Mirotic foi o xuíz da xornada nunha semana na que foi vendido en masa (máis de seis mil managers pensaron que era o momento axeitado de recoller os beneficios). E a xogada tiña sentido, incluso a contemplaba na análise da semana pasada, mais tamén dicía que non se podía descartar que lograse outra suba. No meu caso, mantíveno en todos. Así que foi unha semana boa en xeral, aínda que agás en dous equipos non o foi tanto como para recuperarme do desastre da pasada. Un é o quipo do blog, do que falo coma sempre ao final do artigo, e o outro, por fortuna, o meu mellor. Sobe case 1500 postos até situarse de novo ás portas do Top 500 (503º) cos 187.4 puntos. A xornada tamén me serviu para superar os 10 millóns de broker, así que as cousas recuperaron un bo rumbo.
B
1º
Bassas (10.8/+15)
2º
Adams (22.8/+15)
Llull (4.8/+4)
Pérez (26/+15)
Senglin (17/+15)
Calloway (1/+15)
3º
Bellas (-)
Rouselle (1.2/+14)
Giedraitis (-1/+15)
A
1º
Brizuela (15.6/+15)
Prepelic (19/+15)
Eyenga (10/+15)
2º
McFadden (24/+15)
Kuric (7.2/+15)
Davis (-6/-15)
Seeley (8.4/+15)
Todorovic (2/+15)
Díez (10.8/+15)
Janning (7/+15)
Beirán (2.4/-15)
Bouteille (10.8/+15)
Brussino (2.4/+14)
3º
Salin (15.6/+15)
Barreiro (15.6/+15)
P
1º
Shermadini (27.6/+15)
Davies (12/+15)
2º
Mirotic (51.6/+15)
Diagne (13/+8)
Balvin (25.2/+15)
Clark (8.4/+15)
Garuba (8.4/+15)
Lima (8.4/+15)
Suárez (12/+15)
Dubljevic (19/+15)
Kravish (19/+15)
Lammers (19.2/+15)
3º
Mockevicius (5/+15)
Kulboka (4.8/+15)
Mickey (10.8/+15)
Hlinason (0/+15)
Volveu ser unha xornada complicada, pero hai bastante acerto nas eleccións preferentes. Sempre que se mantivese a Mirotic, subíase.
Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15%.
B
1º
Pérez (-9)
Senglin (-15)
Bassas (-6)
2º
Henry (6)
Bellas (-8)
Colom (6)
Huertas (28)
3º
Dimitrijevic (6)
A
1º
McFadden (6)
Prepelic (23)
Eyenga (18)
2º
Brizuela (32)
Díez (-10)
Harper (11)
Loyd (0)
Rivers (-7)
Booker (27)
3º
Ejim (-1)
Vaulet (2)
Tokoto (6)
P
1º
Shermadini (26)
Mirotic (30)
Shengelia (27)
2º
Balvin (14)
Tavares (18)
Dubljevic (22)
3º
Kravish (-3)
Lammers (-9)
Suárez (7)
Justiz (5)
Clark (3)
Arteaga (3)
Teñamos os cartos que teñamos, aínda debemos seguir a acumular broker algunhas xornadas máis.
Andorra – Burgos
(19, 18:00)
@BET, MUR | VBC, ZAR
Enfróntanse dous dos bases principais do xogo. Non será un encontro doado para ningún, porque están a defender bastante ben a posición, mais a súa dinámica e broker aconsella seguir con eles. A Bassas venlle un calendario máis complicado, sobre todo co Valencia na vindeira; mentres que Senglin ten no Betis e no Murcia dous rivais moi favorábeis. Ambas defensas conceden moito nas ás, no Andorra non hai opcións interesantes, mais no burgos temos unha das principais: McFadden. Está a un nivel espectacular e ten unha suba doada. Incluso puido chegar a esta con mellor broker de non ter sido porque os problemas cun dos marcadores de posesión rompeulle o ritmo nun encontro no que ía en progresión de sobrepasar a trintena (quedou en 24). Se procuramos unha diferenciación barata, podemos pensar en Tokoto. Vén dun gran partido e a defensa do Andorra xa tivo problemas cun perfil físico como Eyenga (29). Non é o momento de fichar a Diagne, porque xa precisa superar a vintena para subir todo, aínda que se xa o tiñamos non é un venda preferente porque está a gran nivel. A opción económica e con suba garantida é Clark. Non está a ser moi regular, pero vén dun bo partido na Champions e ten un calendario moi interesante (tras este, porque o Andorra está a defender ben a posición).
