Xornada estándar na que o máis complicado foi acertar coas ás. Nos meus equipos houbo un pouco de todo, aínda que case sempre subas ou baixadas moderadas. No meu mellor, sen bases nin ás que o fixeran ben, a valoración concentrouse nos pivotes (sumaron 110 entre os 4 e só 50 entre os outros 7 xogadores). Os 160.2 puntos non abondaron para manterme, perdín case 150 postos até o 671º da xeral, aínda que en puntos é pouca cousa. En broker segue a marchar ben (case 11.6 millóns).
B
1º
Pérez (7/+15)
Senglin (12/+15)
Bassas (8/+15)
2º
Henry (32.4/+15)
Bellas (20.4/+15)
Colom (2/+4)
Huertas (-1/-15)
3º
Dimitrijevic (7.1/+15)
A
1º
McFadden (0/+7)
Prepelic (26.4/+15)
Eyenga (7.2/+2)
2º
Brizuela (-)
Díez (12/+15)
Harper (4/+2)
Loyd (1/+15)
Rivers (2/+15)
Booker (14/-2)
3º
Ejim (10.8/+15)
Vaulet (4/+15)
Tokoto (10/+15)
P
1º
Shermadini (31.2/+15)
Mirotic (30/+15)
Shengelia (33.6/+15)
2º
Balvin (16/+15)
Tavares (12/+6)
Dubljevic (14/+5)
3º
Kravish (16/+15)
Lammers (2/+15)
Suárez (21.6/+15)
Justiz (10.8/+15)
Clark (17/+15)
Arteaga (22/+15)
A listaxe foi a mellor de sempre (ou moi preto) nos pivotes, mais nas ás foi un desastre. Ofrecia opcións para subir mais tamén para baixar.
Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15%.
B
1º
Adams (30)
Henry (-5)
Senglin (-11)
2º
Bellas (-15)
Hannah (8)
3º
Lecomte (8)
Bassas (11)
Dimitrijevic (6)
A
1º
Prepelic (38)
J. Fernández (19)
Booker (29)
2º
Bouteille (-1)
Díez (1)
Hanga (11)
Ejim (5)
McFadden (31)
Yusta (-10)
3º
Rivers (5)
Harper (21)
Rodríguez (-1)
P
1º
Shengelia (27)
Shermadini (45)
Mirotic (65)
Balvin (34)
2º
Burjanadze (-8)
Diagne (40)
Dubljevic (32)
Suárez (3)
Clark (7)
3º
Arteaga (3)
Garuba (-9)
Seguimos a precisar broker, mais xa non podemos facer un equipo que sexa competitivo e ao mesmo tempo estea cheo de xogadores que aseguren suba. Hai que optar por deixar algúns fixos: hai varios pivotes con esas trazas (Shermadini, Mirotic, Toko, Balvin, Diagne…) e tamén temos a Prepelic nas ás. Despois debemos tentar complementar estes con xogadores que nos sigan a dar os cartos (aínda que tamén han de ter perspectivas de valorar ben).
