Se estás nos 12 millóns, eu diría que xa te podes ir relaxando co broker. Non é que con iso xa abonde para fichar o resto do ano (non dá nin para meter o 11 máis caro nestes momentos), mais seguro que aínda tes xogadores que van subir unhas cantas semanas, así que xa vas gañar de forma natural o que che falta sen necesidade de te preocupar por seguir acumulando. A maior parte dos managers aínda temos que manter un ollo nos cartos (e algúns os dous). Paga a pena deixar algúns puntos no camiño agora que se pode gañar diñeiro de forma fácil para non ter que lamentar despois. En calquera caso, a fase de acumulación vai esmorecendo e a hora da verdade está a piques de comezar.
Nos meus equipos foi unha xornada dispar, inda que acumulei máis subas que baixadas (a pesar de que levaba moitos Tavares). O meu mellor baixou un chisco até o 1757. Depois de 6 xornadas aínda non cheireri sequera o Top 1000. En broker tampouco destaco, só teño 4 equipos que superen os 11 millóns. O equipo no que teño máis cartos, 11.5 millóns, vai o 3500. Pouco a pouco.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Ennis (17/+15%)
Pangos (39.6/+15%)
McCalebb (11/+15%)
Segundo banzo
Segundo escalón
Dimitrijevic (3/+15%)
Granger (26.4/+15%)
Cvetkovic (2.4/+15%)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Llull (28.8/+15%)
Hannah (1/-15%)
Cook (11/+15%)
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
J. Fernández (15.6/+14%)
McFadden (10.8/+15%)
M. Thomas (21.6/+15%)
Brizuela (15/+15%)
Segundo banzo
Segundo escalón
Blazic (0/+15%)
Hilliard (16.8/+15%)
Popovic (14/+14%)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Abalde (9.6/+15%)
M. Garcia (20/+15%)
Milosavljevic (8.4/+15%)
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
W. Thomas (10.8/+15%)
Lalanne (4.8/+15%)
Jordan (19.2/+15%)
Segundo banzo
Segundo escalón
Shengelia (20.4/-2%)
Poirier (1.2/-15%)
Tavares (-)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Pasecniks (8/+15%)
Cate (4/+15%)
Diop (18/+15%)
Gerun (10.8/+15%)
Birgander (8/+15%)
Para a selección, por terceira semana consecutiva, as cousas marcharon ben. Moito verde na parte alta. Un equipo que xuntase as eleccións preferentes tería subido moito esta xornada. Máis abaixo houbo malas valoracións inesperadas como as de Hannah e Poirier. A baixa de Tavares tamén fixo dano, mais xa sabiamos que isto podía acontencer en calquera momento.
Coma sempre, a lenda é a seguinte: resaltados van os xogadores que son cota, de vermello os extracomunitarios e entre paréntese a valoración que precisan para subir o 15%. Podédesme seguir no Twitter para estardes ao tanto de novos artigos e de calquera modificación deste, se a houber.
Como siempre, la leyenda es la siguiente: en negrita van los jugadores que son cupo, de rojo los extracomunitarios y entre paréntesis la valoración que precisan para subir el 15%. Me podeis seguir en Twitter para estar al tanto de nuevos artículos y de cualquier modificación que pudiera tener este.
