SuperManager x. 4: efecto rebote

Balance

O que podía saír mal, saíu mal. O que só podía saír ben, saíu mal tamén. Este é un dos grandes encantos do SM, non hai certezas e todo pode mudar dunha xornada a outra, as subas poden derivar en grandes baixadas. Non lembro outra semana coma esta, cando menos des que escribo sobre o xogo. Tiven poucos equipos que acadaran a centena e as baixadas foron xeneralizadas e de proporcións enormes. O que viña de facer 200 e de meterse no Top 500 fixo nesta 83.8 e está case o 2000 da xeral (e segue a ser o meu mellor). Así que alá foi o bo comezo e xa estou como en case todos os inicios (con necesidade de remontar). Polo menos en broker a cousa seguiu avanzando.

Outra cousa que tamén se vía vir e que por desgraza se consumou foi o desastre organizativo. Algúns usuarios puideron trocar durante a xornada os xogadores que xa disputaran os seus encontros e iso incluso xerou algunhas substitucións adicionais (alén dos tres trocos regulamentarios).  A solución foi que deixaron eses equipos como estaban antes de facer trocos (que paradoxalmente nunha xornada coma esta puido supor incluso un beneficio máis ca un castigo, ao ter que quedar con xogadores como Todorovic ou Mickey e evitar os brokerianos que pincharon como Barreiro ou Garuba). O SM é unha ferramenta de difusión da liga moi importante (e aínda podería selo máis, como o foi no pasado), mais para que iso pase a ACB (non é culpa dos traballadores) ten que dotalo de medios.

B

Bassas (19.2/+15)

Campazzo (7.2/-6)

Laprovittola (-1/-15)

Vives (3.6/+15)

Cook (4.8/-15)

Huertas (6/+12)

Sipahi (5/+15)

Senglin (8.4/+15)

Oliver (1/+15)

Dimitrijevic (1/-15)

A

Eyenga (13.2/+15)

Brizuela (21/+15)

Prepelic (22/+15)

Barreiro (-3/+15)

Harper (1.2/+15)

Bouteille (7/+15)

Martínez (2/+15)

Hanga (10/+15)

Díez (7/+15)

McFadden (24/+15)

Scrubb (1/+2)

Janning (15/+15)

Tomàs (11/+15)

Garino (3/+10)

Dangubic (-1/+3)

Vicedo (-)

P

Mirotic (19/+15)

Davies (13/+15)

Fall (6/+15)

Omic (9/+15)

Shermadini (26/+15)

Garuba (1.2/+15)

Mockevicius (2.4/+15)

Costello (13.2/+15)

Radovic (3/+15)

Whittington (9/+15)

Lima (27.6/+15)

Kadji (-3/+15)

Diagne (27.6/+15)

Kulboka (18/+15)

Balvin (30/+15)

Huskic (6/-12)

Kravic (19.2/+15)

Kravish (15/+15)

Malmanis (5/+15)

Na listaxe, o horror absoluto.

Selección

Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15%.

B

Bassas (-16)

Adams (20)

Llull (9)

Pérez (5)

Senglin (-12)

Calloway (-7)

Bellas (-8)

Rouselle (1)

Giedraitis (-5)

A

Brizuela (11)

Prepelic (9)

Eyenga (-2)

McFadden (4)

Kuric (4)

Davis (6)

Seeley (4)

Todorovic (-3)

Díez (-16)

Janning (-1)

Beirán (15)

Bouteille (-10)

Brussino (3)

Salin (3)

Barreiro (-10)

P

Shermadini (13)

Davies (3)

Mirotic (29)

Diagne (18)

Balvin (11)

Clark (-5)

Garuba (-12)

Lima (1)

Suárez (4)

Dubljevic (13)

Kravish (0)

Lammers (-6)

Mockevicius (-2)

Kulboka (-16)

Mickey (5)

Hlinason (-12)

Nada muda, aínda temos que aproveitar estas xornadas para gañar cartos que boa falla nos han de facer para poder fichar os bos nunhas semanas.