Gran Canaria – Joventut
(26, 18:00)
@VBC, @BLB | OBR, @ZAR
Ambos equipos son amábeis cos bases, sobre todo a Penya. Cook ten un bo historial contra o Joventut (cando menos 14 nos últimos 4 enfrontamentos e 13 de media de local na súa carreira), así que podemos mantelo; á hora de fichar, hai opcións nese rango de prezo con subas máis doadas. O gran encontro de Zisis na pasada, por desgraza, creo que é un dato atípico. Non está a xogar a gran nivel e as súas valoracións habituais están moi lonxe dese 30 (-7 esta mesma semana na Eurocup). Non o contemplo como opción. Máis interesante, polo seu baixo prezo, vexo a Dimitrijevic. O macedonio vén de acadar a decena por vez primeira no curso na Eurocup, a xornada pasada subiu o máximo e o seu gran partido parece que está ao caer (o Granca é un bo candidato). Prepelic está nese grupo de xogadores nos que o broker non importa se xa o temos nos equipos, que suba ou baixe tanto ten, porque vai quedar aí indefinidamente. Beirán regresa esta semana e está barato, mais cómpre darlle esta xornada de marxe para ver como volve da lesión. Este regreso réstalle algo de atractivo a Paulí, que terá algún minuto menos, mais como Rabaseda segue de baixa, deberiámolo ver cando menos unha ducia de minutos en cancha. Iso pode abondarnos para mantelo, mais non para fichalo. Máis complexa parece a opción Harper. Este ten os minutos garantidos, aínda que a súa valoración está a flutuar moito. Esa irregularidade é un problema á hora de darlle entrada, mais se aínda o temos podemos aguantalo unha semana máis, porque deu a súa mellor versión de local (27 e 14.4). Beqa semella que xa tomou o pulso ao seu novo equipo —leva dous encontros a gran nivel—, está a moi bo prezo, garante máis dunha suba e a Penya é un rival moi favorábel (acadou a trintena contra eles o curso pasado). Grande opción que incluso poderiamos manter en próximos encontros. Omic non creo que pinche no seu regreso á illa (xogou alí na 15-16), é o líder da liga en rebotes e o Granca está a permitir bastante valoración dentro. Podemos quedar con el, á hora de fichar pensaría noutras opcións. Aínda que Morgan vaia subir varias xornadas, cómpre agardar un pouco (só acadou a decena nun dos cinco encontros que leva este curso).
Murcia – Obradoiro
(26, 18:00)
@AND, VBC | @JOV, BAS
Se procuramos a diferenciación, Lecomte pinta ben esta xornada: está a bo prezo, ten un rival bastante amábel, só contra o Madrid non acadou a ducia este curso e a suba do máximo é accesíbel. A máis dunha xornada a cousa complícase con dous rivais entre as 5 defensas que menos conceden no que vai de curso. Booker é un dos xogadores máis interesantes da xornada. Na casa é moito máis fiábel (superou a vintena en ambos), o Obra dá facilidades na posición e incluso o poderiamos manter na viaxe a Andorra. Kravic fóra da casa non está a funcionar ben (case 15 menos de media), así que con dous seguidos fóra non parece o seu momento.
Burgos – Valencia
(26, 20:30)
ZAR, @CAN | GCA, @MUR
Os equipos atópanse en dinámicas opostas, o Burgos está a deixar unha grande imaxe e o Valencia está moi por baixo das expectativas (acumula un 2-7 entre as dúas competicións). Por máis que Bassas se atope entre os máis vendidos da xornada (non sen razón, porque o Valencia é dos equipos que menos están a recibir dos bases), aínda deberiamos esperar unha boa suba (coido que pode roldar a decena). Se chegan os trocos podemos procurar unha opción cun encontro máis doado, pero non é unha das vendas máis urxentes (xoga na casa e o seu chan deste curso é un 8, que abondaría para levarnos outros cen mil de broker). A Loyd podemos consideralo como unha opción para cazaxornadas, porque seguro que asumirá lanzamentos e se está inspirado pode facelo ben, mais para a xeral a estas alturas do xogo supón un risco excesivo por ese prezo. Tralo tropezo inesperado da última xornada, McFadden queda nunha situación complicada (precisa acadar a trintena para subilo todo). Porén, o Valencia está a conceder moita valoración na posición e a afección do Burgos empurra moito (véñenlle dous seguidos na casa, onde superou a vintena nos dous encontros que leva de local). Non me parece unha loucura mantelo. Dubljevic non ten o encontro máis doado, pero está a ir a máis e é a referencia do seu equipo; ademais, o Burgos dáselle moi ben (superou a vintena en todos —tres— os partidos contra eles). Podemos quedar con el sen temor e o encontro da semana vindeira de local contra o Granca élle favorábel. No Burgos o home a seguir é Clark, volve ter unha suba moi doada tralo bo partido da última xornada e o Valencia está a dar facilidades por dentro. Contra o Zaragoza na vindeira xa non pinta tan ben.
