SuperManager x. 5: isto non arranca

Sucédense as xornadas, mais as grandes valoracións non acaban de chegar

Actualización: Llull, Taylor, Ayón e Thompkins son baixa, así que as opcións de Tavares e Campazzo gañan incluso en atractivo. Tamén a de Randolph, mais iso xa estaba contemplado no artigo.

É posíbel que esta sexa a derradeira análise da tempada, porque a ACB suprimiu de forma definitiva a vía de difusión destes artigos: o panel na páxina principal do xogo no que se mostraban os chíos que falaban do SuperManager. É outra desas medidas tan difíciles de entender que toma a liga; no canto de promover un xogo que fai que a xente se interese incluso polos partidos intranscendentes (a cantos deportes lles gustaría poder ter algo así?), cada vez poñen máis atrancos. A elaboración destes artigos supón moitas horas de dedicación cada semana como para proseguir con eles sen posibilidade de espallalos. Si que seguirei a publicar a selección, que terá detrás o mesmo estudo da xornada que até o de agora, só que non vou detallar as razóns que me levaron a incluír ou deixar fóra a cada xogador. Podedes estar ao tanto dos novos artigos e de calquera modificación deste na miña conta de Twitter.

Balance da xornada anterior

Balance de la jornada anterior

Aínda que á selección lle foi bastante ben, nos meus equipos tiven un pouco de todo. Baixadas moderadas nalgúns dos meus mellores (nos que non tiña cambios para desfacerme de Tomic e Shengelia) e algunha suba considerábel. Teño máis equipos no Top 10000 (oito), pero o meu mellor baixa ata o 2580º.

Fagamos unha viaxe ao pasado para poñerlle números a este inicio tan complicado do xogo. Hai un ano estaba o 18º da xeral no meu mellor, mais iso foi chorra, o que nos interesa é comparar o que vai agora o 2580º co equipo do blog da tempada pasada, que marchaba nunha posición moi similar a estas alturas: 2661º. Aquel equipo tiña 725.6 puntos (cifra á que nin chega o líder deste ano) e este ten 552 (a iso haberá que sumarlle o que faga Gerun no aprazado, o que non vai cambiar moito as cousas). É unha diferenza notábel; e máis se comparamos o broker: dicía no artigo do ano pasado que o meu equipo estaba bastante atrasado cos 10.14 millóns que tiña. O deste ano supera por pouco os 9. Luka, Ponitka, Norel… Que tempos aqueles!

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Campazzo (19.2/+15%)

Renfroe (8.4/+15%)

Segundo banzo

Segundo escalón

A. Díaz (13.2/+15%)

McCalebb (19/+15%)

Huertas (14.4/+15%)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Dimitrijevic (15/+15%)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

McFadden (24/+15%)

Brizuela (16/+15%)

Segundo banzo

Segundo escalón

J. Fernández (28.8/+15%)

Evans (4/+15%)

Doyle (0/+5%)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Nevels (13/+15%)

Seibutis (6/+15%)

Llorca (-2/+15%)

Milosavljevic (16.8/+15%)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

Tavares (25.2/+15%)

W. Thomas (25.2/+15%)

Caner-Medley (8/+15%)

Iverson (-6/+15%)

Segundo banzo

Segundo escalón

Randolph (3.6/+15%)

Poirier (18/+15%)

Tomic (9.6/-2%)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Shengelia (13.2/-5%)

Gerun (7.2/+15%)

Arteaga (-3/+15%)

A selección foi a mellor do que vai de ano. Hai bastante verde e todas as opcións prioritarias subiron o máximo.

Selección da xornada

Selección de la jornada

Coma sempre, a lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota, de vermello os extracomunitarios e entre paréntese a valoración que precisan para subir o 15%. A listaxe e o artigo poden recibir algunha actualización en función dos partidos de Euroliga que restan e o parte médico.