Burgos – Murcia

(12, 18:00)

@AND, VBC | @FUE, OBR

Os poucos que aínda non teñan a Bassas están a tardar. No Murcia tamén hai unha bandeira que sobe todo en negativo: Luz. É un xogador de longa traxectoria na liga, mais con moi pouco interese para o SuperManager alén de cazaxornadas (un par de veces por tempada dá un pico como o da pasada e o habitual é que nin se achegue á decena). Só o contemplaría para equipos moi xustos de cartos e que precisen unha bandeira, o normal é que volva ás súas valoracións habituais, mais debería dar cartos. Non entra na listaxe. McFadden está a ser outra vez o do comezo da pasada no Canarias. É importante, está cómodo no equipo, xogará ante a súa afección e ten unha suba doada. É unha das ás máis interesantes da xornada. Rojas está na mesma situación ca Luz, válenos para o broker en equipos moi xustos de cartos, mais non cabe esperar unha gran valoración. Após dúas xornadas moi discretas, vimos un Clark máis parecido ao que cabía esperar. Non podemos contar con que volva a acadar a trintena, mais o rival é propicio e si que podemos esperalo por riba da decena, que con ese prezo e unha suba garantida é máis ca interesante se temos unha praza de extra sen ocupar. Se procuramos unha bandeira nos pivotes, unha boa opción é Lima. Está a comezar a tempada en forma, ten unha suba moi doada e tamén hai que sumar o factor ex.

Betis – Zaragoza

(12, 18:00)

@BAS, AND | BLB, FCB

Barreiro, un xogador que até esta tempada non tivera interese para o SM, nos dous primeiros partidos semellaba Rodman no rebote (un rexeite cada menos de dous minutos de xogo). Pois (cando o fichei eu, claro) marcouse catro minutos sen participar no xogo e non volveu saír até os derradeiros tres minutos (co partido xa perdido) para restar tres créditos (rematou sen ningunha captura). Que versión veremos desta volta? Nin idea. Como aínda ten a suba garantida (aínda que repita o -3), eu aguantaríao a ver que pasa. Seeley leva dúas grandes valoracións seguidas e ten unha suba doada. Semella que vai ser moi importante para Fisac, así que pode ser unha fichaxe interesante (aínda que unha mostra maior non viría mal para un xogador que non foi o máis regular no seu paso pola ACB). Tampouco sei moi ben que esperar de Brussino, alternou un partido brillante con outro intranscedente. Que comparten os seus dos bos encontros? Foron lonxe de Zaragoza; coma este. O Betis está a ser un gran rival para os pivotes; porén, no Zaragoza tamén estamos a ver unha gran oscilación entre xornadas, así que só me fiaría da opción brokeriana de Hlinason para completar equipos. O islandés está a dar un rendemento interesante (para un xogador do seu rango de prezo) e subirá todo aínda algunhas xornadas máis. No Betis, sen opcións de subas moi claras e co Baskonia a próxima xornada, non entra ninguén.

Unicaja – Joventut

(12, 20:30)