Unicaja – Estudiantes
(26, 20:30)
BET, @RMA | CAN, AND
Con Estu e Betis por diante e ambos na casa, preséntase un escenario inmellorábel para os exteriores do Unicaja, sobre todo na posición de un: Zisis (30), Dani Pérez (26) e Bellas (26.4) superaron os 25 nasas últimas tres xornadas contra os colexiais. A iso hai que sumarlle a baixa de Díaz, que fai que haxa máis minutos a repartir. Neste escenario, Adams, que está a ser a gran referencia ofensiva do seu equipo, ten unha semana para irse á trintena. Jaime compartirá as funcións de base co norteamericano (aínda que coincidirán ambos moitos minutos en cancha). Na casa é un xogador moito máis fiábel (18 de media no curso pasado e 17 neste), está a un prezo moi atractivo para un xogador do seu nivel, leva dúas boas valoracións seguidas e non podemos esquecer o factor ex (formouse na canteira do Estu). O único pero é que precisa acadar a vintena para subilo todo. A min chámame moito esta semana. Máis seguridade na parte económica achega Ejim. Ten unha suba do máximo moi doada e, aínda que non ten unha probabilidade de pico tan alta como as de Adams e Jaime, deberiamolo ver na decena sen moito problema. No xogo exterior do Estu, cun Brizuela que foi baixa inesperada a semana pasada por problemas estomacais (só o soubemos con 3 minutos de antelación) e que nesta é dúbida por unha escordadura de nocello, os xogadores relevantes son Scrubb (descartado ao prezo ao que se atopa e co que está a baixar as súas prestacións a domicilio) e Pressey. Aínda que este último non entre na listaxe pola dureza do rival, superou a decena en todos os encontros da tempada agás nun e comeza a subir a partir de cinco, así que non é unha venda obrigada. Por dentro, a opción volve ser un xogador formado no Estu: Carlos Suárez. Leva tres boas xornadas seguidas, ten a suba do máximo moi doada, tanto o Estu como o Betis son moi amábeis por dentro e o curso pasado foi un seguro no Carpena (ten 2 seguidos na casa). Arteaga está a lograr unha solidez que non lle viramos antes na súa carreira. Ten unha suba do máximo moi doada, aínda que non será fácil que repita o de Badalona, a defensa do Unicaja non dá tantas facilidades como a da Penya.
Madrid – Manresa
(27, 12:30)
@BAS, UNI | BLB, @FUE
Este semella un dos encontros con menos interese para o SuperManager. A longa e impredicíbel rotación de Laso fai que no Madrid só poidamos contemplar a opción Garuba. Laso está a cinguir a participación do interior madrileño á liga ACB e nun encontro con este aparente desequilibrio entre ambos equipos debería ter bastantes minutos. Asegura varias subas e deberiámolo ver cando menos arredor da decena. Iso si, con Baskonia e Unicaja nas vindeiras non podemos esperar que manteña os seus minutos despois desta. No Manresa hai dous nomes relevantes: Pérez e Kravish. O base catalán non vai entrar contra un equipo que está a asfixiar os uns rivais (1 de media en conxunto, só Rowland acadou a decena contra eles). Se xa o tiñamos, debemos mantelo? Pois se temos un troco dispoñíbel, aínda que podemos aguantalo porque sobe broker con facer positivo, son máis partidario de darlle saída (os precedentes contra os brancos non son bos). Para esta prefiro quedar con Bassas (creo que valorará máis) e, se ben despois lle vén un calendario moi favorábel, Frankie Ferrari está a piques de volver e xa debería estar listo para a vindeira (incluso podería ir entrar nesta convocatoria, aínda que con poucas opcións de xogar). Tampouco ficharía nesta ao interior norteamericano, pero quedaría con el con máis tranquilidade. O Madrid tamén é a mellor defensa por dentro, porén, no que vai de tempada ata nove xogadores acadaron xa a decena contra os brancos. Está a ser un xogador moi sólido e debería subir o máximo sen problemas.