Zaragoza – Bilbao
(19, 18:00)
FCB, @Burgos | FUE, @MAN
Os dous equipos comezaron o curso con moi bo pé. Ningún dos bases semella unha grande opción (aínda que o Bilbao é bastante máis permisivo), mais se alguén aguantou a Alocén ata aquí, non o vendería agora con dous encontros seguidos na casa (seguro que contra o Barça, o gran rival do Madrid —equipo ao que pertence—, quererá sacar o mellor de si). Os dous equipos están a defender moi ben nas ás, así que igual non é a mellor semana para pensar neles. A opción máis sólida nos homes de negro segue a ser Bouteille, que podemos conservar sen medo (a suba tena garantida e despois venlle un calendario amábel). No Zaragoza volvemos ver o Barreiro reboteador, se segue nesa liña tamén o podemos manter, mais co Barça na vindeira non é o momento de darlle entrada (porque aos blaugranas están a lle facer dano na anotación, e a á galega non está coa puntería afinada neste arranque). Por dentro é mellor encontro para o Zaragoza que para o Bilbao, aínda que este último é o que ten xogadores en mellor momento. Justiz semella que está a coller o ritmo, tanto a semana pasada como esta na Champions fixo bos partidos. Está a bo prezo e ten unha suba doada, ademais, o Barça está a conceder bastante na posición. Balvin está moi ben e co calendario que ten por diante vai se un dos principais da semana vindeira, así que debería seguir nos equipos. Se aínda non o temos, non hai problema en agardar unha semana máis para darlle entrada. Lammers está a ser un reloxo, está barato e garante varias subas (podemos quedar con el). Kulboka esta semana non entra polo esixente que é o Zaragoza cos interiores, aínda que nun día de acerto pode facelo ben contra calquera, está moi barato e garante suba.
Obradoiro – Madrid
(19, 20:30)
@MUR, @JOVE | MAN, @BAS
O Obra na casa sempre é un rival complicado e o Madrid vén de perder a imbatibilidade na Euroliga. Non descarto un bo encontro de Magee (na casa sempre será unha opción a ter en conta), mais contra unha defensa coma o do Madrid non é o momento de darlle entrada (e despois ten dous fóra). Carroll gústame máis para a vindeira de local, así que a opción no Madrid pode ser Deck. Vén dunha gran xornada e ten unha suba doada, aínda que pola rotación de Laso procuraría outras opcións. Por dentro é un encontro ideal para os pivotes do Madrid, o Obra está a ser, e con diferencia, o que máis concede por dentro. Algún pico vai caer. O complicado é acertar de quen. A opción máis segura, por características, semella Tavares. Vén dun encontro horrible en Kaunas, así que terá ganas de reivindicarse. Tampouco é mal partido para Mickey… se xoga abondo. Que pasa con Garuba? A cousa está complicada, fóra da casa xoga menos minutos e se o Obra presenta moita batalla, serán aínda menos. Mais no caso de que os brancos rompan pronto o encontro, pode ter unha boa oportunidade contra unha defensa que permite moito (como era a do Fuenla a semana pasada, e aínda con minutos non logrou acadar a decena). Semella que está máis para cazaxornadas que para equipos da xeral.
Joventut – Estudiantes
(19, 20:30)
@GCA, OBR | @UNI, CAN
O clásico dos clubs de formación chega nun momento de urxencia para unha Penya que perdeu todos os partidos da ACB. O Estu está a conceder moitísima valoración aos bases (3 fixeron 24 ou máis nas catro xornadas disputadas). Na Penya non parece que haxa ningún un capaz de acadar a vintena, mais ao prezo o que se atopa Dimitrijevic e coa bandeira que achega pode ser unha opción de interese para procurar unha diferenciación económica que nos permita investir máis nas posicións nas que se concentra a maior parte da valoración. Mellorou moito o seu físico, cada semana está a xogar mellor (aínda que non quede reflectido nas valoracións) e Zisis está a ofrecer pouca cousa. Nas ás temos os dous actores principais. Tanto Prepelic coma Brizuela teñen por diante un encontro para pico. As perspectivas son un pouco mellores para o esloveno, porque xoga de local e ten a suba do máximo algo máis accesíbel. Scrubb foi un dos mellores da última xornada e se só procuramos cartos (algo que non é recomendábel) é unha boa opción. Porén, co seu rendemento, aínda que a Penya non sexa un rival esixente, hai máis dúbidas. Porque até o de agora vímoslle dúas caras: a de local (case 18 de media) e a de visitante (5). A mostra aínda é moi pequena e un bo encontro non sería descartábel, mais con dous seguidos fóra non me esperta seguridade. Por dentro non hai opcións fiábeis. O que mellor debería valorar é Omic (o Estu está a conceder moito tamén por dentro), mais precisa roldar a trintena para subilo todo. Nos colexiais Arteaga leva tres xornadas indo a máis (e nas tres superou a decena) e a Penya concede moito dentro. O problema de Arteaga é que non se trata dun xogador consistente, como xa vimos en anos anteriores, pasa con moita facilidade á intranscendencia tras bos encontros. Como non sabemos que tocará desta vez, queda como opción de risco (a suba do máximo si que a debería dar).
