta semana teno todo de cara para dar un pico, incluído o mellor rival posíbel: Burgos. Coa marcha de Jaime a Andorra gañou importancia no xogo do Estudiantes e está en gran momento, incluso aportando anotación —fixo outro partido magnífico na Champions, que en baloncesto é a terceira competición continental—. Custoulle xornadas convencerme, mais a estas alturas e após funcionar en todos os partidos, non teño argumentos para non poñer a Randolph no primeiro banzo —inda que polo seu prezo apenas entrou nos meus equipos—. Gafareino, claro.

Bases

Doncic
Heurtel
Cook

Oliver
Tabu

Albicy

ÁS

Green
Eriksson
Ponitka
Todorovic

Eyenga
Ribas

Landesberg

Pivotes

Norel
Shengelia
Randolph
Báez
Jordan

Pustovyi
Moerman
Brooks
Salvó

Diop
Oriola

O equipo do blog

Con Andrómenas dou un paso atrás no camiño ao Top 1000. Cos 164.2 puntos desta xornada —28 mil na clasificación da mesma— descendo máis de 1600 postos, ata o 9648º da xeral. O broker foi ben aínda que non apurase os cartos: subo outros preto de 9 mil postos cos case 1.1 millóns gañados. Sobre todo fallei nos pivotes. Esta xornada os cambios só aportaron 3 puntos máis que os que saíron, inda que case 230 mil máis de broker que os que estaban.

Para esta xornada os xogadores que saían estaban claros. Deixan o equipo Campazzo —ten opcións de subir todo, mais hai eleccións seguras e con mellor partido—, Oleson e Anosike —inda ten subida clara, pero non parece que vaia ser dos mellores en valoración—. Entran Cook —polas razóns xa expostas e con opcións de ser un cambio de ida e volta; en principio a configuración do equipo permíteo—, Ponitka Shengelia. O xogador polaco, tralo tropezo da primeira xornada, está a ser o xogador que apuntou no Eurobasket: importancia no equipo, suma en todas as facetas e ten un bo calendario para as vindeiras, comezando pola Penya. Shengelia, ata a próxima lesión —confiemos en que tarde—, será a referencia interior do Baskonia e nos pivotes as bandeiras son ouro. Agora mesmo penso en Ili e Brooks como cambios probábeis da semana que vén, mais non descarto que algún deles poida saír cun bo partido que me faga repensalo.

Dos equipos de broker da segunda xornada non hai moito que dicir polo momento, seguen remontando a bo ritmo e inda hai múltiples opcións para seguir asegurando. Semella que os bases serán os primeiros en poñer complicadas as cousas, mais será nunhas semanas.