Bases

Primeiro banzo

Primer escalón

Ennis (-12)

Campazzo (10)

Segundo banzo

Segundo escalón

McCalebb (0)

Dimitrijevic (-11)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Laprovittola (23)

Cvetkovic (-8)

Huertas (-6)

Bassas (0)

Ás

Aleros

Primeiro banzo

Primer escalón

McFadden (-20)

Brizuela (-24)

J. Fernández (-2)

Segundo banzo

Segundo escalón

Evans (17)

Ribas (4)

Nevels (11)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Milosavljevic (-13)

Seibutis (-4)

Pivotes

Pívots

Primeiro banzo

Primer escalón

W. Thomas (-39)

Tavares (6)

Shermadini (11)

Jordan (10)

Segundo banzo

Segundo escalón

Voigtmann (3)

Birgander (-2)

Randolph (14)

Gerun (0)

Caner-Medley (-6)

Terceiro banzo

Tercer escalón

Tomic (35.7)

Lalanne (-2)

Bobrov (4)

Bases

Esta semana a posición ofrece mellores opcións que en semanas anteriores.

primeiro banzo

primer escalón

Dylan Ennis vén de facer a maior exhibición do que vai de tempada na derrota do seu equipo contra o Manresa: 48 de valoración. Iso déixalle cando menos un par de subas garantidas (precisa -12). Non será doado que volva conseguir un pico (de feito, só superou a vintena neste partido en todo o que vai de curso, incluíndo a pretempada e os encontros da EuroCup, onde fixo un 9 esta mesma semana), porén, o rival da xornada é moi favorábel. Se ben o Granca está a ser dos mellores deste arranque na defensa dos bases, Ennis no Andorra xoga de dous, onde a defensa do Granca é bastante máis permisiva: 25 de Kuric esta mesma semana na Euroliga. A semana que vén recibe a visita do Canarias, que é unha defensa máis dura.

Facundo Campazzo aproveitou a ausencia de Llull para volver valorar ben e agora só precisa un 10 para subir todo e superar o millón. No partido do mércores na Euroliga confirmou o seu bo momento superando a trintena. Visita o Fontes do Sar, onde xa logrou acadar a vintena o ano pasado e a trintena o anterior —cando estaba no Murcia—, e despois terá a visita do Burgos. Porén, co Madrid nunca nos podemos fiar moito, é de esperar que o menorquino volva ter bastantes minutos na fin de semana despois de descansar a pasada polo nacemento de súa filla e xogar menos de dez minutos no partido do mércores.

segundo banzo

segundo escalón

Bo McCalebb confirmou o seu bo momento contra o Barça. Agora recibe un Fuenlabrada que estaba a defender bastante ben a posición ata a semana pasada, na que concedeu boas valoracións a ambos bases baskonistas. O un con pasaporte macedonio ten recursos abondo para volver facer un bo partido e sobe todo cun 0. Vai ser un dos bases máis importantes do ano pola incidencia que ten no xogo dos aragoneses. A semana que vén xa ten un partido máis esixente contra o Unicaja e a súa continuidade dependerá de como lle quede o broker trala xornada.

Outro macedonio, Neno Dimitrijevic, repite esta semana na listaxe. Está a ir a máis e a lesión de Mathias debería darlle, amais do tempo de base cando non estea Laprovittola, algúns minutos de 2 compartindo cancha co arxentino. Polas súas características, máis anotador ca director, debería sacar bo proveito dese tempo de escolta. O rival, GBC, resulta moi propicio. A semana que vén xoga no Blaugrana, que está a ser unha cancha amábel cos bases. Non vai ter problema para subir todo durante unhas cantas semanas, pois abóndalle cun -9.

terceiro banzo

tercer escalón

Noutro momento do xogo, fóra da fase de acumulación, Nico Laprovittola estaría no alto da listaxe. Cae ao terceiro chanzo porque ten un suba complicada: 23. Leva dúas boas valoracións seguidas e enfróntase de local a unha das peores defensas dos bases: GBC. Agás que entre en problemas de faltas, vai xogar preto dos trinta minutos e xa o ano pasado logrou contra eles un 21, naquel caso foi a domicilio e non conseguiu un bono que si debería levar nesta ocasión. Presenta risco, mais semella o base con maior probabilidade de pico esta semana. A vindeira vai a Barcelona, que está a conceder boas valoracións dos uns.