Bilbao – Fuenlabrada
(27, 12:30)
@MAN, GCA | @FCB, MAN
O Fuenla chega con 4 baixas no xogo exterior e varios tocados. Entre os que arrastran problemas físicos atópase Bellas, o único base dispoñíbel. Volveu xogar a semana pasada e deu outro pico. O Bilbao é un equipo moi amábel cos uns, está a bo prezo e vai subir varias semanas. Este semella un encontro ideal (aínda que haberá que estar atento ao seu estado), a vindeira no Blaugrana xa é outra historia. Cando Bouteille semellaba que estaba xa preto do seu tope, deu outro estirón e acadou a vintena no peor encontro dos homes de negro neste curso. Sobe todo con negativo e o Fuenla é un rival favorábel. O normal, se vemos un Bilbao máis coral ca no último encontro (no que os xogadores non vaian ao seu ar), é que estea máis ben na decena, que é unha valoración máis ca interesante para un xogador que nos vai deixar 125000 e que podería incluso seguir nos equipos (ten un bo calendario por diante). Se precisamos completar cunha á moi barata, Sergio Rodríguez está a deixar unha boa imaxe e subirá todo (podemos esperar que siga no rango de 5-10). É o momento de darlle descanso a Eyenga e aproveitar todos os cartos que nos deixou. Xa non cumpriu nun encontro favorábel como o da semana pasada e tamén está con problemas físicos. Ademais, o Bilbao concede moi pouco na posición. Como opción de risco podemos contemplar a Richotti, que debería ter moitos minutos polas baixas, vén dun gran partido e ten unha suba doada. Por dentro o interese está tamén no Bilbao. Balvin é un dos pivotes fortes do curso, dos que poden entrar nos equipos e quedar aí. Salvou a semana pasada nun encontro terríbel do Bilbao, no que non meteron case pelotas dentro nin souberon ler as continuacións; a pouco que vexamos unha versión do equipo máis habitual, debería irse á vintena. Agás lesión, vai ser complicado que o vexamos pinchar este ano. O normal é que Lammers tamén cumpra arredor dos 10-15, porén, xa non é das opcións máis atractivas pola súa condición de extra. Kulboka sérvenos como opción brokeriana para completar equipos; emporiso, o Fuenla está a conter bastante mellor os AP que os pivotes.
Betis – Andorra
(27, 17:00)
@UNI, FCB | MUR, @EST
Senglin é unha das opcións estrela nos bases. Ten aínda cando menos un par de subas por diante, o Betis non é dos rivais máis esixentes e non lle queda mal calendario. Se queremos diferenciarnos ou non dispoñemos de praza de extra libre, Hannah tamén resulta unha opción atractiva, aínda que non está a amosar a mesma solidez que o seu compañeiro (que só fallou contra os grandes). A opción a ter en conta no Betis é Rivers. Apuntaba a ser unha das ás máis importantes do xogo, mais só acadou a decena nunha das cinco xornadas (fixo un pico, iso si). O bo é que está a bo prezo, debería subilo todo e garante arredor dos 25 minutos de xogo. A chave vai estar no acerto, porque está a lanzar moito. Se entran, pico; se non, andará polos 5. Opción para afoutos. Por dentro estaba a emerxer a figura de Pérez, como bandeira económica que podía dar bastantes puntos ademais dos cartos; porén, o regreso de Musli déixao como unha opción bastante incerta. O regreso do serbio non debería ter grande impacto nun Diagne intratábel. Non o ficharía xusto agora de visitante e ao prezo que está xa, porque o Andorra é moito máis forte de local (gañou todos na casa e perdeunos todos fóra, ademais, a media de Moussa baixa dos 27 aos 14), pero se xa o tiñamos é dos que poden quedar aí fixos (é a estrela dos do Principado).