@VBC, EST | EST, @GCA

Por pouco este non é o duelo de equipos con pleno de derrotas. O Unicaja logrou levantar contra o Baskonia un encontro que xa semellaba decidido e iso sumado ás vitorias na Eurocup mudan por completo as sensacións do arranque. A pesar de que xa supera o millón e que precisa acadar a vintena para subilo todo, o encontro semella ideal para un Adams que está a ser a principal baza ofensiva dos malagueños e que se enfronta a unha das defensas máis amábeis na posición. O máis probábel é un encontro na trintena; porén, polas súas características (depende por completo do acerto), tampouco me estrañaría que repita o negativo colosal da Eurocup (-7). Só para afoutos. Se alguén chegou até aquí con Díaz no seu equipo, non ten sentido vendelo contra a defensa da Penya. Máis seguro, pola súa capacidade para sacar faltas, é o anotador do Joventut (e da liga): Prepelic. O esloveno xoga moitos minutos e é a referencia da Penya. A semana vindeira ten un encontro para pico na visita colexial. O desastroso final de encontro na xornada pasada de Omic (baixou a súa valoración á metade e quedou sen o bono) descártao (a pesar de que conta coa carta ex). Nos verdes emerxe a figura de Suárez, que é o xogador que marca a temperatura deste Unicaja. Cando o madrileño está ben, como en Vitoria e na Eurocup, as opcións do seu equipo medran moito. Ten unha suba doada e superou a decena nos seus 7 últimos partidos como local contra os de Badalona.

Canarias – Obradoiro

(12, 20:30)

@MAN, BAS | RMA, @MUR

Huertas xa ten que facer demasiado para subir todo e o Obra está a conceder moi pouca valoración dos bases (só Delaney, e polo bono, acadou a decena contra eles). Esperábase máis de Calloway nas dúas primeiras xornadas; na última fíxoo moito mellor e deu un pico. Agora ten unha suba garantida (seguramente máis). Non é o xogador que nos ofreza máis garantías (cómpre ter unha mostra maior) e despois recibe o Madrid; porén, está barato e debería ter moitos minutos. Magee vén de facer o seu primeiro gran partido na ACB (non será o derradeiro); porén, como a maioría de tiradores, funciona moito mellor na casa e ademais a seguinte enfróntase ao Madrid. Non entra a pesar de precisar 0 para subir todo. Pola mesma razón, pode ser un bo encontro para Salin. Está a lanzar moitas triplas por partido, o día que estea acertado (como en Málaga) dará un pico. Ten unha suba doada e tanto o Obra como o Manresa na vindeira conceden bastante valoración na posición. Díez xa con Singler na rotación non vai ser tan boa opción coma nas dúas primeiras, mais está en moi boa forma, aínda subirá o máximo varias xornadas e ofrece unha bandeira a un prezo razoábel. Shermadini é unha grande opción contra calquera, mais en especial contra un Obra que está a permitir moitos picos dos interiores. Hai que tentar levalo. No Obra podemos aguantar unha xornada máis a Kravic se xa o tiñamos, mais non é o momento de darlle entrada co Madrid na vindeira.

Madrid – Fuenlabrada

(13, 12:30)

@OBR, MAN | MAN, @JOV, UNI

Non sería de estrañar un pico de Facu ou Lapro, mais ao prezo que están non é o momento de apostar por eles. Maior interese ten un Llull cun custe máis económico, con bandeira e unha suba accesíbel. Bellas debutou de maneira inmellorábel, subirá todo, non está mal de prezo e despois ten dous partidos moi favorábeis. O normal é que, como nos últimos anos, estea sobre os 5 de valoración neste. Pode ser unha opción se temos que trocar unha bandeira barata nesta xornada que manteremos despois outras dúas. Se non é o noso caso, semella mellor opción darlle entrada a vindeira. Ollo, semella que aínda non deixou atrás os problemas no xeonllo. Non hai motivo para vender a Eyenga, segue a subir con negativo, vai xogar moitos minutos e incluso acadou a vintena na súa visita ao Madrid o curso pasado. Para equipos cazaxornadas pode ser un bo partido para Causeur nun encontro no que, en teoría, o Madrid debería marcharse cedo no marcador. Mickey defraudou nas dúas primeiras xornadas, saíu da maioría dos equipos e entón fixo o seu mellor partido (con mate dende a liña dos libres incluído). O normal é que volva xogar poucos minutos e a súa condición de extra réstalle atractivo; porén, debería valorar ben en poucos minutos, ten unha suba doada e a vindeira ten unha saída favorábel a Compostela. Garuba entrou en moitos equipos a pasada, o Canarias aguantou até o final e por iso xogou menos minutos; ademais, non valorou ben. Moita xente estará a pensar en vendelo; eu son incluso partidario de darlle entrada. Véñenlle xornadas moi favorábeis. Se o Madrid logra boas vantaxes, vai ter moito tempo en cancha. Está moi barato, garante suba e achega unha bandeira valiosa. Mockevicius xogou menos na última xornada porque se meteu en problemas de faltas, ademais, Bobrov fixo un dos seus mellores partidos na ACB. Aínda así sobe todo cun negativo e podemos mantelo sen temor (estivo moi ben na Supercopa contra os brancos).