Bases
Primeiro banzo
Primer escalón
Pangos (-14)
Renfroe (31)
Granger (21)
Segundo banzo
Segundo escalón
Ennis (5)
McCalebb (20)
Llull (22)
Laprovittola (26)
Hannah (33)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Dimitrijevic (2)
Cook (14)
Pérez (10)
Ás
Aleros
Primeiro banzo
Primer escalón
Beirán (18)
J. Fernández (45)
McFadden (26)
Brizuela (-13)
Segundo banzo
Segundo escalón
M. Thomas (-19)
Dawson (-1)
Claver (9)
M. Garcia (-17)
Doyle (17)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Cancar (21)
Deck (18)
Milosavljevic (-8)
Pivotes
Pívots
Primeiro banzo
Primer escalón
Lessort (15)
Iverson (27)
Tomic (34)
Pasecniks (9)
Segundo banzo
Segundo escalón
Jordan (19)
Poirier (41)
Shengelia (48)
Tavares (32)
W. Thomas (-31)
Shermadini (31)
Terceiro banzo
Tercer escalón
Dubljevic (34)
Birgander (13)
Lalanne (10)
Kuzmic (-25)
Víctor Trollver gústame esta semana. Estivo moi ben a pasada (a súa defensa de Lapro foi unha das chaves da vitoria do Barça) e repetiu un gran partido na Euroliga. Despois, coma sempre que nos engana para darlle entrada, fallará, mais boa pinta tena toda contra un Fuenla que de local está a ser masacrado polas ás. A Hillard, que está a parecer dous xogadores diferentes en ACB e Euroliga, evitaríao contra os rivais máis duros. Haberá quen precise os cartos de Jaime, agora que xa non garante suba, e os aproveite para equilibrar o equipo. Se non hai esa imperiosa necesidade, eu non o movería. Está nun momento de xogo inmenso e é bandeira; será fixo nun par de semanas e se non precisas os cartos, xa o é agora. Igual para metelo non é a mellor xornada, mais Marc Garcia apunta a xogador importante e debería subir durante moitas semanas. Se xa está, debe quedarse; se non, tampouco vería mal darlle entrada pensando a varias xornadas. O Madrid xoga na casa. Perigo. Cando ten que viaxar, os descartes quedan en Madrid, así que temos a información a tempo; mais, de local, saberemos quen descansa cando xa non haxa remedio —como a semana pasada con Tavares ou na cuarta xornada con Llull—. Llull e Tavares non estiveron ben na Euroliga, e Tavares ademais non xogou a semana pasada. A lóxica dinos que van xogar e facelo ben. Unha lóxica que co Madrid non vale ren. Cada cal ten que decidir se asumir ou non o risco. Eu vou manter a Tavares nalgúns dos equipos e non creo que fiche a Llull en case ningún, porque me dá máis seguridade esta semana Granger e en moitos manterei a Neno, segue con broker garantido e cun bo calendario por diante. O Baskonia está a ser unha apisoadora; seguro que contra o VaBas lle ha custar máis, pero eu non lle daría entrada a ningún xogador taronja esta semana. Si mantería aos Thomas e Van Rossom, porque garanten broker, e a Dubi, igual non paga a pena gastar un cambio nun pivote que apunta a fixo; amais, todos son grandes xogadores e seguro que algúns deles acaban cumprindo. Por parte Baskonista, se temos a Shengelia eu non o movería, mais non é a mellor semana para darlle entrada; Poirier de local ofréceme poucas dúbidas e ten bos precedentes contra os laranxas. Pasecniks teno todo. Parecía que ía comer o mundo, pero o ano pasado non deu o nivel. Este semella que pode ser o seu. Gran partido na Euroliga e rival moi propicio no Manresa. É unhas das apostas da semana. Xa sabemos que non é o xogador máis consistente; implica certo risco. Con Iverson é todo ou nada. Apunta a todo contra un Zaragoza que en 6 xornadas xa permitiu que 7 pivotes superaran a vintena. Jordan acabará saíndo mal porque xa van varias semanas salvando a valoración ao final, mais segue a ser moi gorentoso e ten un rival moi favorábel. O concurso de Tomic está garantido, foi dado de alta despois de descansar contra a Penya, vén dunha boa valoración en Euroliga e o ano pasado xa fixo un 37.2 en Fuenlabrada (que está a ser das peores defensas interiores).
Andrómenas segue a súa escalada dende o inferno a pesar de Tavares. Os 150.2 puntos da xornada valeron para ascender dunha vez outros 10500 postos até o 30751º da xeral. Van case 27 mil posicións gañadas en 3 xornadas. A partir de agora custará máis seguir coa remontada. Non gañei puntos cos cambios —polo sorprendente 14 de Santana—, mais si broker: 250 mil respecto aos que estaban e un total de 1 millón na xornada.
A Renfroe, de contar con cambios abondo, teríao cambiado hai un par de semanas. Por fortuna, non foi así. Chegados a este punto, xa non é momento de movelo, aínda debería subir algo máis, ten moi bo calendario e está a ser o mellor base do que vai de ano. Quedo con Tavares, a ver que pasa. Saen os Manresa Lalanne e Tomàs para dar entrada a Lessort e Beirán e, como non quero deixar moito en caixa, Neno cédelle o sitio a Granger. A miña idea para a semana que vén é darlle saída a Tavares e Jordan (vai a Málaga) e meter xa a Toko. Xa veremos que penso en 7 días.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira pertence á aventura gráfica tiny and Tall: Gleipnir (pins, 2018).