Manresa – Canarias
(20, 12:30)
@RMA, BLB | BAS, @EST
O encontro chega con dúas grandes novidades. O Manresa recupera un xogador crucial como é Toolson, que debutará na liga (vén de acadar a vintena na Champions), e o Canarias perde o que debería ser un dos seus puntais este curso: Singler (o xogador norteamericano abandona o baloncesto por un problema persoal; ogallá lle vaia todo ben). Pérez vén de xogar un encontro magnífico (aínda que rematou sen combustíbel pola minutada), garante suba, está económico e achega unha bandeira. Xa foi unha das principais opcións da selección da semana pasada e esta xornada será o xogador máis comprado. O único pero é a visita a Madrid da vindeira. Huertas é un dos bases máis caros e está a xogar moi ben. Se xa o temos, non hai motivo para vendelo; se non, non será doado atopar cartos para lle dar entrada e a vindeira vai a Vitoria. Con Toolson cómprenos un pouco de paciencia, porque de non ter o día faríanos perder moitos cartos. É unha opción para cazaxornadas. Máis fiábel se presenta o arxentino Vaulet. Ten moi boas condicións e semella que xa lle comeza a tomar o pulso ao equipo (estivo ben na pasada e tamén na Champions). Está barato e ten unha suba doada. A baixa de Singler mellora moito as perspectivas para Díez, a súa media medra en 15 puntos sen o norteamericano. Aínda lle quedan cando menos un par de subas do máximo e o Resa é unha defensa amábel na posición (outra historia será o Baskonia na vindeira). Fóra da casa e coa visita a Vitoria da próxima non é o momento de darlle entrada a Salin, mais non é unha venda prioritaria se xa o temos (ten doada outra suba do máximo). Por dentro Shermadini é un seguro. Podemos quedar con el no que resta de curso se non media lesión ou acontece algo estraño (incluso nos pode dar outra suba do máximo). Kravish está moi sólido, así que pode seguir tranquilamente nos equipos.
Baskonia – Betis
(20, 17:00)
@CAN, RMA | AND, @UNI
Aínda que Vildoza xa tivo algúns minutos na Euroliga, Henry semella a mellor opción nos vitorianos. O Betis é unha defensa amábel e o estadounidense vén de dous bos encontros, está barato e ten unha suba doada. Non destaca ningunha á vitoriana e nos sevillanos só podemos pensar nun Rivers que por fin fixo unha gran xornada. Veremos se supón un punto de inflexión após un arranque decepcionante. Debería pasar moito xogo polas súas mans, está moi barato, garante suba e o encontro da semana que vén é moi favorábel. Toko foi o mellor en Istambul e contra o Betis ten unha oportunidade inmellorábel de deixarnos unha gran valoración após tres xornadas sen acadar sequera a quincena. Precisa dese pico para poder subilo todo, mais investir un quilo nun xogador da súa categoría non semella mala cousa (se apostamos por el a pasada, temos que mantelo). Por máis que fixera un gran encontro na última xornada e suba con negativo, non podemos pensar nun Diop que está a xogar moi poucos minutos.
Fuenlabrada – Murcia
(20, 17:00)
@BLB, @FCB | OBR, @AND
Este é un gran encontro para os bases, os dous equipos son moi permisivos na posición. Luz ao final conseguiu acadar a decena no último encontro e garante suba. Se o temos debemos quedar con el, á hora de darlle entrada sigo sen me fiar. Mellor opción semella Lecomte, aínda que non está a ofrecer aínda fiabilidade nin ten unha suba tan doada como para pensar nel. Rowland é baixa, iso deixa moito espazo para Bellas (que regresa esta xornada). Está barato, garante suba e ten un rival moi permisivo (o Murcia é o equipo que máis valoración concedeu aos bases no que vai de curso). É un encontro moi favorábel tamén para Booker, que xa acadou a vintena a tempada pasada en Fuenlabrada. Creo que debería volver estar neses números, mais incluso así non subiría todo e non será doado atopar un millón para el. Máis barata ten outra suba do máximo Eyenga. Despois terá unha saída complicada a Bilbao (o equipo que menos está a permitir nas ás deste arranque), mais nesta pinta de marabilla contra un Murcia moi amábel na posición. A Mockevicius acabáronselle as subas garantidas, pero o principal problema é que dende a volta de Gillet (agora hai un máis na rotación interior) os seus minutos e números caeron en picado (de 19 de media a 4). Hai que vendelo xa.