Regresa á selección Cvetkovic, despois dunha gran xornada —30 de valoración co bono— na primeira vitoria do Breo no seu regreso á ACB. A pesar de que só precisa -8 para subir todo, cae ao terceiro nivel na listaxe porque non está a ser regular (dúas boas valoracións e unha terríbel) e na súa visita a Burgos do ano pasado fixo un negativo. O calendario que ten por diante é bastante favorábel: negativo do curso pasado á marxe, o Burgos está a ser unha defensa accesíbel para os bases e o Obra fóra da casa é bastante benévolo cos uns.

Marecelinho Huertas aproveitou a baixa de Vildoza para volver valorar por riba da decena e garantir suba esta semana: necesita -6. En canto a valoración xa esperta máis dúbidas, co arxentino de volta o reparto de minutos é unha incógnita, co que igual volve superar a decena ou ten un partido sen case minutos e valora pouco —como lle aconteceu no partido do mércores na Euroliga—. Se xa o tiñamos, o broker é atractivo abondo para manter a aposta; en caso contrario, outros bases ofrecen maior seguridade.

Sobe todo cun 0 Ferran Bassas, que volveu valorar ben cando xa moitos managers deixaran de confiar nel. Xoga de local —onde tivo dúas malas actuacións seguidas— contra un rival moi favorábel, Estu, e despois enfróntase a domicilio á mellor defensa dos bases neste arranque: Andorra. O broker debería dalo, mais a súa irregularidade xera bastantes dúbidas.

fóra da listaxe

fuera de la lista

Xa dicía a semana pasada que ese debía ser o último partido de Renfroe nos nosos equipos —polo de agora—. Fixo a valoración que precisaba para volver darnos o 15% e agora que ten unha suba complicada e un rival moi duro, Unicaja; é o momento de coller os cartos e empregalos noutros xogadores. Alberto Díaz tamén estaba preto de estabilizar o seu prezo e o recomendábel sería desfacernos del, porén, agora a venda é obrigada porque se lesionou en Europa. Kloof estivo moi ben a semana pasada e tamén esta no encontro de Champions; pero ten por diante un rival moi duro —Baskonia—, que non invita a pensar nel inda que teña unha suba doada.

Ás

Aleros

O primeiro banzo ao completo semella ineludíbel se podemos permitírnolo. Acertar na cuarta á pode ser unha das chaves para escalar posicións.

primeiro banzo

primer escalón

Thad McFadden e Darío Brizuela, que se enfrontan esta semana en La Laguna, volven abrir o primeiro nivel. Veñen nun gran momento e subirán durante semanas. Teñen que estar.

Outro en estado de graza é Jaime Fernández. Temiamos que co salto ao Unicaja deixara de ser un xogador importante para o xogo, mais foi todo o contrario. Está a explotar asentado xa como escolta. Saíuse a semana pasada e volveu superar a vintena esta na EuroCup. Contra o Manresa e o Zaragoza debería continuar a xeira. Precisa -2 para subir o 15%.

segundo banzo

segundo escalón

Chris Evans tivo o primeiro tropezo do curso contra o Unicaja, inda que valorou abondo para subir todo por cuarta xornada consecutiva. Esta semana xa precisa unha boa valoración para subir o 15%: 17. Iso fai que os que non o teñen xa deban darlle algunha que outra volta á súa incorporación. Porén, se xa está nos nosos equipos, hai motivos para o optimismo. Contra o Andorra xoga de local e en Gran Canaria está a aumentar as súas prestacións de forma apreciábel: esta mesma semana na Euroliga fíxolle un 24 ao Barcelona —no xogo habería que sumarlle o bono por vitoria—. Despois non ten mala saída a Donostia. Inda que o Granca estea a xogar a Euroliga, a súa prioridade é a ACB, así que non deberiamos temer por un descanso.

A chegada dun segundo base ao Barça, está a facer que os minutos de Pau Ribas pasen a ser de escolta, a que eu considero que é a posición na que mellor rende. Polo de agora está a ser así. Superou a decena en todos os partidos que xogou na ACB, neste último incluso estivo por riba da vintena. Enfróntase ao Valencia Basket, equipo do que chegou ao Barcelona, que está a ser dos que máis valoración conceden na posición. Só precisa un 4 para subir o 15%. A semana que vén regresa a Badalona, berce do baloncesto no que pasou toda a súa etapa formativa e no que deu o salto á elite.