Gran Canaria – Andorra

(13, 13:00)

@FCB, JOV | BUR, @BET

Senglin salvou o encontro fronte o Barça e agora ten un calendario menos hostil. Non deberiamos esperar un encontro alén da decena na illa, mais polo prezo ao que está e con varias subas garantidas, podemos mantelo sen medo. Beirán xa está asentado, baixou até un prezo interesante e a curto prazo debería converterse nunha das bandeiras máis sólidas nas ás. O maior problema con el é que despois vai a Barcelona. Todorovic está a ser o gran troll da tempada. Fallou na primeira xornada e nun partido moi favorábel contra o Fuenla na segunda. Despois, no encontro máis complicado, contra o Barça, deu o pico. Tamén fixo bos partidos na Eurocup, venlle un calendario favorábel, é unha bandeira moi económica e sobe con negativo. Ten todo a favor (volverá a nola facer?). Chegou o momento de darlle descanso a Costello e tampouco metería aínda a Bourousis (despois xoga contra o Barça e só leva un bo partido co Granca). Diagne está moi ben, non hai motivo para prescindir del.

Bilbao – Baskonia

(13, 17:00)

@ZAR, FUE | BET, @CAN

O único base cunha suba doada é Rousselle. Está a ter moitos minutos e está asumir responsabilidades, aínda que no desenlace contra o Obra trabucouse en cada decisión que tomou. O seu mellor partido foi de local e tamén contra un rival esixente (Valencia). Janning está a ter un gran arranque, aínda non baixou da decena e sobe todo cun negativo. Brown está a ser todo ou nada (negativón ou máis de 15), esa incerteza non nos interesa a estas alturas do xogo. Martínez fallou por vez primeira en Compostela, mais sobe todo cun -1, así que podemos darlle unha semana máis de confianza (contra o Baskonia non é momento de metelo). O máis estábel semella Bouteille. Cando está acertado, como na xornada inicial, pode darnos un pico; mais aínda que non o estea, segue a darlle cousas ao equipo e aínda garante varias subas. Podemos esperar que estea arredor da decena. Por dentro, cos baskonistas xa disparados de prezo e con subas caras, o interese céntrase nos homes de negro. O principal, pola súa importancia e experiencia, é Balvin. Está a ir a máis co avance das xornadas e xa dicía de arranque que pode ser un dos interiores máis importantes do xogo. Non se lle dá nada mal o Baskonia: superou os algo máis de dez que precisa para subir o máximo nos seus últimos 7 enfrontamentos contra os vitorianos. Se temos unha praza de extra e un orzamento axustado podemos pensar en Lammers. O estadounidense está a amosar unha gran solidez (superou a decena nos tres encontros). Está a asumir poucos tiros e en posicións vantaxosas e está a sumar dende o rebote e a intimidación (líder da liga en tapóns). Se temos aínda menos cartos, podemos contemplar a Kulboka. O lituano está a deixar moi boas sensacións, progresa coas xornadas e ten a súa principal arma no lanzamento de tres. Iso fai que a súa valoración non sexa tan sólida coma dos interiores que a basean no rebote, mais ao prezo ao que está permítenos asumir ese risco (vai subir aínda durante moitas semanas).

