Volveu ser unha semana complicada, na que varias das opcións brokerianas non funcionaron (Senglin, Ejim, Yusta, Burjanadze, Arteaga…) e Adams, que semellaba ser un dos candidatos a MVP da xornada contra un Estu que permitira un pico tras outro nos bases, fixo o peor encontro do curso. Nos meus equipos non foi unha boa semana. No meu mellor foi a xornada na que dei máis voltas ao equipo e ao final quedei coa peor de todas as combinacións que probei. Como a Henry lle viña nesta un encontro fronte o Madrid e Adams encadeaba dous de local contra dúas das defensas máis permisivas, elixín o do Unicaja. Iso fixo que quedara tamén con Pérez no canto de Bassas para que me chegaran os cartos. A diferenza entre unha opción e outra foi de 34 puntos e, o peor, uns 200 mil de broker (a iso hai que unirlle o marabilloso 0 conxunto de Rivers e Kuric). Fixen 148.4 puntos que me fan descender 219 postos até o 990º da xeral (a caída aínda non foi tanta) e quedo descolgado no broker (11.8 millóns). Agora non me queda máis que manter a aposta por Adams, espero que non me dea un segundo desgusto.
B
1º
Adams (3/-14)
Henry (31.2/+15)
Senglin (4/+15)
2º
Bellas (11/+15)
Hannah (22/+15)
3º
Lecomte (-1/-9)
Bassas (11/+15)
Dimitrijevic (18/+15)
A
1º
Prepelic (13.2/-4)
J. Fernández (12/+3)
Booker (16/+1)
2º
Bouteille (14.4/+15)
Díez (21/+15)
Hanga (11/+14)
Ejim (2/+9)
McFadden (-5/-15)
Yusta (2/+15)
3º
Rivers (2.4/+9)
Harper (-2/-15)
Rodríguez (14.4/+15)
P
1º
Shengelia (24/+13)
Shermadini (25/+2)
Mirotic (31/-2)
Balvin (15.6/-1)
2º
Burjanadze (4/+15)
Diagne (7/-11)
Dubljevic (15.6/-1)
Suárez (7/+15)
Clark (5/+13)
3º
Arteaga (2.4/+14)
Garuba (12/+15)
Porén, aínda que no persoal non foi unha boa xornada, para a listaxe as cousas foron bastante ben. Sempre que non optásemos por Adams (que non garantía broker), as opcións preferentes cumpriron e incluso engadidos de saldo como Dimitrijevic e Sergio Rodríguez deron boas valoracións (aínda que non entrou na listaxe, tamén predixen o bo encontro de Alocén na análise).
Os xogadores van ordenados segundo o grao de preferencia. A diferenza entre un xogador e o seguinte será moito maior cando haxa entre ambos un salto de chanzo. Resaltados van os que son cota e en vermello os que son extracomunitarios. Entre parénteses aparece a valoración que precisan para subir o 15%.
B
1º
Hannah (5)
Ferrari (-4)
2º
Senglin (6)
Adams (28)
Dimitrijevic (-4)
Colom (10)
3º
Henry (-10)
Bellas (-9)
A
1º
Prepelic (43)
Díez (7)
Bouteille (12)
2º
Scrubb (32)
Magee (2)
Slaughter (0)
J. Fernández (21)
Loyd (22)
Barreiro (-7)
3º
Tokoto (14)
Beirán (7)
Urtasun (-11)
Rodríguez (-4)
López-Aróstegui (5)
P
1º
Shermadini (56)
Balvin (38)
Dubljevic (34)
2º
Diagne (39)
Shengelia (41)
Omic (34)
Mirotic (69)
Thompson (13)
3º
Garuba (-7)
Brodziansky (14)
Ndour (1)
A fase de acumulación comeza a se extinguir, debemos aproveitar as derradeiras oportunidades de gañar broker porque aínda precisamos máis cartos dos que temos para comezar a mirar só pola valoración.