Garrett Nevels segue a ser o xogador máis importante e a maior fonte de anotación do pechacancelas. É máis ca un anotador, porque aporta en diferentes facetas. Iso permite que incluso nos partidos nos que non está atinado acade a decena; cando si o está, dá un pico como hai dúas xornadas. Co que debería lograr, cando menos, os 11 que precisa para subir o máximo na súa visita a Badalona. Despois recibe a visita do Granca, que está a ser amábel coas ás rivais.

terceiro banzo

tercer escalón

Segunda boa xornada consecutiva de Dragan Milosavljevic que se perfila como un xogador interesante mentres dure a fase de acumulación. Custa menos de 200 mil e precisa -13 para subir todo, o que debería garantir cando menos tres semanas de suba. É un xogador ideal para completar os nosos equipos se queremos incorporar varios xogadores caros. Esta semana xoga co Manresa, que está a parar bastante ben ás ás, mais Milo xa demostrou contra o Madrid que iso pouco lle afecta (pode fallar contra calquera e facelo ben onde sexa).

Outra opción para completar equipos é Reinaldas Seibutis. O xogador lituano sobe todo cun -4 e está a moi bo prezo. Ten como local un rival esta semana, Fuenlabrada, que é dos equipos que máis están a conceder das ás. A posíbel baixa de Okoye tamén debería xogar ao seu favor. A vindeira conta cunha saída complicada a Málaga.

fóra da listaxe

fuera de la lista

O tempo de Llorca semella que tocou á súa fin. Inda sobe con negativo, a pesar de vir de valorar por debaixo de cero por primeira vez no curso. Porén, a —incomprensíbel— destitución de Julbe, o adestrador que lle sacou máis rendemento des que está en ACB, e o regreso de Eyenga e Marc Garcia fan que as súas perspectivas de futuro non sexan boas. A xornada pasada vimos o peor Doyle da tempada, que pasa dunha subida moi doada a unha bastante complicada contra o Baskonia. Debería ser venda se o tiñamos. Rabaseda paréceme un xogador demasiado irregular para entrar na listaxe, pero sobe todo cun cero e haberá quen queira asumir o risco. Hilliard fixo un gran partido a última semana e a próxima vez que xogue subirá todo a partir de -1; porén, mancouse un nocello na Euroliga e haberá que agardar polo parte para ver se podemos contar con el. Deck estivo magnífico a semana pasada e sobe o máximo con só 2. O problema é que a rotación exterior do Madrid é moi longa e en cada partido ten máis peso e destaca un xogador diferente, polo que é preferíbel decantarnos por xogadores de prognóstico menos incerto. Tomàs superou con nota o difícil desprazamento ao Principado, agora recibe ao Unicaja e viaxa a Murcia, que está a ser a mellor defensa das ás neste arranque. Precisa só 5 para subir o máximo, co que os equipos que o teñan poden aguantalo unha semana máis; para o resto, pola dureza do calendario, é mellor procurar outras opcións.

Pivotes

Pívots

Semella que esta será a posición que faga de xuíz esta xornada.

primeiro banzo

primer escalón

Pouco que dicir de Will Thomas. Volveu estar fantástico a semana pasada e tamén superou a quincena na EuroCup. Vai subir durante xornadas e máis xornadas (precisa un -39!). Tanto ten que xogue contra o Barça como local (fíxolle 12 o ano pasado).

Superar a vintena de valoración cun único lanzamento de campo é algo que só está ao alcance de Edy Tavares. Sobe todo con só 6 e o Obra non é mal rival. A súas porcentaxes están a ser de escándalo: non fallou ningún libre aínda e en tiros de campo está nun 87%. A dúbida vén na rotación de Laso. Se todo seguir como a semana anterior, debería estar en todos os equipos.

Despois dun par de xornadas dubitativas e grandes baixadas de broker, estamos a ver o Giorgi Shermadini dominante. Bo partido contra o Madrid hai dúas xornadas (15) e demostracións de forza na última contra o Granca cun 21 (25.2 co bono) e 34 na Eurocup. O Manresa non vai vender barato o bono e ademais está a permitir pouca valoración dos pivotes contrarios neste arranque, mais cando Sherma está ben, hai moi poucos xogos interiores na ACB que poidan detelo. Despois ten un encontro moi favorábel de local contra o Zaragoza. Cun 11 xa sobe todo.