Zaragoza – Barça
(27, 18:30)
BUR, @JOV | FUE, @BET
O Barça está sen bases e no Zaragoza só podemos pensar en Alocén para cazaxornadas (non me estrañaría que fixese o mellor encontro do curso). Hai que prestar atención a Seeley, que comeza a seguir o mesmo camiño que Okoye na tempada pasada. Darlle entrada xusto agora semella complicado porque hai outras opcións mellores, mais o Barça non está a ser das defensas máis esixentes nas ás e o Zaragoza na casa é moi forte. Hanga, que xogará sobre todo de base, está nun gran momento, vai ter unha morea de minutos e Zaragoza é unha cancha que se lle dá moi ben (por diante ten un calendario amábel). Se non chegan Claver nin Ribas, as perspectivas de Kuric (que vén dun bo partido na Euroliga) melloran bastante, así que nese caso poderiamos mantelo no equipo (acadou a trintena na súa última visita a Zaragoza, no playoff da liga pasada). Que facemos con Mirotic? Como xa dixen a pasada, non é o momento de darlle entrada; se xa o temos, gastar un troco en darlle saída a un xogador coma el, agás que teñamos moita necesidade de cartos, sempre implica un risco alto (aínda que pareza difícil que siga a subir cando xa é o xogador máis caro da historia do xogo). É dos poucos, case o único, que nos pode dar un 50 en calquera partido (iso marcaría por completo a xornada, como na 1ª e na 4ª) e contra un rival tan complicado como o Zaragoza de local o normal é que xogue moitos minutos e o equipo precise darlle moitos balóns. Con dobre xornada de Euroliga despois, igual o vemos descansar na vindeira de local contra o Fuenla (teremos que estar atentos a vindeira semana ás novas). Non é o mellor partido para dar entrada a Davies, mais aguantaríao tamén nos equipos nos que estea, sobre todo se Justiz non chega.
Canarias – Baskonia
(27, 20:00)
@EST, BUR | RMA, @OBR
Henry atópase nun gran momento e vaino subir todo. É unha das grandes opcións desta xornada; porén, non hai que perder de vista que na vindeira recibirá o Madrid após unha longa semana de Euroliga. Nas ás só podemos contemplar a Shields, aínda que non entra porque precisa acadar a vintena para subilo todo. No Canarias chega Konate para substituír a Singler, aínda que di Vidorreta que o normal é que aínda non xogue este fin de semana. Iso para o SM viríanos moi ben porque emerxeu en Yusta unha bandeira de moi baixo prezo e broker garantido que nos pode dar marxe para investir noutros xogadores. Non podemos esperar que repita o da xornada pasada, mais con 20 minutos de xogo podería perfectamente roldar a decena (aínda que obviamente non é un xogador fiábel). Non lle vén un mal calendario por diante. Máis solidez cabe esperar de Díez, tamén sobe o máximo (válelle con facer positivo) e debería andar cando menos pola decena. Por dentro, o interese concéntrase nos xeorxianos, Shengelia e Shermadini. Toko aínda debería subir bastante (incluso todo) e non debería preocuparnos a visita do Madrid na vindeira xornada. Sherma é fixísimo.
Andrómenas segue a escalar. Aínda que non atinei coas ás, a entrada de Shengelia si funcionou. Fixen 157 puntos que serven para gañar case 500 postos até o 3746º da xeral. En broker gañei unha boa suma que me deixa case nos 11 quilos.
Após cinco xornadas de contención, nesta voume dar o gusto de dar entrada a Jaime, que non ten suba do máximo garantida. Entra no sitio de Kuric. Meto a Ejim por Harper (sairase, é a lei), para librar a praza de extra que me permita incorporar a Senglin por Dani Pérez.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence a acb.com