Andorra – Murcia
(2, 18:00)
@EST, UNI | VBC, @GCA
Veñen dous bos partidos seguidos para os bases do Principado. Nas últimas datas Hannah tomou a dianteira (leva dous seguidos na vintena) e ademais conta coa carta do ex contra o Murcia. Ten unha suba doada. Se temos que elixir entre os dous para dar entrada, as perspectivas son mellores con Clevin (que ademais non é extra). Porén, Senglin segue a ser unha boa opción, xoga bastantes minutos e unha nova suba do máximo tena na man; debemos mantelo. Lonxe de Murcia Booker non está a ser a opción máis atractiva; non é o momento de fichalo, mais podemos aguantalo se contamos con cambios máis urxentes (o Andorra é unha defensa hospitalaria para as ás). Diagne pinchou na última (a domicilio), mais na casa é un seguro (case 27 de media). Despois non ten a saída máis esixente na visita ao Estu. O regreso de Musli fará que os minutos na rotación interior estean máis repartidos, así que a opción Pérez (que xa non acadou a decena na última) perde interese.
Manresa – Bilbao
(2, 18:00)
@FUE, OBR | GCA, RMA
Volveu xogar a sensación da primeira xornada, Frankie Ferrari, e rematou en negativo. Non hai que alarmarse por iso, era contra o Madrid e foi a súa primeira toma de contacto após lesionarse. Na Champions xa valorou mellor. Valoración á parte, eu vino ben abondo para que sexa opción xa nesta xornada. Venlle un calendario moi bo, contra equipos amábeis na posición, vai ser o base con máis minutos e sobe todo con negativo. Vai asumir bastantes lanzamentos (o equipo votouno moito de menos en ataque). Se está atinado, dará pico; se non, debería cando menos cumprir. Pola súa banda, Pérez, aínda que vai perder bastante protagonismo, tamén ten a favor o calendario, así que se contamos con cambios máis urxentes aínda podemos aguantalo unha semana máis. Rousselle fóra da casa non é opción. É un grande encontro para Bouteille, que aínda debería ter outra suba do máximo (ou case) e que pode aguantar até a visita do Madrid dentro dun par de semanas. O francés está a ser unha das ás máis fiábeis deste inicio, o Manresa é moi amábel na posición e non adoita baixar o nivel fóra da casa (case 20 de media). Se temos poucos cartos para completar a posición, podemos volver pensar en Rodríguez, que está a superar con nota o seu regreso á ACB e ten garantida a suba do máximo. Non descartaría unha nova suba do máximo de Kravish (non é venda obrigada), mais xa non é o momento de fichalo, o Bilbao está a ser unha defensa esixente na posición. Máis amábel é o Manresa, que xa encaixou uns cantos picos dos pivotes referencia, así que debemos seguir con Balvin nos nosos equipos. O checo aínda non baixou da decena esta tempada e despois volve ter un encontro favorábel de local contra o Granca.
Burgos – Zaragoza
(2, 20:30)
@CAN, BET | JOV, @VBC
Bassas abandona a listaxe por primeira vez na tempada. Xa está no seu prezo e o Zaragoza é un equipo moi duro. Os de Fisac están a ser a gran sensación do curso. Alocén estivo magnífico contra o Barça, porén, non pensaría nel fóra da casa (2.5 de media) e con San Miguel de volta. Mellores opcións teñen nas ás. Seeley está a valorar moi ben (manteríao), pero para darlle entrada paréceme máis atractivo o encontro de local da vindeira contra a Penya. Barreiro foi outra das chaves da vitoria contra o Barça, achegou en ataque e fixo unha gran defensa sobre Mirotic. Incluso xogou o desenlace do encontro con problemas no ombreiro, que fixeron que descansara esta semana en Europa. Hai que agardar novas sobre el, aínda que viaxou co equipo e no parte nin sequera o poñen como dúbida (xa sabemos que iso non garante nada). Se está para xogar, pode seguir con tranquilidade nos equipos: bandeira a bo prezo e un par de subas garantidas. Os dous tropezo consecutivos descartan por completo a McFadden (aínda que o podemos contemplar en cazaxornadas). A opción é Tokoto. Na casa está en case trece de media, superou a decena nos seus últimos tres partidos, vén dun gran encontro na Champions e o Zaragoza concede bastante máis valoración nesta posición ca nas outras. Por dentro ningún dos dous ten opcións destacadas.