Tralo negativo do debut, Jerome Jordan acumula dúas xornadas na vintena. O xamaicano xa é a referencia interior dos lucenses e viaxa agora a Burgos, un equipo ao que ano pasado xa lle fixo 18 e 23 e que neste curso está a conceder moita valoración dos pivotes rivais. A próxima xornada contra o Obra en Lugo tamén debería destacar. Precisa 10 para subir o máximo.

segundo banzo

segundo escalón

Trala esixente dobre xornada de Euroliga para o Baskonia, os que parece menos probábel que vexan reducidos os seus minutos en ACB son Diop (que non entra na listaxe, pero pode ser unha opción de bandeira na procura da sorpresa) e Voigtmann. O interior xermano está a valorar moi ben na ACB des que arrancou a Euroliga: leva dous encontros seguidos na vintena. Xoga contra o Murcia, que é o equipo que máis valoración está a conceder dos interiores, e só precisa un 3 para subir o máximo. A semana que vén xoga contra o Estu, que está a conter bastante ben o xogo interior rival. Para esta semana semella moi interesante; en diante, veremos. Porque a próxima xornada dobre de Euroliga non é ata o 20-23 de novembro, co que nas vindeiras semanas a rotación do Baskonia debería volver á normalidade e os minutos e importancia do alemán deberían descender.

Simon Birgander non puido facer a pretempada por lesión, polo que é agora cando está a coller a forma. En cada partido valorou máis ca no anterior. É un xogador que non deixou de progresar dende o seu debut en ACB da tempada pasada, ten a condición de titular e logrou un 16 de valoración na última xornada na zona de Tavares, cousa ben complicada. Agora ten como local un rival moi favorábel, o GBC, sobe o máximo con -2 e está a moi bo prezo. O que máis nos pode botar para atrás é a súa saída da semana que vén ao Blaugrana; o Barça está a ser das mellores defensas interiores.

Anthony Randolph tivo un partido gris contra a Penya, no que si subiu todo. Debemos tomalo como algo puntual, porque na Euroliga volveu amosar o gran momento no que se atopa. Se Thompkins segue sen ser dado de alta, podemos quedar con el nos nosos equipos sen medo. Os 14 que precisa agora para subir todo fan que sexa mellor pensar noutros nomes á hora de fichar.

O 7.2 de Volodimir Gerun a xornada pasada vale máis do que poida parecer. Tiña un día nefasto, no que non daba unha a dereitas, ata o punto de chegar a poñerse en -6 ou -7, creo recordar. Nunha mostra de carácter, en vez virse abaixo, logrou repoñerse ata sumar eses 12-13 de valoración no tramo final que contribuíron de forma decisiva á primeira vitoria do Breo. Ten unha saída moi favorábel a Burgos (unha das peores defensas interiores neste arranque) e cun 0 xa sobe o máximo. Despois vén o derbi galego en Lugo, onde tamén o debería facer ben. A volta de Brown está preto, haberá que ver como queda a rotación interior do Breogán co seu regreso.

Nik Caner-Medley tivo un día moi desafortunado no lanzamento; o seu 8 soubo a pouco, mais tiña moito broker acumulado que lle volve deixar unha suba do máximo moi doada: 6. Está a rebotear moi ben (13 na última xornada) e tamén asume bastantes lanzamentos (se está acertado, ten alta probabilidade de pico). Agora venlle unha saída complicada a La Laguna e a semana que vén recibe a mellor defensa interior até o momento: Baskonia. O calendario non aconsella a súa fichaxe, mais se xa está no noso equipo, é boa opción quedar con el esta semana.

terceiro banzo

tercer escalón

Ante Tomic xa baixou a xornada pasada (tampouco moito: 30 mil) e precisa 35.7 para subir todo (e un 20 para manter). Iso non recomenda a súa compra, mais se inda estaba nalgún dos nosos equipos, as perspectivas con el non son malas esta semana se optamos por mantelo. Vén de dous grandes partidos en Euroliga superando a vintena e a dureza do rival, Valencia Basket (é unha defensa media dos pivotes), non invita a que Pesic aproveite para facer rotacións se quere manter o liderado.