Valencia – Unicaja
(20, 18:30)
@BUR, GCA | EST, BET
Esta non é a xornada para pensar en Adams, precisa moito para volver subilo todo e o Valencia está a defender moi ben a posición. O seu momento chegará após esta con dous encontros na casa contra rivais favorábeis. Pola súa banda, o Unicaja está a ser bastante máis permisivo, así que a opción Colom cobra interese se procuramos diferenciarnos (eu agardaría un chisco máis para ver a súa evolución). Aínda non está moito en cancha (se Vives volve ser baixa —non xogou na Euroliga—, xogará máis), pero a súa produción é abraiante: suma máis dun punto de valoración por minuto xogado. Sobe todo cun seis. Con Jaime hai que agardar aínda, non acaba de ter solidez. Aínda que fallou na Eurocup, Ejim vén de dous bos partidos na ACB, sobe con negativo e está barato. Este non é o mellor rival posíbel, mais despois ten un calendario moi favorábel. Loyd saíuse contra o Barça e agora conta cunha suba doada. Ten moi boas condicións, pode ser unha das sensacións da tempada, mais polo de agora non está a ser regular e ten problemas nun xeonllo. Dubi aínda non acadou o seu prezo e vai a máis, así que é unha opción a ter en conta. Tamén se atopa lonxe do seu prezo Suárez. Ten unha suba doada, é un xogador importante para o Unicaja e estivo a bo nivel o curso pasado nos encontros do playoff na Fonteta.
Barça – Gran Canaria
(20, 20:00)
@ZAR, FUE | JOV, @VBC
Os dous equipos están a conceder moito nas ás. Pode ser un bo encontro para Kuric, que se volve enfrontar a un dos seus ex. Estaba a xogar ben, aínda que o último non foi o seu mellor encontro e as súas valoracións máis altas do curso están no límite do que precisa para subilo todo; por iso non entra (aínda que o podemos manter se xa o tiñamos). A única opción no Granca semella Harper (que non está a ser o máis regular neste arranque). Se non entra en problemas de faltas, terá moitos minutos. É o perfil de xogador que lle está a afacer dano ao Barça e despois ten un encontro favorábel de local contra a Penya. Non é o partido para Costello ao prezo ao que se atopa xa, vai sufrir moitísimo en defensa cando se emparelle con Tomic. Beqa vai ter a peor parella de baile posíbel (contra o Joventut as perspectivas serán mellores). Ao nivel que está Mirotic debe permanecer nos equipos agás que sexa baixa. Xa supera os dous millóns e esta semana aínda debería subir. Despois vai a Zaragoza, que é un equipo moi forte na casa, así que non semella ser o encontro para darlle descanso. Contra o Fuenla de local é cando teremos que estar pendentes por se Pesic decide darlle un respiro. Davies xa está preto do seu prezo, podemos pensar en darlle descanso agora que lle veñen dúas defensas esixentes na posición. Está a xogar a gran nivel, non é unha venda obrigada, mais eses cartos poden vir moi ben para reforzar os equipos.
Dicía que despois do desastre Andrómenas non se ía poder recuperar nin nunha nin en dúas xornadas. Pois ao final non só recuperei os 11 mil postos perdidos nunha soa xornada, senón que gañei case dous mil extra. Fixen 190.4 puntos e quedo no 4235º da xeral. Foi o mellor dos meus equipos, algo que non lembro se xa pasara antes. Cos trocos (entre os que destaca Dani Pérez) gañei 10 puntos e case douscentos mil euros, mais a chave estivo nos que decidín manter: Barreiro, Harper e Mirotic. O broker tampouco vai mal, estou en 9.6 millóns.
Nas ás voume desfacer de Bouteille porque deixa máis en caixa, inda que preferiría ter vendido a Barreiro. Por dentro, saen Davies e Garuba. Entran as opcións preferentes Shengelia e Balvin (iso déixame cos 4 pivotes que están máis arriba na listaxe). E co que me queda, entra nas ás Rivers coa intención de mantelo tamén na próxima semana (espero un 30 entre as dúas e que me dea ambas subas do máximo). Decidín quedarme con Neno outra semana (a ver se por fin toca desta), porque se o substituía non ía poder fichar os pivotes que quería.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence a acb.com