Unicaja – Betis
(3, 12:30)
@RMA, @AND | FCB, @BUR
O Unicaja chega despois dun dos peores encontros do curso e o Betis após unha vitoria brillante liderada por Slaughter. Adams estivo a un nivel moi baixo contra o Estu (Pressey dominou o encontro), non vimos o seu carácter por ningún lado, non foi ese xogador incisivo que tan boa imaxe estaba a deixar neste arranque. Fichalo agora semella unha loucura (precisa roldar a trintena para subir o máximo e despois vai a Madrid), mais na Eurocup xa o vimos ao nivel que cabe esperar del, volverá ter moitos minutos pola baixa de Díaz e o Betis é un dos equipos que máis reciben na posición. Eu mantereino nos que o fichei a pasada. O outro que terá minutos de base e que segue a ser unha opción de interese é Jaime. Salvou a xornada a pesar do mal encontro do seu equipo e na casa raramente falla. Non o ficharía agora co Madrid na próxima, pero si que o aguantaría unha semana máis. Slaughter estivo fabuloso contra o Andorra, sobe todo con facer positivo, Rivers non está a dar o nivel esperado (na última xornada incluso tivo moi poucos minutos) e o Unicaja concede moito na posición. Incluso podería aguantar perfectamente na vindeira de local contra o Barça (que está a ser bastante amábel cos xogadores do seu perfil). Por dentro o Betis dá bastantes facilidades. Suárez non é opción despois da decepción da xornada pasada. O máis interesante semella ser Thompson. O ex do Burgos foi o mellor dos malagueños tanto a xornada pasada coma nesta na Eurocup, está a bo prezo e non ten moi complicada unha suba do máximo. A súa condición de extra e a vista a Madrid da vindeira réstanlle algo de atractivo.
Joventut – Obradoiro
(3, 12:30)
@ZAR, CAN | BAS, @MAN
A semana da Penya estivo marcada polo infortunio de Dawson, que regresou na Eurocup após moitos meses lesionado no xeonllo e só puido estar 3 minutos en cancha (con 6 de valoración) antes de volver romperse, desta volta foi o tendón de Aquiles. Terá que volver enfrontarse de novo a unha longa recuperación (o seu substituto será Perrin Buford). O nome no Obra é Magee, que deu a súa primeira exhibición como profesional na última xornada (MVP). Os de Duran melloraron moito nas últimas semanas e quererán manter a boa dinámica. Dicía a semana pasada que o gran partido de Dimitrijevic estaba ao caer, e así foi. É unha das chaves da melloría dos verdinegros, debería seguir medrando e o Obra non é das defensas máis esixentes. A saída a Zaragoza da vindeira semana xa é outra historia, mais nesta debemos mantelo. Prepelic xa era fixo e o Obra recibe moito na posición. Nos composteláns os ollos estarán postos en Magee. O norteamericano anotou unha tripla tras outra, algunhas dunha dificultade extrema, para superar o Murcia. A Penya, que é dos equipos que mellor están a defender a posición, xa concedeu un par de picos a tiradores en Badalona (Carroll e McFadden). Sobe o máximo con só 2 e seguirá a ter moitos minutos pola baixa de Kostas. Incluso poderiamos mantelo na seguinte, porque o Baskonia non está entre as mellores defensas neste arranque. Outro que está a mellorar nas últimas datas (fíxoo ben na última xornada e tamén nesta na Eurocup) é López-Arostegui. Debería dar un paso á fronte esta tempada e pode ser unha bandeira barata interesante para completar equipos. Aínda que xa fixo bos números dende o principio, Omic está bastante máis centrado nos últimos encontros e o equipo está a notalo. Se xa o tiñamos, debemos quedar con el. Emporiso, non será doado darlle entrada, porque aínda que as perspectivas son moi boas contra un Obra amábel na posición, a semana que vén ten unha saída moi complicada a Zaragoza. Se procuramos a diferenciación, e sobre todo para cazaxornadas, podemos pensar en Brodziansky. O eslovaco, que tivo unha moi boa tempada de debut na pasada, vén dun gran partido e a Penya dá facilidades na posición. Porén, non está a ser o xogador máis regular e despois recibe a visita do Baskonia.