Cady Lalanne deu contra o Andorra por vez primeira no curso a medida do que pode acabar ofrecendo esta tempada. Comezou, unha vez máis, cunha baixa concentración e caeu de inmediato en problemas de faltas. Cando volveu entrar, foi un xogador diferente, moito más centrado e incisivo en ataque. Agora ten unha suba doada (-2) e enfróntase de local ao Unicaja, que é na posición na que máis valoración está a conceder. A do Nou Congost é unha das afeccións que máis tiran polos seus; iso parece que lle pasou factura nos dous primeiros de local —onde nin chegou aos 5 de valoración—, mais esta é unha boa ocasión para deixar outra imaxe ante os seus seareiros. Despois vai a Murcia, que é a defensa interior que máis valoración está a conceder neste arranque.

O ucraíno Bobrov está a alternar boas e malas xornadas. En principio o partido contra a Penya debería virlle ben se non se mete en problemas de faltas. Sobe todo cun 4 e a semana que vén ten un partido inda máis favorábel coa visita do Granca a Donostia.

fóra da listaxe

fuera de la lista

A semana pasada quedou claro que o gran partido de Arteaga na terceira foi, unha vez máis, algo puntual. Veremos se esta tempada si acaba gañando consistencia, polo de agora queda para cazaxornadas que busquen acertar co pico que dá de tarde en tarde entre xornadas de baixas valoracións. Por máis que Pustovyi o fixera ben a semana pasada, esta o Barça ten un partido moi duro, co que nin sequera é segura a súa participación (xa mirou as xornadas 2 e 3 por completo desde o banco). Poirier xa está no seu prezo, co que en fase de acumulación o seu é recoller os grandes beneficios que reportou e darlle descanso. Toko tampouco entra, inda que no seu caso aplica o dito a semana pasada (quen lle reservou unha praza para toda a tempada e tanto lle ten que uns días suba e outros baixe porque eses cartos non os vai empregar noutros, pode seguir co plan). Sabemos que el é capaz de dar un pico en calquera partido, mais ten unha suba moi complicada, polo que cómpre empregar eses cartos nas ás, que garanten moito broker e estamos faltos del. Foi dicir que Iverson non se estaba a parecer á súa versión do ano pasado e volver a vela. Ao negativo da semana pasada sumou outro partido desatinado na Champions. Non inspira ningunha confianza para seguir con el. Dubi está a moi bo nivel, mais precisa moito para subir o máximo e o Barça está a conceder pouca valoración aos pivotes rivais. Vene fíxoo de marabilla a semana pasada e sobe todo cun 0, porén, o partido contra o Unicaja non é mellor e hai que ver se Dragovic xa é dado de alta para esta xornada (vén para substituír a Lukovic). Delía debería subir todo, precisa 4, mais non entra porque xoga en Vitoria.

O equipo do blog

El equipo del blog

Este ano Andrómenas está a ser Dramómenas. Non é que nesta xornada remontara algo, é que perdín outros 400 postos cos 115.4 puntos que fixen. Quedo o 52765º da xeral. Lembro que, por cómico que pareza, o obxectivo era rematar no Top 1000 (o ano pasado parecíame que quedara moi lonxe del rematando o dous mil e pico). Por se non abondase, lesionouse Dakota Mathias, un dos dous xogadores que me faltaban por xogar no partido aprazado entre Penya e Breo. Vaime sumar un precioso 0. Polo menos en broker ando un chisco mellor (24129º). E ollo, todo este desastre está a se producir mentres gaño puntos cada xornada cos cambios (nesta desfíxenme dun Vitali que se marcou un -10). Os que entraron fixeron case 30 puntos máis respecto aos que estaban. Inda podía ter sido moito peor.

Esta semana os cambios son provisorios, á espera de novas sobre os interiores do Madrid. Polo de agora entran Tavares, Jordan e Ennis por Shengelia, Clark e Pérez. Non me queda máis remedio que apandar con Santana e tamén me tería gustado vender a Renfroe.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence ao filme Back to the Future (Robert Zemeckis, 1985).