Balance da cuarta xornada

A cuarta volveu ser unha xornada positiva para min. Por terceira semana consecutiva manteño o meu mellor equipo no grupo de cabeza, ascendo un par de postos para situarme o 18º da xeral. Foi todo rodado, o negativo de Eriksson e o 5 de Norel son irrelevantes; estaban en todos os equipos. Só o 1 de Pustovyi evitou que tivese unha boa subida neste, porque os de arriba que non tiñan ao ucraíno contaban con Randolph, que volveu superar a vintena —na miña selección da semana pasada xa situaba o esloveno como bastante mellor opción, inda que non tiña cambios abondo—. Polo de agora estou a salvar a situación, defendéndome mellor do que esperaba, mais as cousas están moi apertadas aí arriba e un erro suporía dicir adeus de forma fulminante.

Os tres cambios maioritarios nos meus equipos —Cook, Ponitka e Shengelia— tiveron unha gran xornada, co que subín na maioría deles. Usei pouco repertorio da selección da semana pasada, á que lle foi así:

Bases

Doncic (30/+15%)
Heurtel (16.8/+15%)
Cook (24/+15%)

Oliver (13/+15%)
Tabu (22.8/+15%)

Albicy (8.4/+15%)

ÁS

Green (12/+15%)
Eriksson (-2/+15%)
Ponitka (40.8/+15%)
Todorovic (7.2/+15%)

Eyenga (18/+15%)
Ribas (12/+15%)

Landesberg (9.6/+4.3%)

Pivotes

Norel (5/+15%)
Shengelia (24/+15%)
Randolph (24/+15%)
Báez (13/+15%)
Jordan (24/+15%)

Pustovyi (1/+15%)
Moerman (4.8/+15%)
Brooks (12/+15%)
Salvó (-1/+15%)

Diop (15/+15%)
Oriola (25.2/+15%)

Estiven certeiro cos bases —o de Doncic foi tal como prevía—, sobrevalorei a Todorovic e infravalorei a Oriola, que leva unha media por minuto de escándalo —1.56 puntos no xogo—. Cook e Ponitka deron o pico que esperaba, e Shengelia postúlase como fixo nos pivotes.

A selección da quinta xornada

Esta semana de Doncic pódese dicir o mesmo que a anterior, a dureza do rival —Unicaja— favorece a súa participación e non descartaría sequera que poidese volver a subir o 15% —precisaría un 27 con vitoria—. Non sei se xa acontecera algunha vez que o xogador máis caro fose un base. Agás Blazic, que xa é referencia ofensiva do Andorra —destacado a xornada pasada e mellor do Morabanc en Turín o martes— e ten un partido propicio, o resto de opcións do primeiro chanzo xa son xogadores caros. Pustovyi e Norel, a pesar das malas valoracións da semana pasada, seguen a ser opcións preferenciais, un ten inda moito broker acumulado e o outro apunta a pico contra o Burgos.

Bases

Doncic
Heurtel
Granger

Cook
Rupnik

Oliver

ÁS

Green
Ponitka
Eyenga
Blazic
Thomas

Cruz
Eriksson
Causeur

Ribas

Pivotes

Norel
Pustovyi
Shengelia
Tomic

Oriola
Tobey

O’Leary
Báez
Diop

O equipo do blog

Con Andrómenas saíume a xornada redonda. Foi o mellor de todos os meus equipos con 189.6 puntos —908º da xornada— que me achegan ata o 2661 da xeral —un salto de case 7 mil postos—. Todos os meus xogadores subiron o seu valor un 15%: gañei máis de 1.3 millóns, inda que é o aspecto no que vai peor —pola ruína da primeira xornada—. O gran crebacabezas agora é a caixa. O obxectivo do Top 1000 queda a menos dunha trintena de puntos. Tamén esta xornada os tres xogadores que entraron no equipo sumaron unha maior diferenza —52 puntos— cos tres que saíron —e iso que Campazzo e Anosike tiveron mellor xornada do que esperaba—.

Neste equipo, e non só neste —pásame incluso no meu mellor—, dáse o paradoxo de que non estou satisfeito cos xogadores cos que quedo e asemade vou deixar un cambio sen usar. A selección da semana —e vai ser a tendencia— é de xogadores caros, polo que os que me xeran dúbidas, como Diop ou Cook, teñen alternativas —Pustovyi e Granger— fóra do meu orzamento. As opcións máis económicas parécenme eleccións peores que os que xa teño no equipo, así que…  Por máis voltas que lle dei, a mellor opción menos mala ségueme a parecer deixar un cambio sen facer e 200 mil en caixa. O que non me chista, sabendo o atraso que levo no broker. Parece a típica xornada na que a posteriori lamentarei a decisión, mais agora non vexo alternativa.

Entra Oriola por Brooks, o norteamericano con pasaporte italiano ten un partido difícil e problemas estomacais. O rival de Pierre, Estudiantes, élle favorábel; o 4 do Barça dará cartos algunhas semanas máis e está a saír a aproveitar cada minuto que ten en cancha —un cuarto de hora debería abondar para unha boa valoración—. As rotacións de Sito danme medo, pero inda así paréceme a mellor opción nese rango de prezo. Ribas podería ter seguido, por rival, rendemento e broker segue a ser boa opción. Con todo, supoño que o partido será doado para o Barça e non descarto que Alonso aproveite para darlle minutos aos menos habituais no perímetro. Blazic debería ter máis importancia no seu equipo, vai a máis, o rival semella propicio para dar un pico e non lle queda mal calendario. Dentro.

Moitas dúbidas; poucos cartos.