Estudiantes – Canarias
(3, 17:00)
AND, @FCB | BUR, @JOV
Pressey dominou contra o Unicaja. A pesar diso, é extra e precisa superar a vintena para subilo todo contra unha defensa que dá poucas facilidades aos uns. Huertas fóra da casa non me inspira tanta confianza como de local, así que ao prezo ao que se atopa tampouco entra (aínda que non me estrañaría unha boa valoración). Brizuela de local está en 22 de media, pero o Canarias é unha defensa dura e non vén dun gran partido en Málaga, non o vendería, mais para fichalo agardaría unha xornada máis (repite de local contra un rival máis amábel na posición). Scrubb deu dous picos nos dous encontros de local que leva e agora véñenlle dous seguidos. Semella a mellor opción nos colexiais (leva tres xornadas sen baixar da decena). No momento no que se atopa, Díez é fixo. Estamos a velo outra vez ao nivel do GBC, só baixou da ducia contra o Madrid e ten outra suba do máximo moi doada. Aínda que nunca xogou co primeiro equipo, estivo nas categorías inferiores do Estu, así que tamén terá a motivación do ex. Por dentro temos o fixo Shermadini, que seguirá a coleccionar encontros na vintena.
Baskonia – Madrid
(3, 18:30)
@OBR, FUE | UNI, @BLB
Se temos xa a Henry, os 140000 euros que nos vai dar abondan para non preocuparnos de nada máis. Se aínda non o temos, pensaría máis a súa inclusión a pesar de que leve tres xornadas seguidas en 25 ou máis. O Madrid até o de agora, en seis xornadas, só permitiu acadar a decena a un base (13 de Rowland). Ademais, pinchou na Euroliga en Francia. Tanto Deck como Garino veñen dun gran partido e teñen subas accesíbeis, mais darlles entrada nun encontro tan complicado coma esta non me acaba de convencer. Por dentro Shengelia debe seguir nos equipos, semella que está ao ritmo do ano pasado e debería cumprir tamén desta volta. Tampouco creo que pague a pena asumir riscos con Tavares ou Fall nun encontro coma este. En canto a Garuba, vén de facelo moi ben na Euroliga (aínda resta un encontro para ambos, o de hoxe venres), o normal é que teña minutos polas baixas interiores e dará o máximo algunha xornada máis. Eu son máis partidario de non meter opcións baratas nos pivotes, de ir aos valores seguros, mais se optades por outra composición, aínda podedes aguantar a Usman.
Barça – Fuenlabrada
(3, 20:00)
@BET, EST | MAN, @BAS
Esta é análise máis complicada da xornada, porque non sei como vai afrontar Pesic o encontro. Como veño advertindo nas últimas semanas, após a dobre xornada de Euroliga desta (aínda resta o encontro de hoxe), o adestrador balcánico é posíbel que aproveite para dar algún descanso. Iso fai que non vexa opcións claras no Barça, coido que temos opcións de sobra como para pensar en xogadores cun escenario tan incerto. Que facemos con Mirotic? Se aínda non o puideramos fichar, obviamente non o imos facer agora. Porén, teño moitas dúbidas de se hai que vendelo. É certo que leva moita carga e que de xogar nin se vai achegar aos 30 minutos que ten de media. Pero se xoga 15, probabelmente teña abondo para facer unha boa valoración, co que non tería sentido gastar un troco, e ademais el está moi habituado a este ritmo de encontros após 5 tempadas na NBA (o descanso non é imperativo). Non o teño nada claro. Agás que se saiba o sábado que non vai xogar (cousa que dubido que pase, porque xogan na casa o domingo), eu vouno manter, porque case prefiro un 0 a gastar un cambio nel e despois ter que facer números para poder recuperalo na seguinte e que iso me estrague todo o plan dos equipos. O ideal, se nos podemos permitir deixar un cambio sen usar é agardar até case as 19:45 do domingo (cando se fechan os trocos). Entón saberemos seguro se non xoga e teremos tempo de cambialo por Dubi (só quedaría por se disputar este e o Valencia – Granca) ou igual por Tomic (se non se confirman baixas, eu non asumiría o risco de fichar outros xogadores do Barça, porque igual despois hai sorpresas e os que pensabamos que ían ter tantos minutos contra un rival moi favorábel non os teñen). No Fuenla non metería a ninguén esta semana, se temos a Bellas podemos mantelo sen medo, está a xogar ben e vainos dar un máximo de broker varias semanas. A Eyenga incluso pensaría en vendelo, non ten grandes precedentes contra o Barça e podemos aproveitar moi ben eses cartos. Por último, temos a Urtasun. Foise á vintena no debut, está barato, vaino subir todo algunha que outra semana e acadou a vintena nas dúas últimas visitas ao blaugrana. Non podemos esperar que o repita por terceira vez, mais coa bandeira, a suba e nese rango de prezo podemos asumir o risco se temos poucos cartos para completar os equipos.
