
Após a mellor, chegou a peor semana para os meus equipos. As malas xornadas son inevitábeis e ás veces, como esta, chegan a consecuencia dunha boa semana anterior. Para poderes subir tes que diferenciáreste nalgúns xogadores, e iso fai que se eses non cumpren a seguinte semana, sucedan estas cousas. Se agrupamos ambas xornadas, o subido entón e o baixado nesta, o saldo é positivo. No mellor equipo baixei 8 postos, polos 16 que subira a anterior, e quedo 10º da xeral. De feito, os cambios introducidos sumaron 15.8 puntos máis que os que saíron —incluso gañei un chisco máis cos cambios que a semana pasada, e esta quedei case o 13 mil polo 99 da pasada—. Así que a mala xornada —156 puntos— non se debeu a uns malos cambios —inda que o de mudar a Granger por Heurtel resultou moi doloroso—, senón a que se deu así: varios xogadores moi fiábeis puxéronse de acordo para tropezar.
É importante facer esta lectura en frío, tomala como un punto atípico, e seguir como até o de agora. Este tipo de xornadas son perigosas, porque podes estragar unha boa dinámica por tentar solucionar un problema que non é tal. Asinaba agora mesmo que todas as malas semanas sexan coma esta.
A selección da sexta resultou así:
Doncic (16.8/-5.4%)
Granger (9/-8.4%)
Campazzo (28.8/+15%)
Heurtel (30/+15%)
Tabu (4.8/-2.8%)
McCallum (8.4/+11%)
Cook (10/+15%)
Chery (15/+15%)
Ponitka (4/+15%)
Green (22.8/+15%)
Blazic (-1/+15%)
Cruz (3/+15%)
Beaubois (16/+15%)
Eriksson (3/+15%)
Eyenga (1/-15%)
Abalde (21.6/+15%)
Norel (20/+15%)
Shengelia (25/+15%)
Jordan (27.6/+15%)
Abromaitis (6/+15%)
Oriola (0/+15%)
Brooks (15.6/+15%)
O’Leary (6/+15%)
Tomic (-2/-15%)
Esta debe de ser aínda unha xornada de acumulación. Para fichar o equipo ideal da miña selección desta semana precisaríanse uns 14 millóns, cifra que lle queda moi lonxe incluso ao meu mellor equipo. De feito, só hai 10 equipos en todo o xogo que superen esa cantidade, e figúrome que todos eles están xa orientados ao broker. Ninguén da xeral poderá ter esta semana ese equipo ideal. Xa hai poucos xogadores que conten cunha suba propicia de broker e sexan interesantes asemade para valoración. Hai que aproveitalos antes de que sexa tarde.
A selección da semana:
Doncic
Heurtel
Granger
Campazzo
Cook
Vives
S. García
Green
Ponitka
Eriksson
Nedovic
Swing
Blazic
Neal
Benite
Abalde
Norel
Shengelia
Jordan
Dubljevic
Kelly
De Jong
Randolph
Con Andrómenas, como con case todos os demais, baixei posicións. Os 155.4 puntos fixéronme retroceder ata o 1159 da xeral. Foi un descenso moderado, de menos de 100 postos, en contraposición cos case 1600 que subín a pasada. Os cambio sumaron 25.8 puntos máis dos que xa estaban, o que supón a segunda mellor diferenza do que vai de ano. Gañei 1.37 millóns. A pesar da baixada, debo cualificar de positiva a xornada. Nos derradeiros compases da fase de acumulación, o equipo está nunha situación moi favorábel de cara ao obxectivo final do Top 1000.
Nos cambios desta semana teño moi presente o broker para deixar de preocuparme por el no futuro. Entre Eriksson, Ponitka e Blazic sumaron 6 puntos a xornada pasada; porén, con ese caletre xélido que dicía que se precisa agora, vou mantelos a todos. Eriksson xoga na casa, onde ten máis de 23 de valoración media, sube broker a partir de 3 e é cota —nunha xornada con poucas bandeiras interesantes—. Por todo iso, a pesar do complicado do rival —Fuenlabrada está a ser o equipo que menos valoración concede nesa posición—, ten que seguir. Con Ponitka abonda pouca explicación: con un 2 sobe 165 mil e a semana que vén enfróntase ao Basket Zaragoza. Pola súa banda, Blazic chéirame a pico contra a Penya, que xa os encaixou dos propios Eriksson e Ponitka. Oriola debe de ir fóra, o broker que asegura non é argumento abondo se temos en conta a rotación impredicíbel de Sito. Non hai bandeira alternativa nos pivotes, así que teño que completar as cotas nos bases. McCallum sae. Non teño cartos para Granger, imos polo seguinte na listaxe: Vives. Diot segue de baixa, o rival é o máis propicio —ninguén recibe tanto na posición de 1 como o Burgos— e Guillem vén de dúas boas valoracións. Co que me queda en caixa e o anhelo de poder sumar uns bos cartiños, destaca a opción Randolph. Precisa só un 7 máis bonus para subir o 15% —190 mil euros, nada menos— e leva unha tempada cunha regularidade incríbel. A pega é que vén de varias semanas de baixa. Xa xogou en Euroliga —7 de valoración en 11 minutos— e foi dado de alta para esta xornada da ACB, así que a súa participación está garantida e coido que terá máis minutos. No peor escenario dará bastante broker —é unha oportunidade efémera— e non descarto que consiga xa unha boa valoración.
Si, volvo deixar un cambio sen usar, porque as alternativas no mesmo rango de prezo parécenme menos interesantes que os que xa teño.