Barça – Valencia

(13, 18:30)

GCA, @ZAR | UNI, @BUR

O prato forte da xornada. En canto ao SuperManager interésanos que o Barça teña partidos complicados, así a rotación será máis curta. Nos taronja descartaría os bases. Vives xa nos deu o que nos tiña que dar (é o momento de darlle saída) e con Colom precisamos unha mostra máis grande ca un bo partido para poder metelo contra un rival tan duro. No Barça o base máis interesante é unha á: Hanga, aínda que non ten atractivo abondo para entrar na listaxe. Con dous partidos de local por diante (a vindeira contra un ex), Kuric pode ser unha gran opción: ten unha suba doada, está a moi bo prezo, vén dun gran encontro na Euroliga e está a ter bastantes minutos. O máis interesante está por dentro. Dubi empeza a carburar e o Barça está a conceder bastante na posición. No Barça temos os dous de sempre. Davies aínda ten unha suba do máximo moi doada e está a un gran nivel. Mirotic xa precisa roldar a trintena para subilo todo. Iso déixanos dous escenarios interesantes: pola dureza do rival, seguro que vai estar moitos minutos en pista e vai asumir responsabilidade (así que non podemos descartar esa derradeira suba, por algo lidera a liga en valoración) e tamén podemos aproveitar a morea de cartos que gañamos con el se o tiñamos no equipo para vendelo xa nesta e reconstruír con xogadores que teñan subas doadas.

Estudiantes – Manresa

(13, 20:00)

@JOV, UNI | CAN, @RMA

En tempos de escaseza económica pode facernos un apaño Giedraitis. O lituano completou un bo partido contra o Fuenla, sobre todo dende a liña de tres, e ten por diante dous rivais favorábeis e varias subas garantidas. No outro bando pode ser un encontro interesante para Dani Pérez. Coa baixa de Ferrari está obrigado a asumir máis protagonismo, vén dun bo partido, está barato e o Estu está a conceder moita valoración na posición (na última xornada Bellas deu un pico contra eles). Brizuela segue a ser un dos xogadores máis interesantes para o SM. Ten todo o protagonismo nos colexiais, conta cunha nova suba do máximo accesíbel e a saída a Badalona da vindeira xornada tamén lle resulta favorábel. Nos manresanos Pere xa está bastante no límite entre poder subilo todo ou non. Podemos mantelo se temos cambios máis urxentes. Davis é o que debe liderar a ofensiva dos de Pedro Martínez en ausencia de Ferrari e Toolson. Está a ir a máis, vai asumir moitos lanzamentos, o Estu é un equipo moi amábel na posición, ten unha suba doada e está a un prezo atractivo. Por dentro o máis interesante volve ser Kravish. Está a anotar e rebotear con moita solidez e o xogo interior do Estu non é dos máis esixentes. Sobe todo con tal de valorar positivo.

O equipo do blog

Andrómenas seguiu a tónica dos meus equipos, mais coma sempre o golpe foi aínda maior. Só 76.8 puntos e baixo 11 mil postos até o 17146º. Perdín 47 puntos nos cambios! (Mickey e Todorovic decidiron empezar a xogar cando os saquei), e incluso os que estaban subiron máis broker. Todo saíu tan mal que incluso Dimitrijevic que semellaba unha aposta acertada, xogou de marabilla na primeira metade, estaba en 7 (un progresión de roldar a quincena e incluso o bono parecía posíbel), estragou todo na segunda parte: 1 de valoración, sen bono e baixou o máximo.

Esta semana os tres trocos non chegan a nada. Teño que quedar con Neno (que terá algún minuto extra pola baixa de Zagars) e Harper, porque ten unha suba bastante máis barata ca Claver, e por dentro vou aguantar a Mirotic unha semana máis e tamén quedo con Garuba. Entran Dani Pérez por Sipahi, Kuric por Claver e Shermadini por Costello. O desastre da semana pasada non se arranxa nunha xornada; nin en dúas tampouco.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence á aventura gráfica Day of the Tentacle.