Valencia – Gran Canaria
(3, 20:00)
@MUR, ZAR | BLB, @MUR
Colom vaise entoando (13 ou máis en 3 das últimas 4 xornadas) e Van Rossom é probábel que non chegue, co que debería ter preto da vintena de minutos. O Granca non é o mellor rival posíbel (defende ben a posición), mais despois ten unha saída moi favorábel a Murcia. O Granca está a sufrir nas ás, así que unha opción de risco (porque non está a ser o xogador máis regular) é Loyd. Ten moitas calidades e o día que anda con confianza é capaz de dar un pico como poucas ás poden. No Granca destaca un Javi Beirán que vén de facer un encontro magnífico na derrota contra a Penya, está barato e só precisa un 7 para subilo todo. Porén, o Valencia é unha defensa esixente das ás e a Fonteta é unha das peores canchas para el: ten unha media de menos de 2 alí e só acadou unha vez a decena, xustiña, hai unha morea de anos. Dubljevic, aínda que teña que xogar outra vez con máscara (foi o mellor na Euroliga contra o Barça xa con ela), segue a ser unha das opcións máis atractivas nos pivotes. A semana pasada, contra un Burgos que sorprendeu de forma negativa (o encontro rompeuse xa nos primeiros compases), foi quen de acadar quincena de valoración noutros tantos minutos de xogo. Atópase nun bo momento e na casa adoita aumentar as súas prestacións. Unha opción para completar os equipos se temos poucos cartos pode ser Ndour. O pivote senegalés está a dar un bo rendemento no Valencia: sobe todo con tal de facer positivo, vén dun encontro notábel contra o Barça na Euroliga e a semana pasada tamén acadou a quincena en Burgos. Non é encontro para meter a Beqa, mais debería facer os 5 que precisa para subilo todo.
Andrómenas segue en boa dinámica aínda que as incorporacións na procura de broker (Senglin e Ejim) non funcionaron. Chegou ese primeiro gran partido de Dimitrijevic; Bassas e Jaime cumpriron e dos interiores non fallou ninguén. Fixen 158.2 puntos que permiten que siga subindo: case 500 postos gañados até o 3254º da xeral. Amodo.
Esta semana o equipo queda moi do meu gusto, sempre que Barreiro e Mirotic xoguen. Sae Bassas e entra Ferrari e tamén saen Ejim e Rivers para deixar sitio a Díez e Magee. Nas ás tería marxe para desfacer se Barreiro non xoga (porque os que estaban e os que entran xogan o domingo), aínda que incluso nese caso non teño claro se me compensaría quedar cun equipo que non me convencese e expoñerme a non gañar os cartos que me garante este para despois ao mellor levar unha puntuación similar aínda que xogase cos 11. Se Mirotic non participa si que non teño nin opción de dubidar, non habería solución.


Material gráfico utilizado: a imaxe da cabeceira é unha ilustración de Carl Barks para Disney.